Unha familia acomodada
José Ortega e Gasset naceu en Madrid o 9 de maio de 1883, durante o período da Restauración, “en las capas superiores de la sociedad española”1. Era fillo por parte paterna de José Ortega Munilla, fillo á súa vez, de José Ortega Zapata, originario de Valladolid, casado con María del Pilar Munilla Urquiza, natural de Plasencia, Extremadura. Este seu avó, músico, xurista e xornalista, foi membro membro do partido moderado e exerceu un cargo importante na administración colonial cubana. Ocupaba un posto burocrático na Administración do Estado, como oficial da secretaría xeral do Consello Real. En 1855 foi destinado á illa de Cuba en calidade de oficial segundo da secretaría política do Goberno da illa de Cuba, desempeñando o seu labor primeiro na Habana, e despois en Cárdenas como administrador de rendas. Foi o fundador de La Gaceta Musical de Madrid e redactor de xornais como La Libertad, El Puente de Alcolea, El Eco del Progreso, El León español e El tiempo, xornal este último no que ocupou o cargo de redactor xefe. Na súa carreira administrativa, despois do retorno, os seus destinos, serían Plasencia, como promotor fiscal; Cuenca, como xefe da sección de Fomento da clase segunda; Xirona, como secretario do Goberno Civil, e Gobernador interino; Castrokeriz, Castellote e Colmenar Viejo. Retirouse a Miraflores de El Palo en Málaga, onde falece aos 79 anos de idade. Seu pai, Fernando Ortega e Montaner, era un absolutista partidario de Fernando VII.
Durante a estancia caribeña de algo máis de dous anos de Ortega Zapata naceu o pai do filósofo, José Ortega Munilla (Cárdenas, Cuba 1856-Madrid 1922). Exerceu tamén como xornalista, alén de novelista, e casou con Dolores Gasset e Chinchilla (Pontevedra 1860-Puente Genil, Córdoba, 1939). Ortega Munilla iniciou os seus estudos nos Seminarios de Cuenca e Girona, que abandonou ao estalar a revolución de 1868, pasando a iniciar os de dereito. A esa altura era un mozo inquieto partidario da Revolución. Adherente á filosofía positivista e ao krausismo2, ao igual que Gasset Artime, foi redactor de La Iberia, órgao do partido de Práxedes Mateo Sagasta.
O krausismo debe o seu nome ao filósofo idealista alemán Karl Christian Friedrich Krause (1781-1832), defensor do que el chama panenteísmo, noción de carácter metafísico polo que pretendía conciliar a inmanencia e transcendencia divinas sobre o mundo. Deus non está no mundo nin fóra do mundo, senón que o contén e si e o transcende: panenteísmo, quer dicir, non « todo-deus», senón « todo-en-Deus». Como todos os seres finitos viven en Deus, deben amarse uns a outros e a todos os demais seres do universo. Deus está presente na esencia humana, especialmente na parte superior que é a razón. Os dereitos fundamentais, orixinarios e primitivos do home son a liberdade, concibida como medio para a consecución de fins humanos e non como fin en si mesma, a igualdade racional, sen privilexios de nacemento e de clase compatíbel coas diferenzas individuais, e a propiedade, fundada na natureza humana e nas súas necesidades. Oponse ao socialismo por consideralo destrutor da propia esencia humana. Defendeu a igualdade de dereitos entre o home e a muller, os dereitos dos meniños e os da natureza, a separación da Igrexa e do Estado, ou sexa, a laicidade.
O krausismo tivo grande influencia en España, onde foi introducido polo filósofo soriano Julián Sanz del Río, (1814-1869), e continuado polo seu discípulo Francisco Giner de los Ríos, (1839-1915), pedagogo, intelectual e cofundador da Institución Libre de Ensinanza, especie de Universidade privada. Os krausistas españois pretendían reformar o home de acordo con un novo ideal de humanidade e, por conseguinte, conferíanlle un grande papel á educación. A súa defensa do panenteísmo e do liberalismo progresista e laico enfrentounos coa Igrexa Católica, que incluiu o libro de Krause, Ideal de Humanidade, no Índice de Libros Prohibidos, e co seu brazo político no poder, a esa altura representado polo ministro de Fomento, o integrista Manuel Orovio Echagüe, que en calidade de responsábel da Instrución Pública, nun Goberno presidido por Canovas del Castillo, publica, o 26/02/1875, unha circular na que fai observar que nos estabelecementos que sostén o Goberno non deben ensinarse outras doutrinas que non sexan as do Estado, nin tolerar explicación algunha que redunde en menoscabo da persoa do Rei ou da Monarquía, e que se restabeleza a orde e a disciplina no ensino. A oposicións dos krausistas a este ataque á liberdade de cátedra, saldouse coa expulsión de Nicolás Salmerón, Giner de los Ríos, Gumersindo Azcárate, Saínz Rueda, ... e a demisión, en sinal de solidariedade, de Castelar, Montero Ríos, Laureano Figuerola, Segismundo Moret, etc., o que dará lugar á creación da Institución Libre de Ensinanza o 16/08/1876, que vai exercer unha notábel influencia na Universidade e cultura españolas contribuíndo a mermar o monopolio da filosofía neoescolánstica imperante. Ao seu abeiro creáronse o Centro de Estudos Históricos, Residencia de Estudantes, Xunta de Ampliación de Estudos. ...
