O Rei, en horas baixas, acaba de publicar unha carta fundamentalmente dirixida contra os nacionalistas periféricos do Estado español que ten a súa orixe no contexto da manifestación independentista que tivo lugar en Barcelona con motivo da diada. Este feito indica que os defensores do statu quo están preocupados pola deriva independentista do pobo catalán e queren cortala de raíz, aproveitando a figura do monarca, xefe supremo das forzas armadas, e coa bendición do goberno do PP. O Rei deixa de actuar como garante da convivencia de todos os pobos de España, que podía articularse nunha superestrutura política reformada e de novo cuño, máis respeitosa cos dereitos dos pobos que conviven no Estado español, para converterse en defensor dos dereitos do pobo español, único que ten protagonismo recoñecido constitucionalmente.
O Rei preséntase como portavoz dunha opinión compartida xa por algún outro. “No soy el primero y con seguridad no seré el último”, ou sexa, dunha opinión que nin sequera se sabe e se quer maioritaria. Isto tivo como corolario que somente o PP e UPyD a aplaudisen, quer dicir, os partidos, con presenza no arco parlamentario, máis españolistas e máis antinacionalistas das nacións periféricas.
A propósito do terrorismo, sempre se dixo que todas as ideas son defendíbeis sempre que se faga mediante as armas da razón, da argumentación democrática e da actuación pacífica, que é o que fixo o pobo catalán, mais agora establécese un novo filtro, que consiste en que as ideas non divulguen e se leven á práctica, por ser puras quimeras, fomento de disensións, división de forzas e acentuación das feridas. Na realidade, a única nación «santa» e «inmaculadza» é a nación española. As demais terían xa un ar de sospeita e unha mácula de orixe, que serían os imperativos da Constitución española, concebida como norma sagrada e intanxíbel, e utilizada como arma arroxadiza fronte aos disidentes.
Podemos comparar o que acontece no Estado español coa práctica do Estado canadiano, que xa permitiu que se celebrasen dous referendos de autodeterminación para que os quebequeses decidisen se queren ser independentes ou convivir nunha superestrutura federal cos demais pobos do Canada. Esta práctica democrática e pacífica canadiana fecha de plano e con rotundidade toda lexitimidade a calquera tentación de grupos violentos, que tanta dor e sufrimento produciron en España. Tamén no Reino Unido se fala de que en 2014 se vai celebrar un referendo de autodeterminación e non orixinou ningunha clase de histeria dos poderes públicos. Por que se producen no Estado español? Dicía o archiespañolista Ortega e Gasset que en España sempre se perseguiu aos que poñen branco sobre negro, el que, por outra parte, foi un dos principais impulsores da paixón españolista que condensaba na frase: « soy un español hasta las cachas», e defensor do ordenamento legal autonomista, inclusive “por la fuerza y siempre que el Estado español mantenga la sartén por el mango”. Pode residir a causa nunha ideoloxía cerrada sementada no pobo español durante séculos? É o pobo español, de por si, máis intolerante que outros? Débese quizais a un défice democrático que condiciona a política exterior e que se traduce na oposición a recoñecer a independencia de Kosova ou poñer como condición para unha reforma do ordenamento comunitario que se impida a adhesión de novos países salvo se hai unanimidade, para frear as aspiracións catalanistas?
Dicía o recentemente falecido Santiago Carrillo que a guerra civil fora contra as esquerdas, mais conviría matizar que foi contra as esquerdas pero principalmente contra os nacionalismos periféricos. O franquismo, neste eido, segue moi vivo no Estado español. Neste sentido, pinta mal a prevista reunión de Mas e Rajoy, porque parece que o Xefe do Goberno español quere encorsetarse na Constitución e non mover ficha. Xa se brande a aplicación do artigo 155 da Constitución Española. Estarán dispostos tamén a recorrer, como última alternativa, á intervención dos militares?
Este rebulicio con Catalunya ten como precedente unha reforma estatutaria mutilada, primeiro polo Congreso dos Deputados e máis tarde polo Tribunal Constitucional que, tras recurso do PP, deixou irrecoñecíbel un texto que xa fora referendado polo pobo catalán, e un financiamento que os cataláns consideran discriminatorio para o seu país, por incluír unha contribución excesiva á solidariedade, especialmente sensíbel nun momento de crise como o actual. Consideran que non deben acarretar máis dun catro por cento, que é o límite establecido para os länder alemáns.
A apelación do Rei á unidade parece que se debe entender como unha chamada á submisión dos pobos discrepantes, pois é moi difícil que pretendese afirmar que agora os socialistas teñen que pregarse ás decisións do PP, cando foi o PP quen usou todas as armas ao seu dispor contra a política do PSOE, inclusive aínda que iso levase aparellado nada menos que resgate do Estado español. Tamén cumpre entendelo como unha chamada de atención aos sindicatos para que acepten o programa de recortes e perda de dereitos laborais e sociais que lle impón o PP.
Pedro de Ambroa

No hay comentarios:
Publicar un comentario