1.- Perversión conceptual
2.- Noción de federalismo e autonomismo
3.- Desenvolimento e características do Estado federal
4.- O federalismo na Confederación Suiza. Confronto co
federalismo español e galego
4.1.-
Estatus político dos Estados e competencias
4.2.-
Acordos intercomunitarios
4.3.-
Asuntos exteriores
4.4.-
Educación
4.5.-
Cultura
4.6.-
Lingua
4.6.-
Relacións coas igrexas
4.7.-
Direito civil e penal
4.8.-
Institucións financeiras
4.9.- Facenda
4.10.-
Forzas de seguranza
4.11.-
Aprobación e reforma da Constitución federal e cantonal e dos estatutos
5.- O federalismo no Estado español:
5.1.- O
federalsimo en Pi i Margall
5.2.-
Autonomismo e antifederalismo en Ortega e Gasset
5.2.1.-
Unidade de soberanía e café para todos
5.2.2.-
Intervención nas Cortes de 1931
5.3.- O
autonomismo en Julián Marías
5.3.1.-
Noción de autonomía
5.3.2.
Autonomía e unidade de España
5.3.3.-
Centralismo e unitarismo
6.- O federalismo na Galiza
6.1.- Desenvolvimento
do federalismo na Galiza
6.2.-
Proxecto de constitución para o Estado galaico
6.3.-
Rexionalismo e federalismo en Alfredo Brañas Menéndez
6.3.1.-
Diferenzas entre federalismo e rexionalismo
6.4.- O
rexionalismo federal de A. J. Pereira de la Riva
6.4.1.-
Introdución.
6.4.2.- Ideoloxía
6.4.3.-
Concepción da Galiza
6.5.- O
federalismo en Vicente Risco Agüero
6.5.1.-
Antecedentes
6.5.2.-
Etapa federalista confederalista
6.5.3.-
Do federalismo á teoría das minorías nacionais
6.5.4.- O federalismo na Galiza
6.5.5.-
A independencia como valor instrumental
6.5.6.-
Separatismo cultural
6.6.- O
federalismo en Castelao
6.6.1.-
Concepción do federalismo
6.6.2.-
O falido intento federal de 1931
6.6.3.-
Vantaxes do federalismo
6.6.4.-
Confederación da Iberia
6.6.5.-
Federalismo, autonomismo e separatismo
6.6.6.-
Alternativa política
6.6.7.-
Solución federal para España, Europa e o mundo
6.7.- O federalismo galego da segunda restauración borbónica
6.7.1.-
Federalismo no novo nacionalismo
6.7.2.-
Bases constitucionais
6.7.3.-
Contexto político
7.- Conclusión
|
1.- Perversión conceptual
Pretendo
contribuír a aclarar algún conceitos de grande relevancia, especialmente nun
momento que pode desembocar, contra o desexo dalgúns grupos dirixentes, nunha
reforma constitucional. Entre eles están os de nación, estado, federalismo,
autonomismo, confederalismo, ... Hoxe
imos falar de federalismo e autonomismo, deixando para outras entregas os
restantes.
O significado dos
termos lingüísticos non permanece fixo e inalterábel no tempo senón que sofre
mutacións, enriquecimentos, perversións, novas acepcións, e os considerados
como máis importantes, como deus, liberdade, verdade, recebiron tantas
acepcións e mistificacións que xa non se sabe ben o que significan. Cando lle
perguntaron a Einstein se cría en Deus, respondeu afirmativamente, mais
precisou que no único deus no que cría era o deus de Espinosa, que foi considerado
e perseguido como ateo pola comunidade xudaica. Os estadounidenses denominaron
a invasión do Iraque como liberdade duradoira, e os políticos españois do
bipartito, -PP-PSOE-, a luta contra ETA como unha aposta pola liberdade frente
aos etarras que afirmaban que o sentido e a finalidade da súa luta era
conseguir a libertación de Euskalerría. O significado de verdade é moi distinto
para un católico que para un budista, musulmán ou ateo, e inclusive os
católicos lle chaman verdades definitivas, últimas e imutábeis aos seus dogmas,
por muito que contradigan o mesmo pensamento de Xesús.
Ë habitual que os
vocábulos ligados aos sectores extractivos da sociedade: económicos, políticos,
relixiosos, etc. sexan pervertidos para procurar o asentimento dos cidadáns,
mesmo cando se toman medidas para prexudicalos. A emigración pasa a denominarse
mobilidade exterior; os recortes e empobrecimento da populación,
racionalización do gasto público; o desfalco do país por parte da oligarquía, viver por acima das nosas posibilidades; o
drenaxe de recursos para os bancos, sustentabilidade do sistema; ... A esta
perversión non é allea a palabra federalismo e autonomismo.
2.- Noción de federalismo e autonomismo
A primeira
procede da latina foedus, que significa pacto, e, por tanto, tratado, convenio,
e cando dous pactan teñen que dispoñer da capacidade legal para pactar, o cal
significa bilateralidade e liberdade das partes. Un menor de idade non ten
capacidade de decidir, e, por tanto, de pactar, porque é parte da familia, non
ten a maioría de idade que lle permite decidir por si, e son os seus pais quen deciden por el. A
rexión defínese pola relación de pertenza, e, tampouco pode pactar se non se
emancipa ou o Estado lle recoñece esa capacidade.
Mais por veces pode chamárselle
federalismo a un réxime que foi importo
desde acima sen participación dos afectados, como no caso do Brasil,
imposto por decreto polo cruel xeneral Deodoro da Fonseca após o derrocamento
do monarca Pedro II do Brasil, no ano 1889,
por moito que máis tarde fose lexitimado pola confirmación de cada
constitución brasiliana. Definiuse como “un conceito político no
que un grupo de membros están ligados conxuntamente por pacto con unha chefía
de goberno representativo. O termo federalismo tamén se utilizou para descreber
un sistema de goberno no cal a soberanía está dividida constitucionalmente
entre unha autoridade de goberno central e unidades políticas constituíntes”,
como estados ou provincias. A primeira destas definición retén o significado orixinario
de foedus, mentres na segunda somente se alude a unha división do poder entre
axentes diversos mais sen precisar como se chegou a este resultado.
O federalismo, como sistema de
descentralización do poder, pode aplicarse a entidades nacionais, a entidades
rexionais ou a entidades sen factos diferenciais substantivos a respeito
doutras, como no caso de Alemaña, Brasil, ..., pois de por si é unha mera
técnica de distribución territorial do poder político, ligado historicamente ao
progresismo democrático. O federalista lugués do século XIX, A. J. Pereira de la Riva, asóciao ao rexionalismo
mentres que Castelao asociao ao nacionalismo. Isto implica que adherir a un
sistema federal pode ser suicida para un país, sexa nación ou rexión, mentres
non estabelezamos que tipo de federalismo imos estabelecer. Alén diso, moitas
veces o resultado usual da instauración do fedelalismo é a acentuación da
homoxeneidade e o centralismo, como no caso dos EEUU, Suiza, etc.. Isto explica
que os partidos nacionalistas sexan tan renuentes á hora de camiñar cara a un
Estado federal
A palabra
autonomía deriva dos vocábulos gregos; autós, si mesmo por si mesmo, e nomos,
lei. Por conseguinte, significa, lexilar por si mesmo, en oposición a
heteronomía, proveniente de heteros, outro, e nomos, lei, ou sexa receber a lei
de outro. A nivel político, pasou a designar unsistema de goberno que lle
permite a unha comunidade á que se lle concede, lexislar nalgunhas materias,
normalmente de entidade secundaria, e subordinado ao poder dominante no estado.
Un Estado composto, integrado por autonomías, denomínase Estado autonómico,
considerado por algúns autores (Badía, ...) como un Estado intermedio entre o
federal, que goza de autonomía constitucional, e o unitario, que só ten
descentralización administrativa e non política.
A autonomía é unha concesión
político-administrativa de poderes normativos e/ou executivos de
competencias e servicios do Estado unitario a entidades territoriais, chamadas
autonomías, conservando íntegra a soberanía. Os direitos das comunidades
autónomas derivan da Constitución e non son direitos orixinarios das entidades
territoriais locais. Non teñen constitución propia senón un estatuto que emana
da constitución estatal, e é aprobado por unha lei do Estado, e non participan,
como tales, na elaboración e reforma da Constitución, que pode facerse en
contra do seu consentimento, e o propio Estatuto pode reformarse por leis
cualificadas -leis orgánicas- dos poderes centrais; tampouco participan na
lexislación ordinaria ou na creación da vontade común estatal. O Estado
autonómico identifícase co Estado rexional, ente creado pola Constitución
española da II República, que logo sería asumida polo Estado italiano en 1947.
Ten como referente a rexión, entidade menor, dotada de certos trazos
diferenciais, que forma parte dunha nación, mentres que o referente principal
do federalismo é a nación ou nacionalidade, aínda que moitas veces tamén se
estrutura en base a provincias, cidades, ...
3.- Desenvolimento e características do Estado federal
O Estado federal
nace coa Constitución americana de 1787, que logo sería asumido por diversos
países tanto americanos: Canada, México, Brasil, Venezuela, Arxentina; como
europeos: Suiza, Alemaña, ex-U.R.S.S., ex-Iugoslavia, Austria, Bélxica; asiáticos:
India, Indonesia, Malaia; de oceanía: Australia; africanos: Unión sudafricana,
Nixeria, a federación de Rodesia-Niasalandia, actualmente Malawi. O Estado
federal orixínase por un libre acordo, un pacto, foedus, entre partes
soberanas para establecer un organismo ou Estado federal, dotada de
personalidade única internacional, ao que ceden parte da súa soberanía, e
implica, ao igual que a confederación, a similitude de institucións políticas.
Moi frecuentemente produciuse como froito dun proceso de transformación dunha
confederación nun Estado federal, como foi o caso de Suiza, EEUU ou Arxentina,
se ben tamén se formou moitas veces como froito dun proceso de
descentralización dun Estado unitario, como pasou en Brasil en 1891, en Austria
en 1920, a
U.R.S.S. en decembro de 1922 e recentemente con Bélxica.
Deixando de lado
as mistificacións pseudofederalistas, aducidas por políticos oportunistas, que
se aproveitaron deste nome para a defensa dos intereses socio-políticos, o Estado
federal auténtico caracterízase polos seguintes trazos:
a) Existencia
dunha constitución federal, que fixa o reparto de competencias entre os poderes
federais e os federados, e dunha constitución privativa de cada Estado membro,
produto da súa soberanía constitucional orixinaria, se ben ten que respeitar os
límites e normas da Constitución federal, con un Tribunal Constitucional para
dirimir os conflitos entre o poder federal e os Estados-membros. Os membros que
se federan interveñen directamente na elaboración da Constitución federal e na
súa reforma e indirectamente na lexislación ordinaria. Participan tamén na
formación da vontade federal e teñen representación, como Estados, nos órganos
da Federación. A reforma da constitución dos estados federados non se pode
levar a cabo sen contar coa aquiescencia dos seus habitantes.
b) División da
competencia lexislativa, xudicial e administrativa entre o Estado federal e os
Estados membros e na existencia a nivel central dunha dobre cámara: a dos
Estados -Senado, integrado por representantes que obran segundo o seu propio
criterio (USA), ou Consello, formado por delegados dos gobernos de cada Estado
(Alemaña)- e a do pobo.
c) Existencia dun
goberno da federación, con poderes executivos e disciplinarios non só contra os
individuos senón tamén contra os Estados membros, e dun goberno de cada Estado,
con poderes executivos no seu ámbito territorial. Ao goberno federal
correspóndelle usualmente a xestión dos asuntos exteriores e defensa.
d) Os estados
federados, gobérnanse por unha constitución propria, á marxe da constitución
federal, expresión da súa propria soberanía a respeito das competencias que
lles son proprias. Unha constitución non é un estatuto, pois mentres a primeira
é a lei suprema que regula a organización e funcionamento dunha comunidade
política, un estatuto de autonomía, tal como se entende en España, é unha carta
outorgada polo poder político dominante nunha comunidade estatal, derivada e
supeditada á constitución. Non é a lei suprema dunha comunidade, senón unha lei
organica emanada da constitución, para rexer unha comunidade política ou os
intereses de calquera organismo público ou privado, como o estatuto dos
traballadores, estatuto da función pública, etc.
e) As atribucións
e competencias das CCAA non están garantidas. Unha reforma constitucional pode
anular ou reformar os estatutos de autonomía, e, por tanto, as súas
competencias. Na Alemaña isto está prohibido pola propria constitución xermana:
“Non está permitida nengunha modificación da presente Lei Fundamental que
afecte a organización da Federación en Länder, ou o principio da participación
dos Länder na lexislación, ou os principios enunciados nos artigos 1 e 20".
Os principios
polos que se rexe o federalismo son os de autonomía e participación.
O primeiro, é esencial, xa que "sen ela, as colectividades-membros
perdería o seu carácter estatal e a organización federal non se distinguiría
dun Estado unitario complexo. O federalismo supón colectividades
individualizadas e distintas que conservan o seu sistema lexislativo,
administrativo e xurisdicional"1. Sen a lei de
participación o Estado federal non se distinguiría das unións nas que prevalece
a subordinación en vez da colaboración, como o protectorado, vasalaxe, estado
autonómico. Non existe federalismo "se as colectividades asociadas non
participan, a través dos seus representantes, na constitución dos órgaos
federais e na elaboración das súas decisións"2.
As relacións
entre o Estado federal e os federados son de tres tipos:
a) Coordenación: que se manifesta
pola existencia da Cámara dos Estados e pola distribución de competencias.
b) Subordinación: a Federación pode
impor as súas decisións aos Estados-membros nunha serie de ámbitos: sistema
democrático, forma republicana de goberno, ...
c) Inordinación: os Estados
federados participan na formación da vontade e no ordenamento constitucional
federal, tanto a nivel constituínte como a nivel lexislativo.
4.- O federalismo na Confederación Suiza. Confronto co español e galego
Expoñemos
brevemente o federalismo helvético por tratarse dun Estado plurilingüístico e
pluricultural, como o caso do Estado español, e por considerar que é un ideal
que serve de referencia para moitas comunidades sen estado proprio, e para
poder comparar algunhas das súas características co estado autonómica
actualmente vixente en España. Creo que é conveniente incorporar ideias e
institucións do exterior que demostraron a súa viabilidade e operatibilidade, e
por iso incorporamos tanto a Constitución Federal da Confederación Suíza (CFCS)
como a Constitución dun dos seus Estados ou Cantóns, o de Berna
(CCB), mais todo pobo debe partir fundamentalmente do que é a súa tradicíón e
os ensaios que se fixeron e que foron abortados por persoas e entidades que
estaban interesados en que fracasasen, como son os Proxectos de Constitución
tanto para o Estado español como para a nación galega e a Constitucións e
Estatutos que estiveron ou están en vigor. Poderemos aprezar que existen
alternativas tanto para avanzar na configuración territorial do Estado para que
as nacións que o constitúen alcancen o seu pleno recoñecimento xurídico e
colmen as súas aspiracións de autogoberno como para desatascar asuntos como os
nomeamentos dos membros das institucións e dos atrancos postos polos partidos
para dificultar o labor do goberno. Poderemos observar as grandes similitudes
entre o Proxecto de Constitución Federal da República Española (PCFRE) da I
República e o Proxecto de Constitución para o Estado Galaico (PCEG), co
refletido na CFCS e coa CCB. Un está inclinado a pensar que de ter triunfado
unha configuración semellante no Estado español se tería evitado muito
sufrimento e tensións territoriais e disporiamos hoxe dun Estado tolerante,
moderno e plenamente desenvolvido con unha populación identificada co seu poder
político e orgullosa do seu país. O que hai xa se ve, mais a historia é o que
é.
A Suiza actual é
un país de 41 mil quilómetros cadrados e 8 millóns de habitantes, herdeira da
Antiga Confederación Suiza, entidade política composta por tres estados ou cantón
con nexos débiles entre si, aos que progresivamente se foron incorporando
outros, que perduraron desde 1291 para 1798, en que se funda a Confederación
Suiza moderna, composta por 26 cantóns, con catro linguas oficiais: alemán,
francés, italiano e romanche, e grandes diferenzas substantivas entre eles, de
relixión católica ou protestante, e de ideoloxía política, liberais ou
conservadores, mais con grande estabilidade política e encomiábel progreso
económico e benestar social. En 1848 aproba a nova constitución federal,
tomando como modelo a estadounidense, e que, con algunhas modificacións pervive
até a actualidade. O seu órgao de Goberno ou poder executivo da Confederación,
é o Consello Federal, composto por sete membros presididos polo Presidente da
Confederación, todos elexidos pola Asemblea Federal. O seu órgao lexislativo
federal é a Asemblea Federal, integrada por dúas cámaras: o Consello Nacional
(equivalente ao Congreso dos Deputados español) e o Consello de Estados (O
Senado en España). O órgao do poder xudicial é o Tribunal Federal, equivalente
do Tribunal Constitucional español e o Tribunal Supremo.
A nível
político-administrativo o Cantón está dividido en 3 niveis: o cantonal, o de
distrito, dirixido por un prefecto, e que constitúen a división xudicial dos
Cantóns, e o das comunas, que no Cantón de Berna son de catro tipos: a municipais, b cidadás, c mistas,
d parroquiais. A nivel do Estado
español existen os niveis do goberno Autonómico, o provincial residuo do réxime
centralista, comarcal e local, se ben o comarcal practicamente foi defenestrado
cos recortes. Á parte, está a parroquía como entidade fundamentalmente
relixiosa, con vínculos fortes entre os seus viciños no ámbito rural.
Imos expor as
peculiaridades e distribución de competencias referidas a algúns aspectos que
moitas veces foron obxecto de controversia no Estado español, comparándoas con
o estabelecido neste pola Constitución Española (CE) e tamén co PCFRE, de 1873, e
co PCEG, de 1887.
4.1.- Estatus político dos Estados e competencias
![]() |
Confederación Suiza |
O PCFRE recoñecía a soberanía tanto do municipio, dos Estados rexionais e do Estado federal. “A soberanía reside en todos os cidadáns e exércese en representación súa polos organismos políticos da República constituída por meio do sufraxio universal” (Art. 42). Estes organismos son: o Municipio, o Estado rexional e o Estado federal ou Nación, e a soberanía destes organismos somente ten como límite os direitos da persoa humana (Art. 43). Promovía unha ampla descentralización pois, segundo o artigo 92, “Os Estados teñen completa autonomía económico-administrativa e toda a autonomía política compatíbel coa existencia da Nación”, criterio amplo, mais impreciso porque non estabelece cando algo pode entrar en colisión coa existencia da nación, termo que hoxe se aplicaría ao Estado. No artigo 96 fixa as competencias dos Estados: “Os Estados rexerán a súa política propria, a súa industria, a súa facenda, as súas obras públicas, os seus camiños veciñais rexionais, a súa beneficencia, a súa instrución e todos os asuntos civís e sociais que non teñen sido por esta Constitución remitidos ao Poder Federal”. A competencia en sanidade fica encomendada á República Federal polo título V, o que explica que na PCEG non figura esta competencia.
O PCEG proclamaba no seu artigo 2
que: “Esta rexión eríxese en Estado autónomo ou soberano, e adopta a forma
democrática republicana para o seu goberno”, e, por tanto, a esa altura
ambos termos considerábanse sinónimos, atendendo á súa etimoloxía. No artigo 22
estatuía que “A soberanía reside na totalidade do pobo galego”, que de
suscitalo hoxe a algúns xa lle tremerían as pernas. A CE enuncia solemnemente
no Art. 1.2 que “A soberanía nacional reside no pobo español, do que emanan os
poderes do Estado”, e isto implica que o único pobo suxeito de direitos e
protagonista do devir político que se recoñece é o pobo español, e, por tanto,
nega a visibilidade política, existencia e protagonismo dos pobos galego, vasco
e catalán.
O artigo 3 da CFCS recoñece
explicitamente a soberanía cantonal e atribúelle todas as competencias ou
direitos non delegados ao poder federal : “Os cantóns son soberanos nos
límites da Constitución Federal e, como tales, exercerán todos os seus direitos
non delegados ao poder federal”.
O Art. 1.2 da CCB estabelece que “A
autoridade do Estado descansa no pobo. É exercida polo eleitorado e as
autoridades”.
Xa vemos as diferenzas claras cos
Estatutos de Autonomía que afirman que a autoridade deriva da CE e non do pobo
galego, que é totalmente ignorado como suxeito constituínte activo e só se lle
reserva o rol de ratificar o que o pobo español, por meio dos seus
representantes, decide.
O artigo 149 da CE reserva para o Estado 33
competencias exclusivas, e precisa que as non atribuídas expresamente ao Estado
poderán corresponder ás CCAA, mais as competencias estatais poden ampliarse a
todas as que non se reservaron as CCAA nos seus estatutos. Alén diso, o Estado
pode ditar leis harmonizadoras das disposicións normativas das CCAA, por
maioría absoluta de cada cámara, que se traduciu na práctica nun cerceamento da
diferenza e no esvaciamento de contido das competencias autonómicas. Lémbremos
a este efeito, como ao eliminar as Caixas de Aforro, sen participación nengunha
da CCAA afectadas, se elimina a competencia autonómica sobre o crédito.
Contribúe tamén a este esvaciamento, un Tribunal Constitucional politizado e
controlado polo bipartito PP-PSOE, como se demostrou no caso do Estatuto
catalán, mentres que unha características da Constitución federal helvética é a
diversidade de normas, costumes, lingua, sistemas educativos, etc. entre os
diferentes cantóns, que farían totalmenete inintelixíbel que un cantóns, por
poderoso que sexa, pretendese asimilar os outros, ao estilo de «españolizar»
Catalunya. En España existe unha fobia obsesiva contra a diferenza, que se
traduce nas campañas uniformizadoras en prol dos «mesmos direitos», normas, sen
ter en conta que a diferenza é a realidade normal e que constitúe unha fonte de
direitos, etc.