O pai de Ortega, co seu amigo Miguel Moya fundou a resvista literaria La Linterna e publicou tamén con él un periódico taurino, El Chiclanero, por ser, alén de crítico taurino, un grande afeccionado aos touros. Como literato, formou parte da xeración realista do 68 e converteuse en defensor do idealismo en literatura. Redactou unha sección, «Crónica semanal», en Los Lunes de El Imparcial e exarceu como crítico teatral e redactor de Los Debates. Con ocasión do acceso de Rafael Gasset Chinchilla ao ministerio de Fomento con Francisco Silvela, da Unión Conservadora, como presidente, o 5/03/1899, substitúeo na dirección de El Imparcial, o 19/04/1900, posto no que permanecerá até maio de 1906, en que toma o seu relevo Luís López Ballesteros. Este xornal foi o máis importante do seu tempo e del dicíase que quitaba e poñía gobernos. Desde logo, converteuse en mans do Gasset nunha maquinaria de poder e influencia ao servizo dos seus designios económico-políticos e ideolóxicos. De tendencia liberal dinástica, patrocinou a fundación da «Sociedad Editorial de España», que tamén apoiaba o seu fillo José Ortega e Gasset, na que ocupou o cargo de Vicepresidente. Esta presentábase como unha especie de sindicato empresarial de carácter apolítico, formado por tres xornais madrileños “independentes” de ámbito estatal -El Imparcial, El Liberal e El Heraldo- e seis xornais de provincias-, pero na práctica foi un grupo de “presión periodística y un defensor de las tácticas políticas de Rafael Gasset e de Miguel Moya Ojanguren, primeiro presidente este último da Asociación da Prensa de Madrid”3, director e presidente de El Liberal, fundado por Isidoro Fernández Flórez, e máximo accionista da Sociedad, da que era Presidente. O chamado trust constituía unha especie de monopolio xornalístico de tendencia liberal. Aínda que manifestaban que non pretendían monopolizar a influencia da imprensa política, non foron capaces de convencer á opinión pública, que os vía escorados cara ao partido liberal e os seus aliados. Estaba gobernado por un Comité Executivo formado por Miguel Moya, presidente, José Ortega e Munilla, Vicepresidente, José Gasset Chinchilla, Secretario, e Antonio Sacristán, Inspector Xerente. As desavinzas de José Ortega e Munilla con Rafael Gasset, que quería un xornal máis dócil ao seu proxecto político, obrígano a abandonar El Imparcial en 1910, utilizando no sucesivo como tribunas para os seus artigos o ABC e La Vanguardia. Polo apoio que lle dispensaban os seus cuñados, Eduardo e Rafael, obtivo o escano polo distrito de Padrón sen implicarse persoalmente na contenda electoral e sen molestarse en intervir practicamente nada no Congreso, o que non lle impedía de gañar nas eleccións, en varias lexislaturas, co 100 por cento dos votos emitidos4. En 1902 ingresou na Real Academia Española para ocupar a cadeira E que ostentara Campoamor.
Por parte da liña paterna dos Ortega, eran, por tanto, escritores, xornalistas, funcionarios da administración e, politicamente, de tendencia conservadora, salvo o seu pai.
A liña materna é máis distinguida. Na vertente militar, o seu trisavó, Manuel Gasset Rodríguez foi brigadier e marechal de campo de Estado Maior. O seu bisavó, José Gasset e Montaner, fillo de Manuel Gasset Rodríguez, naceu en Barcelona en 1800 e seguiu a carreira militar do seu pai, alcanzando a categoría de tenente en 1828. De ideoloxía carlista, a participación na rebelión de 1827 do irmán do rei, Carlos María Isidro, contra Fernando VII provocou o seu desterro a Galicia onde permanecería ligado ás familias do carlismo galego. En 1830 foi nomeado funcionario da Administración de Correos e en 1832 da Dirección Xeral de Lotarías. Casou na parroquia de Iria Flavia con Águeda Artime5 Valledor6, de acomodada familia oriunda de Avilés, Asturias, con casa soarega nesta localidade padronesa7. Acompañou, xunto coa súa filla Eugenia, a Rosalía de Castro, na súa viaxe de 1856, a Madrid, onde a xove escritora galega se encontra co seu amigo da infancia, Eduardo Gasset Artime, mozo de bo parecer e brillante traxectoria.
O seu tío avó pola liña dos Chinclilla-Díez de Oñate, José Chinchilla e Díez de Oñate, fillo de José María Chinchilla y de Manuela Díez de Oñate e Prados, tivo unha brillante carreira militar. Foi tenente xeneral e Capitán Xeneral de Madrid e Director Xeral da Guarda Civil, ministro de guerra no goberno de Sagasta en 1888 e Gobernador de Cuba. Loitou en Cuba ás ordes do xeneral Serrano, participou na guerra americana de México, na Terceira Guerra Carlista e combateu a sublevación do Xeneral Prim. O curmán do seu avó, Eduardo Gasset Artime, Manuel Gasset Mercader, senador electo, senador vitalicio8, e capitán xeneral de Cataluña, foi premiado co marquesado de Benzú pola súa brillante traxectoria militar. Por tanto, a vea militar, que se reflite na ideoloxía do filósofo está moi presente na rama materna, e tamén na súa familia política, pois a súa muller, Rosa Spottorno Topete, era filla do Xeneral Xurídico da Armada, Juan Spottorno y Bienert, e a súa mai, Josefina Topete Cavaillón, era filla de Ramón Topete e Carballo, que chegou a ser Vicealmirante da Armada e Capitán Xeneral do Ferrol. O seu tío, Juan Bautista Topete e Carballo é coñecido como o Almirante Topete. Nomeado Capitán do porto de Cádiz, lanzou aos gaditanos a proclama que suporía o inicio da revolución “Gloriosa”, que levou ao desterro á raiña Isabel II e propiciou o comezo do sexenio revolucionario. Ocupou a carteira de Ministro de Mariña en varias ocasións, e tamén foi deputado a Cortes, presidente do Consello de Ministros, ministro da Guerra e ministro de Ultramar. En 1880 foi ascendido a Vicealmirante. O pai, Juan Bta. Topete e Viaña, fillo do almirante Ramón Topete e Fuentes, tamén pai de dos mariños Francisco e José Topete e Viaña, foi Comandante dos Apostadeiros de Veracruz e da Habana, Xefe de Escuadra, Comandante Xeneral do Departamento de Cádiz e Ministro de Mariña en 1846 co marqués de Miraflores. Outro dos seus tíos, Ángel, Capitán de Navío, foi Xefe do Apostadeiro de Filipinas e Comandante Xeneral do Arsenal de Cavite. O avó destes, Ramón Topete e Fuentes, foi Xefe de Escuadra e e obtivo o grao de Tenente Xeneral. Juan Bautista Topete e Viaña, fillo do almirante Ramón Topete e Fuentes, tamén pai de dos mariños Francisco e José Topete e Viaña.
Os ascendentes de Rosa Spottorno Topete tamén participaron activamente en política. O seu pai, Juan Spottorno Bienert saiu deputado nas eleccións do 5 de marzo de 1893, pola circunscrición da Coruña, distrito de Ferrol24. O seu avó paterno, Bartolomé Spottorno María, de tendencia liberal, foi deputado por Cartaxena en tres ocasións, cónsul de Prusia e axente consular de Dinamarca e Grecia. Pola parte materna, o seu tío, Juan Bautista Topete Carballo, foi deputado por Cadiz, Barcelona e Madrid25, ministro de Ultramar, Mariña e Guerra en varias ocasións durante períodos moi breves de tempo e Presidente interino do Consello de Ministros26; e o seu avó, Juan Bautista Topete e Viaña, foi deputado por Sevilla27.
A faceta política dos bisavós de José Ortega e Gasset, pola rama Chinchilla-Díez de Oñate, está representada polo marbellí Juan Chinclilla Bernardí, deputado en 18439, e senador vitalicio na lexislatura 1858-1860, e polos seus tíos avós, José Chinchilla e Díaz de Oñate, senador pola Habana na lexislatura 1887-1888 e senador vitalicio na lexislatura 1993-1994; Juan Chinchilla e Díez de Oñate, avogado, deputado polo distrito de Lucerna10, circunscrición de Córdoba, senador vitalicio na lexislatura 1889-1890, e Auditor Xeneral do Exército, e o seu irmán, o cacique Joaquín Chinchilla e Díez de Oñate, avogado e licenciado en filosofía e letras, deputado polo fracción política demócrata por Jaen e Coin na circunscrición de Málaga, obtendo en tres lexislaturas de cinco o cen por cento dos votos11, senador por Málaga na lexislatura 1896-1898, senador vitalicio na lexislatura 1907-1908, e Intendente de Facienda en Filipinas.
Os ascendentes de Rosa Spottorno Topete tamén participaron activamente en política. O seu pai, Juan Spottorno Bienert saiu deputado nas eleccións do 5 de marzo de 1893, pola circunscrición da Coruña, distrito de Ferrol24. O seu avó paterno, Bartolomé Spottorno María, de tendencia liberal, foi deputado por Cartaxena en tres ocasións, cónsul de Prusia e axente consular de Dinamarca e Grecia. Pola parte materna, o seu tío, Juan Bautista Topete Carballo, foi deputado por Cadiz, Barcelona e Madrid25, ministro de Ultramar, Mariña e Guerra en varias ocasións durante períodos moi breves de tempo e Presidente interino do Consello de Ministros26; e o seu avó, Juan Bautista Topete e Viaña, foi deputado por Sevilla27.
A faceta política dos bisavós de José Ortega e Gasset, pola rama Chinchilla-Díez de Oñate, está representada polo marbellí Juan Chinclilla Bernardí, deputado en 18439, e senador vitalicio na lexislatura 1858-1860, e polos seus tíos avós, José Chinchilla e Díaz de Oñate, senador pola Habana na lexislatura 1887-1888 e senador vitalicio na lexislatura 1993-1994; Juan Chinchilla e Díez de Oñate, avogado, deputado polo distrito de Lucerna10, circunscrición de Córdoba, senador vitalicio na lexislatura 1889-1890, e Auditor Xeneral do Exército, e o seu irmán, o cacique Joaquín Chinchilla e Díez de Oñate, avogado e licenciado en filosofía e letras, deputado polo fracción política demócrata por Jaen e Coin na circunscrición de Málaga, obtendo en tres lexislaturas de cinco o cen por cento dos votos11, senador por Málaga na lexislatura 1896-1898, senador vitalicio na lexislatura 1907-1908, e Intendente de Facienda en Filipinas.
