O día 13/02/2013, os xornais recollen unhas declaracións de Rajoy, reproducindo outras previas de Núñez Feijóo, nas que afirma textualmente: “No he cumplido mis promesas, pero si con mi deber”, ou sexa que distingue claramente entre promesas e deber, e mentres as promesas poden incumprirse, o compromiso co deber é maior, aínda que tampouco o afirma moi taxativamente, pois a seguir manifesta “al menos tengo la sensación de que he cumplido con mi deber”.
Na historia do pensamento político enfrentáronse dúas correntes de pensamento moi distintas: a maquiavélica e a kantiana. Maquiavelo defendía a autonomía da ética a respecto da política, por considerar que esta última se rexe por leis propias que non son as da ética, polo menos as da ética do cidadán normal. O pensador florentino expón no capítulo XVIII do Príncipe, que cando un actúa en politica vese obrigado a incumprir as súas promesas. A política é a arte do disimulo. Máis vale parecer ser leal, humano e íntegro que selo de verdade. Inclusive pode ser prexudicial ter todas esas cualidades e observalas en todo momento. Os políticos que tiveron máis éxito foron os que fixeron pouco caso das propias promesas e souberon burlar con astucia o enxeño dos homes, pois de pouco serven a inxenuidade e o candor a quen se move no ámbito da política. Os príncipes que fixeron grandes cousas non foron os que mantiveron moito a palabra dada se souberon burlar con picardía o enxeño dos homes, triunfando ao final sobre os que se basearon na lealdade. Convén ter as cualidades do raposo, que sabe sortear as trapelas, e do león, que ten forza, mais é preferíbel as do primeiro. “Os que só imitan o león non saben o que fan, polo tanto, un señor prudente non pode nin debe manter a palabra dada cando tal cumprimento redunda en prexuízo propio e cando xa desapareceron os motivos que obrigaron a dala. Se os homes fosen todos bos, este precepto non valería, pero posto que son malos e non manteñen o que prometen, tampouco hai por que manter a dun”.
Kant, pola súa parte, sostiña que facer unha promesa cando se sabe que non se pode cumprir vai contra a lei interior que debe formular a nosa conciencia moral, que é o que el chamaba o imperativo categórico, porque iso destruiría o valor da palabra dada, e as promesas como tales desaparecerían. Ninguén podería querer un mundo no que a xente fixese promesas ao barato. Claro que, se Rajoy pretendese ser kantiano, podería alegar que el tiña o propósito firme de cumprir as promesas electorais, mais que non puido facelo por circunstancias imprevistas sobrevenientes. Neste caso, tendo en conta que practicamente ao día seguinte de acceder á presidencia do goberno xa comezou a incumprilas, suscitaríase a cuestión da súa capacitación intelectual para presidente, pois participando el activamente dos labores de oposición ao goberno de Zapatero e tendo varios gobernos autonómicos en mans de políticos do seu partido, debería estar informado suficientemente da situación do país.
Parece, pois, que Rajoy adhire, a este respecto, ao pensamento de Maquiavelo, por máis que, a efectos de disimulo, diga o contrario, práctica corrente, por outra parte, nos políticos maquiavélicos.
É difícil de disociar éticamente o cumprimento das promesas e deber, se por deber se entende o deber moral, pois toda promesa implica un deber para aquel que a realiza, e moito máis cando esa promesa se formula a modo de contrato entre os políticos e os cidadáns. Un político pede o voto para un programa no que se apresentan toda unha serie de medidas a poñer en práctica en caso de recibir o apoio suficiente para gobernar, especialmente se pode facelo en solitario, non estando obrigado a transaccionalo con outros partidos. A consecuencia do incumprimento é que a cidadanía se sente frustrada pola aplicación de medidas ás que el non deu o seu consentimento. Interpretalo doutro xeito sería identificar o deber moral co que o gobernante entende que son exixencias políticas, o cal euivalería a identificar a política maquiavélica coa moral.
Se algo significa democracia é que o pobo ten nas súas mans o poder decidir as grandes liñas de actuación política, mais isto só se pode efectivizar se os políticos se comprometen a cumprir o que inclúen nos seus programas. O contrario é unha burla á cidadanía e unha traizón grave ao sistema democrático. Con que cara pode apresentarse de novo ante o seu electorado, ao que defraudou unha e outra vez? Se un político non responde ante os cidadáns que o votaron, ante quen o fai? Perante Alemaña? Perante os mercados? Perante Deus? Perante a historia?
Isto é tanto máis grave se temos en conta as críticas que lle dirixía a Zapatero precisamente por incumprir o programa electoral: “Mienten por escrito a los españoles y les mienten en su propia casa", subir o IVA "es injusto porque perjudica a quien menos tiene; inútil, porque no servirá para atajar el déficit, y contraproducente porque es un nuevo jarro de agua fría a una economía que ya está congelada", ...

No hay comentarios:
Publicar un comentario