![]() |
Núñez Feijoo |
O día 15/10/2013 vin o programa de debate de La Voz de Galicia, no que participaron Carlos Aymerich, Xosé Luís Barreiro Rivas, Tuco Cerviño, Carlos Espiñeira e un psiquiatra do que non retiven o nome, referido ao Debate sobre o Estado da Autonomía. Recoñezo que fiquei «tocado» porque non me esperaba que os posicionamentos derivasen cara o realismo político máis craso, defendido no século XVI polo teorizador político Maquiavelo, que se resume no enunciado de que o fin xustifica os meios.
Dicía o florentino que a política é unha ciencia independente da ética, e que o político somente está obrigado polos preceitos morais na vida privada, mais cando actúa como político pode quebrantalos, e, por tanto, pode mentir, asasinar, faltar á promesa dada, etc. se está en cuestión a seguranza do Estado ou a (2) en cualquier declaración, certificado, verificación o declaración escrita bajo la pena de perjurio según permitida por la sección 1746 del título 28 del código de los Estados Unidos, voluntariamente suscribe como verdadero cualquier material el cual no se cree que sea legitimo; es culpable de perjurio y ha, excepto en casos provisto por ley, de ser multado bajo este título o encarcelado por no más de 5 años, o ambos. Esta sección se aplica en cualquier declaración o subescrito dentro o fuera de los Estados Unidos” conservación do poder político, pois se actuase de acordo cos preceitos éticos, cando os demais non o fan, estaría en desigualdade cos demais e tería asegurado o seu propio fracaso. Os homes son naturalmente maus, volúbeis e inconstantes e poñerán en práctica as súas perversas ideas se se lle presenta a ocasión de facelo, e, por tanto o polìtico ten que desconfiar sempre das súas intencións. O que importa para este autor é o resultado, e se este é bo, excusa os meios empregados.
O filósofo alemán do seculo XVIII, Enmanuel Kant, defendeu un posicionamento antitético, coñecido como idealismo político, que defende que a política está subordinada á ética, e que o político ten que cumprir a lei moral, independentemente dos resultados. Fiat xustitia pereat mundus (cumprase a xustiza aínda que desapareza o mundo). Un fin bo non pode xustificar a utilización de meios espúreos. Non é lícito nunca incumprir a lei moral, e, consecuentemente, mentir, roubar, asasinar, etc. porque ninguén pode querer un mundo en que todos actuasen así, pois se todos o fixesen, iso invalidaría o valor da palabra dada, o valor das promesas, da convivencia social, etc.. A igrexa cristiá concorda teoricamente con esta afirmación e é moi frecuente escoitarlle a algún dos seus dirixentes que “non sunt facienda mala ut eveniant bona” (Non hai que facer cousas más para obter cousas boas), mais a súa praxe diaria invalida a eito esta proclama. Só por citar un exemplo, lembremos que a Igrexa Católica non denunciou os casos de pederastia nas súas ringleiras para non desprestixiarse ante a sociedade. O fin era bo, mais os meios eran maus.
Eu sempre defendín que o deontoloxismouniversalista kantiano do cumprimento do deber ou da lei moral, sempre e por parte de todos, non é válido porque ningún sistema ético pode ser indiferente ás consecuencias dos actos, aos resultados, e que, moitas veces, o fin si xustifica os meios. Na guerra, un xeneral pode mentir se desta maneira pode salvar a vida dos cidadáns do propio país, e creo que todo o mundo entendería que se a un lle perguntan onde ten o seu país o armamento, deberá non só ocultalo senón tamén mentir se é o único meio de evitar a derrota. Creo que inclusive en tempos de paz, o político tamén pode mentir cando dicir a verdade pode poñer en perigo a economía do país. Se a un político lle perguntan se a banca propia está en risco de bancarrota, debe mentir se isto pode evitar precisamente que se cumpra este prognóstico. Xulgo, con todo, que nin na vida política nin na vida privada, pode nin o cidadán privado nin o político mentir se non existe un ben superior a protexer, sexa propio ou alleo. Mentir por mentir ou facelo cando non está suficientemente xustificado, é condenábel e nunca pode utilizarse como práctica condutual. Mais se mentindo se protexe un ben superior ao que representa aterse ao preceito de dicir a verdade, entón estaría xustificado facelo.
