22 oct 2012

A Restauración (01)


Ortega nace na época da Restauración borbónica, que sucedeu á I República. Esta  fracasou pola ineptitude dos seus dirixentes, o peso da guerra colonial, a guerra carlista e a incapacidade de instaurar unha república federal, causa do surximento do anarquismo cantonalista. A Restauración da monarquía borbónica prodúcese tras o pronunciamento en Sagunto do xeneral Martínez Campos o 29/12/1974, polo que proclama a Afonso XII como rei de España. Ten que facer frente aos problemas que deixou sen resolver a I República, mais o seu éxito foi limitado, salvo polo que se refire ao problema cantonalista propiamente dito, mais que, non obstante, deixou o problema dos nacionalismos periféricos do Estado español, catalán, vasco e galego, sen resolver. O catalanismo estaba, a esa altura, protagonizado polo republicano federalista liberal Valentí Almirall (1841-1904), o nacionalista conservador, Prat de la Riva (1870-1917), o conservador e cofundador da Lliga Regionalista, Francesc Cambó (1876-1947), e o representante do catalanismo liberali, republicano e laico,  Antoni Rovira i Virgili (1882-1949). A esa altura, o nacionalismo catalán era o máis forte do Estado e presionou para que se lle concedese a Mancomunidade por Real Decreto de 18/12/1913, polo goberno Dato. Era un organismo con fins exclusivamente administrativos que sexan competencia das provincias e non políticos, un vaso vacío, como afirmou Prat de la Riba, que sería o seu primeiro presidente. Prevía aumentar as competencias, se ben debería facerse por lei aprobada polo Congreso dos Deputados.
Euskadi perde os foros en 1876, tras a proclama de Somorrostro de 13/03/1876, embora se conservarán determinadas especificidade en materia tributaria, os chamado concerto económico. Esta batalla pon fin ás guerras carlistas e estabelécese a unidade constitucional de España, que será fixada na Constitución de xuño de 1876. Como manifestou, na súa alocución, Alfonso XII, "Todos estos males, aunque espantosos y por todo extremo lamentables, quedan reducidos al espacio de una sola generación; pero, fundada por vuestro heroísmo la unidad constitucional de España, hasta las más remotas regiones llegará el fruto y las bendiciones de vuestras victorias". O galeguismo estivo representado, na fase rexionalista do último terzo do século XIX, polo liberal progresista, Manuel Murguía (1833-1923) e polo tradicionalista antiliberal, Alfredo Brañas Menéndez (1859-1900). Na fase nacionalista, fundamentalmente polos irmáns da fala, os liberal democráticos: irmáns Antón e Ramón Villar Ponte, Castelao, Bóveda, ... e os católico-tradicionalistas: Vicente Risco, Oetero Pedrayo, Lousada Diéguez, ...

O verdadeiro artífice da Restauración foi Cánovas del Castillo, líder do partido afonsino, que se propón restaurar a monarquía na dinastía dos Borbóns, e en concreto na persoa de Afonso XII; estabelecer un réxime representativo aínda que non na súa faceta democrática senón doutrinaria, integradora no poder das supervivencias estamentais e un sistema de partidos integrado polo liberal conservador e o partido liberal progresista, o primeiro, continuador da ideoloxía do Partido Moderado e da Unión Liberal e o segundo recolle a herdanza do Partido Fusionista. Trátase dun sistema bipartidista no que o Partido Conservador tería o seu contrapeso nun partido liberal progresista, capaz de aglutinar aos sectores progresistas, democráticos e republicanos. Defendía o sufraxio universal masculino, a liberdade de asociación e a separación de poderes. Os partidos conservador e liberal non se distinguían por “diferencias de orden social o de nivel económico, sino principalmente sobre opciones ideológicas relativas a las relaciones entre la Iglesia y el Estado o al grado de intervención de este en cuestiones sociales, educativas y económicas”. En 1876 promúlgase a nova Constitución que ten como órgaos principais ao Rei, Cortes,  e  Goberno. O primeiro ten facultades co-lexislativas, xunto coas Cortes, ostenta a xefatura das forzas armadas e propón ao xefe de goberno sen ter que aterse aos resultados electorais. As Cortes son bicamerais: Congreso dos Deputados e Senado. A elección dos deputados fica ao que dispoña unha lei particular, mentres que unha parte dos membros do Senado serían por dereito propio, outra parte serían vitalicios e unha terceira elixidos polas corporacións do Estado e os maiores contribuíntes.

A vida política vai ser protagonizada pola alternancia no poder dos  partidos turnantes: conservador e liberal, co malagueño Cánovas e o rioxano Sagasta como xefes de fila, nun primeiro momento. O funcionamento do sistema político responde a realidades que non están presentes no texto constitucional. As eleccións son simuladas polos notábeis locais, os caciques, previo acordo co Goberno. Isto conduce a unha consolidación do caciquismo como compoñente da dinámica do sistema político. O poder de disolución das Cortes adquire unha relevancia excepcional, porque o xefe de goberno que recibe ese poder do rei pode pactar os resultados coas diversas forzas políticas capaces de mobilizar as súas clientelas, o cal permite obter folgadas maiorías ao goberno que convoca as eleccións.

Morto Afonso XII o 25/12/1885, asume o poder real como rexente até a maioría de idade de Afonso XIII, 17/05/1902, a súa esposa María Cristina. Durante a Rexencia ten lugar o «Desastre do 98», que supón a perda das últimas colonias do Imperio español en América e Asia: Cuba, Porto Rico, Filipinas, as illas Carolina, Marianas e Palaos, ficando reducido ás posesións africanas, e a reclusión deste nas súas fronteiras, tras a guerra que mantivo cos EEUU, que pasa a controlalas. Frente ao desastre do 98 surxe o rexeneracionismo, que é un movemento intelectual, de carácter patriótico, que se propón loitar contra a decadencia de España e dos males que a aqueixan por medio da educación e os medios de comunicación, que son, segundo o alicantino Rafael Altamira (1866–1951): falta de patriotismo, desprezo do propio, ausencia de interese común, falta de concepto de independencia e menosprezo da tradición. Parte do concepto de autenticidade, que implicaría terminar coa dicotomía entre a España real e a España oficial. O principal impulsor deste movemento foi o oscense e krausista, Joaquín Costa Martínez (1846-1911), dirixente liga Unión nacional e militante da Unión Republicana de Nicolás Salmerón e Alejandro Lerroux. Combate o caciquismo e as oligarquías gobernantes, a sociedade española da Restauración, e, entre outras medidas,  propón: desafricanización e europeización de España», unha roforma integral da educación, colonización interior, a liquidación do réxime da Restauración e da burguesía que se beneficiou del, implantación en España o capitalismo civilizado dos países reitores de Europa, e como instrumento para aplicalas, un «cirurxán de ferro». Participaron do rexeneracionismo os políticos conservadores: Francisco Silvela e Antonio Maura; os liberais Alba, José Canalejas, Azaña, Galdós; os escritores Juan Pío Membrado Ejerique, Ramiro de Maeztu, José Ortega e Gasset, ...

Outro tema recorrente a finais do XIX e as dúas primeiras décadas do XX, foi a Guerra de Marrocos. Os mandos militares que participaron no Desastre do 98 ían ter agora como cometido outra nova aventura colonial: o dominio de parte do que hoxe é Marrocos, unha guerra sen sentido contra os insurxentes dun territorio montañoso e pobre aínda que carretaba beneficios á Compañía Española de Minas del Rif, da que era accionista o Conde de Romanones, interesada en explorar as minas de ferro dese territorio. Na conferencia de Alxeciras de 1906 con representación de España, Franza, Alemaña, Reino Unido e Marrocos decidiuse que Franza e España se repartisen o terrirorio, a cambio de compensacións económicas para Alemaña a cargo de Franza, que esta repercutiría sobre España, pola súa inhibición, comezando a penetración lenta española no territorio. O 9/07/1909, os cabilas rifeñas atacaron aos obreiros do camiño de ferro, ao que responde Maura recrutando tropas para sometelos, coa oposición da cidadanía especialmente en Aragón e Catalunya,  oposición que cristalizará na Semana Tráxica de Barcelona. Polo Tratado de Fez de 30/03/1912, o sultán Abdelhafid de Marrocos cede a soberanía do seu país a Franza, constituíndose en protectorado. Franza cédelle a España unha pequena parte de territorio situado na parte norte, montañoso e de difícil acceso, pasando a ser subprotectorado de España, que progresivamente vai tentar a súa dominación nese territorio, fustigada polas guerrillas rifeñas, que o exército español non é capaz de pacificar. Nunha das súas ofensivas dos rifeños prodúcese o desastre de de Annual o 21/07/1921, defendida polo xeneral Silvestre, e Monte Arruit o 10/08/1921, defendida polo xeneral Navarro, onde houbo miles de masacrados entre as tropas españolas, logrando as cabilas rifeñas unha vitoria aplastante. A cidadanía, e mesmo os partidos socialista e republicano, opuxéronse a esta aventura por considerar que era unha guerra na que os soldades de familias humildes -os ricos libraban pagando- se expoñían á morte en defensa dun cacareado «orgullo», propio de militares trasnoitados, ansiosos de recuperar o prestixio perdido no 98 e a un afán de procurarse ascensos por méritos de guerra, alén de por un ideal  gubernamental fantasioso de civilización española en África. Como dicía a declaración ministerial do 31/01/1913, o goberno “procurará la expansión de la vitalidad nacional, realizada mediante el desarrollo de la cultura y los intereses económicos en aquellos territorios”. O xeneral Berenguer, Alto Comisario de España en Marrocos pípelle ao ministro de Guerra, Luís de Marichalar e Monreal, visconde de Eza, que se realice unha investigación do sucedido para depurar responsabilidades, cargo que recaeu no xeneral Picasso. O expediente foi recibido polo Consello Supremo de Guerra e Mariña o 21/04/1922, que, unha vez estudado, decide remitilo ao Ministerio de Guerra, que á súa vez lle pasa o expediente ao Congreso dos Deputados o 18/04/1922. A Cámara crea  a Comisión Parlamentaria de responsabilidades, que deciden convocar o pleno do Congreso para o 1/10/ 1923, e que nunca chegou a realizarse polo golpe de Estado de Primo de Rivera o 13/09/1923 coa anuencia do Monarca español. O Consello Supremo de Guerra e Mariña acha responsabilidades nas actuación do xenerais Berenguer, Silvestre e Navarro e varios oficiais, mais especúlase que o rei, Alfonso XIII, como impulsor da política colonial e por intervir no nomeamento dos responsábeis do Desastre, os xenerais e amigos seus Berenguer e Silvestre, alén de ter mostrado o seu imprudente apoio ao xeneral Silvestre na súa decisión de avanzar temerariamente cara a Alhucemas con un telegrama no que se dicía: «Vivan los hombre valientes», e isto fixo que se tapase o asunto. Foi procesado e condenado in absentia polas Cortes o 19 e 20/11/1931 polo delito de lesa maxestade contra a soberanía popular.