4.2.- Acordos intercomunitarios
O PCFRE non
prohibe que os Estados podan estabelecer acordos entre si, o cal permitiría
solucionar o problema vasco e catalán mediante a criación de comunidades
amplas, que reducirían tamén o custo de tantos parlamentos e gobernos e farían
coincidir os factos diferenciais históricos coas estruturas políticas. O PCEG
estabelece no seu artigo 52, 4º que o Poder lexislativo galego ten a faculdade
para “concluír e ratificar tratados cos demais Estados da Península, até
onde o autorice a Constitución Federal da Nación”, mentres que a CE prohibe
taxativamente a federación entre comunidades autónomas (art. 145.1).
Os cantóns da
Confederación Suíza poden realizar calquera clase de acordo entre eles, e criar
organizacións e institucións comúns, co único requisito de que non sexan
contrarios ao direito da Confederación e dos outros cantóns e de comunicarllo á
Confederación:art. 48:1 “Os cantóns
poderán realizar acordos entre eles, así como criar organizacións e
institucións. Poderán levar a cabo de maneira conxunta tarefas de interese
rexional”.No art. 61 da CCB estipúlase que están suxeitos a referendo
preceptivo “c. os acordos intercantonais e internacionais que non son
compatíbeis coa Constitución”. No art. 62 precísase que están suxeitos a
referendo opcional “b. os
acordos intercantonais e internacionais relativos a materias que están suxeitos
a referendo opcional”. Do que se deduce que poden concertar toda clase de
acordos, e que os que son compatíbeis coa Constitución ou para os cales non
está previsto un referendo opcional, non precisan sequer referendo. O
Parlamento estatal pode concertar acordos intercantonais, art. 74, salvo se só
son competencia do Goberno estatal: “b. Os acordos intercantonais que non
son só responsabilidade dos gobernos nacionais cantonais”.
4.3.- Asuntos exteriores
En España, as
relación internacionais corresponden en exclusiva ao Estado, sen limitación de
nengunha clase, tamén no PCFRE, sen matización de nengunha clase, mentres que
en Suiza, pertencen á Confederación, mais esta “Terá en conta as
competencias dos cantóns e a salvaguarda dos seus intereses” (Art. 54, 3).
Por outra parte, os cantóns participarán nas decisións de política exterior:
“1. Os cantóns influirán na toma de decisións
en materia de Política Exterior que podan afectar as súas competencias ou
intereses esenciais.
2. A confederación informará nun prazo
razoábel e de maneira detallada os cantóns e consultaraos.
3. A toma de posición dos cantón terá un
peso específico no caso de que as súas competencias se vexan afectadas. En tal
caso os cantóns serán implicados puedan afectar sus competencias o intereses
esenciales. En tal caso os cantóns serán implicados de maneira apropriada na
negociación internacional” (Art. 55).
Alén diso,
segundo a CFCS, os cantóns poden manter relacións co estranxeiro no ámbito das
súas competencias, sempre que non sexan contrarios ao direito da Confederación
ou doutros cantóns e se informe previamente a Confederación:
“1. Os cantóns poderán concluír tratados con
outros países no ámbito das súas competencias. ...
3. Os cantóns poderán tratar directamente
con autoridades de rango inferior doutros Estados” (Art. 56).
A CCB estabelece,
art. 74, que “o Parlamento Cantonal aproba: a. Os acordos internacionais”.
4.4.- Educación
No PCFRE non
figuran entre as faculdades dos Poderes Públicos da Federación, a educación.
No PCEG
determínase que
Art. 77 “É da competencia do Estado
promover, impulsar, perfeizoar e vixilar a instrución e educación dos cidadáns”
Art. 78 “Fica
estabelecida en todo o territorio do Estado o ensino primaria elemental
obrigatoria, gratuíta e laica. Os Municipios teñen a obrigación de criar,
suster e elevar ao maior grao de perfeizón posíbel, escolas populares onde
receban a primeira educación os meninos e adultos de ambos sexos”
Art. 79. “O ensino secundario fica a cargo
do Estado (galaico)”
Segundo a CE o
Estado ten competencia exclusiva para regular as normas básica de
desenvolvimento do artigo 27, referido á educación, e as CCAA teñen a
competencia plena “no regulamento e adminstración do ensino en toda a súa
extensión, niveis e graos” (Art. 31). Mais apesar de ser unha competencia
subordinada á do Estado, unha serie de partidos políticos españois, en especial
UPyD, Citadáns e PP, andan lamentando ter transferido educación ás comunidades
autónomas e inclusive clamando pola recuperación plena por parte do Estado.
Segundo o EAG, “É
da competencia plena da Comunidade Autónoma galega o regulamento e
administración do
ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades,
no ámbito das súas competencias” (Art. 31). Por tanto, trátase de regular o
que xa vén promulgado polo lexislador estatal.
En Suiza, o
sistema educativo está exclusivamente en mans dos cantóns:
“1. A educación pública é competencia dos
cantóns.
2. Os cantóns poñen a disposición un ensino
de base suficiente e asequíbel a todos os meninos- Este ensino será obrigatorio
e estará so a dirección e vixilancia das autoridades públicas. Será gratuíta
nos colexios públicos” (Art. 62).
En materia de
formación profisional e estudos superiores, a CFCS determina que:
“1. A
Confederación ten a competencia de lexislar en materia de formación
profisional.
2. Xestionará as Escolas Politécnicas
Federais; poderá criar, xestionar e suster outras universidades ou centros de
estudos superiores. Poderá facer depender o seu apoio da aplicación das medidas
de coordinación” (Art. 63).
A CCB
estabeleceu, no art. 42, os principios do sistema educativo:
“1. O sistema educativo ten como obxectivo o
desenvolvimento harmónico das competencias físicas, intelectuais, criativas,
emocionais e sociais así como o sentido da responsabilidade para co entorno.
2. O cantón e as comunas deben axudar os pais na crianza e educación
dos seus fillos”.
A respeito das
escolas estatúe, art. 43, que
“1. O cantón e os concellos deben poñer en
marcha guarderías e escolas. As aulas son neutrais a respeito da relixión e
política.
2. Poden proporcionar subsidios a escolas
privadas que desempeñan que desempeñan tarefas públicas.
3. O cantón organiza a supervisión de
escolas privadas e ensino privado”.
No que se refire
á Universidade lexislou, art. 44, que:
“1. O cantón manterá unha universidade e
universidades de ciencias aplicadas. Deben cumprir as súas tarefas como servizo
público.
2. Promoverán o coñecimento académico e
científico por meio do ensino e investigación e proporcionarán servizos”.
Outros servizos
que presta o Cantón de Berna son, segundo o art. 45:
“1. O Cantón e os concellos sustentarán unha
educación de adultos profisional e non profisional.
2. O Cantón facilitará a educación por meio
de subsidios ou outras medidas para promover iguais oportunidades.
3. O Cantón incentivará a cooperación e
coordenación no sistema educativo”.
4.5.- Cultura
Nen o PCFRE nen o
PCEG contemplan atribución nengunha concerninte o ámbito da cultura.
A CE estabelece
que “Sen prexuízo das competencias que poderán asumir as CCAA, o Estado
considerará o servizo da cultura como deber e atribución esencial e facilitará
a comunicación cultural entre as CCAA, de acordo con elas” (Art. 149.2).
![]() |
Galiza |
En Suiza, a CFCS,
determina:
“1. A cultura é competencia dos cantóns.
2. A Confederación poderá promover as
actividades culturais que sexan de interese nacional, así como fomentar a
expresión artística e musical, especialmente mediante o fomento da formación.
Terá en conta, no cumprimento das súas atribucións a diversidade cultural e
lingüística do país” (Art. 69).
O CCB estabelece,
no artigo 48:
“1. O Cantón e os concellos facilitarán o
acceso á cultura. Promoverán a criatividade e o intercambio cultural.
2. Ao obrar así terán en conta as
necesidades de toda a populación e a diversidade cultural do Cantón”.
No que di
respeito ao lecer, desporto e divertimento, os “Cantóns e os concellos
manterán un tempo sensíbel de lecer e promovarán o desporto e o divertimento”
(Art. 49).
4.6.- Lingua
As constitucións
do Estado español non consideraron conveniente lexislar sobre a lingua mentres
as comunidades con lingua propria adquiriron conciencia do seu valor
identitario e cultural, que coincide coa fase nacionalista, que na Galiza se
desenvolve a partir de 1916. Cando as comunidades comezaron a súa
reivindicación, e poder central actuou como freo e como adalide de normas que
asentasen a prioridade do español sobre as demais linguas estatais.
No Estado español
hai unha verdadeira obsesión co español, ao que consideran ameazado polo facto
de que nas escolas chegue a utilizarse en máis do 50 por cento das aulas, para
compensar a presenza abafante da lingua oficial do Estado nos meios de
comunicación de masas: imprensa, radio, televisión, internet, etc. Os ideólogos
españolistas lanzan campañas para pretextar pola ameaza que se cirne sobre a
lingua estatal e, a este efeito, inverten os argumentos e converten en ameazado
ao ameazador. Todo o mundo sabe que tanto en Catalunya como no País Vasco e na
Galiza existen milles de meninos que non coñecen a lingua propria mentres que
non hai nen un que non coñeza o español. A CE estabelece no seu artigo 3 que:
“1. O castellano é a lingua española oficial
do Estado. Todos os españois teñen o deber de coñecelo e o direito a usalo.
2. As demais linguas españolas serán tamén
cooficiais nas respectivas CCAA de acordo cos seus Estatutos”.
Por tanto, a
respeito do español estabelécese a obrigación de que todos o coñezan e o
direito a usalo, e os demais indícase que poden ser cooficiais, sen precisar o
grao de cooficialidade. Nunha norma onde non se pronuncia o lexislador, parece
que debería adoptarse o criterio de darlle a mesma amplitude á cooficiliadade
das súas linguas nas súas comunidades respectivas que a que ten o español en
todo o Estado, mais o Tribunal Constitucional considerou que debía aplicar o
criterio máis restritivo e declarou inconstitucional que as cidadáns galegos
teñan tamén a obrigación de coñecer o galego, do que se segue que na mesma
Galiza o idioma proprio do país, con problemas de supervivencia, está máis
desprotexido que o español. No Estado español non está permitido utilizar as
linguas cooficiais no Congreso nen no Senado nen na composición do
Goberno.
Na Confederación
Suiza, a Constitución estabelece que
“1. As linguas oficiais da Confederación son o
alemán, o francés e o italiano. O retorromano é tamén unha lingua oficial nas
relación que a Confederación manteña con persoas de lingua retorromana.
2. Os cantóns determinarán as súas linguas
oficiais. A fin de preservar a harmonía entre as comunidades lingüísticas,
vixilarán porque se leve a cabo unha repartición tradicional das linguas
tomando en consideración as minorías lingüísticas autóctonas. ...
5. A Confederación apoiará as medidas que
tomen os cantóns de Grisóns e o Tesino para a conservación e promoción das
linguas retorromano e italiano” (Art. 70).
Como podemos
observar, non hai cor entre a lexislación española, tendente a aniquilar as
linguas das nacións periféricas, e a suiza, sumamente respeitosa coas linguas
oficiais e tendente a fomentar o respeito das diversas linguas e a súa
supervivencia. Non hai en Suiza nengunha lingua imposta a todos con
obrigatoriedade e non por iso se vén abaixo o mundo, senón que se fomenta a
igualdade entre todos os cidadáns e todos os pobos. No Estado español parece
obrigado apuntarse á brigada aniquilacionista para non ser suspeitoso de
radicalidade e de antiespañolismo.
En Suíza, a CFCS
estabelece que nos membros do Consello federal, que é o órgao gobernativo, ten
que haber unha “representación adecuada das rexións e das linguas nacionais”
(Art. 174).
A CCB, artigo 6, determina que:
“1. O alemán e o francés son as linguas
cantonais e oficiais.
2. As linguas oficiais son:
a. O francés no
Xura bernés,
b. O alemán e o
francés no distrito de Biel-Bienne,
c. O alemán nos
outros distritos”.
Neste país non
hai conflito lingüístico de nengunha clase porque non se pretende impoñer unha
lingua sacrosanta e supeditar o coñecimento das demais a esa lingua
imperial.
4.7.- Relacións coas igrexas
O PCRFE estabelecía no seu art. 36: “Queda
prohibido á nación ou ao Estado federal, aos Estados rexionais e aos Municipios
subvencionar directa nen indirectamente nenfún culto”.
A CE estabelece
que “nengunha relixión terá carácter estatal. Os poderes públicos terán en
conta as crenzas relixiosas da sociedade española e manterán as conseguintes
relacións de cooperación coa Igrexa Católica e as demais confesións” (Art.
16.3). Con todo, as relacións coa Igrexa Católica réxense polo concordato coa
Santa Sede, asinado o 3/01/1979, unha semana após ser aprobada a Constitución,
para bendicer o Concordato asinado polo réxime franquista en 1953, e darlle
aparencia de lexitimidade constitucional, co fin de garantir a situación de
privilexio desta confesión relixiosa.
Non se trata dun acordo mutuo bilateral entre partes e con contrapartidas para
ambas, senón dun compromiso unilateral do Estado para beneficiar a Igrexa
Católica á custa dos contribuínes e sen contraprestación de nengunha clase, e
nunha cantidade que o mesmo Goberno sería incapaz de calcular a cantidade
exacta que se detrai das arcas públicas por este conceito.
O Concordato, no seu artigo II
estabelece: “1. O Estado comprométese a colaborar coa Igrexa Católica na
consecución do seu adecuado sustimento económico, con respeito absoluto do
principio de liberdade relixiosa”.
O que acarreta o
Estado á Igrexa está constituído por dous compoñentes:
a) unha aportación directa,
que na actualidade é 0,7 por cento da renda de cada cidadán que marque o
recadro do formulario da declaración do IRPF,
e
b) un montante de impostos moi
importante dos que fica isenta.
No artigo do
Concordato IV é eximida dos impostos do IBI dos imóveis urbanos, impostos
reais, entre eles o IVA, e impostos sobre a renda e o patrimonio, imposto de
sucesións, doazóns e transmisións patrimoniais, isención das contribucións
especiais e da taxa de equivalencia, ao tempo que estabelece deducións fiscais
para as cantidades acarretadas á Igrexa. Todas estas cantidades teñen que
suportalas tantos os seus fieis como todos os demais cidadáns, porque este
diñeiro non se detrai só dos que marcan o recadro indicado, senón de todos e
cada un dos demais, e todos, dalgunha maneira se ven afectados, tamén os que
non fan declaración da renda, porque a isención de impostos tamén lles
prexudica a eles. Por exemplo, terán que pagar máis de IBI ou terán menos
servizos públicos porque hai institucións que están isentas. Esta cesión de
privilexios unilateral deixa sen marxe nengún de manobra as CCAA.
A CFCS estatúe
que:
“1. A regulamentación
das relacións entre a Igrexa e o Estado é competencia dos cantóns.
2. Dentro do límite
das súas respeitivas competencias, a Confederación e os cantóns poderán tomar
as medidas necesarias para manter a paz entre os membros das diversas
comunidades relixiosas” (Art. 72).
Na CCB están recoñecidas
as igrexas: Evanxélica Reformada, Católica Romana e Católica Cristiana. A
respeito da organización e finanzas, o Cantón de Berna estatuíu que
“1. As igrexas cantonais elexen as súas
autoridades de acordo cos principios democráticos.
2. Arráxanse a si mesmos dentro das
parroquias.
3. Financian os seus gastos coas
contribucións das súas parroquias e coas contribucións feitas por lei polo
Cantón” (Art. 123).
En cada parroquia
organízase un Consello Parroquial,
“1 ...composto polos membros da igrexa
cantonal afectados que residen nesa parroquia.
2. Os consellos parroquiais elexen o seu
proprio clero.
3. Teñen poder de criar unha taxa eclesial” (Art. 125)
4.8.- Direito civil e penal
O artigo 48 do
PCFRE estabelece que “O Poder xudicial será exercido por Xurados e Xuíces,
dos que o nomeamento non dependerá xamáis dos outros Poderes públicos”.
Deste modo evitaríase a dependencia total do poder xudicial a respeito do
partido ou partidos que apoian ao goberno, como sucede na actualidade, que impede
que exista unha auténtica división de poderes no Estado español, condición
imprescindíbel para que exista democracia.
Neste Proxecto conformábanse os
tribunais seguintes: os Municipais, un tribunal de faltas nomeado directamente
polo pobo; os de Distrito, con xuíces nomeados por oposición; os Tribunais de
Audiencias, composto por zuíces de distrito ascendidos; e o Tribunal Supremo
Federal, composto por tres maxistrados por cada Estado da Federación, que
entendería dos asuntos hoxe encomendados ao Tribunal Constitucional e tamén
dalgúns asuntos competencia do Tribunal Supremo, mais este estaría moi
desconxestionado porque grande parte do que hoxe este ten encomendado sería
sentenciado polos Tribunais dos Estados.
No PCEG adapta
para o Estado Galaico as previsións da Constitución da República. O Tribunal
municipal será elexido polos habitantes do Concello; os xuíces de distrito polo
Tribunal Supremo do Estado e os do Tribunal Supremo por ascenso dos xuíces de
distrito e nomeados pola Asemblea rexional.
A CE atribúe ao
Estado competencia exclusiva na Administración de Xustiza, na lexislación
mercantil, penal, penitenciaria, laboral, salvo no referido a conservación,
modificación e desenvolvemento polas CCAA dos direitos civís, forais ou
especiais, alí onde existan”(Art. 149. I, 5º-8º). Como se pode observar non
fica practicamente nada que non lle estexa encomendado ao Estado.
De aí que o EAG
se limita a citar entre as competencia de Galiza en xustiza: “2. Fixar a
delimitación das demarcacións territoriais dos órganos xurisdicionais en
Galicia, tendo en conta, entre outros criterios, os límites dos tradicionais
partidos xudiciais e as características xeográficas e de poboación” (Art.
20.2).Críase o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, mais non superior senón
que o Superior é o Supremo, que é quen decide dos recursos de casación e
revisión, nen é de Galicia senón un Tribunal de Xustiza da España na Galiza.
Na CFCS, Art.
122, estabelécese que
“1. A lexislación en materia civil emana da
competencia da Confederación.
2. A organización xudicial, o procedimento
e a administración da xustiza en materia civil é competencia dos gobernos
cantonais”.
No Direito Penal
sucede o mesmo:
“1. A lexislación en materia de direito penal
emanada competencia da Confederación. ...
3. Os cantóns son competentes para a
organización, o procedimento xudicial e a administración da xustiza en materia
de direito penal”.
O Tribunal
Supremo é a autoridade xudicial suprema da Confederación, e ten os cometidos do
Tribunal Constitucional e algunha do Tribunal Supremo en países como España,
pois grande parte delas foron transferidas aos Cantóns, e outras competencias
son reguladas por lei.
Na CCB a
aplicación da xustiza corre a cargo das Cortes Civis, Penais e Administrativa.
As Cortes Civís, para a xurisdición civil, integrada pola Suprema Corte
Cantonal e os seus presidentes; a Corte Penal, para a xurisdición penal, está
integrada polos Presidentes, Distritos, Cortes Xuvenís, Corte Criminal
Económica, e a Corte Suprema. A Corte Administrativa é unha corte de última
instancia para as desputas legais administrativas.
4.9.- Institucións financeiras
No PCFRE non fala
nada das institucións financeiras.
O Art.86 do PCEG
estipula a criación dunha banca pública galega: “Críase un Banco hipotecario
para todo o territorio galego. O seu capital, funcións, duración, garantías e
estatutos, serán obxecto dunha lei”.
O EAG no seu
artigo 30.5 decreta que, dentro da planificación estatal, a CAG ten a
competencia exclusiva sobre: “5. Institucións de crédito corporativo,
público e territorial e caixas de aforro”. O nacionalismo galego sempre
defendeu a criación dunha Banca pública galega, mais sempre contou coa firme
oposición do PP e as reticencias do PSOE.
A Constitución
Suíza especifica a respeito dos bancos e aseguradoras que
“1. A Confederación regulará a actividade dos
bancos e da bolsa tendo en conta con iso a función e situación particular dos
bancos cantonais.
2. Poderá ditar normas sobre servizos
financeiros noutros ámbitos” (Art. 98).
Dotouse dunha
Banca Nacional Suiza coa función de desenvolver “unha política monetaria
dirixida a servir os intereses xerais do país; adminístrase coa cooperación e
so a vixilancia da Confederación” (Art. 99.2).
A CCB, no seu
Art. 53, cría a banca pública cantonal: “O Cantón porá en marcha unha banca
co obxectivo de impulsar o crecimento económico e o desenvolvimento social. A
Banca axudará o Cantón e as comunas no cumprimento das súas obrigacións”.
4.10.- Facenda
No Título V do
PCFRE non fala explicitamente da Facenda da República Federal, mais si dunha
serie de faculdades dos Poderes Públicos da Federación que serían imposíbeis de
xestionar sen unha axencia tributaria, entre os cales están: a débeda nacional,
empréstimos nacionais, constribucións e rendas que sexan necesarias para o
mantimento dos servizos federais e envío de delegados aos Estados para a
percepción dos tributos.
O art. 57 do PCEG
cría a Dirección de Facenda, e o art. 75 estabelece que “A Asembleia
rexional procederá á organización da Facenda e confeccionará os orzamentos,
propendendo á unidade na imposición e percepción dos tributos”.
A CE atribúe ao
Estado a competencia exclusiva da Facenda Xeral e Débeda do Estado (Art. 149.I,
14º).
O artigo 44 do
EAG precisa os ingresos da facenda de Galicia.
A CFCS atribúe á
Confederación a competencia para perceber impostos directos (Art. 128), o IVA
(Art. 130), estabelecer impostos sobre o consumo (Art. 131), ostentar o
monopolio da política monetaria (Art. 99), xestionar as finanzas (Art. 126),
regular os principios rexedores do do sistema impositivo (Art. 127), fixar os
principios da harmonización fiscal (Art. 129), promover a compensación
financeira entre cantóns (Art. 135).
O artigo 76 da
CCB atribúe ao Parlamento a competencia sobre os poderes financeiros seguintes:
“a. O orzamento,
b. As contas cantonais
c. A taxa básica de tributación,
d. Os límites de nova déveda,
e. O gasto que non é responsabilidade do
Goberno Cantonal”.