O seu avó materno, Eduardo Gasset Artime, (Pontevedra 1832-Madrid, 1884)12, nunha situación de cesantía do seu pai en 1835, foi enviado para Madrid aos once anos a traballar como escribente sen soldo no Banco de San Fernando, que máis tarde mudaría polo Ministerio de Facenda. En 1854 é nomeado contador do Ministerio de Facenda en Segovia, pero retorna a Madrid en 1855, ano en que casa coa marbellí, de rica e influente familia -seu pai foi presidente do Tribunal de Contas-, Rafaela Chinchilla e Díez de Oñate13. En anos sucesivos ocuparía diversos postos na Administración do Estado en varias localidades do Estado español: Albacete, Cuenca, Burgos, Oviedo, e Murcia, e en 1861 é nomeado inspector Xeral de Contribucións. Afíliase a Unión Liberal, partido fundado en 1858 por Leopoldo O’Donnell, que era un partido monárquico, centrista equidistante entre o partido progresista -defensor da milicia e soberanía nacionais, ampliación do sufraxio censitario e laicismo- e o partido moderado -defensor da soberanía compartida, sufraxio censitario, unidade católica de España. A UL, con un programa flexíbel, propugnaba un maior centralismo administrativo e un multipartidismo restrinxido. En 1858, en eleccións con sufraxio censitario, como tamén as de 1863, foi elixido como deputado pola Unión Liberal, despois dunhas eleccións moi contestadas por fraudulentas pola oposición, repetindo en varias lexislaturas pola circunscrición da Coruña, distritos de Padrón e Santiago, e pola circunscrición de Pontevedra, distritos de Pontecaldelas e Cambados14. En xeral, as eleccións nas que participaron os Gasset foron eleccións sen credibilidade democrática, con resultados á búlgara, moitas veces do cen por cento dos votos obtidos sobre o total de votantes, cando non superior a esta porcentaxe. Senador por Teruel na lexislatura de 1872-1873, renunciaría para presentarse a deputado pola circunscrición da Coruña. Na lexislatura de 1883-1884, ocupou o cargo de senador vitalicio. Abandona a Administración do Estado pola empresa privada pero coa volta da Unión Liberal ao poder, é nomeado gobernador civil de Pontevedra en 1865. Contribúe a fundar a Institución Libre de Enseñanza, chegando a formar parte, como conselleiro e con enderezo en Praza de Matute, 5, da súa primeira xunta directiva constituída o 31/05/1876 e do accionariado da entidade con dúas accións. Angel Fernández de los Ríos traspásalle El Semanario Pintoresco, converténdose en propietario e director desta publicación, até que o vendeu en xuño de 1856. En 1862 funda o semanario, logo xornal, El Eco del País, unha publicación ao servizo da Unión Liberal, partido co que concorrera ás eleccións ao Congredo de Deputados en 1858 e ao que permaneceu fiel até o ano 1866, en que se afasta de O’Donnell e se aproxima aos progresistas. Non tivo éxito con esta publicación e ao ano seguinte funda o xornal liberal e monárquico de maior tirada de España, El imparcial, que se publicará desde o 16/03/1967 até o ano1933, coa finalidade de apoiar ao xeneral Prim, tamén membro da Unión Liberal, a terminar co reinado de Isabel II. Neste xornal da familia publica José Ortega e Gasset o primeiro artigo o 14/03/1904, co título: “El poeta del misterio”. Este diario que chegou a tirar 130.000 exemplares diarios e que se vangloriaba de poñer e quitar gobernos, vai converterse nun instrumento de poder ao servizo da casa dos Ortega e Gasset. Naceu como un xornal monárquico antidinástico, mais adaptouse á república; opúxose nun primejro momento á Restauración, mais terminou por aceptala, cambio de liña editorial que alentou aos disidentes a fundar en 1879 El Liberal; foi defensor dun sistema democrático e dun liberalismo light, de inclinación católica e arredado dos extremismos. Funda tamén La Ilustración de Madrid, dirixida por Bécquer, que logo se convertirá na Ilustración Española y Americana. En decembro de 1868 é elixido concelleiro por Madrid e en xaneiro de 1869 deputado por Santiago. Aceptou a constitución de 1869 e apoiou a candidatura monárquica de Amadeo de Saboia, polo seu talante liberal. En 1871 é nomeado ministro de Ultramar no goberno de Manuel Ruiz Zorrilla15, do Partido Demócrata Radical, de ideoloxía liberal progresista, surxido dunha escisión pola esquerda do Partido Progresista, baixo o reinado de Amadeo de Saboia, mais tivo que demitir por oporse á abolición da escravatura en Porto Rico. A súa oposición á escaravatura é indicativo da súa escasa sensibilidade por este este tema, que compartirá tamén o seu neto, o filósofo, que xustificará a escravatura polo progreso que representa como solución alternativa á morte dos cativos. A raíz do seu nomeamento renuncia á dirección do Imparcial e nomea para este posto a Mariano Araús. O 19/05/1879, cesa a Isidoro Fernández Flórez e nomea para dirixir Los Lunes de El Imparcial, ao seu futuro xenro, José Ortega Munilla, a esa altura con 22 anos, que casaría coa súa filla Dolores, muller moi abnegada e católica, en 1881. Os cesados, molestos, aproveitaron para fundar El Liberal. Como nova mostra de adaptación ás circunstancias socio-políticas, o outrora defensor da monarquía máis liberal de Europa, contemporizador coa república e accionista da Institución Libre de Enseñanza de Giner de los Ríos, acepta a Restauración borbónica, xesto que foi recompensado por Alfonso XII en 1884, co nomeamento de senador vitalicio por designación real. Á súa morte, asume a dirección do xornal o seu fillo Rafael Gasset Chinchilla, aos 18 anos de idade. Con el o xornal chega á súa cimeira, mais tamén se produce, a seguir, o seu esmorecemento, por telo convertido nun xornal partidista, que perde a súa imparcialidade.
O irmán de Dolores, Rafael Gasset Chinchilla, preséntase ás eleccións ao Congreso de Deputados, do 1/02/1891, nas filas do Partido Conservador, obtendo un escano pola circunscrición de Cuba e foi o primeiro ministro de agricultura de España durante seis meses en 1900, no goberno presidido por Francisco Silvela, de Unión Conservadora, e durante cinco en1903, nun goberno encabezado por Raimundo Fernández Villaverde16, do Partido Liberal Conservador. En 1905 abandona o Partido Conservador e pasa ás filas do Partido Liberal, ocupando a carteira ministerial nos gobernos liberais: de Moret (1905-1906, 1909-1910), Canalejas (1911-1912), Romanones (1913 e 1916-1917) e García Prieto (1922-1923). Cacique e deputado «cunero» pola bisbarra de Padrón, foi deputado polas circunscricións de Cuba, Pontevedra, A Coruña, Cidade Real desde 1891 a 192317. Sucedeu ao seu pai na dirección de El imparcial, que supeditou aos seus intereses politicos provocando o descrédito do xornal. e foi un dos propietarios do trust da imprensa do momento, a Sociedad Editorial de España, integrado por El imparcial, El liberal, El heraldo, comprado este último a Canalejas en 1906, La Semana Ilustrada e varios xornais de provincia.
O seu fillo e curmán do filósofo, Ricardo Gasset Alzugaray, avogado e xornalista, foi deputado polo distrito de Almagro, na circunscrición de Cidade Real, polo partido liberal de Romanones; por Noia, na da Coruña, dentro do grupo liberal-agrario do seu pai, e por Lugo, xa en 193618, eleccións nas que se presenta pola Unión Republicana de Diego Martínez Barrio. Exilouse en Francia e volve a España en 1949.
O fillo varón maior de Eduardo Gasset Artime, Eduardo Gasset Chinchilla, nacido en Vigo, estivo moi ligado a Galicia. A finais do século XIX mercou o pazo das Tores Xunqueiras, no municipio da Pobra do Caramiñal. Foi deputado pola circunscrición da Coruña, distritos de Padrón, Betanzos, A Coruña e Arzúa, en varias lexislaturas, obtendo en moitas delas o cen por cento dos votos19. A partir de 1905, foi designado senador pola provincia da Coruña e en 1918, senador vitalicio20. Casou coa súa curmá, María Neira Gasset, da que tivo un fillo, Eduardo Gasset Neira, tamén deputado21.
José Gasset
Chinchila foi deputado por Ordes en 1903-190522. Ramón Gasset Chinchilla, deputado por Arzúa e Gaucín, Málaga23, foi director da «Escuela Superior de Artes e Industrias» de Vigo, e ao igual que Rafael, participaba do rexeneracionismo costista, que tamén compartirá o noso autor, que propugnará un rexeneracionismo pola moral científica.
Polos ascendentes, podemos ver que Ortega e Gasset, descende de burgueses acomodados, era un «fillo de papá», un «neno ben», un «pijo», como se diría en linguaxe coloquial dos nosos días, como el mesma recoñecerá en carta aos seus pais de 1905. A súa familia ocupaba postos importantes no eido militar, afministrativo e político, con enorme proxección, tanto por parte da liña dos Ortega como dos Gasset Spottorno. A ideoloxía política é de carácter, conservador principalmente pola parte dos Ortega, e liberal e máis prgresista pola liña dos Gasset e dos Spottorno, mais sempre dentro do etablissement, do sistema de poder de turno. Esta forte influencia e proxección social familiar explican que fose nomeado catedrático de metafísica aos 27 anos de idade a pesar de non ter practicamente publicado nada.
O seu fillo, José Ortega Spottorno, será nomeado senador por designación real para a lexislatura constituénte: 15/06/1977-02/01/1979. Dirixiu a Revista de Occidente, fundou Alianza Editorial e participou na fundación do xornal El País, do que foi membro do Consello de Administración de El País até o ano 1984.