Outra preocupación gubernamental no primeiro cuarto do século XX, foi a axitación camponesa e obreira. O 22 de abril de 1909 ten lugar a traxedia de Oseira, onde a Garda Civil matou a 9 labregos e feriu 27; anos máis tarde, 12/10/1916, séguelle a de Cans, Nebra, na que a Garda Civil cargou  contra os labregos que protestaban contra o cobro dos arbitrios, co saldo de 5 mortos, 9 feridos graves e 30 feridos leves; en xuño 1917 prodúcese a morte do dirixente agrario, Candido Vilariño, en Amio, Santiago, a raíz dunha manifestación camponesa. Máis tarde virían as de Tui, polas protestas dos campesiños contra as rendas forais, cun saldo de 3 camponenes mortos e dez feridos, e Vimianzo. En 1918 ten lugar a revolta veciñal contra os excesivos impostos na Feira do Trece en Sedes, Narón, que remata con seis mortos. O triste suceso de 16/02/1919, en Sofán, pola oposición a utilizar o novo cemiterio, deixa 4 mulleres mortas e varios feridos.

A conflitividade social, apoiada polo PSOE, nese momento en ascenso, e os sindicatos UGT e CNT, increméntase en demanda de melloras laborais e en protesta contra a guerra de Marrocos e os privilexios da Igrexa. O 26/07/1909 convócase folga revolucionaria en Barcelona en protesta pola guerra de África, inicio da Semana Tráxica: do 26 ao 31/07/1909, motivada pola guerra de Marrocos e o descontento popular pola carga económica que supuña o mantemento da poderosa e influente estrutura eclesial católica, que se traduce na queima e destrución de edificios relixiosos -80 edificios relixiosas foron incendiados e varios sepulcros dos conventos foron profanadas- e a morte de nove membros das forzas da orde. O 13/08/1917 declárase a primeira folga xeral revolucionaria en España, que sería duramente reprimida polo exército en agradecemento a Dato pola autorización das Junta de Defensa. Ante a presión dos obreiros a patronal catalana decreta o lock-out o 3/11/1919, mentres non se garanta que a liberdade sindical non impida a plena liberdade e independencia do traballo. O 10/11/19 obreiros carlistas crean o Sindicato Libre, asociación que vai participar no asasinato de varios  afiliados da CNT, polo cal foi considerado como un grupo ao servizo da patronal española.  Foi apoiado por Primo de Rivera e por sectores policiais e da dereita. Esta conflitividade obreira e camponesa procurou importantes melloras para os obreiros:
● Xornada laboral de oito hores e descanso dominical.
● Pensións para traballadores xubilados.
● Regulación do traballo de mulleres e meniños.
● Recoñecemento dos sindicatos.

Outra característica destacada no ámbito político da primeira vintena larga do século XX foi a instabilidade gubernamenta, que se produciu en España unha vez desaparecidos os xefes de fila iniciais do Partido Conservador e do Partido Liberal, Cánovas e Sagasta. Desde a maioría de idade de Alfonso XIII, en decembro de 1902, até a Ditadura de Primo de Rivera, en 1923, houbo 32 gobernos, ou sexa, unha media de 1,52 gobernos por ano. A  esta instabilidade política ou desequilibrio estábel contribuiu en grande parte Alfonso XIII coas súas frecuentes intervencións no cese de xefes de goberno.


 

1. HIE : TUÑÓN DE LARA, MANUEL (dir.), Historia de España, Editorial Labor, Barcelona, 1992 (12Tomos), T. 9, p. 30.

20 oct 2012

A des-Unión Europea e a democracia (I)


A idea de crear unha unión europea, que poida competir con éxito cos grandes polo de poder económicos, militares e políticos mundiais, como China, a India, Rusia e Brasil, realizouse primeiro pola vía militar con Napoleón, entre 1800 e 1815, e Hitler, na II Guerra Mundial, como protagonistas, proxectos ambos fracasados. En vista do fracaso militar, a terceira tentativa, que se desenvolve a partir da década dos cincuenta do século XX, adoptou como estratexia a vía do diálogo, da negociación, do entendemento. A necesidade de seguir representando un papel protagonista nun mundo multipolar xogaba ao seu favor e tivo un éxito considerábel até o punto de converterse en modelo para países doutras áreas político-economicas, como Latino América. Nesta fase, que se prolonga durante todo o resto do século XX, a Alemaña e Franza desempeñaron un rol de primeira magnitude tamén no referente á solidariedade interterritorial, da que se beneficiaron toda unha serie de países de segundo nivel, entre outros España. A Alemaña estivo liderada neste período por grandes estadistas, como Adenauer, Willy Brandt, Helmut Smidt, Helmudt Kohl,... e Franza polo xeneral Charles De Gaulle, George Pompidou, Valery Giscad dÉstaing, Miterandt, Chaques Chirac, .... Estes grandes países europeos, Alemaña principalmente, con grande potencial exportador, beneficiáronse dunha balanza comercial que lles foi sempre favorábel ao poñer ao seu dispor un amplo mercado no que vender os seus produtos, e que compensaba o seu défice na balanza fiscal nos seus intercambios co resto de Europa, en especial cos países sureños.


En 1999 créase a zona euro, con unha moeda común aos países que queiran adherirse, moeda que foi efectiva a partir do 1/01/2002, e entra en acción o Banco Central Europeo como responsábel único da política monetaria da zona euro, ao tempo que os bancos centrais nacionais -debería dicirse estatais- lle transferiron as súas competencias en materia de política monetaria. O BCE ten como funcións principais emitir moeda, controlar a inflación e intervir nos mercados de divisas mercando ou vendendo valores. Non ten poder de intervir no mercado primario, mercando débeda dos 17 países que conforman a zona euro, nin pode emprestarlle diñeiro aos distintos estados da mencionada zona, aínda que si aos bancos. Este deseño totalmente insatisfactorio do BCE é unha das causa da crise actual. É totalmente desacertado que o BCE lle empreste diñeiro ao 1 por cento aos bancos e estes llo empresten despois aos diversos gobernos ao 4, 5 ou 6 por cento. Isto ten como consecuencia que quen pagan as consecuencias son os cidadáns, porque o plus diñeiro que o Estado lle ten que pagar aos bancos para financiarse hai que detraelo do que se debería investir en pensións, sanidade, educación, etc. En segundo lugar, ao ceder os estados nacionais as competencias dos seus bancos ao BCE fican inermes en casos de situacións de crise, se os demais países non adoptan unha política de solidariedade entre todos os seus membros. En terceiro lugar, isto produz unha grande diferenza no financiamento nos diveros países, pois mentres algúns se financian ao 1 por cento ou menos, como Alemaña e Francia, outros deben facelo ao 7 por cento, se teñen acceso aos mercados, pois podería darse o caso de que nin sequer a eses xuros puidesen colocar a súa débeda, debendo pedir axuda financeira a outros países ou organismos. Ora ben, unha unión económica é inviábel no caso de diferenzas tan marcadas entre os seus membros no acceso ao crédito.

O problema que teñen hoxe en día os países da zona euro é que Alemaña concéntrase sobre todo na balanza fiscal, na que é deficitaria, e non olla para a balanza comercial, e quere rebaixar o seu monto de axuda, como o demostran as actuais reticencias con España, opoñéndose a que pida o resgate, ou, se se decide a facelo, impón condicións draconianas de austeridade, en aras de garantir o cobro do diñeiro por parte dos bancos alemáns, aos países afectados, afogándoos economicamente e destruíndo o seu precario estado do benestar. Alén diso, contribuiu a crear no seu país un estado de opinión pública reticente a seguir financiando aos países sureños, caulificados de vagos e pouco serios. Agora a dirixente alemá está atrapada por esta dinámica creada no seu país e ten que pensalo dúas veces antes de expedir os cheques da solidariedade, non sexa que teña problemas en ser reelixida de novo no 2013. A actuación por intereses electorais mais que en beneficio do proxecto europeo é unha práctica constante da frau Merkel.

Dada a precaria situación económica dos países en crise, por veces á beira da bancarrota e non tendo outras alternativas ás que recorrer, non teñen máis remedio que submeterse aos ditados da frau Merkel, ficando desta maneira empobrecidos, humillados e convertidos en sipaios da Kaisering alemá, que vén así consolidar o poder político e económico alemán sobre todos os demais países europeos, converténdoos en satélites deste novo imperialismo alemán. Hoxe as decisións na UE non as toman os países por maioría senón a dirixente alemá, que unha e outra vez impón a súa vontade soberana a todos os demais membros e dirixentes, incluída Franza. Como a súa contribución é imprescindíbel, polo seu poderío económico, se ela non dá o seu consentimento a unha medida, simplemente non se pode adoptar. Hoxe a UE non existe como tal, as institucións europeas están todas ninguneadas e meramente actúan tal como lle interesa a Berlín. Por outra parte, os países integrantes da eurozona vólvense cada vez máis egoístas, céntranse na defensa dos intereses estatais a curto termo, en detrimento do proxecto europeo e da necesaria solidariedade entre os seus membros. Esquécese que nunha unión todos deberían estar ás duras e ás maduras.