O art.. 89
precisa os poderes financeiros do Goberno Cantonal:
“1 O Goberno Cantonal prepara o plano
financeiro e aproba o orzamento e contas cantonais para submetelas ao
Parlamento Cantonal..
2 Decide sobre:
a. os novos
gastos non periódicos de até un millón de francos,
b. novos gastos
periódicos de até 200 mil francos,
c. os gastos
relacionados.
3 Decide sobre a venda de bens imóveis
así como a compra de bens imóveis co obxectivo de investir.
4 Proporciona os recursos financeiros
necesarios”.
Os recursos dos
cantóns están constituídos, segundo o artigo 102 da CCB, por:
“a pola cobranza
de taxas e outras direitos,
b dos rendimentos
obtidos polos seus activos,
c das
contribucións obtidas pola Confederacións e terceiras partes,
d pola captación
de empréstimos e outros pasivos remunerados”.
Os impostos do
Cantón son, segundo o art. 103:
“a. unha renda e
imposto sobre a riqueza sobre as persoas físicas
b. un beneficio e
imposto do capital sobre as entidades legais,
c. un imposto do
capital mobiliario”
4.11.- Forzas de seguranza
O PCFRE inclúe
entre as faculdades da Federación, no Título V, as “6. forzas de mar e terra
e nomeameto de todos os seus chefes”, e a
“22. Conservación da orde pública federal e declaración de estado de
guerra civil. 23. Restabelecimento da lei por meio da forza e cando un motín ou
unha sublevación comprometan os intereses e direitos xerais da sociedade en
calquera ponto da Federación”, mais non concreta que comprende exactamente
esa orde pública federal, se ben, polo que se inclúe no PCEG dedúcese que só
inclúe, alén da defensa frente ao exterior que compete ao exército, a orde pública do órgaos estritamente
federais, pois o Poder Executivo galego cría, (art. 57), entre as Direccións,
hoxe correspondentes ás Consellarías, unha para Xustiza e policia e outra para Gobernación,
mais non precisa as funcións destas dúas Direccións e o cometido dos policias.
Os Estados tamén poderán manter as súas forzas de seguranza mais coa limitación
de que “non poderán manter máis forza pública que a necesaria para a súa
policia e seguranza interior” (Art. 101).
No artigo 71 do
PCEG estabelece que “O Estado organizará o seu exército de acordo cos
últimos adiantos da arte militar”, sería un exército de voluntarios
retribuídos, que é de supoñer que sería dependente da Dirección de Gobernación.
Alén, pois, do exército da Federación, existitía un exército dos Estados.
A CE encomendou
ao Estado a competencia exclusiva sobre “Seguranza pública, sen prexuízo da
posibilidade de criación de policias polas CCAA na forma en que se estebeleza
nos seus Estatutos no marco do que dispoña unhalei orgánica” (Art. 149. I. 29).
O Art. 27.25 do EAG irrogouse como competencia exclusiva: “A criación dunha
Policía Autónoma, de acordo co que dispoña a lei orgánica prevista no artigo
149. 1. 29.º da Constitución”, mais a faltade vontade política por parte do
PP principalmente e a indiferenza do PSOE a citada competencia non se puxo
aínda en práctica, contrariamente oa que acontece en Euskadi e Catalunya.
A Constitución da
Confederación Suíza confía a seguranza á Confederación e aos Cantóns, Art. 57:
“1 A Confederación e os cantóns protexerán a
seguranza do país e a protección da populación
no marco das súas competencias.
2. Coordenarán as súas competencias en
materia de seguranza interior”.
A Confederación
Suíza dispón dun éxercito federal con servizo militar obrigatorio e tamén
voluntarios, e os Cantóns tamén poden dispor do seu: “3 A entrada en acción do
exército é competencia da Confederación. Os Cantóns poderán dispoñer as súas
tropas armadas para manter a orden no seu territorio no caso de que os meios
dos que dispoñen as autoridades civís no sexan suficientes para combater una
ameaza grave que pese sobre a seguranza interior” (Art. 58). Segundo o
artigo 60 da Constitución Suiza, “2
A criación de forzas cantonais, o nomeamento e
promoción dos oficiais das citadas forzas, así como a subministración dunha
parte do equipamento son competencia dos cantóns dentro dos límites fixados
polo Direito Federal”.
O Art. 37 da CCB
estabelece que “O cantón e as comunas asegurarán a orde pública e a
seguranza”.
4.12.- Aprobación e reforma da constitucións e estatutos
O PCFRE confiaba
a reforma da Constitución ás Cortes sen precisar o quorum preciso, mentres que
PCEG estabelecía que a reforma da Constitución do Estado (galaico) podía
levarse a cabo pola Asembleia Rexional ou pola metade máis un dos cidadáns
inscritos no padrón eleitoral do Estado (Art. 100), correndo a iniciativa a
cargo da Asemblea Rexional.
Na CE non existe
a posibilidade de que a cidadanía presente unha proposición para aprobar a CE
ou reformala, por estar encomendada a súa reforma ás representacións
partidarias existentes nas Cortes. A única intervención que teñen os cidadáns é
a de ratificar o que decidan os seus representantes. A iniciativa pode partir
do Congreso, do Senado ou dos Parlamentos das CCAA. Calquer proxecto de reforma para que poida
ser aprobado debe ser votado favorabelmente polos tres quintos dos deputados de
ambas camaras ou, en caso de discrepancia, pola maioría absoluta do Senado e os
dous terzos do Congreso. Se a reforma afecta á cláusulas de intanxigilidade,
que son as que afectan ao Título Preliminar (soberanía, nación española,
linguas, ...), arts. 1-9; ao capítulo Segundo, Sección 1ª do Título I e ao
Título II, que trata dos direitos fundamentais,e ao Título II, que trata da
Coroa, necesítase que a reforma sexa aprobada polos dous terzos de ambas
cámaras, disolución das Cortes e de novo aprobación polos dous terzos das novas
cámaras. Isto significa que para reformar a CE en aspectos considerados como
máis sensíbeis, se necesitan un mínimo de 234 congresistas dos 350 existentes e
178 senadores dun total de 266. Isto fai practicamente inviábel intentar unha
reforma constitucional a menos que PP e PSOE, con 295 deputados no Congreso a
esta altura, dean a súa conformidade. Isto ten como consecuencia constitucións
inamobíbeis pois basta que un grupo dos maioritarios se opoña para que non se
poida reformar aínda que a grande maioría da populación o desexe, como acontece
a esta altura coa monarquía, que o 62
por cento da pupulación demanda que sexa submetida a votación, mais o PP non
quere e non hai nada que facer por esa vía. Isto explica a insistencia dos
populares e intelectuais orgánicos ao seu servizo, en convidar aos grupos que
peden unha reforma constitucional que propoñan unha reforma da Carta Magna
porque xa saben de antemán cal sería o resultado.
Para seguir
mellor a explicación, cumpre ter en conta que en Suiza denominan Consello
Nacional ao equivalente ao Congreso; Consello dos Estados, equivale ao Senado e
o Goberno sería o Consello Federal. No caso de Suiza, tanto a aprobación como a
reforma da Constitución federal e da Constitución cantonal son moito máis
democráticas que no Estado español e poden facerse pola aprobación da maioría
do eleitorado no caso de que só teñan que ser submetidos a aprobación popular,
ou do pobo e dos cantóns se ambos participan na votación (Art. 142). Pode
procederse en calquera momento á reforma total ou parcial da Constitución.
“1. A reforma total pode ser promovida quer
pola vía da iniciativa popular, quer por iniciativa dun dos dous Consellos, ou
tamén pode ser decretada pola Asembleia Federal.
2. Tanto se a iniciativa emana do pobo,
como en caso de falta de acordo entre ambos Consellos, o pobo decidirá se a
reforma total debe ser levada a cabo.
3. En caso de que o pobo vote a favor da
reforma total, os dous Consellos serán reelexidos para levar a cabo a reforma” (Art. 193).
A reforma parcial
podera ter lugar, “quer pola iniciativa popular, quer por decreto da Asembleia
Federal” (Art. 194)
Para a proposta da revisión total,
parcial ou para solicitar a adopción, modificación ou abrogación de
disposicións constitucionais ou lexislativas bastan 100 mil cidadáns con
direito a voto (Arts. 137 e 138), o cal significa que no Estado español,
admitindo o mesmo criterio serían necesarias menos de 600 mil asinaturas para
presentar unha proposta de revisión total ou parcial da CE, que obrigaría a
convocar un referendo. A Asembleia xeral é quen pode aprobar a iniciativa ou
presentar un contraproxecto alternativo, que despois serán submetidos ambos á
aprobación da populación no caso de revisión total da Constitución e da
populación e dos cantóns no caso de revisión parcial. “5. Se a Asembleia
federal rexeita a iniciativa, esta submétea ao voto da populación. Se a
iniciativa é aprobada en votación popular, a Asembleia federal elabora as
correspondentes modificacións constitucionais ou da lexislación federal”
(Art. 139a). Por conseguinte, a Asemblea Federal, composta polo Consello
Nacional e o Consello dos Estados, pode rexeitar unha iniciativa para modificar
disposicións constitucionais, mais entón ten que submetela ao voto da
populación que é quen ten a última palabra. Bastan 50 mil votos de cidadáns ou
oito cantóns para que se teña que submeter a voto popular unha lei ou
disposiciòn federal ou un tratado internacional (Art. 141).
Na Galiza, o EAG
determina que
“a) A iniciativa da reforma corresponderalles
á Xunta, ao Parlamento galego, por proposta dunha quinta parte dos seus
membros, ou ás Cortes Xerais.
b) A proposta de reforma requirirá, en todo
caso, a aprobación do Parlamento galego por maioría de dous terzos, a
aprobación das Cortes Xerais mediante lei orgánica e, finalmente, o referendo
positivo dos electores”.
Ou sexa, que o
pobo non ten intervención nengunha no tocante á iniciativa de reforma, mais si
pode iniciarse por parte das Cortes Xerais sen intervención nengunha nen dos
eleitores galegos nen dos seus representantes. O pobo non ten outro rol que o
de ratificar o que propoñen os políticos.
En Suiza, a CFCS
estabelece que:
“1 Cada cantón dotarase dunha Constitución democrática. Ésta necesitará a
aprobación da populación e deberá poder ser reformada se así o solicitar a maioría
do electorado.
2 As Constitucións cantonais terán que
estar garantidas pola Confederación. Esta poderá garantilas se non son
contrarias ao Direito Federal” (Art. 51).
Unha constitución
como a suiza evitaría o esperpento de que un 62 por cento do eleitorado español
quer votar monarquía ou república, mais non pode porque o bipartito PP-PSOE llo
impede, alegando que non é o momento, por ser os xuíces exclusivos dos momentos
oportunos.
O Cantón de
Berna, con 6 mil quilómetros cardrados e perto dun millón de habitantes, apela
tamén aos mesmos referendos que a Confederación para reformar parcial ou
totalmente a súa Constitución, presentar proposiciónsde lei, modificar ou
rexeitar leis, a conclusión ou apertura de negociacións para a conclusión ou
modificación dun acordo intercantonal ou internacional, suxeitos a referendo, e
a preparación dun decreto do Parlamento cantonal se está suxeito a referendo.
Precísanse 15 mil asinaturas de eleitores, salvo para a reforma total que se
necesitarían 30 mil. Isto significa que na Galiza, guardando a mesma
proporción, necesitaríanse unhas 42 ou 84 mil asinaturas respeitivamente para
proceder a unha revisión parcial ou total do Estatuto. A reforma pode facerse
en todo momento e a iniciativa pode provir do Parlamento Cantonal ou dunha
iniciativa popular, que é o brigado submetela a referendo (Art. 129).
É difícil
entender, após o que levamos exposto que moitos contertulios políticos dos
meios de comunicación se afanen en demostrarnos que España xa é un estado
federal. En todo caso só se pode facer esta afirmación se clasificamos como
estados federais a estados que, por moito que se aproprien desta denominación,
non responden ás características e requisitos mínimos imprescindíbeis dun
auténtico Estado federal, que son o pacto e a soberanía das partes pactantes.
5.- O federalismo no Estado español
5.1.- O federalismo en Pi i Margall
O federalismo
aparece no Estado español a finais do século XVIII ou principios do XIX, ligado
a posicionamentos progresistas e republicanos. O autor que máis influencia
exerceu sobre el e sobre o seu máximo representante Pi i Margall (1824-1901)
foi o socialista francés Pierre Joseph Proudhon (1809-1865), que publica no ano
1959 o Principio Federativo, en defensa do Tratado de Villafranca que puxo
termo á guerra de Francia e Italia contra Austria e que reunía nunha
confederación a todos os reinos do antigo Lacio. Para Proudhon, a soberanía
correspóndelle aos grupos naturais que cohabitan nun determinado territorio,
que ten como premisas básicas a súa liberdade e a descentralización
administrativa. O ideal federalista realízase a través dunha serie de
formacións políticas intermedias ou colectividades, que desenvolven a súa
función dun xeito autónomo, e realizan pactos entre si que despois se estenden
a unidades máis amplas: municipios, provincia, nacionalidade.
Pi i Margall, en
seguimento de Montesquieu, parte da facto de que os direitos humanos están
moito máis respeitados nas pequenas que nas grandes nacións, nas nacións
federais que nas unitarias. Rusia, a máis vasta das grandes nacións é tamén a
máis autocrática3. Define a federación como "un sistema polo
cal os diversos grupos humanos, sen perder a súa autonomía no que lles é
peculiar e propio, asócianse e subordinan ao conxunto dos da súa especie para
todos os fins que lles son comúns. É aplicábel, como levo dito, a todos os
grupos e a todas as formas de goberno. Estabelece a unidade sen destruír a
variedade, e pode chegar a reunir nun corpo a humanidade toda sen que se
menoscabe a independencia nen se altere o carácter das nacións, provincias nen
pobos"4. En España a federación debe facerse sobre a base das
antigas provincias que outrora foran reinos independentes.
5.2.- Autonomismo e antifederalismo en Ortega e Gasset
5.2.1.- Unidade de soberanía e café para todos
Ortega foi un
precursor do moderno Estado autonómico, baseado na unidade de soberanía da
nación española e na subordinación das nacións periféricas, que fican
constituídas en órgaos do Estado, sen posibilidade de formar un Estado propio.
En La redención de las provincias, defende a autonomía rexional, con
obxecto de incentivar a vida local, ou sexa, con unha finalidade puramente
técnica, de eficacia, e porque , segundo el,
a soberanía debe permanecer indivisa. No programa do seu partido,
«Agrupación al Servicio de la
República», afirma que é preciso combater o federalismo,
"idea anticuada, caracteristica do antiestatismo do século XIX nos seus
comezos. ... A diferencia entre autonomismo e federalismo, consiste en que este
suscita a terríbel cuestión das soberanías particulares, o cal nun Estado
durante séculos unitario sería unha absoluta regresión"5.
Este programa levaba a advertencia de que non debería ser publicado, e o motivo
non é suspeitoso. Había nel unha serie de aspectos que non debían chegar a
coñecemento público, e sen dúbida, un deles era o tema da distribución
territorial do poder. Había que oporse a unha auténtica distribución
territorial do poder no Estado, negándose en redondo a recoñecer os direitos
derivados da soberanía das nacionalidades, e, por tanto, había que condenar o
federalismo como algo anticuado, e, ao mesmo tempo, afagar os anseios de
autogoberno das Comunidades diferenciadas, pregando a autonomía, na que o poder
fique sempre en mans do Estado central. Castelao alude veladamente a esta teima
orteguiana no Sempre en Galiza con estas palabras: “aquelas Cortes
dispoñíanse a votar favorablemente unha enmenda dos federalistas; pero a
intuición foi vencida pola lóxica... Os deputados intelectuais, que moraban no
«Olimpo» parlamentario, afogaron a decisión das Cortes”6.
Frente á
valoración positiva que ten para Castelao o federalismo de Pi i Margall
considera Ortega -setembro 1931- que é máis respectábel pola calidade dos seus
fieis que polo rigor e agudeza do seu sistema. Antes e por acima deste
federalismo está a forma xurídica do Estado federal, que se contén na historia
do Direito político, que é o que el vai defender. Comparando o federalismo co
autonomismo estabelece: primeiro, que son distintos; segundo, que a penas teñen
que ver entre si; e terceiro, que son máis ben tendencias antagónicas. "O
autonomismo é un principio político que supón xa un Estado sobre cuxa soberanía
indivisa no se discute porque non é cuestión"7. Certas funcións
do Poder político entréganse a órganos secundarios, mediante unha
descentralización política e administrativa, pero sen poñer en cuestión a
soberanía. "O federalismo, en cambio, non supón o Estado, senón que, ao
revés, aspira a criar un novo Estado, con outros Estados preexistentes, e o
específico da súa ideia redúcese exclusivamente ao problema da soberanía.
Propón que Estados independientes e soberanos cedan una porción de súa
soberanía a un Estado novo integral, quedándose eles con outro trozo da antiga
que permanece limitando o novo Estado recén nacido"8.
Nesta aproximación conceptual de
Ortega hai varias imprecisións. En primeiro lugar, o federalismo non ten porque
partir de Estados xa constituídos, como é o exemplo de Bélxica, que partiu das
comunidades non estatais flamenga e valona; aspira a criar un Estado
diferentemente estruturado, e, nese sentido, novo; o definitivo non é que
Estados independentes e soberanos cedan parte da súa soberanía, senón
simplemente que diversas entidades territoriais pacten en plano de igualdade. A
soberanía si hai que presupoñela, porque é un requisito para poder pactar, pero
non a independencia previa. Basta que o Estado, que mantén submetidas diversas
comunidades, as recoñeza como maiores de idade e con liberdade de pactar.
Ten razón Ortega
cando deslinda o problema competencial do problema do federalismo, de tal xeito
que pode darse perfectamente que un Estado autonómico teña máis competencias
que un Estado federal e que este funcione dun xeito moi centralizado, pero o
problema fundamental é o do recoñecemento da personalidade dos que pactan, a
maioría de idade, que non se recoñece no Estado autonómico e si no federal.
"Pode, en principio, o federalista non inmutarse porque o Estado
superior asuma tal importante función do Poder público, sempre que fique claro
que a orixen deste poder e de todo o seu exercicio depende da soberanía
dividida, plural e permanente, de aqueles Estados que se federaron"9.
Trátase, pois, do foro e non do ovo, aínda que o foro vai xeralmente asociado
co ovo. O federalismo preocúpase do problema da soberanía, mentres que o
autonomismo preocúpase de "como haxa maneira de exercer en forma
descentralizada as funcións do Poder público que aquela soberanía criou"10.
Precisa Ortega que o federalismo sempre supuxo un movemento de concentración e,
por conseguinte, un movemento de relativa desautonomía, mais isto, como
demostra o caso belga, non ten porque ser así. Non cita Ortega outra
característica que tamén é fundamental, que consiste en que no Estado federal,
os membros federados contribúen a conformar a vontade política nacional,
mentres que no Estado autonómico o Goberno central estabelece as directrices a
seguir sen contar con entes territoriais autónomos.
Para Ortega, un
Estado federal é un conxunto de pobos que camiñan cara a súa unidade, mentres
que un Estado unitario que se federaliza é un organismo de pobos que retrograda
e camiña cara a súa dispersión11, mais isto non é sempre
así. Iugoslavia era un Estado federal e desintegrouse, mentres que Bélxica era
un Estado unitario que se federalizou e mantense unido. As tensións poden darse
nos dous, mais nos nosos días o frecuente é que surxan nos Estados unitarios,
como España, Reino Unido, Italia, Francia, etc. que non aceptan máis que unha
soberanía, a soberanía do pobo dominante.
5.2.2.- Intervención antifederalista na discusión da Constitución de 1931
Ortega adoptou un
ton catastrofista e apocalíptica para que non se estabelecese a República
federal nas Cortes de 1931.
A reforma da soberanía é "de tal modo grave, que
non é lícito intentala, se non estamos explícitamente seguros de que o pobo
español se dá conta da tremenda opración que vamos a realizar nel. Nen vós nen
eu estamos nesta data seguros de que o pobo español, que se dormiu esta noite
dono dunha soberanía unida, sabe, suspeita, que, ao despertarse, vai
encontrarse a súa soberanía dispersa. Non, iso non"12.
Perdeuse, deste xeito, unha ocasión magnífica, debido a intervencións como a de
Ortega, de implantar unha República federal, como en moitísimos outros países,
e solucionar así, dunha vez, dun xeito racional o problema da distribución
territorial do Poder. Desta arte, as tensión continúan a esta altura, coa
ameaza terrorista, descontento das nacionalidades periféricas, etc.
Para Ortega,
cumpre non tocar o problema do subsolo, da soberanía e dentro da única
existente dar a maior autonomía posíbel, pero vemos que esta estratexia non
solucionou o problema, agravado, ademais, coa aplicación do repetido «café para
todos».
Con motivo da
discusión do Estatuto de Catalunya, confesa que o día en que se debateu no
texto constitucional o tema do federalismo, estaba aterrado polo feito de que
se puidese decretar a Constitución federal de España, porque isto suporía a
compartición da soberanía13. Por tanto, para Ortega o federalismo non
se reduce a unha mera distribución territorial do poder, de carácter aséptico,
senón que implica compartición da soberanía e ese foi o motivo da súa oposición
ao sistema federal. Seguramente este é o motivo polo cal se opuxo tallantemente
sempre a este sistema o presidente Aznar. Nos nosos días hai varios politólogos
que identifican as actuais autonomías españolas co federalismo, seguramente por
consideralos a ambos os dous como unha mera descentralización político
administrativa, e tamén porque así poden suster mellor as súas teses de
oposición ao incremento do poder territorial das comunidades autónomas.