1. ORTEGA Y GASSET, JOSÉ, Documentos políticos, Alianza Editorial, Madrid, 1990, p. 81.
2. F. LALCONA, JAVIER, El idealismo político de Ortega y Gasset, p. 35.
3. ORTEGA SPOTTORNO, JOSÉ, Los Ortega, Taurus, Madrid, 2002, p. 120.
4. Eleccións Circunscrición Distrito Data de alta Data de baixa % vot
40 27.3.1898 A Coruña Padrón 04/04/1898 16/03/1899 74,58
41 16.4.1899 A Coruña Padrón 01/05/1899 24/04/1901 76,56
42 16.5.1901 A Coruña Padrón 27/05/1901 27/03/1903 78,40
43 30.4.1903 A Coruña Padrón 03/05/1903 17/08/1905 100,00
44 10.09.1905 A Coruña Padrón 19/09/1905 30/03/1907 100,00
45 21.4.1907 A Coruña Padrón 29/04/1907 14/04/1910 100,00
46 8.5.1910 A Coruña Padrón 17/05/1910 02/01/1914 96,50
40 27.3.1898 A Coruña Padrón 04/04/1898 16/03/1899 74,58
41 16.4.1899 A Coruña Padrón 01/05/1899 24/04/1901 76,56
42 16.5.1901 A Coruña Padrón 27/05/1901 27/03/1903 78,40
43 30.4.1903 A Coruña Padrón 03/05/1903 17/08/1905 100,00
44 10.09.1905 A Coruña Padrón 19/09/1905 30/03/1907 100,00
45 21.4.1907 A Coruña Padrón 29/04/1907 14/04/1910 100,00
46 8.5.1910 A Coruña Padrón 17/05/1910 02/01/1914 96,50
5. Os sacerdotes da parroquia de Iria Flavia escriben Altimes6. Nos documentos de Iria Flavia sempre aparece Valledor e non Villado, como escriben algúns. A súa mai é descrita como María Manuela González Valledor, polo cal non sabemos se escriben o apelido da nai primeiro ou se apelan ao apelido polo que se coñece cando describen a filla como Artime Valledor.
7. Zamora Bonilla di que era unha dama fidalga de Padrón. (ZAMORA BONILLA, JAVIER, Ortega y Gasset, Plaza y Janés, Barcelona, 2002 p. 24
8. Senador vitalicio na lexislaturas de 1864-1865, senador pola provincia de Lerida en 1876-1877, e senador vitalicio en 1877.
9. Elección do 15.9.1843. Deputado suplente electo con 53,55 5 dos votos.
10. Eleccións Circunscrición Distrito Data de alta Data de baixa % vot
34 21.8.1881 Córdoba Lucerna 30/08/1881 31/03/1884 93,52
34 21.8.1881 Córdoba Lucerna 30/08/1881 31/03/1884 93,52
11. Eleccións Circunscrición Distrito Data de alta Data de baixa % vot
25 1.12.1865 Jaen Jaen 03/01/1866 30/12/1866 95,06
27 15.1.1869 Jaen Jaen 22/02/1870 02/01/1871 69,14
40 27.3.1898 Málaga Coin 06/04/1898 16/03/1899 100,00
41 16.4.1899 Málaga Coin 24/04/1899 24/04/1901 100,00
42 19.5.1901 Málaga Coin 29/05/1901 27/03/1903 100,00
25 1.12.1865 Jaen Jaen 03/01/1866 30/12/1866 95,06
27 15.1.1869 Jaen Jaen 22/02/1870 02/01/1871 69,14
40 27.3.1898 Málaga Coin 06/04/1898 16/03/1899 100,00
41 16.4.1899 Málaga Coin 24/04/1899 24/04/1901 100,00
42 19.5.1901 Málaga Coin 29/05/1901 27/03/1903 100,00
12. Algúns afirman que o seu lugar de nacemento non é Pontevedra senón El Paraiso, Cesures, Padrón. Esta afirmación é pouco probábel se temos en conta que o lugar de baptismo non foi a parroquia de Iria Flavia nin de Padrón, senón a de Santa María a Maior de Pontevedra. Tendo en conta que o baptismo se practicaba, a esa altura, o mesmo día do nacemento ou todo o máis ao día seguinte, sería raro, caso de nacer en Padrón, que non se baptizase nesta localidade e se desprazase con urxencia para Pontevedra con esta finalidade.
13. Outra veces, Soledad Ortega, de quen collemos esta información, dá como nome: Rafaela Chinchilla Domínguez. Cf. ORTEGA Y GASSET, JOSÉ, Cartas de un joven español, Ediciones el Arquero, Madrid, 1991, pp. 8 e 51.
14. Eleccións Circunscrición Distrito Data de alta Data de baixa % vot
22 31.10.1858 A Coruña Padrón 21/02/1858 22/03/1861 58,54
22 31.10.1858 A Coruña Padrón 27/04/1861 12/08/1863 100,00
23 10.10.1863 Pontevedra Pontecaldelas 30/05/1864 23/06/1864 100,00
25 1.12.1865 A Coruña Santiago 03/01/1866 30/12/1866 99,94
27 15.1.1869 A Coruña Santiago 16/02/1869 02/01/1871 106,91
28 8.3.1871 A Coruña Padrón 22/04/1871 22/05/1871 ?
28 8.3.1871 Pontevedra Cambados 22/04/1871 24/01/1872 66,09
30 24.8.1872 A Coruña Padrón 19/09/1872 22/03/1873 99,31
33 24.4.1879 A Coruña Padrón 02/05/1879 25/06/1871 108,35
34 21.8.1881 A Coruña Padrón 02/09/1881 31/03/1884 98,39
22 31.10.1858 A Coruña Padrón 21/02/1858 22/03/1861 58,54
22 31.10.1858 A Coruña Padrón 27/04/1861 12/08/1863 100,00
23 10.10.1863 Pontevedra Pontecaldelas 30/05/1864 23/06/1864 100,00
25 1.12.1865 A Coruña Santiago 03/01/1866 30/12/1866 99,94
27 15.1.1869 A Coruña Santiago 16/02/1869 02/01/1871 106,91
28 8.3.1871 A Coruña Padrón 22/04/1871 22/05/1871 ?
28 8.3.1871 Pontevedra Cambados 22/04/1871 24/01/1872 66,09
30 24.8.1872 A Coruña Padrón 19/09/1872 22/03/1873 99,31
33 24.4.1879 A Coruña Padrón 02/05/1879 25/06/1871 108,35
34 21.8.1881 A Coruña Padrón 02/09/1881 31/03/1884 98,39
15. Do13/06/1872 [BOE 15/06/1872] a 19/12/1872 [BOE 21/12/1872]
16. Ministro de Agricultura, Industria, Comercio y Obras Públicas 18/04/1900 [BOE 19/04/1900] a 23/10/1900 [BOE 24/10/1900]. Preside Francisco Silvela; Ministro de Agricultura, Industria, Comercio y Obras Públicas 20/07/1903 [BOE 21/07/1903] a 05/12/1903 [BOE 08/12/1903]. Presidente: Raimundo Fernández Villaverde; Ministro de Fomento 01/12/1905 [BOE 03/12/1905] a 06/07/1906 [BOE 07/07/1906]. Presidente: Segismundo Moret; Ministro de Fomento 30/11/1906 [BOE 01/12/1906] a 04/12/1906 [BOE 05/12/1906]. Presidente: Moret; Ministro de Fomento 21/10/1909 [BOE 22/10/1909] a 09/02/1910 [BOE 10/02/1910]. Presidente: Moret; Ministro de Fomento 02/01/1911 [BOE 03/01/1911] a 03/04/1911 [BOE 04/04/1911]. Presdidente: José Canalejas; Ministro de Fomento 03/04/1911 [BOE 04/04/1911] a 12/03/1912 [BOE 13/03/1912]. Presidente: Canalejas; Ministro de Instrucción Pública y Bellas Artes Interino durante la ausencia del titular 10/09/1911 [BOE 11/09/1911] a 20/09/1911 [BOE 21/09/1911]; Ministro de Fomento 24/05/1913 [BOE 25/05/1913] a 27/10/1913 [BOE 28/10/1913]. Presidente: Álvaro de Figueroa, Marqués de Romanones; Ministro de Fomento 30/04/1916 [BOE 01/05/1916] a 19/04/1917 [BOE 20/04/1917]. PresidenteRomanones; Ministro de Fomento 07/12/1922 [BOE 08/12/1922] a 03/09/1923 [BOE 04/09/1923]. Presidente: Manuel García Prieto.
17. Eleccións Circunscrición Distrito Data de alta Data de baixa % vot
37 1.2.1891 Cuba Santiago de Cuba 16/07/1892 05/01/1893 45,41
38 5.3.1893 Pontevedra A Estrada 03/07/1893 01/07/1895 141,67
39 5.4.1896 A Coruña Noia 18/04/1896 26/02/1898 100,00
Cuba 55,91
40 27.3.1898 A Coruña Noia 03/04/1898 16/03/1899 100,00
41 16.4.1899 A Coruña Noia 25/04/1899 24/04/1901 100,00
42 19.5.1901 A Coruña Noia 27/05/1901 27/03/1903 100,00
43 30-4.1903 A Coruña Noia 09/05/1903 17/08/1905 100,00
44 10.9.1905 A Coruña Noia 27/09/1905 30/03/1907 99,97
45 21.4.1907 A Coruña Noia 29/04/1907 14/04/1910 100,00
46 8.5.1910 Cidade Real Cidade real 14/05/1910 02/01/1914 65,68
8.5.1910 A Coruña Noia 18/05/1910 05/07/1910 59,83
47 8.3.1914 Cidade Real Cidade Real 05/03/1914 16/03/1916 -
48 9.4.1916 Cidade Real Cidade Real 02/04/1916 10/01/1918 -
49 24.2.1918 Cidade Real Alcazar de San J. 04/03/1918 02/05/1919 61,35
50 1.6.1919 Cidade Real Alcazar de San J. 06/06/1919 02/10/1920 56,95
1.6.1919 A Coruña Padrón 24/07/1919 13/08/1919 99,35
51 19.12.1920 Cidade Real Alcazar de San J. 27/12/1920 06/04/1923 88,79
52 29.4.1923 Cidade Real Alcazar de San J. 26/05/1923 15/09/1923 79,26
Pontevedra Vigo 11/06/1923 15/09/1923 64,91
18. Eleccións Circunscrición Distrito Data de alta Data de baixa % vot
48 9.4.1916 Cidade Real Almagro 15/04/1916 10/01/1918 85,58
49 24.2.1918 A Coruña Noia 28/12/1918 02/05/1919 -
50 1.6.1919 A Coruña Noia 10/06/1919 02/10/1920 -
51 19.12.1920 A Coruña Noia 25/12/1920 06/04/1923 50,42
52 29.4.1923 A Coruña Noia 26/05/1923 5/09/1923 60,68
53 16.2.1936 Lugo 26/02/1936 02/02/1939 48,66
19. Eleccións Circunscrición Distrito Data de alta Data de baixa % vot
38 5.3.1893 A Coruña Padrón 13/03/1893 01/07/1895 76,02
39 5.4.1896 A Coruña Padrón 25/04/1896 26/02/1898 100,00
40 27.3.1898 A Coruña Betanzos 05/04/1898 16/03/1899 92,23
41 16.4.1899 A Coruña Betanzos 24/05/1899 24/04/1901 76,35
42 19.5.1901 A Coruña Betanzos 31/05/1901 27/03/1903 100,00
43 30.4.1903 A Coruña A Coruña 15/05/1903 17/08/1905 55,10
44 10.9.1905 A Coruña Arzúa 02/10/1905 25/11/1905 61,56
47 8.3.1914 A Coruña Padrón 31/03/1914 16/03/1916 88,90
20. Foi elixido senador pola Coruña nas lexislaturas de 1905-1907; 1907-1908; 1910-1911; 1917-1918. En 1918 foinomeado senador vitalicio.