A consecuencia de todo isto é que a democracia só existe plenamente en Europa do euro na Alemaña, onde os seus habitantes poden elixir libremente aos seus representantes sen intervención estranxeira, mais non noutros estados da zona euro. Lembremos a este respecto o que pasou en Grecia con Papandreu e en Italia con Berlusconi, elixidos polo pobo e forzados a dimitir pola presión da chanceler, sendo substituídos por Papademos e Monti. O feito de que Berlusconi non sexa un dirixente das nosas preferencias non é o relevante. Lémbrese tamén o que está a pasar en España, onde o pobo español elixe a Mariano Rajoy, que se presenta ás eleccións con un determinado programa que recibiu o apoio popular maioritario mais que non pode poñelo en práctica por presións de Alemaña, e agora temos a un presidente títere dun país estranxeiro impoñendo medidas que o pobo nunca votou nin está disposto a admitir. Xa con Zapatero pasara algo parecido, porque estaba aplicando un determinado programa, co que concorrera ás eleccións mais a presión de Berlín obrigoulle a cambialo en plena lexislatura e a aplicar un programa deseñado na capital do Reich e presentado pola chamada Comisión Europea. Lembremos tamén o grao de submisión que mostraron estes dous líderes españois coa reforma express da Constitución Española para contentar á grande dama teutoa no seu afán de garantir o cobro da débeda por parte dos bancos alemáns, que agora teñen preferencia ante os cidadáns do propio país. A preservación deste dereito dos bancos alemáns foi tamén a razón da decisión de Alemaña de non permitir que a banca española se poida recapitalizar directamente sen que o seu resgate conte como débeda pública do Estado español.

Outra mostra máis do escaso valor que ten para a Sra. Merkel a democracia nos demais países europeos é a súa pretensión de nomear un supercomisario europeo con poder de veto sobre os orzamentos dos diversos países da zona euro. Isto tería como consecuencia que un orzamnto elaborado por un goberno da eurozona debería pasar o filtro de Bruxelas antes de ser submetido á aprobación polo respectivo Parlamento, que debería respectar o corsé que impuxeran previamente en Europa, ou, alternativamente, que un orzamento aprobado xa polo parlamento estatal non entraría en vigor mentres a Comisión Euripea non dea o seu consentimento, que o dará se se digna a outorgalo a Sra. Merkel, conventéndose en ambos casos nun parlamento de cartón, . En resumidas contas, Merkel, a diferenza doutros chanceleres alemáns da Alemaña, outrora lider da construción europea, é hoxe máis parte do problema que da solución.

A solución que Merkel ofrece para os países europeos é austeridade, auteridade e austeridade, e por máis que ve que desta maneira non se sae da crise, como non se saiu da de 1929, non cesa de turrar na súa teima. Fai uns días no Parlamento alemán, o xefe da oposición, Peer Steinbrück, acusou á chanceler de que a súa única medicina era precisamente esta da austeridade e tamén lle advertiu de que fracasara, mais a resposta da chanceler foi que non tivo éxito aínda porque non se fixeran certas reformas como a laboral nos países afectados. Esta resposta é un auténtico insulto á intelixencia, porque se hai algo no que os políticos españois, portugueses, etc. se pasaron foi precisamente en establecer unha reforma laboral que raia na escravatura. No mes de xuño decidírase por presión de Franza e Italia principalmente, en combinar auteridade e crecemento e falouse dun investimento duns 120 millóns de euros para estimulalo, mais desta raquítica cantidade nunca máis se soubo. O único que quedou en pé foi auteridade, austeridade e austeridade.
 
 

16 oct 2012

A I Guerra Mundial, a revista España e 1ª viaxe a Arxentina (07)


A I Guerra Mundial tivo como causas remotas as políticas imperialista dos granes imperios de Euriopa: Alemán, Austro-Húngaro, Otomano, Ruso, Británico e a República de Franza. Esta reivindicaba Alsacia e Lorena, baixo dominio do Imperior alemán e Austria-Hungría desexaba controlar os Balcáns, provocando a hostilidade dos serbios de Bosnia. As causas próximas hai que buscalas na súa anexión por parte do Imperio Austro-Húngaro en 1908, que xa administraba desde que en 1878 pasou ao seu control en substitución do otomano, aínda que o Imperior otomano retiña a soberanía. Esta anexión provocou unha forte oposición por parte da populación serbia, croata e bosniaca. O 28/06/1914 foi asasinado en Saraxevo, Bosnia-Herzegobina, o herdeiro do Imperior Austro-Húngaro Francisco Fernando e a súa esposa polo estudante bosníaco Gavrilo Princip (1894-1918, en protesta pola opresión dos serbios por parte dos do Imperio Austro-Húngaro, que dará lugar á I Guerra Mundial, por considerar o Imperio austro-húngaro que Serbía era a responsábel do atentado.

Os contendentes eran, por unha parte:  a Tripla Alianza (imperios alemán, austro-húngaro e otomano), tamén chamada as potencias centrais, aos que máis tarde se uniu Bulgaria, e, pola outra, a Tripla Entente (Gran Bretaña, Francia e o Imperio ruso), ou aliados, aos que se agregou Serbia e, posteriormente, Xapón, Italia, Rumanía, Estados Unidos, Grecia. El inicio da guerra tivo lugar o 28/07/1914 ao declararlle o Imperio austro-húngaro a guerra a Serbia, e finou o 11/11/1918 coa asinatura do armisticio, que supuxo a derrota dos imperios centrais. As consecuencias da guerra, alén das enormes perdas en vidas humanas e riqueza, foron: a creación dun novo mapa político en Europa coa desaparicións dos imperios alemán, autro-húngaro e ruso e a creación de novos estados, a perda do liderado económico por parte de Europa e o ascenso de EEUU a primeira potencia económica mundial.

España declarouse neutral, entre outras cousas, porque a súa debilidade militar -perdera grande parte dsáu armada fora destruída en Cubq, e económica  non lle permitía aventurarse en novas guerras, alén das que mantiña en Marrocos, onde se estaba desanguentando tanto en vidas humanas como en recursos económicos. Esta posición de neutralidade favoreceu o seu crecemento económico, con un claro superávit da balanza comercial e un notábel incremento dos beneficios empresariais, mais as exportacións produciron tamén un proceso de inflación e unha carestía de alimentos, que provocaría a crise de 1917. Ao final da Guerra e diminuír as exportacións, víronse  obrigadas a cerrar moitas das empresas creadas durante o conflito.

O posicionamento ante a guerra dos políticos españois foi moi dispar. Alfonso XIII, Romanones, Maura, Alejandro Lerroux, o partido reformista, e, en xeral, a corrente democrática, republicana  e socialista, apoiaba a intervención ao lado dos aliados, por considerar que representaban a liña liberal e democrática, mentres que a extrema dereita de Vázquez de Mella, os xóvenes mauristas, os máis conservadores, a aristocracia, a Corte, e o exército ao lado dos alemáns, por considerar que representaba o autoritarismo, disciplina, orde e efectividade, mentres que Dato inclinábase do lado alemán se ben defendía a neutralidade, posición que foi mantida polos gobernos tanto conservador como liberal.  
 

As predicións de Ortega sobre a I Guerra Mundial foron as seguintes: quizais fose a última guerra terrible sobre o planeta, que sería o inicio dun novo ciclo no que as normas instauradas perderían vixencia1; que será moi longa2 e beneficiosa para os intereses do socialismo3, e que o mundo, agora fóra dos seus gonzos tardará moito en volver a eles4. O posicionamento ante o conflito dividíase entre os xermanófobos -o pobo e os intelectuais e xermanófilos -os conservadores e o exército. Cualifica as reaccións do público ante ela dentro dos seus “torpes, lentos, toscos cerebros”5 , do máis barrocas. O seu posicionamento foi a favor dos aliados, pero afirmou que estimaba o valor insubstituíbel de Alemaña6.

O 22/12/1914 é nomeado membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas, pero non chegará a ler o discurso de ingreso. O 29 de xaneiro de 1915, sae o primeiro número da revista España7, con intencións e patriótica eficacia8, como órgao oficial da Liga. Foi fundada por Ortega, xuntamente con Azorín e Eugenio D’Ors9, e pretende ser un instrumento para que os demais poidan verter nela os caudais do seu patriotismo10. O capital foi carretado polo industrial Luís García Bilbao. A dirección estivo a cargo de Ortega até o 20 de xaneiro de 1916 en que toma o seu relevo Luís Araquistain, que se mantén no cargo até 1923, en que o substitúe Azaña. A causa do relevo de Ortega foi o fracaso comercial: comeza vendendo 50.000 exemplares pero a finais de ano baixa a 18.000. Aspira a crear “una nueva manera de colaboración patriótica superior a las diferencias entre los partidos11. Nela Ortega declara sentir noxo polo rumbo da experiencia nacional desde 1898. “Cuanto más patriotas éramos mayor enojo sentíamos”12.

Facendo un paralelismo entre España e Italia, Ortega considera que Italia era a nación máis desditada e hoxe é un pobo forte, mentres que España é unha nación descamiñada. Un pobo faise con un pouco de coraxe y outro pouco de talento, como se fixo en Italia. Os directores da nosa patria fixeron con ela o contrario do que fixeron os italianos coa súa13. Concorda con Antonio Maura en que os partidos turnantes fracasaron, pero discorda da súa proposta de resucitalos14. En maio critica a aproximación dos Partido
Republicano Reformista ao partido liberal, “viejo partido asmático y caduco que ha extirpado de la conciencia pública casi todas las esperanzas”15, propiciada por Melquíades Álvarez. Seguindo o exposto nos artigos «Nueva y vieja política», e «De un estorbo nacional», di que cómpre aniquilar a eses dous partidos monstruosos -o conservador e o liberal- que están aínda en pe, como din que despois de mortos seguen en pe os elefantes. “Estos dos partidos han sido los grandes fabricantes de la desesperanza española; la han producido a torrentes, han inundado de ella toda el área nacional”16. A esa altura o seu tío Rafael non estaba no Goberno. Desde o Partido Reformista, Luis de Zulueta censura a súa discrepancia coa liña trazada polo formación reformista e acúsao de propensión a contradicirse, que Ortega considera acusación terríbel dirixida contra un profesor de filosofía17. Tamén discrepa de Zulueta na ineptitude de España para incorporarse, a pesar de que a “historia muestra más bien mutaciones súbitas y la psicología tiende a explicar estas como más fáciles y verosímiles”18.
 