5.3.- O autonomismo en Julián Marías
5.3.1.- Noción de autonomía
A autonomía
"oponse á heteronomía. Quen se dá as súas proprias leis, quen se rexe segundo as súas proprias normas, é
autónomo; quien as recebe doutro, heterónomo. En asuntos histórico-sociais,
máis concretamente políticos, unha sociedade é autónoma cando as súas leis
proceden dela mesma e non doutra. Un país independente é o pleno exemplo de
autonomía; unha colonia, administrada pola metrópole, de heteronomía"14. A definición
anterior é corrixida de seguida por Julián Marías para facela inoperante. Hai
que definir quen é o autós. Non o é nen a familia nen a
humanidade inteira, senón outros niveis intermedios. Se Cataluña goberna
Galicia ou Andalucía Castela hai heteronomía, pero "se os aragoneses
xuntos ou todos os españois ou os europeus unidos se dan leis e
normas comúns, non hai heteronomía, senón autonomía, e a de cada grupo non
sofre por non estar isolada, senón con outros"15. JM pergúntase canta autonomía debe
terse, e responde: “toda a necesaria en cada nivel, desde o
Concello até a nación, e nunca a que signifique tomar decisións unilaterais sen
contar coos demais”16. Mais a isto pode obxectarse que se hai que
contar cos demais xa non hai autonomía senón heteronomía.
De acordo coa
definición do Julián Marías, xa se pode constatar a reducida autonomía de que
desfruta a nosa terra nestes momentos. Está lonxe da autonomía das nacións
independentes pois non goza dos seus direitos como colectividade diferenciada.
A súa autonomía é unha concesión gratuíta do Estado español, que pode de novo
eliminala, diminuíla ou coartala, e de facto foi cerceándoa progresivamente. A demanda
dunha maior autonomía é unha constante no nacionalismo galego. Manuel Murguía
expresaba no ano 1889, no discurso de resposta a Sánchez Moguel, os seguintes
desexos para Galiza:
"Non quer
que o poder central, que a descoñece, a goberne de todo e como a colonia, antes
como a pobo importante sobre o cal pesan tan especialmente as cargas necesarias
para o sustentamento do Estado. Non se avén a que cada lei que se promulga co
fin de protexer os intereses xerais, veña ferir os seus. Parécelle mal que as súas
principais poboacións vivan vida anormal, grazas ao absentismo que as maltrata,
absentismo das intelixencias e da riqueza, mellor dito, das clases ricas. Non
quer que os alleos veñan gobernarnos. Desexa que a súa língua sexa tan oficial
como a do Estado: Que os que teñen de administrar xustiza e dirixir a
conciencia do home no noso país, sexan escollidos de entre os seus fillos. Que
nas reformas necesarias ao seu benestar, se lle escoite por inteiro e tendo en
conta os ecos todos da opinión xeral. Que os nosos homes públicos non nolos
manden da corte, feitos e consagrados, como quen remesa a mercadoría á que o
Estado todopoderoso lle puxo o seu selo imaculado; nunha palabra, quer a
descentralización máis completa, baixo todos os aspectos e en todas as ordes,
no moral, no intelectual, no político, e no dos intereses materiais"17.
Podemos observar como o poder central era visto como un centralismo absorbente
e de carácter colonial, sen ter en conta os intereses de Galiza como pobo
diferenciado; que as leis non contemplaban a especificidade e intereses da nosa
nación nen a opinión xeral dos naturais da nosa terra; a emigración dos
capitais e dos talentos galegos desangraban ao país; os gobernantes, xuíces,
homes públicos e cargos eclesiásticos eran confiados a persoas alleas a Galiza,
...
En canto á
expresión «xuntos» e «todos unidos», cómpre facer algunhas
observacións. Se realmente se tratase de todos, xuntos
ou unidos, ou sexa, que as decisións se tomasen por consenso, non
habería nada que obxectar ao que di Julián Marías, pero se os españois, que
constitúen a maioría da Cámara lexislativa, deciden que os cataláns, vascos e
galegos, en contra da súa vontade, non desfruten dos seus direitos colectivos,
habería autonomía dos españois mais heteronomía e non autonomía de aqueles. Se
as Cortes deciden, aínda que maioritariamente, limitar, suprimir ou coartar as
liberdades e direitos dos pobos diferenciados, impedir o cultivo da súa lingua,
cultura, etc., habería heteronomía e non autonomía. Pódese afirmar que decidimos
todos xuntos cando unha lei como a do ministro Wert decide aspañolizar
Catalunya? É inclusive ridículo supoñelo.
Ademais, de
aceptar o razoamento de JM sería difícil falar de heteronomía. Na antiga Unión
Soviética, tamén se podía dicir, dun modo parello, que gobernaban os ucrainos,
bielorrusos, xeorxianos, lituanos, etc., porque podían participar no goberno
central e presentar proxectos colectivos, pero non se podía falar de autonomía
deses pobos senón de heteronomía, porque as decisións emanaban do Centro sen
ter en conta os intereses da diversas repúblicas que constituían a Unión. Por
outra parte, non importa a orixe das persoas que gobernan, pois sempre se
encontrarán persoas dispostas a colaborar cos inimigos do seu propio pobo,
senón os criterios e apoios con que se goberna. En España, durante o réxime do
Xeneral Franco, houbo moitos ministros galegos no goberno, pero non había
autonomía galega de nengunha clase, porque a voz de Galiza ficaba totalmente
silenciada e enmudecida.
Xa na etapa democrática,
cando se negociou a incorporación á Comunidade Europea, a voz de Galiza non se
escoitou para nada, nen se escoita cando se trata de reordenar o sector
pesqueiro, leiteiro, a construción naval, o sector financeiro, a nosa lingua e
cultura, defensa, asuntos exteriores, en grande parte a educación, etc. etc.
Aínda o día 3 de febreiro de 1993, apareceu na imprensa unha resolución do
Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo que se nos denega a competencia
para regular as capturas nas augas exteriores. Non desfrutamos, por tanto, de
autonomía senón de heteronomía, porque o controle dos nosos recursos, dos nosos
intereses, etc. non está nas nosas mans senón en mans alleas, que deciden
moitas veces de acordo con criterios contrarios ás nosas conveniencias.
Se se lle obriga
a un grupo a estar cos outros, en contra da súa vontade, sería a negación mesma
da autonomía. Se sofre ou non por estar cos outros é distinto, mais o problema
consiste en ver quen decide con quen se está. Se eu quero estar cos outros e
non se me deixa, hai heteronomía, pero, igualmente, se decido viver isolado e
non se me deixa, hai tamén heteronomía, sen importar en absoluto que gañe ou
que perda. Cando a un escravo se lle di que é máis conveniente para el viver
submetido, como dixo Aristóteles, podería darse o caso de que efectivamente
fose certo, nalgunha eventualidade, mais en todo caso a escravatura é a mesma
negación da autonomía.
En 1989, critica
o modo de entender as autonomías como instrumentos de isolamento e
empobrecemento, limitación da competencia, provincianismo. “En lugar de
estimularse a personalidade das rexións e unha saudábel rivalidade fraterna
entre elas, ... tenden a converterse en coutos cerrados, satisfacción de
intereses e vanidades de reinos de taifas”18. A misión das
autonomías -1993- debería ser fortalecer a personalidade das rexións, pero de
facto estanse a converter en factores de angostura, narcisismo e indiferenza
para co resto da nación. “E aquelas que teñen, ademais da lingua común
española, unha particular, en lugar de enriquecerse con ela considérana como
única propria, quer dicer, como factor de isolamento, e segréganse dunha
cultura milenaria e dunha comunidade de trescentos millóns de persoas e, de
paso, dos incontábeis centos de millares de libros que se poden ler en español”19.
JM apela aos españois a que saiban o que son e non se deixen desposuír das súas
posesións.
5.3.2.- Autonomía e unidade de España
A autonomía debe conciliarse coa unidade de España e por iso combate JM aos que "tratan de impedir a autonomía das rexións dentro dunha España firmemente unida"20. Cando se estabeleceu a autonomía catalana, saudouna con alegría, especialmente porque se fixo “sen a menor ameaza á unidade de España”21. Con todo, xa en 1981 se mostra alarmado, pois considera que a existencia de partidos rexionalistas é negativo porque onde os hai "estase caindo nun irrealismo que, se non me engano, vai ser devastador. O contido negativo das autonomías vai resultando visíbel"22. En España confundiuse rexión con rexión autónoma, pero mentres que algunhas desexaban a autonomía, outras nunca tiveron necesidade da mesma. "Isto levou a finxir a necesidade e a apetencia de autonomías, o cal contribuíu non pouco ao desprestixio xeral da concepción autonómica; más aínda, deslizouse a ideia de que a autonomía constitúe unha «superioridade», que canta máis autonomía é mellor, que o valor ou a dignidade das rexións se mede polo grao da súa autonomía. Todo isto é ridículo, e levou a unha situación xeral de mimetismo, cheia de riscos: gastos desnecesarios, rivalidades entre rexións, descontento das que non alcanzan o máis alto nivel de autonomía, crecente caciquismo dos grupos ou individuos entregados á demagoxía autonomista"23.
5.3.3.- Centralismo e unitarismo
Toda España, -di J. Marías- a excepción
de grupos minúsculos de extrema direita, acepta a autonomía das rexións e por
conseguinte, hoxe -1981- non hai centralismo, nada aconsellábel, que convén
diferenciar do unitarismo, perfectamente lícito e conciliábel con amplas
autonomías, que nada ten con aquel24.
"Cando se trata dunha forma política e social representativa e na que
participan todos os individuos, grupos e rexións, non hai centralismo, xa que
non hai un poder «central» imposto á totalidade dos membros, senón que o centro
ou goberno nacional non é máis que a resultante das vontades converxentes da
totalidade dos elementos integrantes do país"25.
Nunha democracia non pode haber, segundo el, centralismo, porque “las
decisiones no son tomadas por ningún «centro», senón pola totalidade dos
cidadáns”26. O Julián Marías confunde dúas cousas
totalmente distintas, como son a representación e o centralismo. Francia foi
sempre un país fortemente centralista e non obstante era unha nación
democrática. A antiga URSS era un Estado autoritario e non obstante
descentralizado. Inclusive Ortega, falaba de impor as autonomías, que non se
compadece coa democracia.
A respeito da
negación do centralismo, hai que precisar o seguinte. O Estado pode
configurarse dun xeito unitario, ou sexa, con soberanía indivisa, ou federal,
ou sexa, con soberanía compartida, e o unitario, a súa vez, poder ser
centralizada, como o Estado español até a década dos 80 deste século e
descentralizado, como o actual Estado autonómico. O Estado federal, se se trata
dun auténtico federalismo, está baseado nun pacto entre entidades políticas
iguais polo cal deciden ceder parte da súa soberanía a unha entidade
supranacional, a un Estado federal, encanto que o Estado autonómico está
baseado nunha relación entre desiguais, entre un Estado, mal chamado nacional,
que ostenta todo o poder, pero que, para solucionar certas tensión surxidas en
certas comunidades «molestas», decide autolimitarse e ceder graciosamente unha
parcela de soberanía ás comunidades, chamadas abusivamente, autónomas.
6.- O federalismo na Galiza
6.1.- Desenvolvimento do federalismo na Galiza
Na Galiza o
federalismo xa está presente na xeración que vai propiciar o levantamento de
1846, mais non se manifestará plenamente ata o sexenio 1868-1874. En setembro de
1868 teñen lugar a nivel do Estado español unha serie de pronunciamentos que
van finar co reinado de Isabel II. Na Galiza fórmanse Xuntas revolucionarias en
todas as cidades e vilas con obxecto de manter a oposición ao réxime anterior
que posibilite unha nova saída, ao tempo que en outubro se forma un Goberno
provisional.
![]() |
Galiza e Norte de Portugal |
O 11 de febreiro
de 1873, proclámase a república, convocándose eleccións a Cortes Constituíntes
para o mes de maio nas que o Partido Federal obtivo 37 dos 45 deputados eleitos
na Galiza, que na discusiòn do proxecto constitucional votarían a prol da
autonomía cantonal para a nosa Terra, mentres que, de forma paralela, os máis
radicais, chamados intransixentes, exixirían a independencia do Cantón galaico27
e apelaron á insurrección popular. Outros núcleos federalistas mostraron unha
actitude galeguista, destacando entre as súas filas José Sánchez Villamarín,
que en xuño de 1873 propuxo a creación dun Centro de Iniciativa para a nova
organización da Galiza que tiña como fin coordinar e compaxinar as distintas
opinións acerca do futuro modo de ser na orde administrativa e económica desta
terra28.
O 29 de decembro
de 1874, prodúcese a restauración borbónica coa proclamación polo xeneral
Martínez Campos de Alfonso XII como rei de España, que vai seguida dunha forte
represión contra os federalistas e republicanos, que só a partir do ano 1881
comezan a reorganizarse, producíndose a reestruturación do partido a nivel estatal
en 1882.
6.2.- Proxecto de constitución para o Estado galaico
En abril de 1883,
o Consello Federal de Galicia, presidido por Segundo Moreno Barcia, formula o
Proxecto de Constitución para o futuro Estado Galaico que será ditaminado por
unha comisión da que formaban parte Mosquera Lequerica, Modesto Moirán e
Aureliano J. Pereira, aprobado interinamente pola 1ª Asemblea Federal celebrada
na Coruña en decembro de 1886 e de forma definitiva pola 2ª Asemblea celebrada
en Lugo en xullo de 188729. En maio apróbase pola Asemblea xeral do
partido o Proxecto de Constitución Federal, que, con lixeiras variantes,
coincide co que tiñan preparado os federais xa en 1873.
No Proxecto de
Constitución Fedral para o Estado Galaico, que consta de 100 artigos, declárase
que a soberanía reside na totalidade do pobo galego (art. 22), todos os poderes
actúan en representación do pobo; todos son electivos, amovíbeis e
responsábeis; e todos recoñecen por límite das súa atribucións os direitos
naturais, inalienábeis e imprescriptíbeis do home e do cidadán. Divídese o
poder en:
Lexislativo, que recae na
Asemblea rexional con deputados con mandato para tres anos, que non estarán
sometidos a mandato imperativo se ben poden ser destituídos pola maioría de
eleitores dun distrito.
Executivo, formado por
unha Comisión de cinco membros: Xustiza e Policía, Gobernación, Facenda,
Fomento e Instrución pública e Guerra, elixidos pola Asemblea ao igual que o
seu Presidente para un mandato de tres anos os primeiros e anual o segundo.
Entre as súas función, ademais de aplicar o orzamento de ingresos ao de gastos
e velar pola seguranza e integridade do Estado, figuraba a de "Dispoñer
da forza armada provisionalmente en caso de repentino e iminente perigo
(art. 60. 3º); e
Xudicial, exercido por xurados
e xuíces con independencia dos demais poderes e con un Tribunal Supremo
composto por maxistrados elixidos pola Asemblea.
O Estado galego
organizará o seu exército conforme aos últimos adiantos na arte militar, sobre
a base do servizo voluntario e retribuído, con fin de elevar o exercicio das
armas á categoría dunha profisión (art. 71). Fica estabelecido en todo o Estado
un ensino primario elemental obrigatorio, gratuíto e laico (art. 78). O ensino
secundario queda a cargo do Estado (galaico) (art. 79).
Ao mesmo tempo
recoñece a autonomía da Nación española, na xestión do que lle é propio e
peculiar. As competencias desta son:
1.º Nas relación exteriores; tratados de paz,
amizade e comercio, axencias diplomáticas e consulares.
2.º Declaración de guerra exterior;
declaración de guerra civil; conservación da unidade e integridade nacional;
conservación da orde na Federación; arranxo das cuestións territoriais e
competencias suscitadas entre os Estados, restablecemento da lei pola forza en
caso de necesidade.
3.º Vías xerais de comunicación terrestre,
fluvial e marítima; sanidade, correos, telégrafos e semáforos; obras públicas
de interese nacional.
4.º Lexislación mercantil, navegación,
alfándegas e aranceis; fixación da unidade de moeda, pesos e medidas.
5.º Débeda nacional.
6.º Instrución pública superior facultativa e
técnica.
6.3.- Rexionalismo e federalismo en Alfredo Brañas
Após a
restauración de Alfonso XII en 1874, produciuse unha forte campaña antifederal
españolista, e en meio dese clima adverso, Alfredo Brañas Menéndez, timorato, opta por
avanzar mais substituíndo o federalismo polo rexionalismo tradicionalista, que
el consideraba equidistante por unha parte de moitos unitaristas
liberais e demócratas, porque aspira a algo máis que á descentralización
política e administrativa, aspira liberdade rexional dentro da unidade do
Estado; e pola outra, dos descentralizadores radicais ou réxime federativo, por
consideralo demasiado radical.
6.3.1.- Diferenzas entre federalismo e rexionalismo
Para Brañas, a
diferenza entre o federalismo e o rexionalismo é a seguinte:
"1.ª O federalismo supón a división dun
territorio en diversos pequenos Estados ou cantóns* independentes30,
e a doutrina rexional non admite a rexión-estado, ou sexa, a
sociedade política con existencia substantiva, senón que tan só considera a
rexión como parte do todo, gozando de certa autonomía dentro da
unidade ou integridade da patria.
2.ª Na
federación cada cantón ten un goberno e constitución particular; e no rexionalismo
cada rexión depende do goberno que rexe a totalidade do Estado, e non ten máis
constitución que a xeral e común a todas as demais rexións, que compoñen a
nacionalidade independente.
3.ª Nas
federacións o poder central só entende nos asuntos de interese xeral do Estado
e nas relacións diplomáticas ou internacionais; e no sistema rexionalista o
único poder real e efectivo que estende a súa esfera de acción a todas as ordes
da vida é a autoridade soberana que rexe os destinos da nación enteira.
4.ª Nas federacións cada Estado ten a súa
representación política, como persoa xurídica ou moral, no Consello ou
Dieta particular dos Estados; e dentro do sistema rexionalista non se explica
semellante forma de representación, porque a rexión, como dixemos xa, non é un
Estado independente"31.
A distinción
entre Estados federados e confederados é, segundo Brañas, a seguinte:
"1.º En que nos Estados confederados non se unen
máis que accidentalmente e segundo os termos convidos no contrato de
unión; e nas federacións a unión é orgánica, cada Estado-membro
forma ademais un Estado completo con todos os outros, e é dependente e
independente á vez;
2.º En
que nas confederacións supoñen Estados con individualidade propia, con
soberanía autónoma e con lexislación especial, o cal non é aplicábel aos
Estados federativos nos que a súa individualidade se confunde coa colectividade
da federación, en que non hai división de soberanía en materias de
interese xeral e en que a constitución fundamental ou orgánica é común a todos
os cantóns"32.
En resumo, temos
o seguinte:
“CONFEDERACIÓN: Unión de varios
Estados ou reinos independentes en virtude dunha alianza recíproca e dun pacto
expreso celebrado para a súa conservación e defensa.
ESTADO
FEDERATIVO: Unión de varios Estados que teñen un goberno particular para os asuntos
propios, e outro federal para os
de interese común.
REXIONALIDADE: Agrupación de
familias, comunidades e provincias, ligadas por certos vínculos naturais e que
gozan dunha existencia particular autónoma, coa que contribúen a realizar a
unidade do Estado"33.
6.4.- O rexionalismo federal de A. J. Pereira de la Riva
6.4.1.- Introdución.
O periodista
lugués, Pereira de la Riva,
(22/01/1855-31/10/1906), formula unha síntese interesante do federalismo, que
en si era considerado como unha doutrina abstracta pero que ofrecía ao mesmo
tempo un esquema clarificador de descentralización xurídico-política, e o
rexionalismo, que vai encher de contido concreto a súa proposta federal,
acercándoo á realidade viva do país. O federalismo, como sistema de
descentralización do poder, pode aplicarse a entidades nacionais, a entidades
rexionais ou a entidades sen diferencias substantivas entre si, pois de por si
é unha mera técnica de distribución territorial do poder político, ligado
historicamente ao progresismo democrático. Pereira asóciao ao rexionalismo
mentres que Castelao asociarao ao nacionalismo.
Pereira
participou activamente na discusión do Proxecto de Constitución para o
futuro Estado Galaico, elaborado en maio de 1883 polo Consello Executivo do
Partido Federal de galicia presidido polo ribadense Segundo Moreno Barcia
(1841-1909), presentado na Asemblea de Zaragoza o 24 de maio de 1883, submetido
a deliberación e aprobado interinamente na I Asamblea Federal de la Región Gallega en
decembro de 1886 e aprobado definitivamente na II Asamblea Federal de la Región Gallega,
celebrada en Lugo entre os días 2 e 7 de xulllo de 1887, na que Pereira se
converteu no auténtico impulsor dos debates.
6.4.2.- Ideoloxía.
O ideario de
Pereira é de carácter laico, anticlerical moderado, aberto e progresista,
distante do tradicionalismo e catolicismo social de Brañas e do populismo de
Murguía. Como afirma R. Maiz, os elementos decisivos do seu universo
ideolóxico, amósanse "como un achegamento real ás clases populares que
trata de incorporalas, recollendo as súas reivindicacións básicas, ao
movimento rexionalista"34.
Nel dáse unha
certa aproximación aos obreiros, que considera conforman unha auténtica clase
social e non un mero agregado informal de traballadores, se ben nunca os
incorporou ao seu proxecto rexionalista, ao contrario do que aconteceu co
campesinado. Aceptou a folga como mecanismo de presión dos traballadores en
prol da defensa dos seus intereses e considera que non basta coa mera igualdade
formal, a igualdade ante a lei, senón que hai que vindicar a igualdade
material, a igualdade real. Os vicios da organización social cumpre corrixilos
apelando á xustiza e non meramente á caridade.
Avogaba pola
igualdade feminina e polo sufraxio da muller, vítima da teocracia ultramontana
que a explota e manipula, o cal ten como consecuencia a súa inimiga á república
e á liberdade en todas as súas formas.
6.4.3.- Concepción da Galiza
A concepción do
país de Pereira é unha síntese de democratismo federal e galeguismo, de
federalismo abstracto, de procedencia pimargaliana e rexionalismo organicista.
En canto demócrata federal, a súa preocupación céntrase nos temas da
federación, sufraxio universal, república, democracia, soberanía popular,
antifeudalismo e anticaciquismo. A orientación rexionalista acentúa os aspectos
de patria, lingua propia, galeguismo, cultura galega, ...
Denomina a Galiza
como nacionalidade e como rexión. Os elementos nacionalitarios serían: lingua,
territorio, raza, historia, tradición e institucións xurídicas, ademais de
conciencia e vontade nacionais.
O rexionalismo
non debe limitarse a ser un partido de catedráticos e oradores, poetas e
xornalistas senón que ten que conseguir o apoio popular, principalmente do
campesinado, so a dirección política da pequena burguesía intelectual e
galeguista, en contraposición con Brañas que se dirixía ao clero e á fidalguía,
e Murguía que apelaba á burguesía. Como forma de goberno, opta pola república,
frente a monarquía, á que considera centralista e, por tanto, incompatíbel co
rexionalismo, e ademais, en España, antidemocrática.
6.5.- O federalismo en Vicente Risco Agüero
6.5.1.- Antecedentes
Risco comezou a
teorizar sobre o federalismo no ano 1920, pero xa no 1917 defendera Ramón Villar Ponte a necesidade de
reconstitución das nacionalidades naturais e a reintegración das nacionalidades
desmembradas, que traería consigo as federacións e confederacións que Pi i
Margall preconizaba35, e estabelecera unha clara distinción
entre o Estado unitario, antihumana artificiosidade, e creación exclusiva da
imposición dun grupo máis ou menos grande á maioría, -centralización,
unitarismo, uniformidade serían tres conceitos equivalentes-, e a humana realidade do Estado federal, “da
unidade orgánica superior criada polo pacto e a conveniencia mútua -sen
intervención algunha da violencia- das diversas entidades colectivas que
constitúen os núcleos nacionais integradores do estado vario e diversificado
como un ser orgánico, puxante e viral, que se atopa lonxe do amorfismo das
grandes masas materiais inertes e sen vida”36. Seu irmán Antón
adoitaba falar de autonomía integral37, pero parece que a
identificaba co federalismo, que el xa defendía en 191838.
6.5.2.- Etapa federalista confederalista
Risco desexa que
Galiza conviva coa viva realidade ibérica varia e rica, nunha España futura e
forte que for “unha libre confederación de democracias, aptas para se
gobernaren por si mesmas en todo o concerninte aos seus problemas privativos”39.
Neste texto, Risco non precisa cales son os problemas privativos e por
conseguinte non podemos saber que alcance lle dá á Confederación. España non
pode entrar na Sociedade de Nacións sen transformar a súa vida, “sen se
facer unha España nova, libre, rica, integrada por nacións autónomas firmemente
axuntadas pola súa vontade forte de actuar no mundo futuro como un só Estado
moderno”40.
Por imitación de Suiza, "federación
de pobos de raza e de lingua deferentes, erguéronse en todas as nacións
partidos federalistas"41, como o xirondino en Francia, o
republicano federal en España e o demócrata nos EEUU. O centralismo xa non ten
creto e a cuestión das nacionalidades e das descentralización están chamadas a
completarse "mediante a costitución dos Estados federais- e unha
aplicación da teoría das nacionalidades á constitución do Estado"42.
Os nosos problemas deben ser resoltos
nun Parlamento autonómico, sen consultar aos alleos. “Este é o
réxime autonómico e federal que é a arela mínima do nacionalismo galego”43.
En 1925 destaca a
loita interior de Brañas que non quere adoptar o federalismo, a pesar de que o
que el quere só se pode abranguer nunha constitución federal da España, polo
carácter de radicalismo republicano do federalismo e porque este consagraba o
principio individualista, que consideraba disolvente das colectividades
naturais44. En 1935, Risco abocará a un posicionamento moi similar.
Unha nación non
ten porque optar necesariamente polo separatismo, senón que pode estar unida a
outra desde unha simple alianza ata un pacto federal, pasando polas diversas
formas de unión persoal, e inclusive se pode contentar con unha simple
autonomía como concesión ou delegación do Poder central45.
Esta opción polo autonomismo, salvo que se exprese en termos puramente hipotéticos,
denota a febleza do nacionalismo risquiano, posto que esa concreción da
distribución territorial do poder no Estado está baseada na supeditación da
comunidade autónoma a instancias alleas. Con todo, Risco pensa a esta altura
-1928- que a carta de garantías que o nacionalismo galego considera
indispensábeis "somente
nun réximen federal serían conseguíbeis"46. En 1930, fronte ao
separatismo e ao autonomismo, pronúnciase polo nacionalismo, segundo o cal,
dentro do Direito natural, nada se opón “a que unha nación estea unida con
outras, formando todas parte do mesmo Estado, sempre que se cumpran dúas
condicións indispensábeis: 1ª Que cada unha das nacións que forman parte do
mesmo Estado, entre a formar parte del pola súa propria e libre vontade. 2ª Que
o Estado de que estas nacións forman parte, respeite e consagre, declare e
ratifique aquela suma de direitos inalienábeis e imprescriptíbeis de cada unha
das nacións que o compoñen”47.
6.5.3.- Do federalismo á teoría das minorías nacionais
Despois da viaxe
por Europa, o seu feble federalismo esváese aínda máis, optando por un
federalismo orgánico predemocrático. Comentando o imperio dos Absburgos, afirma
que "Por unha banda, a dignidade suprema estabelecida sobre de reis e
principes soberanos cada un na sua propia terra; por outra banda, a acumulación
de feudos, cada un dos cales conserva a súa individualidade. Sorte de
federalismo orgánico histórico, anterior e superior ao federalismo mecánico
filosófico dos máis dos federalistas modernos"48.
O nacionalismo
galego non se confunde co autonomismo, federalismo ou separatismo, que son só
doutrinas políticas, mentres que o nacionalismo é unha doutrina etno-cultural.
As circunstancias históricas determinan en cada caso se lle convén a
independencia, a unión federal ou a autonomía49. O cal indica que
para Risco o importante era a cultura, sen reparar que sen soberanía sobre as
fontes de riqueza, tampouco se pode garantir a cultura. Para el, todas esas
alternativas son lexítimas con tal que se respecten o mínimo de direitos
inalienábeis e imprescriptíbeis inherentes á natureza do nacionalismo50.
A Teoría das
Nacionalidades pretendía dar resposta ás loitas nacionalistas desenvolvidas no
transcurso do s. XIX, mais, alén de ser insuficiente e cargada de conflitos,
raramente unha nación conseguiu a súa independencia sen a axuda das armas.
Moitos creron que, para compatibilizar a existencia libre das nacións sen
quebrar os Estados históricos, a solución estaba no federalismo, mais este, por
unha parte, camiñou cara á utopía, por
outra, sufriu unha deformación en sentido uniformista, como en Pi i Margall, e
finalmente tamén se desvirtuou en procura da autonomía provincial, municipal,
sindical, ...51. O
federalismo sería algo se fose a aplicación da teoría das nacionalidades á
organización interior dos Estados, ou sexa, o principio de que cada Nación debe
formar un Estado autónomo52, ou como afirma tamén noutras partes, a
tendencia a substituír a ineficacia do Estado centralista pola eficacia das
nacionalidades autónomas53. Mais como esta solución é, segundo
Risco, demasiado radical, cumpre optar por algunhas fórmulas de concordia aceptadas polo direito
internacional, como é a teoría das minorías nacionais, que pretenden conciliar a unidade estatal
existente coa concesión de reivindicacións de orde económica, lingüística ou relixiosa a que os
grupos nacionais diferentes teñen
direito54, se ben, recoñece
que foi formulada de xeito individualista, considerando a minoría como un
agregado de homes e non como un corpo social
natural55.
Segundo Risco, o
imperialismo, que é unha sorte de hipertrofia do sentimento e da idea nacional56,
fóra das colonias, exércese sobre das nacións subordinadas, negándolles a
autonomía e procurando a súa asimilación por medio da supresión da lingua,
costumes, direito, relixión, ... Pero, inconsecuentemente declara a seguir, que
en si non é unha cousa ruín porque pode ser o único xeito de realizar a grande
federación europea, onde se recoñezan os direitos das pequenas nacións.
Inxenuamente cre que un imperialismo europeo garantiría os direitos das
pequenas nacións; en segundo lugar, valora a bondade ou malicia das cousas por
algúns efectos prácticos que poida carretar, nunha argumentación
consecuencialista na que o fin xustifica os meios, e, en terceiro lugar, delata
a súa febleza democrática cando opta por sistemas autoritarios para conseguir a
unión europea, como se desprende do que di a seguir de que o imperio tería que
coller unha forma feudal. “Porque doutra maneira, por libre acordo dos
pobos, ou en calquera outra forma democrática, non é doado que se chegue a
formar unha grande federación”57.
6.5.4.- O federalismo na Galiza
En xullo de 1919
afirma que de se adoptaren os costumes druídicos na nosa Terra, faríamos surxir
todas as virtudes da nosa raza. “Galicia é a única nación céltica que non se
ten axuntado coás outras para manter o espirito da raza. É a que falta na
confederación espiritual de kimvis e gaels, E é tempo de que ao corno de Artús
que chama, responda o corno de Breogán”58. Os celtas formaban unha
chea de pequenos Estados, que a miúdo combatían entre si, pero con conciencia
da súa unidade e dispostos a xuntarse contra o inimigo común. "Formaban
entón confederaciós temporás ou permanentes"59. No Oriente, os
pobos eslavos, están a erguer un grande poder e frente ao poder de Rusia cumpre que se erga outro no occidente, que só
os pobos celtas poden crear. O “gran poder que se erga por frente do
eslavismo, quizais vai ser a futura confederación dos pobos célticos”60.
Galiza reclama o
direito da nosa terra a gobernarse por si mesma nos seus intereses propios,
"sen limitación de ningunha clase, e personalidade para tratar co
Estado Español as fórmulas de convivencia e mais o relativo aos intereses
comúns dos pobos hispánicos"61. O recoñecemento da
personalidade de Galiza para tratar co Estado español en base de igualdade é un
requisito imprescindíbel para o establecemento dun réxime federal. Estas
contradicións sobre federalismo si, federalismo non, dan a impresión dun
pensamento bastante volátil no autor ourensán.
6.5.5.- A independencia como valor instrumental
En 1922, fai
propias unhas declaracións de De Valera nas que o político irlandés dicía que
prefería unha Irlanda escrava, que falase irlandés, a unha Irlanda ceibe e soberana
pero esquecida das súas tradicións. A autonomía ou a independencia non é un fin
senón que é o medio para “reintegrarmos á Galiza na sua tradición, no seu
ser sustancial enxebre e europeo”62. O esencial para Risco é
ser un órgao creador de cultura e non a loita pola liberdade, que ten un valor
moi secundario. Nós entendemos, pola contra, que o direito de autodeterminación
é un direito constitutivo do nacionalismo, e, por conseguinte, que ningunha
organización se pode denominar deste xeito se non asume o mencionado direito
como algo irrenunciábel e inalienábel. Conseguida a soberanía, enténdase a
independencia ou a articulación nun Estado federal ou confederal, un pobo pode
constituírse como un órgao creador dunha cultura propia e enxebre, mais un pobo
submetido e colonizado nunca poderá facelo. Alén diso, nunca se pode escravizar
un pobo so pretexto de normalizar a súa cultura, nen é viábel que un pobo
recupere a súa cultura se non é un pobo libre. Do cal se segue, que a
concepción de Risco non é propiamente nacionalista senón etnicista, entendendo
por etnia o que o que significa este vocábulo xeralmente hoxe en socioloxía: “una categoría de personas que se ven y
son vistas como puestos aparte a causa de su herencia cultural”63. A política en
Risco é moi importante, pero está subordinada a un fin culturalista: a
conservación da alma propia, da alma nacional, do Volksgeist, que pode
compatibilizarse moi ben coa escravatura de facto da propria nación, concebida
como unha entelequia por acima dos diversos individuos, sen reparar que unha
nación non se distingue dos individuos conscientes de si, dinámicos e operantes
para asumir nas súas mans o destino do país. Nós consideramos que a liberdade,
tanto individual como colectiva, é un elemento constitutivo da persoa humana,
tanto individual como colectiva e non pode supeditarse nen renunciarse en favor
da consecución de obxectivos culturais de ningún tipo. En canto ligada íntima e
constitutivamente ao ser da persoa, a liberdade é un fin en si mesma,
irrenunciábel e inalienábel, e nunca un meio para outra cousa.
Con todo, segundo
Risco, desde o punto de vista do estrito direito internacional, calquera pobo “ten
direito á autonomía ou á independenza. Mais temos que ter en conta que nengún
pobo pode nen debe viver para el só, senón que ten que viver para os demais
pobos da terra, ten que viver na comunidade de cultura universal”64.
Esta necesidade de apertura aos demais condiciona a alternativa pola que cumpre
optar. “Unha Galiza autónoma, independente se se quer, mais que chapuce o
castelán, que costrúa casas estilo americano, esquecida do seu, isolada dos
pobos europeus que lle son afíns, mal cultivada, sen rehabilitar as súas
pequenas industrias, as súas artes, os seus estudos, nen valería nada, nen, se
cadra, sería merecente de que nos matasemos por ela. Non. Liberada Galiza, o
problema nacionalista seguiría en pé. E se a autonomía ou a independencia non
nos servisen para enxebrizar e europeizar Galiza, enton consideriamonos
derrotados e vencidos para sempre”65. Isto non significa
que Risco non sexa partidario da
liberdade e da redención de Galiza66, pero si que lle asigna
unha función secundaria.
O pobo galego ten
que orientar a súa rebeldía con obxecto de alcanzar a súa dignidade colectiva,
frente aos poderes de Madrid que ostentan os nosos direitos, “pois mentres
Galiza non sexa libre, non faremos máis que variar de caciques”67.
Cumpre unha conciencia galega que poña por riba de todo a nosa dignidade de
pobo dono da súa vontade, “de pobo que quer a sua libertade”68.
Esta liberdade nona identifica Risco coa independencia senón que bastaría o
réxime autonómico, que a Galiza labrega impoña á outra Galiza: “un réxime de
libertade, un réxime autonómico que a faga dona da súa riqueza e da sua
dignidade, un réxime que dea ó Pobo galego o goberno de Galiza”69.
Mentres non recademos o noso direito a nos gobernar nós mesmos, Galiza sempre
terá enriba a ameaza dos trigueiros de Castela70.
En agosto de
1930, declara que unha nación, un pobo diferente de outros por raza, tradición,
lingua, vida e espiritualidade propias, a nivel teórico ten direito a dispor
libremente de si mesmo, “incluso á independencia. Isto, na orde teórica, na
orde do Direito estrito, non pode ser negado”71.
6.5.6.- Separatismo cultural
A nosa arela, di
Risco, -1920- non é separatista, pois as reivindicacións que acrecentamos ao
programa rexionalista, non atenta para nada contra a soberanía do Estado
Español72. Hai un separatismo español que tende a arredarnos a todos
do mundo civilizado, da espiritualidade moderna73. Este tibetanismo,
de pura cepa castelá, provén do mesmo sentimento que quixer afogar as arelas de
resurximento da personalidade das nacións ibéricas, mais nós non consentiremos
que nos separen de Europa, como non consentiremos que nos quiten o noso
enxebrismo74. En 1923 critica aos que acusan o nacionalismo de
separatismo, e responde que cumpre distinguir entre separatismo político que
nega, e separatismo cultural, que asume. En canto ao primeiro, afirma que todos
os nacionalistas están convencidos de que Galiza non viviría arredada das
outras nacionalidades da Iberia, polo cal só queren a autonomía. Esta debería
evitar a división en catro provincias, a actual organización municipal, unha
lexislación non axeitada para a nosa realidade social, o centralismo por ser
atentatorio contra a personalidade dun pobo consciente de si mesmo. O
nacionalismo quere reivindicar a dignidade colectiva do pobo galego e unha
política acaída ás nosas necesidades e intereses. Na orde cultural declárase
arredista. “No que toca á conservación e cultivo constante da fala galega,
do enseño, da xeografía, da Historia, da lingua, da literatura, do direito, das
artes, das industrias, das fontes de riqueza da Terra Galega, somos e hemos ser
de cote intransixentes”75. Ou sexa, que o seu nacionalismo é
fundamentalmente étnicista, defensor dos aspectos culturalistas, mais non da
capacidade de decisión, de determinación do pobo galego.
6.6.- O federalismo en Castelao
6.6.1.- Concepción do federalismo
![]() |
Euskal Herria |
O federalismo
inclúe un compoñente voluntario para formar un só Estado constituído polo libre
consentimento78, mais non de calquera personalidade,
senón só das personalidades nacionais, das nacionalidades, e de aí que a
federación debe ter como únicos membros a Cataluña, Euscadi, Galiza e Castela79.
As personalidades rexionais teñen direito a unha autonomía
político-administrativa, que debería outorgárselle pola nación a que pertencen,
mais non a constituír unha federación80.
O noso
federalismo, que surxe dos sentimentos democráticos e liberais que profesamos81,
non se basea na división do traballo, na descentralización administrativa para desconxestionar
a cabeza, nen pretende dividir o territorio español en doce, catorce ou
dezaseis estados autónomos82, porque é mester -dirá en 1945-, superar
o federalismo pimargalliano por unha concepción verdadeira das nacionalidades,
como Pi i Margall o superaría se coñecese o moderno principio das
nacionalidades, "como se fai necesaria a federación internacional para
salvar a economía e a paz do mundo"83.
A doutrina
federalista ten unha longa tradición na Galiza84. Na actualidade non
se confunde nen coa “intransixencia cerril dos monárquicos nen coa
tolerancia regateira dos republicanos senón coa solidaridade fraternal85.
Supón o recoñecemento da personalidade previa para poder pactar. "A
federación é a resultante dun pacto, que non pode celebrarse cando as partes
non teñen personalidade e liberdade para pactaren"86,
mais isto implica a capacidade xurídica
para pactar e por conseguinte, a personalidade e liberdade ou soberanía dos
pactantes, a autonomía previa e integral87, pois as realidades
españolas só se aveñen a unha unidade pactada88. O federalismo é o
contrario do separatismo e non é un sistema novo nin exclusivo de España, pois está
implantando nas dúas terceira partes do mundo89. Proudhon coincide
con Pi i Margall en que os pactantes deben reservar para si máis direitos,
autoridade e liberdade da que ceden, con obxecto de evitar as extralimitacións
do Poder estatal. Frente aos socialistas, que aínda non superaron o federalismo
rexionalista de Pi i Margall, inspirado no "pacto e que opoñía ao
criterio da natureza e da historia o da vontade na formación dos Estados"90,
para "nós -di Castelao- o federalismo só debe inspirarse no moderno
principio das nacionalidades, e, polo tanto, a República federal española
basearíase no libre consentimento de Castela, Cataluña, Euzkadi e Galiza"91,
preferindo como emblema unha constelación de catro estrelas92.
As aspiracións galeguistas son compatíbeis co republicanismo español pero
sempre que este non se basee na supremacía de Castela sobre as demais nacións.
"A nosa ambición galeguista crémola compatíbel co republicanismo
español, pero desconfiamos de que nos comprendan aqueles que, chamándose federais,
seguen defendendo a soberanía de Castela como base moral do Estado, e, polo
tanto, de España"93.
En 1947, Castelao
compara o centralismo co federalismo: "O centralismo nivela, mestura,
limita e faise materialista, non ofrecendo aos povos máis que a súa autoridade,
mentres que o federalismo repousa sobre o compromiso, a lealdade, a transixencia,
a moderación e é, polo tanto, de índole moral. Por iso é tan dificultoso
converter pacíficamente o centralismo en federalismo; mais sempre queda o recurso
de petar na alma das multidumes até promover un estado de opinión
revolucionaria, pois en interés do sistema democrático é tan esencial esta
mudanza como pasar do absolutismo ao constitucionalismo, da monarquía á
república, da opresión á liberdade"94. O federalismo é un
sistema de equilibrio maravilloso, fráxil como a democracia, entre o todo, que
tende ao acaparamento, e as partes, que tenden á desobediencia. Cando o vínculo
estatal ten forza e elasticidade para manter a independencia das partes e a
ordenación rigorosa do conxunto, nada ten que temer dos particularismos locais,
que se converten, a longo termo, en fonte de todas as garantías95.
6.6.2.- O falido intento federal de 1931
Castelao
manifesta -maio 1932- que esperabamos que a República fose federal, pero ficou
en federábel. “A min no me consola que me digan: Vostede non es rico, mais é
ricábel”96.
A seguir, glosa os pontos do partido galeguista, “que
aspira a una federación internacional de Estado”97. Foi decisiva en
orde a fanar a República federal -1938- a invocación do fantasma metafísico da
soberanía, que inutilizou as leicións do primeiro ensaio republicano98,
sen dúbida en alusión á intervención en contra de toda cesión de soberanía por
parte de Ortega e Gasset. Tamén mostraron a súa oposición ao proxecto federal
os socialistas por boca de Jiménez de Asúa y Fernando de los Ríos que
argumentaban “Que o federalismo servía para constituír novos estados
mediante os pactos conmutativos ideados por Pi y Margall, mais non para
descentralizar un Estado xa constituído: admitíase a federación de territorios,
mais non a federalización dun territorio; Que España era un país demasiado
desigual, social e territorialmente, como para xeneralizar un autogobierno
igualitario; Que os Estados federais coñecidos, especialmente Alemaña e EE-UU,
estábanse centralizando e afastábanse de facto do paradigma federal”.
A república no 31
non foi federal porque os viuvos da monarquía, casados en segundas nupcias coa
República, non consentiron que a soberanía baixase do seu trono imperial99,
pois, segundo eles, a soberanía é indivisíbel100, que supón unha
reiteración da crítica a Ortega. Durante a tramitación constitucional, "os
federalistas -di Castelao- entendíamos que, para devolverlle a España o
seu ser auténtico, era preciso abrir os ollos á realidade e coordenar, dentro
dun Estado plurinacional, os intereses materiais e morais dos diferentes povos.
Arelabamos un Poder emanado do povo, querido do povo e a carón do povo"101.
Os federais, en alusión aos que ostentan este nome e principalmente á ORGA
(Organización Republicana Galega Autónoma), declaráronse partidarios da
República federal nas vésperas do 14 de abril mais despois contribuíron á farsa
da República federábel102. España podería salvarse de se adoptar o
réxime federal103 ou inclusive o réxime autonómico104.