O ex-deputado Francisco Cerviño defendía que a utilización sistemática da mentira por parte do presidente da Xunta, Núñez Feijoo impedía saber a que aterse nas súas relacións con el e chegar a acordos para o futuro do país, e que non todos os políticos menten e inclusive que hai algúns que son incapaces de facelo. O posicionamento deste político socialista foi o máis arredado do realismo político, e, desde logo, a min pareceume o máis acertado aínda que habería que explicitalo máis. O Sr. Barreiro Rivas, católico declarado el, pola contra, defendía que o político pode mentir e que sería parvo o político que escoita a outro se lle cre o que di, aínda que deixou no ar se é lexítimo facelo cando escoitan terceiras persoas que non teñen mecanismos para defenderse ante a mentira. Unha argumentación, como podemos ver claramente consecuencialista e maquiavélica. Considero que este posicionamento non pode ser admitido, independentemente dos eventuais ouvintes. A colaboración entre os actores políticos debería ser franca e cordial, e tamén nas súas relacións coa cidadanía. Estarrece observar que cando un cidadán se presenta nunha administración, sexa ante un político sexa ante un técnico, para resolver un problema, reciba contestacións e promesas de fala barato. Coñezo casos en que o mesmo técnico que deu unha liña de edificación, foi quen informou a incoación de expediente a un cidadán, que se tiña submetido estritamente ao que el lle dixera. Aymerich, pola súa parte, afirmou que el non sostén que o político non pode mentir mais que o presidente dun país debe responder dos compromisos adquiridos. Mais se pode facelo apelando á mentira non avanzamos nada, pois el pode afirmar que xa o está facendo, mais que o di ao seu modo.
Apavora observar os membros dun Goberno español, como o actual, que debería dar unha imaxe de seriedade, poñerse ante un televisor e entoar o de: «vamos a contar mentiras, trai-la-lá, vamos a contar mentiras», por considerar que os cidadáns son estúpidos e non se inteiran. Serva, como exemplo, a este respeito todo o que está a pasar co caso Bárcenas.
Hai unha práctica xudicial que eu nunca entendín, que consiste en que o acusado pode mentir en beneficio propio, que como vemos é unha exemplificación de que o fin xustifica os meios. A defensa propia, obxectivo laudábel a todas luces, sacraliza o uso da mentira. Teño asistido a algún pleito onde un dos implicados estaba mentindo descaradamente sen pudor de ningunha clase e iso non tivo efeito absolutamente ningún no proceso. En entendo que, para defenderse a si propio, un poida non declarar, mais non entendo que a mesma xudicatura teña que bendicir a mentira, e, por acima, despois de obrigarlle ao acusado a prestar xuramento de que vai dicir a verdade. Ao tempo que no Estado español pasa iso, e só se castiga o falso testemuños das testemuñas, nos EEUU mentir é perxurio. Teño diante unha noticia que di que á estrela de cine estadounidense Lindsay Lohan se lle retiraron tres dos cargos de que era acusada por mentir á un polícia. Afigura do perxurio como delito neste país está definido no Código Penal en 18 USC 1621 do seguinte xeito: Comete perxurio a persoa que:
“(1)Tendo tomado un xuramento diante dun tribunal, oficial ou persoa, en todo caso en que unha lei de EEUU autoriza que se preste un xuramento, que el testemuñará, declarará, depoñerá, ou certificará de acordo á verdade, ou que todo testemuño escrito, declaración, deposición ou certificado asinado por el, é verdadeiro, e intencionadamente e contrariamente a este xuramento declara ou asina calquera asunto material que el non cre ser verdadeiro; ou (2) en calquera declaración, certificado, verificación ou declaración baixo pena de perxurio como permitidas so a sección 1746, do Código dos Estados Unidos, intencionadamente asina como verdadeiro algún asunto material que non cre ser verdadeira;
é culpábel de perxurio e debe, salvo que a lei estipule expresamente outra cousa, ser multado consoante a este título ou encarcerado non máis de cinco anos, ou ambos”.
.
Historicamente, a mentira estivo moi castigada, e así no Código de Hammurabi penalizábase coa morte o mentir. O pobo hebreu, tamén condenaba a mentira, como se pon de relevo na táboa dos dez mandados, que, entre outros preceitos, ordena:“Non mentirás nin levantarás falso testemuño”. Esta herdanza foi transmitida aos cristiáns, que sempre a condenaron, polo menos a nivel teórico a mentira. Na lexislación normalmente non son equivalentes o perxurio e a mentira, e se ben todo perxurio é mentira, non toda mentira é perxurio. Só é perxurio aquela mentira que se á en contextos nos que a persoa declara ou testemuña baixo xuramento.
Os que tivemos que impartir aulas de Ética e Educación para a cidadanía tivemos que insistir no valor da veracidade, da non manipulación, etc. Seguindo un currículo deseñado polos mesmos gobernantes que sacralizan nos xulgados a mentira. Creo que a sociedade non entende isto e que non se pode, por unha parte, inculcar uns valores, dos que a sociedade está tan carecente e necesitada nos nosos días e, pola outra, aplicar na práctica diaria os antivalores. O resultado é a conversión da mentira en arte, ou as mentiras a esgalla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario