Nacida na China e traída a Galiza de pequeniña -din que aos nove meses- Asunta Yong Fang, brillante e sensíbel meniña era xa unha rapariga galega a todos os efeitos. A súa morte afectounos profundamente a todos os composteláns, independente da extración social, idade ou sexo. Mais aínda que foses china a todos os efeitos, sentiriamos igual a túa morte e teriamos o mesmo sentimento de repulsa cara aos que che cortaron a vida, as esperanzas, a ilusión, o futuro. Porque o lexítimo sentimento de pertenza patrio non pode permitir que se conculquen os direitos dos demais, e especialmente de seres indefensos, como é o teu caso.A túa desaparición física é o expoñente da baixeza a que pode chegar o ser humano en determinados momentos e circunstancias.
Agora que o teu corpo non está entre nós, só fica o teu espírito, que non está só na Alameda ou en Belvís, como o dos teus queridos avós, senón que está en todos os currunchos da cidade porque está na mente de todos nós, que nunca te esqueceremos, apesar de que, no meu caso, non tiven ocasión de coñecerte en vida..
No hay comentarios:
Publicar un comentario