Castelao insinúa que parte do fracaso de que non se plasmase o federalismo na
CE de 1931, debeuse tamén aos vascos e galegos, que esperaban que todo lle
viñese decidido de arriba. Os cataláns que en abril de 1931 proclamaron a
república catalana, querían formar parte de España en virtude dun pacto
federativo e os republicanos federais somente podían lamentar que Galiza e
Euscadi non fixesen o mesmo105. En Galiza iso debeuse a
falta de sentido dos pactantes de Lestrove106, que non tomaron
iniciativa algunha, esperando que a República federal baixase do Centro107.
Hoxe estamos a reviver experimentos semellantes coa Anova, que tamén pensa que
o federalismo lle vai vir dado por IU, e se é así, xa veremos que federalismo.
A primeira
República morreu por non ser federal, extremo que estivo a ponto de repetirse
coa Segunda, que non comprendeu "os problemas españolísimos de
Cataluña, Euscadi e Galiza. Tamén a República foi incomprensiva e torpe,
negándose a ser federal"108, e ficando só en
federábel109, como declarou o Presidente do Goberno,
Niceto Alcalá Zamora, ou sexa que o día en que todas as rexións110
cumprisen os trámites regulamentarios e gozasen de autonomía, a República sería
federal. Mais non é federábel o que non pode ser federal111,
pois o artigo 13 da Constitución estipula que "En ningún caso se admite
la Federación
de regiones autónomas"112, e alén diso, isto non
se concilia coa resistencia mostrada desde o Poder a respecto da concesión de
autonomías rexionais113, ademais de que para que fose federal
sería necesario escribir unha nova Constitución114. "¿Pode
ser federábel unha República que acaba de negarse a ser federal
por non romper a «sagra unidade da patria»?"115.
6.6.3.- Vantaxes do federalismo
O federalismo
-1937- permite conciliar dúas tendencias xerais en aparente oposición: a
internacionalista, debida ás circunstancias políticas do noso tempo e ás
condicións económicas mundiais, e a particularista ou nacionalista, froito do
resurxir das nacionalidades que loitan pola súa liberdade dentro dos grandes
Estados. Mais o federalismo internacional só pode realizarse sobre a ruína dos
Estados imperialistas e previa a abolición do sistema capitalista actual.
"Por esto a estructura federal do Estado Español será posíbel co
triunfo das armas leais116.
Concorda con Pi i
Margall -1938- cando sustiña que prefería unha monarquía federal a unha
república unitaria, e nas críticas contra os monárquicos e republicanos
unitaristas, coincidindo coa unidade da Igrexa Católica, «Un Deus, unha Lei,
unha Grei», e considera que Pi i Margall non tiña unha idea clara do que debe
ser unha federación ibérica117; de cales deberían ser
os pobos que se federasen. “Eu son federalista; mais convencido de que é
necesario superar a doutrina rexionalista e anarquizante de Pi i Margall por
una concepción moderna de las nacionalidades e da democracia. Son federalista
porque creo que unha única lei non pode resolver os pavorosos e variados
problemas que a morfoloxía social e económica de España ten posicionados”118.
Cumpre dividir a soberanía para poder ditar leis xustas, equitativas e
avanzadas. Calvo Sotelo dicía que prefería unha España vermella a unha España
rota, entendendo por tal unha España na que os pobos diferenciados gozasen de
liberdade política, porque unha España rota subsistiría durante séculos; mais,
se é así, é porque “respondía a unha necesidade natural, a unha tendencia da
alma española, a principios enraizados na conciencia do povo, porque só así
podería un réxime durar seculos”119. En España queremos
implantar un réxime de estrita xustiza na orde social e económica, mais para
isto cumpre unha previa estruturación federativa do Estado. Entre os modelos de
federación, cita a Unión Soviética, que logrou soldar pobos diferentes e
conseguir unha unidade de Estado imposíbel co tsarismo, e os EEUU de América,
baseado en principios menos eficaces mais igualmente respectábeis.
Os Estados
federados -1938- poden fomentar o caciquismo, mais tamén a boa administración. "Nas
federacións os Estados federados son o refuxio do caciquismo aínda que tamén
son os modelos da boa administración e do bo goberno, segundo sexan os costumes
políticos e a dignidade dos cidadáns dos pobos e os exemplos de malversacións,
inxustizas e caciquismo son decote motivos para atacar o sistema federativo,
sobre todo cando se compara coa dignidade e autoridade do Poder federal. Non se
decatan os detractores que o poder federal resplandece porque está por enriba
das miserias e vicios dos pobos e non se luxa endexamais"120.
Castelao enumera
en tres textos paralelos, con diferenzas de matiz, as vantaxes do sistema
federal. O primeiro é de 1938 e os outros dous de 1940. Serían as seguintes:
"1º A organización do Estado afincaríase en
realidades vivas e permanentes e non sobre abstraccións momificadas.
2º O problema das nacionalidades e das
rexións ficaría resolto e faríase posíbel o resurximento dun ideal común.
3º Suprimiríanse os motivos de contenda e
formaríase unha harmonía espiritual indestrutíbel entre a periferia e o centro.
4º Estabeleceríase un equilibrio práctico
entre os povos diferentes, de modo que nengún deles poidese pesar con exceso na
economía ou na política xeral.
5º A Lei non sería un privilexio para os
povos máis fortes ou máis astutos, e non produciría a ruina das rexións
pequenas ou mal apadriñadas.
6º A Lei federal podería ser viábel e
equitativa, e, por ende, aplicaríase e compriríase sen detrimento do prestixio
republicano.
7º Os problemas agrarios -base primeira da
economía de España- resolveríanse atendendo ás particularidades rexionais e
acrecentaríase así a produción da terra e o benestar dos labregos.
8º Os conflictos económico-sociais
limitaríanse ao territorio en que surxen, e somente por solidariedade
alterarian a vida e a paz dos povos non afectados polo problema.
9º Evitaríanse os repartos da miseria, que
borran a localidade en que se produce e a responsabilidade dos que a orixinan.
10º O Goberno e o Parlamento federal non se
atoparían na obriga de resolveren con unha única Lei os problemas contrapostos
da economía española, e, polo tanto, evitaríanse solucións inxustas, covardes
ou violentas.
11º O caciquismo -se ainda perdurase- veríase
obrigado a morar nos orgaismos locais ou rexionais, exposto sempre á xustiza
directa do povo, e con iso salvaríase o prestixio do Poder federal, é dicer,
da República.
12º Os povos preguiceiros ou anémicos
recobrarían folgos e azos co simple exercicio da autonomía.
13º Aminguarían as posibilidades dun
burocratismo retardario e alixeiraríase a función do Estado.
14º Os problemas de raiz sentimental deixarían
de interferirse coas altas preocupacións do Goberno central.
15º O libre desenvolvimento das culturas
nacionais e rexionais produciría un enriquecimento do acervo espiritual de
España.
16º O estado estaría presente e vixiante en
todos os povos e non exposto á incompetencia dos Gobernadores civís ou dos mesmos
Ministros.
17º O Estado estaría acarón do povo, e os
españois chegarían a interesarse pola politica xeral, ceibándose da súa teima
anarquizante, dando así fin ao desbaraxuste.
18º Aboliríase o espírito asimilista
castellano, que causou a desintegración da Península, e daríase o primeiro
paso, cara a unha Confederación Ibérica"121.
6.6.4.- Confederación da Iberia
![]() |
Países cataláns |
O sistema que
Castelao pregoa non coincide coa concepción estadounidense, nen co rexionalismo
pimargaliano, nen co réxime de Estatutos da República do 31, senón que se basea
no libre consentimento das nacionalidades que forman España, unidas ou polo
menos aliadas con Portugal126. Se o territorio hispano
estivese cuberto por un único pobo, non habería máis problema que o da unión
dos dous Estados nos que está dividido, e, neste caso serviría a concepción
americana, mais existe tamén, á parte do problema unionista, o secesionista,
posicionado dentro do Estado español polas nacionalidades asoballadas. "Este
problema -de Nacións e non de Estados- aseméllase ao da Rusia czarista e exixe
unha estrutura política baseada na libre federación das nacionalidades.
...declarámonos partidarios de toda unión pactada, sempre que se garanta a
soberanía das nacionalidades."127. A unidade
Española non se consumou até que Felipe II sentou no trono portugués. "Este
facto singular ensanchou politicamente a realidade federalista anterior,
converténdose nun réxime confederal, que se reflite no prudente título
de «Rei das Españas», adoptado por Felipe II e os demáis Felipes até a
separación de Portugal"128.
Primeiramente
constituiríase a República federal española, complemento da Confederación
peninsular, e logo atraeríase a Portugal ao seo da familia hispánica, e Galiza
desempeñaría o rol conciliador entre os dous Estados129. "A nosa grande misión -di
Castelao en 1945-, non cabe na España actual, pois só se cumprirá cando
vexamos unidos a todos os povos peninsulares"130.
Outra das razóns que Castelao aduce contra o separatismo e, consecuentemente,
en prol do federalismo, consiste en que os anseios de independencia non poden
antepoñerse aos de solidariedade. "Os anseios de independencia non
poden antepoñerse aos de solidariedade, porque, ademais, son compatíbeis. Por
isto repetimos agora que a nosa arela de autonomía vai unida á
federación"131.
A "revolución
española non a concebimos sen transformar primeiramente a estrutura xurídica do
Estado, con arreglo á doutrina federalista"132, condición
indispensábel para chegar a unha orde xurídica e a unha paz duradoira133,
para asegurar a democracia en España134, porque deste xeito
todos os españois se sentirían amparados pola lei135, para lograr
unha vida ordenada en España136 e para chegar á unidade
Española137. Ademais cada pobo resolvería os seus
problemas peculiares e os conflitos ficarían limitados ao territorio en que se
producisen138. A transformación económica e social de
España non pode ser uniforme, salvo que alguén quixer arrasar os accidentes
xeográficos e a variedade de razas139
A bondade do
sistema federal ponse de vulto nas dúas grandes federacións que hoxe existen:
os EEUU e a URSS. A de EEUU está baseada na unión de cuarenta e oito Estados
para formar unha nacionalidade, e a da URSS no libre consentimento de once
Nacionalidades, divididas, á súa vez, en países autónomos, que se unen para
formar un Estado140. Ora ben, a cuestión das nacións non é a
mesma que a dos Estados, porque estes son froito da vontade política, mentres
que "as nacionalidades Españolas, e inclusive as rexións, son factos
que sobrepasan a vontade dos homes, porque surxen dos accidentes da terra e dos
legados múltiplos da tradición que lles dan continuidade na historia. E polo
tanto as nacionalidades e rexións españolas teñen un direito anterior e
superior a calquera direito que os homes inventen"141.
Disto séguese que a federación máis acaída para o Estado español sería a da
URSS e non a de EEUU.
No ano 1943,
Castelao aduce varias razóns en contra do sistema unitario e contra a concesión
dun simple sistema estatutario para as
tres nacionalidades periféricas: a) O Estado Español está feito a medida de
Castela e os galegos non podemos ser casteláns; b) que pobos casteláns rexidos
directamente polo Estado central ostentarían a supremacía fronte aos pobos
gobernados por Estatutos indefensos. O réxime de Estatutos -dirá en 1945-, non
resolve plenamente o problema español, "pois o réximen de Estatutos
basease na desigualdade dos pobos e mantén hexemonías anacrónicas e servidumes
insoportábeis"142, e non se trata só de acrecentar as
competencias, senón de garantilas contra calquera agresión do Poder central143;
c) porque a paz de España só é posíbel alcanzala nun réxime igualitario e
equitativo. "Salvando a comunidade suiza, que pola virtude do sistema confederal
pode gabarse de ser a democracia máis vella do mundo, non queda na Europa
occidental nengunha sociedade política baseada no direito igual dos povos"144;
d) porque é lexítimo que traballemos porque Galiza sexa a nación máis excelente
de España145. O anticastelanismo de Castelao surxe do
seu federalismo, porque non sendo España única e indivisíbel, tampouco pode ser
único o seu poder político146.
Por outra parte,
os pequenos pobos, se non queren ser vítimas doutros máis poderosos, non teñen
máis remedio que xuntarse con outros so condicións estipuladas e escritas nunha
Constitución política. Non se pode recorrer ao apoio das grandes potencias
porque, ao non estabelecerse en condicións de igualdade, degrada e deshonra,
ademais de producir unha división do mundo en blocos antagónicos, mentres que o
federalismo é un recurso nobre e conveniente, que suma maior enerxía que a do
mesmo territorio organizado unitariamente e que o conxunto das diversas
comunidades independentes147. A conservación das linguas é motivo de
preitos nun Estado unitario e a unificación económica tórnase en fonte de
querelas ou en base firme de harmonía segundo o réxime sexa unitario ou
federal, porque neste evítase o favoritismo e chégase a un clima de confianza
xeral. Por influxo da diversidade, que impón a tolerancia e a transixencia, o
federalismo faise moderado e, froito da paz interior, propéndese a unha maior
harmonía nas relacións exteriores148.
O federalismo
-1947- é a única medicina capaz de vencer as tendencias disgregadoras, facendo
posíbel o renacemento dunha España definitivamente pacificada149,
pois un conglomerado de pobos diversos, como é España, non ten máis remedio que
organizarse en Estado federal, con idénticas atribucións para todos os seus
membros, que permitiría curar os trastornos da diversidade interior e suprimir
os motivos da diverxencia portuguesa150.
6.6.5.- Federalismo, autonomismo e separatismo
As autonomías tal
como se conceden -1937- poden trocarse en privilexios e somente "o
federalismo aseguraría un equilibrio práctico entre os diferentes povos do
Estado, para que nengún d-eles pesase con esceso na economía ou na política
xeral"151.
A fórmula federalista conduce á paz interior nos Estados
plurinacionais e abre amplas esperanzas de paz no mundo152.
A federación, -1938- ou sexa, a unidade realizada por medio dun pacto, é a
única “maneira de conquerir a unidade dos pobos diferenciados que arelan
xuntarse para compliren un mesmo destino histórico”153.
Como exemplos, cita a EEUU de América, no que se unen 48 Estados para formar
unha nación, e a URSS, na que se xuntan once nacionalidades para formar un
Estado. Cando se outorgan autonomías regateando a soberanía inclusive para as
funcións de goberno autónomo, fican vivos os resentimentos vellos e non matan as
mutuas desconfianzas. “Non, refuguemos os Estatutos autónomos que poden ser
orixe de privilexios e abracemos a Federación, onde as esencias democráticas
non poidan ser burladas”154.
O 9/09/1939,
establece unha diferenza entre o espírito dos políticos da República e
Galeuzca, tres pobos máis vivos e con máis creto internacional, especialmente
Euscadi. “Neste senso eu teño a seguridade de que os primeiros en entrar en
España violentamente (doutro xeito non entraríamos nós) serían os vascos e os
cataláns para proclamaren a independencia dos seus países. E eu confío en que
saberán cumplir os seus compromisos... A nós somentes nos pode interesar unha
República federal a base da unión pactadas das catro nacións: Castela,
Catalunya, Euzkadi e Galiza. Ou isto ou o separatismo máis arrabeado. Ou hai
Españois que comprendan esta necesidade ou necesitaremos arredarnos deles para
traballar somentes pola independencia de Galiza... (Despois de aludir aos
cambios que pode producir a guerra europea, continúa) E se seguimos toleando
máis chegaremos â esperanza de ver unha Europa dividida en nacións e ben
disposta para realizar a federación. Eu sempre fun federalista; ... mais agora
son máis que nunca. ... A cousa está na unión pactada. ... Ou vén unha
República federal ou nos arredaríamos dos Españois para sempre”155.
En 1940 declárase
federalista, ideal que pode ter unha realización próxima, e que é equidistante
do separatismo e da idea Española da independencia absoluta, de isolamento do
mundo156. Igual declaración repite en 1943, en que nega o Estado
unitario e centralista e reclama a liberdade para unirse voluntaria e
cordialmente co resto de España157. "Somos, pois,
federalistas e arelamos para España unha estructuración axeitada âs suas
realidades sensibeis e non a teorías esteris e contraproducentes, importadas de
países exóticos"158.
O réxime de
Estatutos baséase na desigualdade dos
pobos e mantén hexemonías anacrónicas e servidumes insoportábeis, e non se
trata só de acrecentar as competencias, senón de garantilas contra calquera
agresión do Poder central159.
O réxime federal
é o único que dá as garantías de convivencia precisas, distinguíndose do
autonómico non na cantidade de atribucións concedidas senón na calidade desas
atribucións e "nas defensas de que están rodeadas"160.
As garantías están aseguradas nos réximes federais pola existencia, ao lado da
Cámara dos cidadáns, da Cámara dos pobos federados, todos eles con igual peso.
Ambas Cámaras teñen direito de iniciativa para lexislar pero a lei saída dunha
das Cámaras non pode ser promulgada até que sexa aprobada pola outra161.
A efectividade do Estado, que terá como froito a grandeza de España, lograrase
polo control recíproco das dúas cámaras162. Só caben -1943- dúas
formas de salvación para Galiza: abolir a supremacía de Castela, ou a
independencia: a federación ou a secesión163. Castelao opta pola
unión pactada, pola federación, pero “consideramos necesaria unha «lei de
divorcio» para remediar, en parte, a posíbel desavinza dos que se axuntan e
despois resulta que non se aman. Da mesma maneira nós non somos separatistas;
mais, en principio, queremos que as nacións teñan direito a separarse do Estado
a que pertencen, cando non sexan felices dentro del, pois xamáis poden
renunciar á súa soberanía. En resume: declarámonos partidarios de toda unión
pactada, sempre que se garanta a soberanía das nacionalidades”164..
A ideia
separatista pode ser unha ideia ilexítima antes do triunfo, pero sempre
resultou respeitada despois del, e “polo tanto, é unha ideia respeitábel. O
que non é respeitábel é a ideia imperialista, que sempre se oculta, denantes e
despois do triunfo”165.
En carta a Manuel
de Irujo, de 15/04/1948, dille que os galegos nunca alardearon de separatistas,
en contra do doutrina teórica dos nacionalismos vasco e catalán. "Mais
os nacionalismos vascos, cataláns e galegos áchanse ante esta outra disxuntiva:
«ou o separatismo ou o federalismo»; e non me podes negar que os vascos e os
cataláns preferen teóricamente o separatismo, en canto que os galegos preferimos
realmente o federalismo»166. Ante as obxeccións que
lle fai Irujo no sentido de que parece que lle atribúe aos galegos as
características de realistas mentres que os vascos serían os teóricos167,
Castelao aclara que só quería "poner de vulto a vocación federalista
galega, que por virnos de tan adentro nen sequier se nos ocurreu reservar o
separatismo como recurso táctico ou motivo de negocio... Enténdesme agora?. Eu
quería dicerche que o separatismo e o federalismo volven a ser os termos dunha
disxuntiva fundamental para os nosos pobos, porque non creo que debamos
conformarnos de novo con unha autonomía precaria; e dicíacho para que vises,
unha vez máis, como é necesaria Galeuzca"168.
Os nosos ideais
-afirma Castelao en xuño de 1948- aspiran a estabelecer en España "unha
República Federal, que supere o cativo réxime de autonomías rexionais
concedidas por graza do Estado unitario"169. A
terceira República debe ser unha República federal asentada no recoñecimento
das varias nacionalidades do conxunto peninsular170.
6.6.6.- Alternativa política
Por non afincarse
a unidade ibérica no recoñecimento das nacionalidades Españolas e na unión
libremente consentida de todas elas pudo chegarse á separación de Portugal e
poderá chegarse a unha «España rota» que dure séculos171.
A solución que se impón é a federación natural das nacionalidades hispanas para
reforzar os vínculos familiares, como condición imprescindíbel para esvaer o
temor de absorción de Portugal por Castela172 e atrair ao país irmán a
unha alianza, formando a Confederación dos dous Estados peninsulares173.
Apesar do falido intento federal da CE de 1931 pola intervención orteguiana,
Castelao expresa a súa firme convición de que España sería “tarde ou cedo,
quéirase ou non se queira, unha república federal”174,
que deberá constituírse a base de catro grupos nacionais: Catalunya, Galiza,
Euskadi e o resto de España, “que son os únicos que teñen personalidade natural
para pactar”175; mais aínda que non se cumpran as
condicións do pacto, a república federábel terá de converterse nunha república
federal. En 1940 dá por morta a segunda República e agarda pola terceira, que
"será federal, se é que quer ser definitiva"176. Os federais do 73 non sabían que federar e
inclusive pensaron en facer unha federación a base das provincias modernas,
ideia que abandonaron por seres os Estados resultantes moi pequenos177.
O federalismo
español -di Castelao en 1939- debería ser intermedio entre o de EE-UU e o da
URSS. "Nos EE-UU fortificouse a Nación a costa dos Estados. Na URSS
fortificouse o Estado a costa das Nacións. Nos EE-UU estandarizouse a alma
nacional e na URSS estandarizouse a cibdadanía. Nos EE-UU presérvase a
diferenciación político-administrativa e asegúrase a uniformidade /étnica
<e>/ cultural. Na URSS preservouse a diferenciación étnica e
asegúrase a unidade política"178. Non se axustará ao
modelo de EE.UU nen da URSS senón ás súas peculiares realidades, "porque
España, como función das súas diversas nacións, é unha sociedade inconfundible
e única"179.
Castelao
manifesta -1940- que non lle doería que desaparecesen os grandes Estados
europeus, "incapaces de chegaren espontaneamente a unha unidade económica,
pola federación dos seus elementos nacionais"180. A
interdependencia económica obrigará a construír grandes federacións nas que o
internacionalismo e o nacionalismo achen a súa solución normal181.
Como o mundo tende á unidade económica e, ao mesmo tempo, non se pode submeter
aos pobos diversos a un idéntico réxime político, a "solución xusta
está en que os povos se submetan voluntariamente a un só plano económico; mais
conservando cada un deles a súa soberanía política. (Isto chámase federalismo)"182.
Os grandes Estados unitarios xogaron un papel necesario na evolución do mundo
mais serían unha rémora para o progreso no futuro. "Resulta máis doado
crer na Unión europea e no triunfo da ideia federalista, baseada no
recoñecimento das nacionalidades"183.