O 6 de decembro de 1915 demite Dato, e Ortega fai un balanzo moi negativo da súa etapa de goberno. Calquera cousa estaba xustificada con tal de levar ao corazón español un sentimento de fe e de esperanza nas súas capacidades de pervivir. En vez diso, o Sr. Dato preferiu non facer nada, e como resultado, “no solo en política, toda la vida nacional estaba y está atacada mortalmente de parálisis”19. Sucédelle o segundo Goberno Romanones, recibido por Ortega con pouca esperanza20.
 
En xaneiro de 1916, con ocasión da compilación de Personas, obras, cosas, fai unha epsecie de balanzo dos seus dez anos anteriores, que se resume nun labor de servizo á nación española: “mi mocedad no ha sido mía, ha sido la de mi raza. Mi juventud se ha quemado entera, como la retama mosaica, al borde del camino que España lleva por la historia. Hoy puedo decirlo con orgullo y con verdad. Esos mis diez años jóvenes son místicas trojes henchidas sólo de angustias y esperanzas españolas”21.

En 1916 comeza a publicación de El espectador, obra en oito volumes, o último de 1934, composta de ensaios varios. Tamén publica a principios de ano o seu segundo libro Personas, obras, cosas. Neste ano e ata xuño de 1917 non publica artigos de carácter político. Acompañado do seu pai, José Ortega e Munilla, tamén prolífico conferenciante, o 7/07/1916 embarca camiño de Arxentina no vapor «Reina Vitoria Eugenia», da Compañía Trasatlántica, chegando a Bos Aires o 22/07/1916. Foron agasallados con un banquete de despedida polo Embaixador de Arxentina en Madrid e relevantes personalidades do mundo
da cultura: Ramón e Cajal, Menéndez Pidal, etc. Estaban de retorno en Cádiz o 17/02/1917. Durante a súa estancia impartiu un curso de filosofía na Universidade de Bos Aires por convite da Centro de Cultura Española de Bos Aires22. O pai, a esa altura máis famoso que o fillo, acompañouno por expreso desexo do filósofo pero tamén fora convidado por algúns ilustres españois. O recibimento foi extraordinario, segundo o conta o propio Ortega. “Rendí como pude mi primera conferencia en la Facultad. El salón estaba lleno con
el lleno normal de las inauguraciones, los periódicos dieron noticia de mi iniciación con las fórmulas habituales. Pero he aquí que a la semana siguiente, cuando el doctor Avelino Gutiérrez vino a buscarme para llevarme a la Facultad nos encontramos con que la calle de Viamonte había sido ocupada por la fuerza pública, porque una muchedumbre ingente se había amontonado en ella, había asaltado la Facultad y había roto los vidrios de las ventanas. ¡Y toda esta turbulencia y tanto desmán no más que por escuchar una lección filosófica de un mocito gallego, ocho días antes totalmente desconocido”23. O 6/12/1916, forzado a embarcarse seu pai para Europa, pronuncia un discurso no Instituto Popular de Bos Aires. Nel rende un tributo de recoñecemento ao público, numeroso, solícito e cálido que “acudió a escucharme con sorpresa evidente de muchos, sobre todo de los que creen que es el juicio americano resonador y sucedáneo de la fama europea. Conste, pues -me interesa hacerlo constar en vuestro honor- que aquí donde no han acertado tantos ilustres espectros del viejo continente, fue en el año que corre escuchado con atento oído un oscuro
meditador español”24. No transcurso desta xira, entáboa relacións con algunhas mulleres, entre elas con Victoria Ocampo, directora da revista Sur, coa que inicia unha relación sentimental que, con certos episodios borrascosos, vai durar toda a súa vida. Grande parte do público eran mulleres arxentinas, que eran o seu público favorito. De Victoria Ocampo publicaría no ano 1924, nas Ediciones de la Revista, o libro De Francesca a Beatrice.

1. «Anotaciones sobre la guerra en forma de diario», en Obras Completas (OC), T 10, pp. 250 e 251.
2. «Anotaciones sobre la guerra en forma de diario», en OC, T. 10, p. 255.
3. «Anotaciones sobre la guerra en forma de diario», en OC, T. 10, p. 253.
4. «Anotaciones sobre la guerra en forma de diario», en OC, T. 10, p. 254.
5. «Anotaciones sobre la guerra en forma de diario», en OC
, T. 10, p. 252.
6. MARÍAS, JULIÁN, España ante la historia y ante sí misma (1898-1936), Espasa-Calpe, Madrid, 1996, p. 67.
7. «El señor Dato responsable de un atropello a la Constitución», El Sol, 17/06/1920, en OC, T. 10, p. 654.
8. «Contestando a Azorín», España, 5/02/1915, en OC, T. 10, p. 277.
9. FERNÁNDEZ ALMAGRO, Historia del reinado de D. Alfonso XIII, Sarpe, Madrid, 1986, T,. I. p. 204, afirma que foi fundada por elementos procedentes da Liga e Partido Reformista.
10. «’España’ saluda al lector y dice», España, 29/01/1915, en OC, T. 10, p. 273.
11. «Contestando a Azorín», España, 5/02/1915, en OC, T. 10, p. 276.
12. «’España’ saluda al lector y dice», España, 29/01/1915, en OC, T. 10, p. 271.
13. «La camisa roja», España, 29/01/1915, en OC, T. 10, p. 275.
14. «Un discurso de ida y vuelta», España, 23/03/1915, en OC, T. 10, p. 295 e 296.
15. «Un discurso de resignación», España, 14/05/1915, en OC, T. 10, p. 313.
16. «Un discurso de resignación», España, 14/05/1915, en OC, T. 10, p. 314.
17. «Más literatura resignada», España, 4/061915, en OC, T. 10, p. 317.
18. «Más literatura resignada», España, 4/061915, en OC, T. 10, p. 318
19. «El Gobierno que se ha ido», España, 16/121915, en OC, T. 10, p. 346
20. «El Gobierno que ha venido», España, 23/121915, en OC, T. 10, p. 348 ss.
21. «Prólogo», (01/1916), en OC, T. 1, p. 419.
22. Gregorio Morán afirma que o convite partiu da Asociación de Amigos del Arte. (MORÁN, GREGORIO, El maestro en el erial, Tusquets, Barcelona, 1998, p. 76).
23. OC, T. 6, p. 239.
24. «Impresiones de un viajero», (06/12/1916) en OC, T. 8, p. 363.

14 oct 2012

Matrimonio, cátedra e primeira militancia política (06)


O 7/04/1910 casa con Rosa Spottorno, de familia acomodada, filla de Juan Spottorno Auditor Xeneral do Ministerio de Mariña, e de Josefina Topete, el polo civil e ela polo católico, coa que terá dous fillos e unha filla. Comprometeuse, con todo, a que os seus fillos se educasen no cristianismo. Pasan a vivir nun piso que tiñan xa alugado en Zurbano, 22, con unha cociñeira de Baños de Cerratos, Palencia. Aquí nacerían os seus fillos Soledad e José. Cara a finais de 1918 ou principios de 1919 mudáronse a Serrano, 47.

O 10/08/1910 infórmalle a Maeztu que está pasando por unha depresión, nun momento “en el que he dado mucho y recibido poco”1. O 25/11/1910, aprobadas as oposicións para a cátedra de Metafísica, vacante pola morte de Salmerón, é nomeado catedrático da Universidade Central. Non é sorprendente que obtivese a cátedra, a pesar de non ter publicado até ese momento ningún libro, tendo en conta que a súa familia era a propietaria do xornal da maior tirada de España, o seu pai era o seu director, e o seu tío un político que accedeu reiteradamente ao ministerio de Fomento. Contaba neste momento con 27 anos de idade, posto que desempeñará desde 1910 ata 1936, data na que comezou a súa expatriación de 9 anos por diversos países europeos: Francia, Holanda, Arxentina e Portugal.

Frecuenta a tertulia do café Granja del Henar, rúa Alcalá, ao anoitecer durante un par de horas, onde tamén tiñan a súa tertulia Valle Inclán e Eugenio d’Ors. Nas vacacións a familia veranea nunha casa alugada en Zumaya, próxima ao estudio do pintor Ignacio Zuloaga, co que Ortega compartía a afección polas corridas de touros.

En 1912 confésase liberal, socialista e socializador2. Neste mesmo ano, Gumersindo de Azcárate e Melquíades Álvarez crean o «Partido Republicano Reformista», chamado Partido Reformista a partir de 1913, no que militará Ortega, Ramiro de Maetzu, Azaña, Morente, Fernando de los Ríos, Américo Castro, Teófilo Hernando, Alfredo Martínez, Federico de Onís, Augusto Barcia, Gumersindo de Azcárate, Víctor Ruiz Albéniz (avó de Alberto Ruiz-Gallardón), Benito Pérez Galdós, .... Defendía a accidentalidade das formas de goberno estando dispostos a aceptar a monarquía aínda que tamén estaban abertos á república, e un socialismo intervencionista, ambos de inspiración fabianista. Radicais nas metas, gradualista na estratexia. Aínda que foi ben recibido polos intelectuais, a súa dispoñibilidade para chegar a acordos cos monárquicos, afástao do PSOE e dos demais partidos republicanos.

No seu seo crea o autor que se confesaba inepto para a acción, como unha sección do msmo, «La Liga de Educación Política Española», dada a coñecer por Ortega en marzo de 1914, se ben xa foi publicado xa en outubro de 1913, suscrito por: José Ortega y Gasset, Manuel Azaña, Gabriel Gancedo, Fernando de los Ríos, el marqués de Palomares del Duero, Leopoldo Palacios, Manuel García Morente, C. Bernaldo de Quirós y Agustín Viñuales.»3 Non era propiamente un partido senón unha especie de movemento político, de carácter intelectual, dedicado ao estudo dos problemas nacionais para fundamentar unha acción política que impulse a nacionalización de España por medio da educación, aínda que sen renunciar á conquista de órganos políticos e de goberno4. Pensan emprender “una serie de trabajos destinados a investigar la realidad de la vida patria, a proponer soluciones eficaces y minuciosamente tratadas para los problemas añejos de nuestra historia, a defender, por medio de una crítica atenta y sin compromisos, cuanto va surgiendo en nuestro país con caracteres de aspirante vitalidad contra las asechanzas que mueven en derredor todas la cosas muertas o moribundas”5. Como ideario defende: a) o liberalismo, entendido
como liberación de toda traba dogmática e como aspiración a conciliar a vida próspera da nación e o benestar de todos e cada un dos individuos. “Estamos ciertos de que un gran número de españoles concuerdan con nosotros en hallar ligada la suerte de España al avance del liberalismo”6; b) Organización de España, para impedir que os españois futuros se encontren con unha nación volatilizada; por tanto de claro cariz nacionalista español. Intentan, non obstante, fuxir das connotacións pexorativas do nacionalismo, entendido como imperialismo. “Nos avergonzaría desear una España imperante, tanto como no querer imperiosamente una España en buena salud, nada más que una España vertebrada y en paz”7. Esta organización social só pode basearse na competencia. c) O socialismo, no que contén de crítica da organización actual da produción e a súa consideración do carácter transitorio do asalariado, mais expurgando o socialismo da súa vertente revolucionaria, do seu internacionalismo humanista; oposición radical á monarquía, pois ningunha forma é consubstancial co liberalismo senón que a forma opima de goberno sería a que fixese compatíbel democracia e España, ou sexa, que teña un compoñente nacionalista español; e minusvaloración dos medios materiais de defensa8. Ortega dáa a coñecer en tons exaltados, de grande fervor patriótico. A liga fundouse para “encender en llama de fe viva los corazones de todo un pueblo”9, e el imparte a charla por “ser de inminencia que alguien tocara a rebato solicitando a la actuación política las nuevas generaciones”10. Non ten propiamente programa e limítase a esixir como un dos seus ingredientes, para cando o teña, a xustiza, a eficacia. Pretende impulsar un imperioso levantamento espiritual, organizado en liña de agresión contra a inmoralidade11. Nela integráronse, entre outros, Manuel Azaña, Américo Castro, Salvador de Madariaga, Ramiro de Maeztu, Antonio Machado, Ramón Pérez de Ayala e Rodrigo Sanz12. Constituíron un grupo de notábeis, «picos de ouro», ligados persoalmente con vínculos laxos con Ortega, que todo o confiaban ao seu divismo sen chegar a crear un grupo consistente e organizado coa implantación social mínima necesaria para incidir na reforma da sociedade13. O seu resultado foi practicamente nulo e, pouco a pouco, o grupo foise esfarelando. Como di Fernández Almagro: “El designio paró metáfora, y como quedó sin llenar el perfil de los propósitos, tanto en la conferencia -de bello estilocuanto en el «prospecto» que se circuló por toda España, la gente no llegó a saber el modo de lograr «la España vertebrada y en pie», que postuló Ortega en colaboración con muchachos de claro porvenir”14.

A esta altura, marzo de 1914, Ortega segue a bascular en torno á súa autodefinición política. Manifesta que desexaría poder chamarse radical, mais dun radicalismo distinto dos radicais españois, afectos á gritaría, dun radicalismo que fose extremadamente liberal15, incluíndo o socialismo e o sindicalismo no que teñen non de negativo senón de construtores16. O outro eixo da Liga, alén do liberalismo, é a organización de España, ou sexa a súa nacionalización17 a organización mínima das funcións nacionais. Tan necesario como a xustiza nos gobernantes é a súa competencia18. Os partidos políticos da Restauración -o conservador e o liberal- pretenden que non se renda homenaxe á lei da historia que é o morrer, os individuos e as épocas19. Estes partidos son a Restauración, o inimigo máximo, o que deixou morrer a España. En resumo, para Ortega o lema da Liga é o liberalismo e a nacionalización integral: “Nacionalización del ejército, nacionalización de la monarquía, nacionalización del clero (no puedo en esto detenerme), nacionalización del obrero...”20.
 
 O 23/03/1914 pronuncia unha conferencia no teatro da Comedia de Madrid, «Vieja y  nueva política», en nome da Liga de Educación Política Española, de recente creación, da que foi cofundador, e na que dá a coñecer os seus obxectivos. Nela afirmou: "Somos monárquicos, no tanto porque hagamos hincapié en serlo, seino porque ella -España- lo es.No vemos en la Restauración el fracaso de la monarquía, sino también el de los republicanos."21.

Tamén neste ano publica o seu primeiro libro, Meditaciones del Quijote, obra na que, alén de defender a súa teoría filosófica do perspectivismo, está explícita a súa omnipresente obsesión españolista, como el mesmo recoñece en 1934: “Es, por lo menos, dudoso que haya otros libros españoles verdaderamente profundos. Razón de más para que concentremos en el Quijote la magna pregunta: Dios mío, ¿qué es España?”22.


1. ORTEGA SPOTTORNO, JOSÉ, Los Ortega (LOR), Taurus, Madrid, 2002, p. 151.
2. «De puerta de tierra», II, El Imparcial, de (19/09/1912), en Obras Completas (OC), T, 10, p. 189.
3. MARICHAL, JUAN, Prólogo al tomo I de las Obras completas de Manuel Azaña, Oasis, Méjico 1966.
4. «Prospecto de la ‘Liga de la Educación Política Española’, en OC, T. 1, p. 306.
5. «Prospecto de la ‘Liga de la Educación Política Española’, en OC, T. 1, p. 300.
6. «Prospecto de la ‘Liga de la Educación Política Española’, en OC, T. 1, p. 302.
7. «Prospecto de la ‘Liga de la Educación Política Española’, en OC, T. 1, p. 304.
8. «Liga de Educación Política», en OC, T. 10, p. 249.
9. ORTEGA Y GASSET, JOSÉ, Documentos políticos (DP), Alianza Editorial, Madrid, 1990, p. 84.
10. DP, p. 85.
11. DP, pp. 86-87.
12. ABELLÁN, JOSÉ LUIS, Ortegas y Gasset y los orígenes de la Transición democrática, Espasa Calpe, Madrid, 2000, pp.
139-140. Cf. EAH, pp. 55-56.
13. Cf. F. LALCONA, JAVIER, El idealismo político de Ortega y Gasset, Edicusa, 1974, p. 76.
14. FERNÁNDEZ ALMAGRO, Historia del reinado de D. Alfonso XIII, Sarpe, Madrid, 1986, T. I, p. 203.
15. DP, pp. 87-88.
16. DP, p. 93.
17. DP, p. 93.
18. DP, p. 93.
19. DP, p. 94.
20. DP, p. 101.
21. FERNÁNDEZ ALMAGRO, Historia del reinado de D. Alfonso XIII, Sarpe, Madrid, 1986, T,. I. p. 203.
22. «Prólogo para alemanes», 1934, en OC, T. 8, p. 58. Cf. Meditaciones del Quijote, «Meditación preliminar», 13.

12 oct 2012

Españolización de Catalunya


    O ministro de Educación e Cultura, Wert, afirmou antonte, día 10/10/2012,  no Congreso dos Deputados que  “nuestro interés es españolizar a los alumnos catalanes y que se sientan tan orgullosos de ser españoles como de ser catalanes y que tengan unha vivencia equilibrada de esas dos identidades”. Cando o ministro se refire ao noso interese desborda o ámbito persoal e implica directamente ao Goberno de España e ao propio PP. Por tanto xa sabemos que a súa pretensión é españolizar Catalunya, Euskadi e Galiza, por se alguén tiña algunha dúbida,  e, en consecuencia proceder a unha colonización aínda máis intensa do que viñan facendo até agora, e con esta finalidade vanse apoiar nos intelectuais orgánicos, tal como Gramsci os entende, e persoeiros próximos aos seus posicionamentos nas nacións periféricas, que xa comezan a actuar. Hoxe mesmo, desde a radio algúns contertulios estiveron a difundir esta ideoloxía argumentando que o máis natural é que un país como España se españolice, ao tempo que critican a ausencia de Mas desta celebración porque o normal é que toda España celebre a súa festa nacional, e inclusive se atreven a pregoar que se debía obrigar a que toda a xente a celebrase.

    Do que se trata, segundo o ministro, é actuar sobre os sentimentos das persoas non sobre a razón para lograr que sexan uns sentimentos equilibrados, fifty-fifty, metade-metade, non sexa que amen máis a súa terra e a súa cultura que a española. É natural que un español ame máis a España que a Francia, mais non é permisíbel que un galego, vasco ou catalán amen máis a súa terra que a española. Isto implica que persoas como Castelao, Otero Pedrayo, Alexandre Bóveda, etc. serían estigmatizados polo poder actual, como o foron polo poder entón imperante. Surxe tamén o problema da medición dos sentimentos e supoño que implementarán un sistema de avaliación a este respecto.

    Mais deben todos os pobos de España celebrar a festa nacional? Que poden facelo é un feito e que se pode defender que se faga tamén, mais ser obrigados a facelo é un sen sentido. Todo o que non se faga libremente, en aspectos accesorios para a supervivencia, non debe ser obxecto de imposición. Mais inclusive a pretensión de españolizar por parte dun Goberno estatal aos cidadáns dun pobo con lingua e cultura distintas das oficiais do Estado é un acto de colonización que visa o seu xenocidio cultural servíndose da posición de vantaxe que proporciona o poder lexislativo de turno e outros poderes do Estado. Que diriamos se aparecese nos medios que a Unión Soviética pretende rusificar Estonia, Letonia e Lituania? Que o reino Unido pretende inglesizar Irlanda, sexa do Norte ou do Sul? Que China quere chinesizar o Tibet?

    Prepararon o terreno durante moito tempo a través de certos círculos mediáticos da capital do Estado, que se encargan de magnificar certas denuncias isoladas de persoas que en Catalunya se negan a ser instruídos na lingua catalana e a acatar a lexislación lingüística vixente e reclaman ser educados na lingua oficial do Estado español. A excepción destes casos puntuais, até agora os problemas nas comunidades con dúas linguas -salvo en Galiza após a chegada de Feijóo- foron practicamente inexistentes salvo en caso contrario, ou sexa, de persoas que queren ser atendidos na lingua propia e se ven obrigados a interpor denuncias frente aos poderes públicos e os funcionarios e traballadores ao seu servizo. Os casos na Galiza proliferan, mais isto é sistematicamente silenciado e inclusive obviado por parte dos citados medios e, o que é máis grave, das autoridades territoriais encargadas da promoción e normalización do propio idioma no caso galego. Por outra parte, isto sucede nunha situación social en que a lingua que ten problemas de supervivencia é a lingua catalana e non a española, e xa non digamos no caso de Galiza e Euskadi, mais se agroma un leve indicio de normalización hai que afogalo de raíz. Non hai ningún mozo/a de Catalunya, Euskadi ou Galiza que ignore o español e poida falalo con soltura, mais si que hai moitos mozos galegos, cataláns e non digamos vascos, que non son capaces de expresarse na lingua propia da súa comunidade.

    Hai dous tipos de nacionalismo, o expansivo e o defensivo. O primeiro conquistou a súa estatalidade e a súa soberanía e pretende expansionarse a expensas doutros pobos, mentres que o segundo, exercitando un dereito colectivo de todos os pobos á súa existencia e á súa liberdade, procura conquistar a súa estatalidade e e a súa soberanía. A solución entre estas dúas tendencias opostas ten que estar no respecto mutuo dos diversos pobos e no estabelecemento de formas de convivencia respeitosas entre ambos, pois, en caso contrario, pode ser moi difícil evitar un choque de trens. A colonizaicón forzada doutros pobos é un caso de etnocidio cultural, ou, como dicía o grande Castelao, é un acto de lesa cultura.

Ramón Varela

10 oct 2012

Cambios na Igrexa

Hoxe topeime con u crego amigo pola rúa e, como de costume, parámos a falar un momento. A conversación desenvolveuse nos seguintes termos:
- E logo, xa foches hoxe pola a celebrar a misa?
- Non
- E logo vas pola tarde?
- Non hoxe non vou. Non teño misa até o sábado. Se ninguén me encarga a misa non celebro.
- Pois o meu tío, celebraba misa todos os días e todos os días a tiña encargada
- Si, pero hoxe encargan menos.
- Ben, así tamén descansas un pouco, porque desas ceremonias habituais tamén se debe descansar psicoloxicamente de vez en cando.
- Eu con todo, se non celebro na Igrexa, celébroa na casa para os que convivimos
- Si pero unha misa para dous ou tres perde o seu sentido. Eu creo que este baixón nas celebracións é un expoñente de como está a Igrexa hoxe en día, dirixida por octoxenarios que non son capaces de sintonizar coa sensibilidade e as preocupacións actuais.
- Non é só iso.
- É certo que non é só iso. Incide tamén negativamente o afastamento da ciencia e das ideoloxías actuais, alén da práctica política. Por exemplo, a intervención da Igrexa contra os independentistas cataláns foi unha saída de ton. Non levantaron a voz cando o Tribunal Constitucional lle desnaturalizaou o seu estatuto, mais agora que eles queren decidir por si mesmo, a Igrexa opónselle.
- É que a unión é un ben.
- Ben a nivel abstracto é todo, mais o ben da unidade non ten sentido se non é unha unidade querida, unha unión na que todos se sintan cómodos. O ben superior está en que se respecte a decisións dos pobos, e se estes queren ir a unha unión pactada, excelente. Por exemplo, hoxe podemos dicir que a UE pretende conseguir pola adhesión dos pobos o que Napoleón e Hitler pretendían conseguir pola forza. Os pobos europeos loitaron para non ser asimilados polo exército francés e o alemán, mais agora están de acordo en establecer unha unión pactada. O que non se pode é defender, a nivel ético, que a unión en si é un ben, como fixeron os bispos españois. O que é un ben moral é a unión froito da libre decisión dos pobos.
Non se respondeu a esta argumentación. Quedaría convencido? Calaría para que o deixase en paz, canta un carro e leva farelo? 

Primeira docencia e guerra de Melilla (05)


Por unha Real Orde de xuño de 1908 é nomeado profesor da «Escuela Superior de Magisterio», nas materias de Psicoloxía, Lóxica e Ética. A súa forte amizade con Ramiro de Maeztu, a esa altura adscrito ao ideario liberal, esmorece. “Leyendo esto me he puesto a recordar los tiempos, no muy lejanos, en que, unidos por estrecha amistad, íbamos a lo largo de estas calles torvas madrileñas, como un hermano mayor y un hermano menor, entretejiendo nuestros puros y ardientes ensueños de acción ideal. Y no acierto a  comprender cómo aquella no rota fraternidad ha venido cayendo tanto que hoy me hace usted decir y
pensar coas tan ineptas”1.

En 1908 é recoñecida a súa adscrición liberal, que el adxectiva co rótulo de socialista. Asiste, en agosto deste ano, a algunhas sesións do congreso do PSOE, ao que cualifica de “sociedad semisecreta de  educación e interna disciplina”2. No estado actual de España o socialismo está obrigado a erixirse en defensor da cultura e os seus inimigos principais son a ignorancia do cidadán e a astucia do crego3.

En 1908 describe así as influencias recibidas polos que se ocupaban das cousas do espírito, el entre eles: “... encontramos en el recuerdo de nuestros dieciocho anos una atmósfera caliginosa y como un sol africano que nos tostó las paredes de la morada interior. Fue aquella nuestra época de «nietzscheanos»; atravesábamos a la sazón, jocundamente cargados con los odrecillos olorosos de nuestra juventud, la zona tórrida de Nietzsche. Luego hemos arribado a regiones de más suave y fecundo clima, donde nos hemos refrigerado el
torrefacto espíritu con aguas de alguna perenne fontana clásica, y sólo nos queda de aquella comarca ideal recorrida, toda arena ardiente y viento de fuego, la remembranza de un calor insoportable e injusto”4. Manifesta de si mesmo non ser home de acción, por faltarlle abnegación e unha alma ben temperada, mais considera que a acción máis necesaria para España é a especulativa5. A súa limitación neste campo porase de manifesto nunha actuación política deficiente e fracasada.

En agosto de 1909, nun período de forte represión do goberno Maura tras os sucesos da semana tráxica de Barcelona, que se saldou con dúcias de mortos, millares dedetidos, cerca de 200 penas de desterro, 59 cadeas perpetuas e 5 condenas a morte, pola oposición cidadá á guerra en Marrocos, manifesta Ortega que antes de embarcarse España na guerra de Melilla debía terse consultado ao pobo español, pois o Goberno debe encargarse tanto da previsión técnica e económica como da organización do espírito público. Explicándolle ás xentes o que convén facer conseguirase “polarizar una nación en el sentido de la emoción
guerrera y se puede esperar que el ánimo del pueblo, poniéndose corvo y tenso como el arco de un sagitario, envíe al enemigo la flecha ardiente y vibrante de su entusiasmo”6. Como podemos ver, non se opón Ortega en absoluto á guerra, senón que só lamenta que non se tiver conciencia ao pobo español para que lograse embarcarse nela voluntariamente. 

Louva a creación das Ordes militares, representantes do fermento feudal no momento da unidade, e a súa actuación nas cruzadas. “La creación de las Ordenes militares, sus campañas de Grecia y Jerusalén, fueron hechos de incomparable fecundidad para la cultura. Al volver a Europa, trajeron los cruzados el germen de la sabiduría helénica-oriental e iniciaron el Renacimiento”7. Estas institucións relixioso-militares, surxidas nun momento de forte integrismo e fanatismo cristián, tiñan como función, nun inicio, a defensa dos santos lugares e, máis tarde, a defensa e propagación da fe cristiá, e non deixa de ser sorprendente que sexan louvadas polo filósofo madrileño en aras dos supostos beneficios de carácter cultural. Non se poden xustificar factos tráxicos da historia en base ao refrán “non hai mal que por ben non veña”. Se xustificamos os factos en base a este dito popular, teriamos que bendicir as maiores atrocidades. Pero sería erróneo crer -di Ortega- que se movían por intereses puramente relixiosos senón tamén económico-políticos. Con todo, hoxe non pode utilizarse a súa ideoloxía para xustificar a guerra de Melilla. “Parece ser que esta guerra es
útil, parece que es necesaria. Eso dicen. Yo no lo sé. Hagamos pues, guerra. Pero evitemos la vieja mise en scène sentimental”8, baseada na hostilidade teolóxica. Non deixa de ser sorprendente que un espírito crítico, como debe ser o dun filósofo, afirme que non sabe se a guerra é útil e necesaria, pero que convide, por mero seguidismo do poder de turno, a facer a guerra. Fica ben claro neste texto, a función do intelectual como ideólogo dos intereses tribais, que non obstante se presentarán como neutralidade obxectiva, fidelidade aos factos, moralidade moderna. ... Prescribe como única receita: “Hagamos la guerra; pero, en serio, es decir, sin la ficción del odio”9, como se a guerra se puidese facer sen odio, dun xeito despersonalizado ou como mera actividade lúdica. 

En setembro de 1909 publícase un manifesto, asinado por grande número de intelectuais europeos, entre os que se incluían Haeckel, Anatole France e Maeterlinck, en contra da brutal represión desencadeada polo Goberno de España a raíz dos disturbios que tiveron lugar na cidade de Barcelona por parte dos que se opoñían á guerra de Melilla. A este manifesto respondeu Azorín acusando aos tres intelectuais citados de farsantes. Ortega xulga que Azorín insulta gravemente a “tres de los nombres que componen el estado mayor de la cultura europea”10. O 15 de outubro pronuncia unha conferencia no «Ateneo» de Madrid
sobre «Los  problemas nacionales y la juventud»; en decembro na Casa do Partido Socialista madrileño sobre «La ciencia y la religión como problemas políticos», e xa en marzo de 1910 no Sitio de Bilbao a titulada «La pedagogía social como problema político». A esta asistiron, segundo El Noticiero Bilbaíno, elegantes señoritas. Este feito repetirase na vida de Ortega, o cal indica que, por unha parte, o filósofo gozaba dunha recoñecida reputación social, e, por outra, que eran reunións de sociedade mais que de investigación científica, porque a estas non se asiste de etiqueta.  

O ano 1910, por impulso de José Castillejo créase a krausista «Residencia de Estudiantes», co avogado Alberto Jiménez Frau como director, a imitación dos «colleges» ingleses nos que existía un ambiente cultural favorábel ao estudo e investigación. Ortega colaboraría con ela até a Guerra Civil; asistía todos os días ás tertulias antes de comer, e a ela confioulle a publicación de Meditaciones del Quijote.