21. Eleccións Circunscrición Distrito Data de alta Data de baixa % vot
48 9.4.1916 A Coruña Padrón 04/04/1916 10/01/1918 -
49 24.2.1918 A Coruña Padrón 25/03/1918 07/11/1918 98,27
22. Eleccións Circunscrición Distrito Data de alta Data de baixa % vot
43 30.4.1903 A Coruña Ordes 04/05/1903 17/08/1905 76,44
23. Eleccións Circunscrición Distrito Data de alta Data de baixa % vot
44 10.9.1905 A Coruña Arzúa 30/12/1905 30/03/1907 77,05
46 8.5.1910 Málaga Gaucín 31/03/1911 02/01/1914 98,48
24. Eleccións Circunscrición Distrito Data de alta Data de baixa % vot
38 5.03.1893 A Coruña Ferrol 14/03/1893 01/07/1895 41,13
25. Eleccións Circunscrición Distrito Data de alta Data de baixa % vot
22 31.10.1858 Cádiz Cádiz 10/12/1862 12/08/1863 58,01
27 5.1.1869 Barcelona Vich 16/02/1869 03/03/1869 39,12
27 5.1.1869 Madrid Madrid 16/02/1869 02/01/1871 57,55
28 8.3.1871 Cádiz Cádiz 13/04/1871 24/01/1872 97,83
29 2.4.1872 Cádiz Cádiz 03/05/1872 28/06/1872 99,73
26. Ministro de Marina, Comercio y Gobernación de Ultramar 12/02/1846 [BOE 13/02/1846] a 16/03/1846 [BOE 17/03/1846]; Ministro de Marina 08/10/1868 [BOE 09/10/1868] a 22/02/1869; Ministro de Marina 25/02/1869 [BOE 27/02/1869] a 18/06/1869 [BOE 20/06/1869]; Ministro de Ultramar Interino 21/05/1869 [BOE 23/05/1869] a 18/06/1869 [BOE 20/06/1869]; Ministro de Marina 18/06/1869 [BOE 20/06/1869] a 01/11/1869 [BOE 03/11/1869]; Ministro de Ultramar Interino 18/06/1869 [BOE 20/06/1869] a 13/07/1869 [BOE 15/07/1869]; Ministro de Guerra Interino durante la ausencia del titular 25/08/1869 [BOE 26/08/1869] a 21/09/1869 [BOE 22/09/1869]; Presidente del Consejo de Ministros Interino durante la ausencia del titular 26/08/1869 [BOE 27/08/1869] a 21/09/1869 [BOE 22/09/1869]; Ministro de Marina 01/11/1869 [BOE 03/11/1869] a 06/11/1869 [BOE 09/11/1869]; Ministro de Marina 09/01/1870 [BOE 12/01/1870] a 20/03/1870 [BOE 22/03/1870]; Ministro de Guerra Interino 27/12/1870 [BOE 29/12/1870] a 04/01/1871 [BOE 05/01/1871]; Ministro de Estado 27/12/1870 [BOE 9/12/1870] a 04/01/1871 [BOE 05/01/1871]; Presidente del Consejo de Ministros Interino 27/12/1870 [BOE 29/12/1870] a 04/01/1871 [BOE 05/01/1871]; Ministro de Ultramar 21/12/1871 [BOE 22/12/1871] a 20/02/1872 [BOE 22/02/1872]; Presidente del Consejo de Ministros Interino hasta la llegada del titular 26/05/1872 [BOE 28/05/1872] a 04/06/1872 [BOE 05/06/1872]; Ministro de Marina 26/05/1872 [BOE 28/05/1872] a 13/06/1872 [BOE 15/06/1872]; Ministro de Guerra Interino hasta la llegada del titular 26/05/1872 [BOE 28/05/1872] a 04/06/1872 [BOE 05/06/1872]; Ministro de Marina 03/01/1874 [BOE 04/01/1874] a 13/05/1874 [BOE 13/05/1874]
15 3.9.1844 Sevilla - 19/10/1844 31/10/1846 76,69
No hay comentarios:
Publicar un comentario