Algúns políticos
non se atreven a pensar que en España hai varias nacións e que, por conseguinte,
se impón unha división da soberanía, e "xamáis cavilan que o único
sistema de convenios, en que se pode basear a paz permanente de España, estexa
no réxime federal; é dicer, no pacto das nacionalidades hispanas e na autonomía
das súas rexións"184. Non se pode aceptar
que, á par de Cataluña, Galiza e Euscadi, surxa unha Castela multiplicada,
repetida nas rexións de fala castelán, porque esa norma falsearía groseiramente
as garantías federais, e por conseguinte, só aceptariamos a federación de
Castela, Cataluña, Euscadi e Galiza. O número de membros federados debe
restrinxirse ás nacionalidades que souberon conservar a súa personalidade
histórica e o seu autonomismo moral, porque o contrario levaría a unha falsa
multiplicación de Castela, ficando en pé a política iniciada polos Reis
Católicos185. Trataríase dun federalismo fundamentado
no moderno principio das nacionalidades, superador da vella doutrina
rexionalista186, que tería como membros a Cataluña,
Euskadi, Galicia e Castela. A finais deste ano de 1945, espera que se vaia a
unha estruturación federal de España e confederal da Península187.
Os políticos citados non se dan conta de que o seu fracaso e o da lei provén do
sistema unitario e centralista188, porque non se pode
"gobernar con normas únicas, como se España tivese sido algunha vez
unha unidade étnica, idiomática, cultural, económica ou política"189.
O primeiro paso dos Españois cara a Portugal daríase "abolindo o
sistema unitario e recoñecendo o direito de autodetermiñación das
nacionalidades, especialmente de Galiza"190. A
alianza entre os dous estados terá a súa máxima garantía nunha fórmula de tipo
federal ou confederal191. Se Portugal se federase coa España
desaparecería o tabique que separa en dous estancos a nosa cultura, e a
entrada dos portugueses orixinaría unha forte oposición â hexemonía dos
casteláns, abrindo unha brecha no sistema unitario e absorbente192.
A República federal sería o complemento da Confederación Ibérica, desexada
polos galeguistas para restaurar a unidade galega193 e como único
xeito de traballar polos concretos que forman España194.
Para os que
enarboran a Constitución do 31, -10/04/1944- esta é un pretexto para encerrar os nosos ideais federalistas e
entregarnos maniatados a unha Cámara popular e única, sabendo que somos minoría
de electores no corpo político de España. “Saiba vostedes que se trata de
anular o Estatuto galego para retrotrairnos ao centralismo e que a constitución
non é o ponto legal de partida senón a muralla que impede o advento da Rep.
Federal”195.
É inevitábel unha
reestruturación federal de España, porque calquera tipo de violencia asimilista
provocará resentimentos separadores e as "realidades Españolas
somentes se aveñen a unha unidade pactada"196, non a unha
asimilación coactiva197.
En decembro de
1944, afirma que a Península Ibérica é unha unidade xeográfica con pluralidade
de nacións, "perfeitamente axeitadas para rexerse polo sistema federal;
todos saben do fatal resultado que deu a España unitaria e centralista,
movéndose como un péndolo que vai do desbaraxuste á ditadura e da ditadura ao
desbaraxuste. Por outra banda, todos saben que Galeuzca é unha irmandade de
galegos, vascos e cataláns, que chama por Castela para crear unha España
verdadeira, capaz de engrandecerse con Portugal"198. A
solución para o Estado español -di Castelao en 1945-, consiste en estruturar a
unidade xeográfica de España, que abarca a toda a península, so a "forma
de Estado federal ou confederal, o más eficiente posíbel, a fin de lograr o
asentamento definitivo e permanente da paz e a concordia entre todos os
españois e os seus pobos"199.
Suportamos
-xaneiro 1946- calquera disparate como o de consubstancializar a Constitución
coa República, cando esta é anterior a aquela, “ocultando que o noso
verdadeiro ideal está nunha Confederación de Repúblicas hispanas ou ibéricas e
non no réximen de Estatutos”200. En abril de 1946 afirma
que a salvación económica de Galiza depende da súa liberdade política, da súa
autonomía integral. "Cando España sexa unha confederación de pobos
libres, Galicia non necesitará luitar cen anos para conseguir un pequeno camiño
de ferro"201. Frente á ditadura dos militares ou o
desarranxo democrático, só queda a solución de abrazar o federalismo, se non se
quere fomentar o separatismo. A independencia de España só se pode garantir
preservando a variedade organizándose segundo os principios do federalismo,
sistema que pode procurar a paz da que nacería a única fórmula sa e duradoira
de democracia202.
As concepcións
federalistas de América non serven para Europa e, por tanto, a Unión Europea
toma un carácter diferente da Unión Mundial. A "Península Ibérica é a
parte de Europa mellor dotada para constituír un órgao federativo e que, dentro
de España, só Galiza ten o sentido
de independencia e de unión indisolublemente xunguidos nun anseio único e xa
secular"203. Castelao, en agosto de 1947, resume,
como conclusión do Sempre en Galiza, as súas ideas nos seguintes puntos:
"a)
Autonomía integral de Galiza para federarse cos demais povos de España.
b) República
Federal Española para confederarse con Portugal.
c) Confederacíón
ibérica para ingresar na Unión Europea.
d) Estados Unidos
de Europa para constituir a Unión Mundial"204.
6.6.7.- Solución federal para España, Europa e o mundo
Os centralistas
imaxinaron unha planicie castelá e nela asentaron a omnipotencia dun Estado
pantasma, pero a vida ordenada de España só se pode asentar no sistema federal205.
O sistema federal foi o que puido consolidar as concepcións económico-sociais
en dous mundos que agora están en loita: EEUU e a URSS, e o que impulsou o
progreso de Estados Unidos foi a independencia dos Estados e non os principios
importados da Francia revolucionaria nen as Constitucións redixidas por
filósofos liberais206. Segundo Castelao, en EEUU federáronse
48 Estados para formar unha grande Nacionalidade, mentres que a URSS está
baseada no libre consentimento de once Nacionalidades para formar un grande
Estado. A realidade é un pouco máis complexa, pois o pacto entre os Estados da
Unión foi para formar un Estado federal, que conformou progresivamente unha
alma nacional única, quer dicer, unha nación, mentres que na URSS o Estado foi
unha superestrutura para seres que conservaron o seu ser nacional anterior. Os
Estados norteamericanos son froito da vontade política, os pobos son seres
políticos207, mentres que as nacionalidades españolas
sobrepasan a vontade dos homes, os pobos son seres nacionais208,
porque surxen dos accidentes da terra e dos legados múltiplos da tradición, que
lles dan unha continuidade na historia, e, por tanto, teñen un direito anterior
e superior a calquera direito que os homes inventen209.
Castelao opta
pola unión pactada, polo federalismo, entre as catro nacións que conforman o
Estado español, -fundado na máis pura democracia, onde sexa imposíbel o
privilexio e a servidume210, pero quere que as nacións teñan direito
a separarse do Estado a que pertencen, cando non sexan felices dentro del
"pois endexamáis poden renunciar á súa soberanía"211.
Por conseguinte, a federación debe establecerse entre Castela, Catalunya,
Euscadi e Galiza, pero preservando o direito de autodeterminación, necesario
non só para establecer o pacto, senón para evitar posíbeis problemas de
convivencia no futuro. O amor á Terra é compatíbel coa reconstrución racional
do Estado español212.
Debido á
interdependencia económica do mundo, os Estados actuais, baseados na forza,
están chamados a desaparecer para ser substituídos por unha federación de pobos
libres onde cada nacionalidade puidese determinar o seu Estatuto político e
proseguir o seu desenvolvimento cultural, conforme ás súas tradicións e
tendencias, como rezan os Estatutos da «Alianza dos grupos nacionais da Franza»213.
O federalismo representa a superación da dicotomía entre universalismo e particularismo
mais só se pode realizar sobre a ruína dos Estados imperialistas214.
Unha estruturación federal só será posíbel en España co triunfo das armas
leais, ou sexa, co sistema democrático215. Se as arelas
federalistas se visen cumpridas, Galiza estaría disposta a ceder dos seus
direitos todo canto fose indispensábel para crear a soberanía do Estado español216.
Para darlle a España o seu ser auténtico, hai que coordinar os intereses
materiais e morais dos diferentes pobos dentro dun Estado plurinacional217.
A única maneira de reconstruír a España dos grandes feitos e lograr que a nosa
autonomía sexa efectiva218, sería estruturala como un Estado común219,
constituído polo libre consentimento de catro pobos: Castela, Cataluña, Euscadi
e Galiza, e dentro destas nacións, posíbel estruturación autonómica220.
Este Estado federal así constituído, substituto do actual artificio de Estado221,
afincaríase en realidades vivas222 e permanentes e non en
abstraccións momificadas223, vería minguada a súa burocracía224,
estaría presente e vixilante en todos os pobos e a carón do pobo225.
A cuestión catalana, vasca e galega non é un delito que deba reprimirse nin
unha enfermidade que deba curarse senón a vitalidade dun órgano que reclama
garantías legais para funcionar dentro do Estado, que debe ser a resultante
funcional dos seus varios órganos funcionais226. A
intransixencia das dereitas e das esquerdas é un efeito da castelanización do
Estado e remataría o día en que Cataluña, Euscadi e Galiza fosen libres e
puidesen contrarrestar esa hexemonía227. Non temos tendencias
disgregadoras senón unionistas -di Castelao- pois "Loitamos pola
unidade da nosa Terra, que é a Patria natural, e pola unión peninsular, que
sería o Estado naturalmente admisible"228.
Castelao non
dubida en facer unha afirmación que pode resultar sumamente controvertida. A
España unitaria gobérnase mellor desde a ditadura persoal que desde unha
democracia parlamentario; por conseguinte, neste caso, é máis lóxico optar pola
ditadura que pola democracia, mais tal aseveración non ten presente que unha
ditadura persoal non respeita sequera os direitos humanos individuais, que si
se garanten nunha democracia parlamentaria, aínda que se equipare coa ditadura
no que se refire á negación dos direitos dos pobos. Continúa Castelao. Os
varios experimentos lexislativos -todos eles fracasados e provocadores de
inquedanzas, motíns e guerras civís- demostran que o que cumpre non é variar as
Constitucións senón a forma de Estado. "E non lle deamos voltas á
cousa: para rexer unha España única resulta máis lóxico establecer unha
dictadura persoal que unha democracia parlamentaria. ... Non hai outro modo de
asegurar a democracia en España que dividindo a soberanía do Estado, baixo do
sistema federalista"229, que fai que o Estado
fique constituído sobre bases de igualdade230. Os gobernantes da
República non apercebéronse do erro que cometían cando se opuxeron á
estruturación federal do Estado e; a cada paso, piaban pola España única e
indivisíbel231, se ben é certo que abriron, na
Constitución do 31, a
posibilidade de chegar a un novo Estado, mais non se aventuraron a facelo no
período constituínte232. Estaban recelosos pola experiencia
fracasada da Primeira República, mais agora tratábase de fortalecer o Estado233,
non de debilitalo234, con obxecto de evitar o despotismo,
como estimaban os federais do século pasado, que non souberon dividir o
territorio de España en Estados particulares pois ao principio dividírono nas
provincias establecidas en 1833 para dar paso despois aos dezasete reinos da
Monarquía235. Carecían dun plano de organización do
Estado e non tiñan azos para formalo236.
A formación dos
Estados pode asentarse nos criterios do pacto,
como defendía Pi i Margall, ou da
natureza e da historia, alternativa de Castelao, para quen a República española
debería basearse no libre consentimento de Castela, Cataluña, Euscadi e Galiza237.
En 1940 manifesta
Castelao que non lle preocupa a desaparición dos pequenos Estados, porque a súa
independencia é practicamente imposíbel e o apoio das grandes potencias
deshonra e degrada por non estabelecerse en condicións de igualdade, e ademais
a política de alianzas só serve para dividir o mundo en blocos adversos e
mantelo en constante zozobra238; nen tampouco que
desaparezan os grandes Estados, incapaces de chegar á unión económica pola
federación dos seus elementos nacionais. A interdependencia económica dos pobos
obrigará a estabelecer grandes federacións nas que o nacionalismo e o
internacionalismo achen ao mesmo tempo a súa solución normal239.
"O que non quedará en pé é a ideia Española de independencia absoluta,
de isolamento do mundo, na que o Estado é un deus que fica dormido, mirándose o
embigo"240.
O Estado é
resultado da vontade de convivencia conxunta por parte das nacións que o
integran, e no caso do Estado español falta o libre consentimento de cataláns,
vascos e galegos. Os liberais aplaudían os anceios de independencia -di
Castelao- cando se producían lonxe do seu Estado pero son incapaces de
comprender o problema de España, observación que, como podemos observar é unha
constante na actualidade, aínda entre persoas que se confesan demócratas, pero
que son incapaces de proceder a unha análise racional e sosegada da situación
cando o problema español é obxecto de discusión. A visceralidade, obcecación e
racionalización a respeito do statu quo priman sobre calquera outra
consideración.
O Estado non debe
estar ao servizo de nengún particularismo, incluído o castelán, mais o Estado
actual é feitura e amparo dos casteláns e a súa omnipotencia é a omnipotencia
de Castela241. Frente a este Estado castelán o
rianxeiro opta por un Estado único, o Estado que lle corresponde á variedade
española242, capaz de rexer os destinos dunha
«España»243 plurinacional, que abranxa toda a
Península Ibérica244. Castelao concorda con Ganivet na
postulación de que os Estados se correspondan cos grupo étnicos, ou sexa, cos
grupos caracterizados por unha lingua, cultura, relixión, tradición, costumes245.
Os políticos utilizan palabras impropias pois a súa confusión da nación co
Estado non se debe a ignorancia senón a unha táctica perversa246.
Foi o romanticismo quen puxo fin a esa confusión da nacionalidade co Estado247,
mais se ben a nación non se confunde co Estado, a nación deixa de ser unha
entidade larvada cando cobra vida e potencia mercé á ideia do Estado248.
"Quer dicerse que unha nacionalidade somentes acada un desenvolvimento
completo cando dispón dunha organización política propria"249.
España é un
Estado plurinacional -di en abril de 1945- que está estruturado dun xeito
unitario e centralista250, o cal desemboca fatalmente na
disgregación e no desbaraxuste251. Porque España non é
única e indivisíbel, como se proba polo feito de que nela se falan catro
idiomas, vehículos doutras tantas culturas e revelación de catro nacionalidades252,
e se o Estado ten límites ante os direitos naturais do ser humano, tamén os ten
ante os direitos naturais dos pobos, que son seres máis duradoiros que os homes253.
España é unha realidade xeográfica que abarca a toda a península ibérica, e
esta unidade debe plasmarse políticamente na forma de Estado federal ou
confederal254.
En 1947 aposta
por un Estado mundial, que se criará pola conxunción das sociedades presentes,
de tal xeito que levará o cuño das patrias que o integren255.
Cando un Estado abranxe unha realidade heteroxénea ten que protexer, por igual,
a todas as nacións que o compoñen, en ben da súa existencia e unidade, para
suprimir todo motivo de conflito256. A historia de España é
unha serie ininterrompida de frustracións debidas ao centralismo, que evitou
que o Estado chegase a ser plenamente representativo e moralmente lexítimo257.
Vítima dun nacionalismo predominantemente cultural, afirma Castelao que a
obrigación primordial do Estado é o recoñecemento dos seus grupos lingüísticos
e culturais, podendo, neste caso, "opoñerse aos separatismos
políticos"258. Esta manifestación de Castelao non
deixa de ser surprendente e diría que contraditoria con todo o que veu
pregoando, pois non basta co recoñecemento das realidades lingüísticas e
culturais senón que hai que partir de todo o facto diferencial, tamén da
economía, configuración social, e vontade de conformar un novo ser político, ou
sexa, a vontade de constituír un estado proprio. Non vale con dcier, xa que che
recoñezo un direitos colectivos négoche os outros.
Xa vai sendo hora
-di Castelao- de tomar en serio a idea dos Estados Unidos de Europa, que só se
poderá levar a cabo despois de abolir o centralismo mediante un réxime
autonómico, se os particularismos se conforman cun simple Estatuto, ou federal259.
6.7.- O federalismo galego da segunda restauración borbónica
6.7.1.- Federalismo e nacionalismo
Após a segunda restauración borbónica, as
forzas políticas posicionanse e optan en xeral polo federalismo. En 1974 varios
galeguistas, entre os que salientaba X.L. Fontenla, fundan o Partido Galego
Social Demócrata (PGSD) que defende o carácter colonial de Galicia, o direito
de autodeterminación e o federalismo.
En maio de 1976 créase o Partido Popular
Galego, pola confluencia de Unión Democrática de Galicia, liderada por Xaime
Isla Couto, e Esquerda Democrática Galega, dirixida por F. García Agudín. De
orientación demócrata cristián, galeguista, federalista e de ideoloxía
humanista e comunitaria. Estivo constituído por un reducido número de
personalidades e galeguista históricos, con pouca proxección social. O Bloque
Nacional Popuñar Galego, integrado pola UPG (Unión do Pobo Galego) e ANPG
(Asembleia Nacional Popular Galega), xunto co MCG
(Movimento
Comunista de Galicia), Partido Carlista, o PGSD e o PSG (Partido Socialista
Galego), optaron por un federalismo avanzado, plasmado nas «Bases
Constitucionais para a Participación da Nación Galega nun Pacto Federal», de
1976.
6.7.2.- Bases constitucionais
Ba Base primeira,
fíxanse as condicións mínimas que debe cumprir o pacto federal, que serían as seguintes:
“a) O Pacto federal terá de ser concluido sobre
o principio da negociación en plano de igualdade dos representantes lexítimos
dos Povos das diversas Nacións hoxe integradas no Estado español, segun veñan
determinados polos respectivos procesos constituintes.
b) O Pacto federal non poderá reducir as
faculdades de autoorganización e autogoberno da Nación Galega.
c) Os órgaos federais que se estabelezan
tanto lexislativos como executivos e xudiciáis, integraranse sobre a base da
representación por Nacións en igualdade numérica, independentemente da
povoación e territorio de cada unha delas.
d) Non se poderá tratar de relativizar o
peso polltico das Nacións nos órgaos federais mediante a concesión de igual
representación nelas as rexións integrantes de calquera das Nacións. Tal cousa
non impedirá que calquera das Nacións na sua organización interna poida
outorgar autonomia as rexións que as constituen.
e) A eventual integración da Federación en
organismos supranacionáis de carácter político ou económico deberá ser
referendada polos lexislativos de todas as Nacións federadas”.
Como podemos
observar, estas bases coinciden en grande parte co ideario político de Castelao
e tamén co que outros autores no exilio, principalmente os vascos,
desenvolveron no seo de Galeusca. Teñen como finalidade impedir que os sistema
federal derive nunha homoxeneización meidante leis federais e interpretacións
xudiciais que favorezan a Estado federal en detrimento dos Estados federados, como costuma acontecer en muitos
países.
As competencias
da Federación serían, segundo a Base terceira: “Serán competencias federáis
as referentes ao aseguramento da relación entre as distintas Nacións integrantes
da Federación e á defensa e relación esteriores, en particular:
a) Forzas armadas de carácter militar:
exércitos de terra, mariña e ar.
b) A representación exterior da Federación:
servizos diplomáticos e consulares; conclusión de acordos internacionáis.
c) Declaración de guerra e concertamento da
paz.
d) Politica monetaria e arancelaria.
e) Coordinación da política económica e
fiscal das Nacións federadas.
f) Rexime xurídico da Administración
federal.
g) Lexislación penal.
h) Administración de Xustiza nas materias
en que a lexislación sexa de competencia federal”.
Ao Estado Federal
seríanlle encomendadas as competencias básicas necesarias e suficientes para
que a Federación sexa viábel e operativa. Esas competencias da Federación
afectan principalmente as relacións exteriores, defensa, coordenación económica
e lexislación penitenciaria. As competencias federáis non poderán ser ampliadas
por medio da interpretación xudicial de poderes implícitos nelas. As
competencias non atribuidas expresamente á Federación ficaran reservadas as
Nacións integrantes.
As competencias
atribuída á nación galega, segundo a base oitava, serían:
“a) A autoorganización politica e o
autogoberno, segun determine a vontade constituinte do Povo Galego.
b) O réxime xurídico da Administración
galega.
c) O rexime eleitoral.
d) A determinación dos nacionáis galegos.
e) O rexime xurídico das liberdades
públicas.
f) O aseguramento da orde pública ; a
declaración de estados de escepción.
g) A política económica e a planificación
da economía.
h) A política fiscal.
i) O Direito civil, mercantil e de
traballo ; a regulación da seguridade social
k) A Administración de Xusticia nas
materias en que a lexislación sexa de competencia nacional galega.
l) O Rexistro civil e o Notariado.
m) O rexime urbanístico e a ordenación do
territorio.
n) A política cultural e educativa.
o) A política sanitaria”.
Na base décima
regúlase o referido á lingua, que ficaría así:
“O idioma
oficial da Nación Galega é o galego.
Nas relacións
oficiais dos órgaos públicos galegos cos da Federación empregarase o idioma
oficial da Federación.
Os órgaos
federáis que actuen no territorio galego nas suas relacións cos administrados
estarán obrigados a empregaren o idioma galego”.
Na base decimoséxta
regúlase o ensino:
“A competencia
nacional galega sobre o ensino abranguerá todos os graus e nívéis, calquera que
sexa o carácter dos centros que o impartan.
O ensino
impartirase en galego en todos os graus e nivéis, se ben atendida a esistencia
de sectores de povoación castelán-falantes o Goberno Galego estará obrigado a
estabelecer escolas primarias en número suficiente para recoller os nenos
procedentes daqueles sectores nelas, nas que o ensino será impartido en
castelán para a integración armónica dos mesmos na comunidade cultural galega”.
6.7.3.- Contexto político
Caso de aprobarse
un distribución territorial do poder de acordo con estas bases, o cambio a
respeito da situación actual sería cualitativo e forneceríanos dun instrumento
válido e sumamente importante para solucionar os nosos problemas. Isto toparía,
non obstante, neste momento, dada a correlación de forzas existente e o
contexto globalizado en que nos inserimos, moitas resistencias de parte do
capital transnacional que demanda fronterias abertas para así poder incrementar
os seus beneficios, sen importarlle para nada o benestar da populación. Estes
poderes son alérxicos a soberanía popular, que xa ficou totalmente esfarelada
polo pola troika con motivo da crise que estamos a padecer. A política que está
aplicando o PP é a que convén e ditan os
oligopolios e o capital transnacional e non o que figura no seu
programa, o que constitúe unha auténtica
burla para a cidadanía, que foi empobrecida drasticamente e enviada ao paro
para salvar ao emprestamistas, que se traduciu en: baixadas das pensións, dos
salarios dos traballadores e eliminación
dos seus direitos laborais, até extremos que nen os mesmos patronos se atrevían
de demandar.