1. «¿Hombres o ideas?», xuño/1908, en OC, T. 1, p. 439. Cf. «Algunas notas», Faro, 9/08/1908, en OC, T. 1, pp. 111-116. Epistolario completo Ortega-Unamuno (EOU), Ediciones El Arquero, Madrid, 1987, p. 35.
2. «El recato socialista», El Imparcial, 2/09/1908, en OC, T. 10, p. 81.
3. «Nuevas glosas», El Imparcial, (26/09/1908), en OC, T. 10, p. 87.
4. «El sobrehombre», El Imparcial, 13/07/1908, en OC, T. 1, p. 91.
5. Carta a Joaquín Costa, de 16/07/1908, en ORTEGA Y GASSET, JOSÉ, Cartas de un joven español, (CJE), Ediciones el Arquero, Madrid, 1991, p. 675.
6. «Guerra con cuartel», El Imparcial, (17/08/1909), en OC, T. 10, p. 100.
7. «Guerra con cuartel», El Imparcial, (17/08/1909), en OC, T. 10, p. 103.
8. «Guerra con cuartel», El Imparcial, (17/08/1909), en OC, T. 10, p. 103.
9. «Guerra con cuartel», El Imparcial, (17/08/1909), en OC, T. 10, p. 104.
10. «Fuera de la discreción», El Imparcial, (13/09/1909), en OC, T. 10, p. 95.

Polémica Ortega - Unamuno (04)

No ano 1907 Ortega confésase socialista1, e aínda que convida aos intelectuais a renovar a emoción liberal e con ela o liberalismo, este ten que ser socialista. Liberalismo, “bello nombre que ha rodado por Europa y que, por una ironía de la musa gobernadora de la Historia, vino a salir de nuestra oscura tierra. Aunque yo crea que el liberalismo actual tiene que ser socialista”2. Nesta primeira adhesión al liberalismo, transloce o intento de Ortega de superar as antinomias mediante a súa síntese, que, evidentemente se salda en fracaso, por ser o liberalismo incompatíbel co socialismo, se ben hai que matizar que o que Ortega designa con este nome non é propiamente socialismo. Como precisa Ramiro de Maeztu, “Lo que llama socialismo Ortega y Gasset, lo llamaba yo liberalismo en Bilbao, y nuevo liberalismo Melchor Almagro..., y neoliberalismo Vicente Gay en Valladolid, y se llama estatismo o intervencionismo en Barcelona, como podía llamarse moralismo a secas. En el fondo es kantismo, conciencia de la conciencia...”3. Por outra parte, é falso que o liberalismo fose unha planta nacida en territorio español, pois neste só brotou en época tardía e con pouca vitalidade. O que si é español é o nome que se lle deu a un amplo movmento de pensamento que surxe na Europa continental a partir do século XVII e que ten como principais representantes a Locke, Rousseau, Montesquieu, Hume, Kant, Stuart Mill, etc., que se veu designar, a partir das Cortes de Cádiz, co nome de liberalismo e aos seus defensores como liberais.

Ortega colabora a esta altura en Los Lunes de El Imparcial e funda, xunto con Rengifo, a revista semanal Faro4, que publicaría o seu primeiro número en febreiro de 1908. Colabora tamén a partir deste ano na prensa diaria, na que verterá grande parte das súas ideas políticas. Polemiza con La Cierva, sobre a reforma dos costumes; con Ramiro de Maeztu, sobre o problema nacional; Maura e Gamazo, sobre o liberalismo; Menéndez Pelayo, sobre o ensino laico; e, xa en 1909, con Unamuno, polo súa tendencia antieuropeísta.


En 1906 dille Unamuno que aquí só se estima a forza, o talento, pero non a axilidade, o xenio. O xenio crea, o talento conserva e por iso en España todos son conservadores5. Ortega, aludindo ás súas filias relixiósas, pregúntalle: ¿Por qué no se dedica más de lleno a Filosofía de la Religión y le hacemos catedrático de nueva creación con máximo de sueldo en Madrid?”6. Dedicándonos ao misticismo colocámonos fóra de Europa, flor do Universo. 

Non se pode chegar a parte algunha por outro camiño que o da ciencia. A respecto da súa teoría “de la fuerza y la agilidad, del elefante y la ardilla, que me apuntaba en su carta me ha dado un mal rato. Me parece errónea y lo que es peor española”7. Cumpre “podar del alma colectiva la esperanza en el genio que viene a ser una manifestación del espíritu de la lotería, y alentar los pasos mesurados y poco rápidos del talento. [...] Prefiero para mi patria la labor de cien hombres de mediano talento, pero honrados y tenaces, que la aparición de ese genio, de ese Napoleón que esperamos”8. Tamén lle confesa, que de España, salvo da familia e noiva, só recibe cartas súas. “Es el caso que habiendo hecho no pocos favores en esta vida a otros bípedos, no tengo un solo amigo. Y no creo que haya puesto más deseo nadie ni más inocencia en la busca de la amistad”9. 

Ortega repróchalle en 1906 de ser inxusto no ton da súa carta, reproche que Unamuno considera  xustificado. “En las ideas que usted desarrollaba en su carta no quise ver si no (sic) lo que ellas tienen de opuesto a mis sentimientos (no digo ideas) y algo que ha tomado usted de la docta Germania. Y yo me voy sintiendo furiosamente anti-europeo. ¿Que ellos inventan cosas? ¡nvéntenlas! La luz eléctrica alumbra aquí tan bien como donde se inventó”10. En novembro de 1906 transmítelle a súa opinión sobre o devir do catalán. “Y el catalán se pierde, digan lo que quieran. Vela el fenómeno el que se pierde castellanizándose. En mi país una generación habla vascuence y la siguiente castellano puro y neto, en salto; en Cataluña se pasa del catalán a un castellano acatalanado. [...] Y la labor literaria es superficial. El movimiento literario catalán es de productores, no de consumidores, de escritores, no de lectores. Y aunque la oferta hace demanda, eso no puede durar”11. 

En 1908 Ortega recoñece a serenidade da correspondencia de Unamuno, que lle fixo “rectificar lo que yo llamo ahora mis injusticias con V”12. Ante a aparición de Faro, en 1908, solicita a Unamuno que lle envíe algún artigo13, aínda que a precaria economía da revista impide que lle encargue unha colaboración asidua14. 

En 1911 aplaude a política de Unamuno e reduce a un papel de anécdota a súa metafísica15. Unamuno “vagabundea por los sistemas filosóficos y por los géneros literarios, sin hallar en ninguno madurez, al paso que en la política ha encontrado convicciones permanentes y por lo tanto sustantivas”16, pero manifesta concordar con el no proxecto socialista. “Mejores o peores seremos socialistas”17. En 1912 os ataques mutuos afloran con virulencia. Ortega cualifica de «patraña» algunhas pretensións de Unamuno. “Respecto a la nueva patraña de que hay que cumplir el deber civil que proclama Vd. como si acabara de realizar el descubrimiento de este, habríamos de hablar mucho. Es sobremanera dudoso que aun cuando quisiera Vd. cumplir su deber de catadrático de literatura griega lo haya cumplido Vd. y aún pueda Vd. ya cumplirlo”18. Unamuno contéstalle en termos conciliatorios intentando amainar as diferencias. “Yo procuraré contenerme en mis paradojas -¿que es esto?- y en mis insidias, y usted pese el valor de las palabras, v. gr. patraña, impertinente, etc. etc.”19. 

A raíz da súa destitución en 1914 por ter declarado o Rectorado de Salamanca a validez académica dun título de bacharel expedido en Bogotá, que o Ministerio, personalizado polo ministro de Instrucción Pública Francisco Bergamín, considera que é función súa. Unamuno, nervoso e moi preocupado, pide a solidariedade de Ortega. “Sí, mi querido amigo, necesito de usted, de su pluma, de lo que llama su mal genio. Y gracias. No se me ha destituido, se me ha echado como a un perro rabioso, sin que precediera aviso ni reconvención, sin previa tirantez de relaciones, sin quejas de mi conducta. [...] Eso sí, molestaban mis juicios duros sobre el profesorado y el que haya pedido una visita de inspección suponiendo que un catedrático pudiera ser inepto”20. Ortega propón unha guerra de guerrillas para ir levantando presión en toda España e recoméndalle que cale, porque volver a aparecer en persoa sería anti-estratéxico. “Sólo habría un motivo que lo justificase, a saber, que los demás no cumpliésemos con nuestro deber”21.

Ortega publica unha carta na que protesta contra a destitución de Miguel de Unamuno, polo citado ministro de Instrucción Pública, que cualifica dunha gravidade extraordinaria. Os políticos e os grandes financeiros obstínanse en asumir en exclusiva a dirección da nosa raza, afastando aos obreiros, produtores e intelectuais, aos que convida a solidarizarse contra ese feito, síntoma da falta de sintonía entre a España oficial e a vital22. Despois de aludir ao escrupuloso cumprimento do deber no cargo de reitor de Salamanca, “una vida compuesta de austeridad y laboriosidad ejemplares ..., uno de los más altos escritores de España, un hombre de quien la firma ha reconquistado en América el respeto a nuestra raza, ...”23, e ao silencio cómplice da prensa, afirma que “Un hombre honrado no puede ver sin encenderse de indignación que ante su presencia se atropelle a un prójimo que conduce una vida limpia y perfecta, trabajadora y ascética, exento de poder defensivo que el dinero proporciona y sin el ofensivo que las actas de diputado o los fusiles de la guardia civil”24. Quéixase de que aos que non son políticos non se lles fai caso e tamén deixa constancia de que é inimigo extremo de Unamuno, co que compite, non obstante, por unhas mesmas cousas: “por el triunfo del espíritu y por las altas esperanzas españolas”25. Unamuno é vítima do proceso destrutor dos mellores, desa peculiar organización morbosa dunha sociedade que lle fai repeler e inutilizar aos seus individuos máis fortes, da España oficial. “Hay un odio a lo mejor por ser mejor y una simpatía hacia lo abyecto. Esta es la perversión de los instintos valoradores”26. Entre estes mellores está Unamuno, un home que se levanta solitario sobre a árida planeza da alma española, “y hace con los brazos, al crepúsculo dolorido que alumbra las decadencias, unos gestos de energía y de esperanza. ... hombre solitario y sin compromisos, pobre y, sin embargo, constructor, edificador de la conciencia patria que desde un rincón de España, con el instrumento de su existencia pura y valerosa fabrica honor nacional”27. 

Con motivo da constitución en marzo de 914 da formación política Liga de Educación Política Española, Ortega quixo integrar a Unamuno nela, e con esta finalidade viaxou a Salamanca para proporlle que aceptase a presidencia da mesma. Unamuno respondeulle: “De forma que usted quiere que yo sea la cabeza y usted el espíritu de dicho partido. Pues ¿sabe lo que le digo?: que yo soy el Padre, el Hijo y el Espíritu Santo de mi propio partido. Y si algún día se formase un partido unamuniano, yo sería el primero que se diese de baja”28.

1. Carta de Ortega a Unamuno de 27/01/1907, en Epistolario completo Ortega-Unamuno (EOU), Ediciones El Arquero, Madrid, 1987, p. 66.
2. «Reforma del carácter, no reforma de costumbres», El Imparcial, (05/10/1907), Obras Completas (O.C.), T. 10, p. 21.
3. FRANCISCO VILLACORTA BAÑOS: Burguesía y cultura: los intelectuales españoles en la sociedad liberal. 1808-1931, Siglo XXI, Madrid, 1980, páxs. 111 a 155.
4. «El señor Dato responsable de un atropello a la Constitución», El Sol, 17/06/1920, en OC, T. 10, pp. 654.
5. Carta de Unamuno a Ortega do 2/12/1906, en EOU, pp. 49-50.
6. Carta de Ortega a Unamuno de 30/12/1906, en EOU, p. 60.
7. Carta de Ortega a Unamuno de 3/01/1907, en EOU, p. 64.
8. Carta de Ortega a Unamuno de 06/01/1904, en EOU, p. 31.
9. Carta de Ortega a Unamuno de 30/12/1906, en EOU, p. 55.
10. Carta de Unamuno a Ortega de 30/05/1906), en EOU, pp. 41-42.
11. Carta de Unamuno a Ortega de 2/11/1906), en EOU, pp. 46-47.
12. Carta de Ortega a Unamuno de 10/02/1907, en EOU, p. 159. Carta de Ortega a Unamuno de 17/02/1907, en EOU, p. 164.
13. Carta de Ortega a Unamuno de 17/02/1908, en EOU, p. 70.
14. Carta de Ortega a Unamuno de 8/03/1908, en EOU, p. 72.
15. «Glosas a un discurso», El Imparcial, 11/09/1911, en OC, T. 10, p. 82.
16. «Glosas a un discurso», El Imparcial, 11/09/1911, en OC, T. 10, p. 82.
17. «Nuevas glosas», El Imparcial, (26/09/1908), en OC, T. 10, p. 87.
18. Carta de Ortega a Unamuno de 22/03/1912, en EOU, p. 105.
19. Carta de Unamuno a Ortega de 21/11/1912, en EOU, p. 106.
20. Carta de Unamuno a Ortega de 03/09/1914, en EOU, pp. 114 e 115.
21. Carta de Ortega a Unamuno de 12/09/1914, en EOU, p. 117.
22. «La guerra y la destitución de Unamuno», El País, 7/09/1914, en OC, T. 10, pp. 256 e 257.
23. «La destitución de Unamuno», El País, 09/1914, en OC, T. 10, pp. 259-260.
24. «La destitución de Unamuno», El País, 09/1914, en OC, T. 10, p. 260.
25. «En defensa de Unamuno», 11/10/1914, en OC, T. 10, p. 264.
26. «En defensa de Unamuno», 11/10/1914, en OC, T. 10, p. 268.
27. «En defensa de Unamuno», 11/10/1914, en OC, T. 10, pp. 266 e 268.
28. ABELLÁN, JOSÉ LUIS, Ortega y Gasset y los orígenes de la Transición Democrática, Espasa calpe, 2000, p. 64.

6 oct 2012

Unha conferencia Episcopal anacrónica

A Igrexa católica ten lexitimidade para pronunciarse sobre temas políticos, mais outra cousa distinta é a oportunidade e a conveniencia. Cando se fai un posicionamento político, a opción que se vai defender necesariamente concorda con tomadas de postura de determinados partidos políticos e iso implica que outras alternativas, con moitos cristiáns no seu seo, vanse sentir descualificadas e fóra do manto protector da hierarquía eclesial.

A declaración da Conferencia Episcopal Española (CEE) sobre o independentismo enmarcase nunha longa historia de posicionamentos de caracter españolista, na que España é concibida como unha unidade superestrutural forxada pola historia e que todos deben respectar. Esta concepción da nación española concibida como unha realidade unitaria impulsada desde o cristianismo, eviterna e inmutábel, coincide, grosso modo, coa concepción política da dereita  e de sectores xacobinistas da esquerda socialista española. A situación actual de España configuraríase pola historia de acordo con designios divinos ou a natureza das cousas ou ambos factores á vez. Estas concepcións que apelan a factores extrahistóricos para explicar a historia, teñen enorme dificultade para ver a realidade en devir, para captar o kairós, a temporalidade e historicidade de todo o existente. Isto non é sorprendente se temos en conta que as relixións, principalmente as do libro (xudaísmo, cristianismo e islamismo) están fundamentadas en tradicións e textos que se pretenden sagrados e con validez tamén eviterna. Toda a verdade xa está no Talmud, Korán ou Biblia, verdade que non se pode discutir e o único que resta é interpretala dentro de estreitas marxes. Véxase a este respecto a persecución inquisitorial a que está sometido o teólogo galego Torres Queiruga por ofrecer unha interpretación aberta da mensaxe cristiá que sexa compatíbel coa razón e as ciencias. Isto agrávase aínda máis pola adopción de certas interpretacións como dogmas e, por tanto, como sentencias definitivas, válidas para todo tempo e lugar. Todas estas relixións tenden ao discurso único, ao absolutismo relixioso, moral e xurídico, e todas teñen unha enorme dificultade en adaptarse aos tempos, en asumir unha actitude máis acorde cos dereitos humanos e unha sensibilidade máis elevada sobre o ser humano baseada nunha concepción máis científica e menos supersticiosa da súa natureza. Exemplifica este extremo a condena da liberdade de pensamento, no Silabo de 1864, case un século despois de ser consagrada nos códigos de dereitos do home e do cidadán saídos da Revolución Francesa ou as condenas de galileo, Darwin, etc. 

Na Declaración da CEE só limitadamente se recoñece a lexitimidade dos nacionalismos periféricos, pois para que teñan lexitimidade plena as posturas nacionalistas deben ser cuidadosas do ben común, entendeno por tal o ben de toda España e, por conseguinte, non existe ben común propio e específico de cada unha das nacións periféricas que compoñen o Estado español. O pobo español, no seu conxunto, é o único suxeito de dereitos e, por conseguinte, négase de raíz todo dereito de autodeterminación para as nacións distintas da española, única sagrada e intanxíbel.

A CEE non acepta que os feitos sociais e políticos son unha realidade temporal e cambiante e non froitos da predestinación divina que xa quería que España fose nación desde o tempo da romanización, sendo así que as nacións, como entidades políticas, non surxen até o século XVIII e a española en concreto no século XIX, segundo os mellores historiadores do feito nacionalista. As nacións son realidades históricas que se constrúen e deconstrúen, que se crean e destrúen no decurso do tempo e as novas nacións, cando adquiren tal categoría, teñen dereito á vida e a elixir o seu futuro, sen verse limitadas por outros pobos cos que convivía con anterioridade.


Non é sorprendente, pois, que alerte contra o risco da desintegración, entendendo por tal calquera cambio que rache co statu quo vixente neste momento. Aboga por preservar a unidade porque -afirma- é un ben, sen matizacións de ningunha clase, dando a entender que toda unidade, sexa forzada, contranatura, etc. é un ben sen máis por ser unidade. A unidade é un ben sempre que sexa pactada, consensuada, asumida polas persoas que deciden convivir en unidade. Tamén o matrimonio é un ben, mais sempre que se estabeleza de común acordo entre os contraentes e non sexa forzada desde o exterior. A unidade española ten un vicio de orixe, que consiste en que foi froito da conquista e da imposición, e se nalgún momento, os cidadáns dunha comunidade, como froito da súa libre expresión, consideran que esa unidade non funciona, tamén é un ben que poidan propor novas formas de convivencia. Non é só a unidade o que é un ben, senón que tamén é un ben a posibilidade de adoptar novas formas de convivencia, entre elas, a de recompoñer o consenso tácito ou explícito que regulaba a convivencia mutua. O que é un ben superior é o estabelecemento dunha forma de convivencia que conte coa aprobación de todos, unha forma de convivencia onde todos se sintan cómodos.

Consideran os bispos que se debe preservar ao mesmo tempo a unidade de España e a rica diversidade dos pobos que conforman o país, e, con esta finalidade fan un diálogo aos interlocutores sociais e políticos. Se por unidade se entende que os pobos deben convivir nun estado unitario de soberanía única do pobo español e onde todos os demais fican silenciados, é difícil compartir este posicionamento e moito menos relacionalo con exixencias éticas. A pluralidade de soberanías compartidas é unha fórmula de convivencia que está implantada nos países máis estábeis e avanzados do mundo, como, por exemplo, en Alemaña, EEUU, México, Suiza, etc. e non se pode dicir que non preserve tan ben a convivencia como os estados unitarios,  como é o caso do Estado español. Non aceptar esta fórmula de Estado de soberanía única non significa que se estea por fórmulas de convivencia harmónica nun mesmo Estado, aínda que non sexa a mesma nación. A respecto do diálogo, somente recordar que a reforma do Estatuto catalán se fixo dun xeito pactado e consensuado entre a comunidade catalana e os representantees políticos da soberanía española, mais un fallo desafortunado do Tribunal Constitucional rachou ese consenso. Foi unha pena que a CEE non se pronunciase en contra desnaturalización do Estatut.

Finalmente, só dicir que aquí non pretendemos defender a independencia de Catalunya senón os dereitos dos pobos, e, por tanto, manifestar o respecto pola decisión que libre, pacífica e democraticamente tomen os habitantes dunha comunidade. Os territorios non teñen dereitos, din algúns, mais os habitantes dunha comunidade que constitúe un pobo, si que ten dereitos.

Ramón Varela Puñal