A segunda grande
barreira sería a oposición frontal do nacionalismo español, nunca na súa
historia proclive a negociar, como pasou no proceso de emancipación das
colonias e como está a pasar agora con Catalunya. Neste momento o problema vese
agravado polo tancredismo do presidente do goberno, que contempla imóvel o
panorama como se non fose con el o asunto. O bipartito PP-PSOE considera que o
poder no territorio do Estado español lles corresponde a eles por unha especie
de fatalidade histórica e que os demais teñen que se submeter ás súas normas e
ditados.
A proposta
federal do PSOE non é máis que un cambio cosmético a respeito do Estado
autonómico, pois mantén o unitarismo de soberanía, radicada no pobo español,
que se traduce na negación dos pobos galego, vasco e catalán, e a España
multiplicada en . Na realidade o que pretende este partido xacobinista é
realizar certos cambios secundarios na organización política e, con este
retoque na imaxe, considerar que o actual Estado autonómico se denomine
federal, coa finalidade de ir tirando outros trinta ou cuarenta anos. O
federalismo de UPyD non é máis que un instrumento de recentralización política,
que agrava aínda moito máis a alternativa dos socialistas. Parece que é
inxenuidade mental ter mentes de concitar acordos sobre estas bases e non é de
surprender que os nacionalistas non fagan caso de tales proxectos cosméticos.
A nivel galego o
panorama político no campo do nacionalismo é o pior en décadas. Frente a un BNG
que mantén o seu proxecto e a súa lealdade ao país, vemos Anova como fiel
comparsa das hostes esquerdistas estatais e sen poder de reacción de nengunha
clase. Hoxe mesmo vén na imprensa que en Catalunya houbo unha masiva
manisfestación en prol da Republica catalana, apoiada por ERC, ICV e a CUP,
mentres que Esquerda Unida lle impuxo á súa compara ANOVA, que rachase a
iniciativa do BNG para loitar por unha República Galega. Isto indica que neste
país, tanto PSOE como Esquerda Unida non teñen parangón co que sucede en
Catalunya, onde o PSOE ten problemas pola súa incoherencia a respeito do
direito a decidir e ICV vota abertamente cos nacionalistas, aínda que mantendo
a súa coherencia non nacionalista. Na Galiza, os partidos estatais teñen a
virtude de domesticar aos seus lacaios galegos, entre os que se encontra nos
nosos día o proprio Beiras, que deixou, como Risco de ser alguén.
7.- Conclusión
Como resultado do
que antecede, cumpre facer as seguintes consideracións. Eu creo que hai que
poñer como prioridade ética e política da actuación o respeito aos direitos
humanos, tanto individuais como, especialmente no caso que nos ocupa, os
colectivos, e, por tanto, hai que partir da vontade fidedignamente expresada
dos habitantes dun país á hora de decidir o sistema a aplicar. Se unha
comunidade diferenciada, que se considera unha nación, decide optar por unha
determinada alternativa política os demais deberían respeitar esa opción.
En segundo lugar,
creo que salta á vista que no Estado español non se chegou a unha convivencia
harmónica entre as organizacións que controlan os órgaos do poder central do
Estado e os que controlan os órgaos de poder das comunidades autónomas con máis
personalidade propria e diferenciada, e, por tanto, entre os valores dun e as
aspiracións das outras. Os primeiros, obedecendo a unha tendencia centrípeta
que aniña en asociacións integristas, pagadas con fondos públicos, e
partidarias sementar o enfrentamento e a incomprensión entre os españois, nun
afán de continuar a historia de España, tal como a entendía Lerroux, están
inmersos nunha campaña desapiadada de reintegracionismo competencial e de
imposición dos valores e controis españolistas a todos os demais pobos,
renovando a proposta de Felipe V de “reducir todos os meus reinos de España
á uniformidade dunhas mesmas leis, usos,
costumes e tribunais, gobernándose igualmente todos polas leis de
Castela, tan loábeis e plausíbeis en todo o Universo”260.
Á imposición obsesa dunha cura de austeridade forzada sobre unha populación
inerme, inocente e sufridora da incompetencia dos seus gobernantes, que se
traduciu nunha desigualdade social galopante, un empobrecimento asfixiante e un
paro insufríbel, traducido en recortes, lei da xustiza de Gallardón, reforma da
lei do aborto, ... unéselle unha violencia asimilista e brutal sobre os pobos
en proceso de construción nacional, para desvirtuar as raquíticas competencias
de que gozan até este momento, anemiar as súas forzas vitais e mermar así a súa
capacidade de resistencia. Partidos e institucións que pregoan a defensa dunha
España única e diversa, mais que se pretende na práctica reducir a unha España
uniforme con diversidades folcloristas. Isto tradúcese en leis como a de Wert,
que pretende españolizar Catalunya, precedida no tempo pola campaña españolista
do presidente Núñez Feijoo na Galiza e nas posteriores de Baleares e Valencia,
para «asegurar a supervivencia e un ameazado idioma español!», o proxecto de
lei de Réxime Local, as disposicións sobre o sector financeiro, etc.
Un sistema
federal, se lograr superar as reticencias e temores producidos en toda esta
etapa de convivencia forzada e tensa, podería ser unha saída, mais sempre que
se parta dun federalismo digno de tal nome, e, a este efecto, propoño como
modelo o federalismo suízo, por considerar que foi o que mellor soubo respeitar
os direitos do colectivo estatal e das comunidades que o integran, a unidade e
a diversidade. Nos nosos días estendeuse a acusación de que as CCAA eran as
responsábeis do incremento do gasto público no Estado español, con 17
autonomías e 46 millóns de habitantes aproximadamente, e, por conseguinte da
débeda, mais se analizamos o que pasa na Suiza, parece que esta acusación non
está fundamentada. Este país, con 8 millóns de habitantes, ten 26 cantóns, cos
seus órgaos lexislativos, executivos e xudiciais; as súas catro linguas
oficiais, etc. e ninguén se atreve a lanzar esta campaña contra eses cantóns,
que teñen unha economía mui saneada. Esta acusación pretende camuflar o
auténtico problema político de España, que son os escasos ingresos fiscais,
porque PP e PSOE estabeleceron un sistema impositivo que permite que só obrigan
a tributar até a exanguinidade á clase media e exime as empresas e grandes
fortunas, como consecuencia das políticas de portas xiratorias. O que se
pretende é diminuír o gasto tanto nas CCAA como polos recortes á cidadanía para
que estes segmentos da populación continúen desfrutando da súa situación de
privilexio.
O federalismo
debería estabelecerse entre os Catalunya, Euskadi e Galiza con posibilidade de
integración das comunidades veciñas de igual lingua e cultura, que podería
abarcar os Países Cataláns, Euskal Herría e Galiza estensa, ou Galiza norte e
Sul. Ás rexións destas nacións debería garantirselle o direito á autonomía, se
o desexasen exercitar, pois hai algunhas como Madrid, que xa falan da
devolución voluntaria de competencias. Este deseño debería completarse coa
supresión do residuo centralista do Antigo Réxime, as deputacións, que
permitiría ter un sistema máis barato e integrado que o actual.
Se non se lograse
un acordo desta natureza, quizá non ficase outra alternativa que a
independencia destas nacións, cedo ou tarde.
1. BADÍA, JUAN FERNANDO, El
Estado unitario, el federal y el Estado autonómico, Tecnos, Madrid, 1986,
p. 86.
2. BADÍA, JUAN FERNANDO, El
Estado unitario, el federal y el Estado autonómico, Tecnos, Madrid, 1986,
p. 86.
3. PI i MARGALL, Las
nacionalidades, Librería Bargua, Madrid, s/d, p. 31.
4. PI i MARGALL, Las
nacionalidades, Librería Bargua, Madrid, s/d, p. 113.
5. ORTEGA E GASSET, «Puntos esenciales», ¿02/1931, en Obras
completas (OC), T. 11, p. 140.
6. CASTELAO, Sempre en Galiza (SG), Akal
Editor, Madrid, 1977, p. 77.
7. «Rectificación de la República», en Crisol,
26-09/1931, OC, T. 11, X, p. 393.
8. «Rectificación de la República», en Crisol,
26-09/1931, OC, T. 11, X, p. 394.
9. «Rectificación de la República», en Crisol,
26-09/1931, OC, T. 11, X, p. 394.
10. «Rectificación de la República», en Crisol,
26-09/1931, OC, T. 11, X, p. 394.
11. «Rectificación de la República», en Crisol,
26-09/1931, OC, T. 11, X, p. 395.
12. «Rectificación de la República», en Crisol,
26-09/1931, OC, T. 11, X, p. 396.
13. «Discurso sobre el Estatuto de
Cataluña», 13/05/1932, en OC, T. 11, p. 464.
14.. MARÍAS, JULIÁN, La devolución de España, (DE) , Espasa Calpe,
Madrid, 1978, p. 161.
15.. DE , p. 161-162.
16. DE, p. 163.
17. «O Rexionalismo galego» en
FERNÁNDEZ DEL RIEGO, FRANCISCO, Pensamento galeguista do século XIX,,
pp. 102-103).
18. MARÍAS, JULIÁN, El curso del
tiempo, (ECT), Alianza Editorial, Madrid, 1988, 2, p.
144.
19. MARÍAS, JULIÁN, El curso del
tiempo, (ECT), Alianza Editorial, Madrid, 1988, 2, p. 259.
20.. MARÍAS, JULIÁN,
España en nuestras manos, Espasa Calpe, Madrid, 1978, p. 136.
21. MARÍAS, JULIÁN, España en
nuestras manos, Espasa Calpe, Madrid, 1978, p. 180.
22.. MARÍAS, JULIÁN, Cinco años de España,
(CAE), Alianza Editorial, Madrid, 1988,
2, p.
134.
23.. CAE , p. 291.
24.. CAE , p. 10.
25.. CAE , p. 179.
26. ECT, 1, p. 270.
27. Entre os intransixentes
figuran: Ramón Elices Montes, Andrés Muruais, Xesús Muruais, Sebastián
Vallejos, Ramón Faginas, José Mª. Alcántara, ...
28. Entre os principais
federalistas, destacan: Ramón Pérez Costales, Eduardo Chao, Federico Tapia,
Juan Manuel Paz Novoa, Alejandro Quereizaeta, Manuel Curros Enríquez, Federico
G. Gallardo, Andrés Muruais, Jesús Muruais, Miguel López, Estebán Quet, Pablo
González Munín, Francisco Suáres García, Cesáreo Rivera, Indalecio Armesto,
Pascual Paz, Luís A. Mestre, José Millán Astray, Serafín Villar, Joaquín Rey
Calvo, José Sánchez Villamarín, Segundo Moreno Barcia, José Ogea, Bernardo
Barreiro de Vázquez Varela, ...
29. A esta Asemblea asistiron os
novos representantes do federalismo: Aureliano J. Pereira, Manuel Leiras
Pulpeiro, Manuel Castro López, Santiago Casares, etc.
30. Esta aserción só é correcta se
substituímos independentes por soberanos. Un estado perde, ao converterse en
membro dun Estado federal, a súa indpendencia, xunto con grande parte da súa
soberanía, e inclusive a propia condición de estado, que implica autoridade
suprema.
31. BRAÑAS, ALFREDO, El
regionalismo, Jaime Molinas, Barcelona, 1889, p. 45.
32. Ibidem, p. 47.
33. Ibidem, p. 48.
34. MAÍZ SUÁREZ RAMÓN, O
Rexionalismo Galego: Organización e Ideoloxía (1886-1907), Edicios Do
Castro, Sada, 1984, p. 401.
35. «A imposición nacionalista», en
A Nosa Terra, (ANT) nº. 20, (30/05/1917), p. 7.
36. «A nazonalidade e o Estado
centralizado», en ANT, nº. 37, (20/11/1917), p. 6.
37. «As leiciós da realidade», en ANT,
nº. 73-74, (05/12/1918), p. 9.
38. «As leiciós da realidade», en ANT,
nº. 73-74, (05/12/1918), p. 9.
39. RISCO, VICENTE, «Teoría do
nazonalismo galego», en Obra Completa, (OCR), Akal, Madrid, 1981, p. 38.
40. «Prosas galeguistas», en ANT,
nº. 72 (15/11/1918)
41. «Teoría do nacionalismo
galego», en OCR, pp. 47-48.
42. «Teoría do nacionalismo galego», en OCR, p. 50.
43. «A galiza e o voto en Cortes», en Rexurdimento, febreiro
1923, p. 97.
44. «Lembrando os Precursores», en ANT, nº. 215, (25/07/1925).
45. «El problema político de Galicia», en OCR, p. 226.
46. «El problema político de Galicia», en OCR, p. 226.
47. «Nin separatismo, nin autonomismo: ¡Nazonalismo!», en A Fouce,
nº. 17 (15/08/1930), p. 7.
48. «Mitteleuropa», en NÓS, nº. 137-138, (maio/xuño/1935), p. 106.
49. «Nacionalismo galego», en OCR, pp. 252-253.
50. «Nacionalismo galego», en OCR, p. 253.
51. «Nacionalismo galego», en OCR, p. 265.
52. «Teoría do nacionalismo galego», en OCR, p. 46.
53. «Teoría do nacionalismo galego», en OCR, p. 53.
54. «Nacionalismo galego», en OCR, p. 265. Cf. «Teoría do nacionalismo
galego», en OCR, p. 68.
55. «Nacionalismo galego», en OCR,
p. 265.
56. «Nacionalismo galego», en OCR, p. 266.
57. «Nacionalismo galego», en OCR, p. 267.
58. «O druidismo no século XX», en ANT, nº. 93, (05/07/1919).
59. «Galizia céltiga», en NÓS,
nº. 5, (24/06/1921), p. 7.
60. «O espertamento dos pobos céticos e o porvir da Europa», en ANT,
nº. 133 (01/02/1921).
61. «Fai un ano que Galiza foi reconocida como nazón en Berna pol-o
Congreso das minorías nazonales», en ANT, nº. 350, (29/09/1934), p. 1.
62. «O nazonalismo e a política», en La Zarpa, (05/11/1922), p. 100.
63. GELLES, RICHARD J., e LEVINE, ANN, Sociología, McGraw-Hill,
México, 1996, p. 304.
64. «O nazonalismo e a políteca», en La Zarpa, (05/11/1922), p. 100.
65. «O nazonalismo e a políteca»,
en La Zarpa,
(05/11/1922), pp. 100-101.
66. «Redención e libertade», en La
Zapa, (09/02/1923), p. 111.
67. «O eixempro de Cataluña», en La Zarpa, (20/01/1923), p. 107.
68. «O eixempro de Cataluña», en La Zarpa,
(20/01/1923), p. 108.
69. «Redención e libertade», en La Zarpa, (09/02/1923), p. 112.
70. «Novamente o asunto do millo»,
en La Zasrpa,
(26/04/1923), p. 117.
71. «Nin separatismo, nin autonomismo: ¡Nazonalismo!», en A Fouce,
nº. 17 (15/08/1930), p. 7.
72. «Teoría do nazonalismo galego», en OCR, p. 43.
73. «Limiares», en ANT,
nº. 109 (01/01/1920), p. 12.
74. «Limiares», en ANT, nº. 109 (01/01/1920), p. 12.
75. «Isto é o que é o nazonalismo galego», en OCR, p. 89.
76. CASTELAO, Sempre en Galiza,(SG), Madrid, 1977, p. 56.
77. SG, p. 57.
78. SG, pp. 62-63.
79. «La posición ideológica de Galicia», (06/1045), en PE, pp. 115
e 116.
80. SG, p. 206.
81. SG, p. 319.
82. SG, pp. 62, 318.
83. SG, p. 62. Cf. «La posición
ideológica de Galicia», en PALMÁS, RICARDO, Prosas do exilio, (PE),Edicións
do Patronato da Cultura Galega, Montevideo, 1996, p. 115.
84. SG, p. 68.
85. SG, p. 73.
86. SG, pp. 57-58. Cf. o.c. p. 76.
87. SG, p. 175.
88. SG, p. 304. Cf. SG, p. 312.
89. SG, p. 163.
90. SG, p. 205. Cf. SG, p. 323.
91. SG, p. 205. Cf. SG, pp. 309,
323.
92. Caderno A, p. 814.
93. SG, p. 328.
94. SG, p. 460.
95. SG, p. 460.
96. «El mitin de ayer en Maside»,
en Heraldo de Galicia, nº. 79, (09/05/1932), p. 1.
97. «El mitin de ayer en Maside»,
en Heraldo de Galicia, nº. 79, (09/05/1932), p. 1.
98. «Federalismo español», (17/12/1938), en MONTEAGUDO, ENRIQUE, Castelao:
Conferencias e discursos, (PE), Fundación Castelao, 1996, p. 179.
99. SG, p. 60.
100. «Verbas de Chumbo», II, , en PE, p. 84.
101. SG, p. 60.
102. SG, p. 176.
103. SG, p. 149. Ver tamén o.c. p. 204.
104. SG, p. 160.
105. SG, p. 76. Cf. SG, pp. 179, 180.
106. SG, p. 76.
107. SG, p. 77.
108. SG, p. 73.
109. SG, p. 75, 77, 163, 164, 166, 169,
206, 314, 316, 319, 327.
110. Xalundres Castelao afirma, no lugar de «todas as rexións» que a República
só sería federal cando as tres nacionalidades -Galiza, Euskadi e Cataluña-
fosen «rexións autónomas». SG, p.
208.
111. SG, p. 164, 165.
112. "Historia Sintética do autonomismo Galego", en PE, p.
175. Cf. tamén SG, p. 472.
113. SG, p. 167.
114. SG, p. 314.
115. SG, p. 315.
116. SG, p. 55.
117. «Federalismo español», (17/12/1938), en CCD, p. 171.
118. «Federalismo español», (17/12/1938), en CCD, pp. 173-174.
119. «Federalismo español», (17/12/1938), en CCD, p. 174.
120. «Caderno A», en Sempre en Galiza, (CSG), Parlamento de
Galicia, 2000, p. 827.
121. SG, pp. 204-205. Cf. un texto
paralelo en «Caderno A», en CSG, p. 835-837 (febreiro 1939-xullo
1940) . «Federalismo español», (17/12/1938), en CCD, pp. 176-178.
122. SG, p. 90.
123. SG, pp. 359-360.
124. SG, p. 361.
125. SG, p. 362.
126. SG, pp. 309, 320.
127. SG, p. 321.
128. SG, p. 313.
129. «Caderno A», en CSG, p. 805.
130. «La posición ideológica de Galicia», en PE, p. 119.
131. SG, p. 89.
132. SG, p. 88.
133. SG, p. 88. Ver tamén o.c. p. 157,
158, 218.
134. SG, p. 159-160, 162. Cf. «La
posición ideológica de Galicia», en PE, p. 114.
135. SG, p. 162.
136. SG, p. 218.
137. SG, p. 220.
138. SG, p. 162.
139. SG, p. 218.
140. SG, p. 220. Cf. SG, p. 227.
141. SG, p. 222.
142. «La posición ideológica de Galicia», en PE, p. 115.
143. «La posición ideológica de Galicia», en PE, p. 115.
144. SG, p. 458.
145. SG, p. 405.
146. SG, p. 408.
147. SG, p. 461.
148. SG, p. 462.
149. SG, p. 438.
150. SG, p. 438.
151. SG, p. 62.
152. SG, p. 62. Cf. «La posición ideológica de
Galicia», en PE, p. 116.
153. «Caderno A», en CSG, p. 803.
154. «Caderno A», en CSG, p. 803.
155. «Carta a Sebastián González
García-Paz», en OCA, T. 6, pp. 305-306.
156. SG, p. 214.
157. SG, p. 314.
158. SG, p. 323.
159. «La posición ideológica de Galicia», en PE, p. 115.
160. SG, p. 317.
161. SG, p. 318.
162. SG, p. 410.
163. SG, p. 404.
164. SG, 321.
165. «Caderno B», en CSG, p. 936.
166.CCV, pp. 502, 504.
167. «Carta de Irujo a Castelao», de 5/05/1948, en Crónicas. Castelao y
los vascos, (CCV) Cord. Anasagasti, Ikatz ekintza, Bilbao, 1985, p. 507.
168. «Carta de Castelao a Irujo», de 3/06/1948, en CCV, p. 509.
169. "Historia Sintética do autonomismo Galego", en PE, p.
163.
170. "Historia Sintética do autonomismo Galego", en PE, p.
164.
171. SG, p. 88.
172. SG, p. 338.
173. SG, p. 90.
174. «Federalismo español», (17/12/1938), en CCD, p. 187. Cf. SG, p. 88. Cf. SG, p. 222.
175. «Federalismo español», (17/12/1938), en CCD, p. 188.
176. SG, p. 219.
177. SG, p. 170.
178. «Caderno A», en CSG, p. 834.
179. SG, p. 222.
180. SG, p. 214.
181. SG, p. 214.
182. SG, p. 216.
183. SG, pp. 217-218.
184. SG, p. 156.
185. «La posición ideológica de Galicia», en PE, p. 116.
186. "1889, «El Regionalismo
Gallego» de Murguía", en PE, p. 125.
187. Informe do Consello de Galiza dirixido ás forzas democráticas do
interior con motivo da suntanza das Cortes en México e a actuación dos
deputados galegos, 15/12/1945, (ICG), p. 255.
188. SG, p. 156.
189. SG, p. 156.
190. SG, p. 226.
191. SG, p. 343. Cf. CASTELAO, «La posición ideológica de Galicia», en PE,
p. 116.
192. SG, p. 215. Ver tamén o.c. p. 254.
193. SG, p. 227.
194. SG, p. 254.
195.«Carta a José Añón en Montevideo», (10/04/1944), en OCA, T. 6,
p. 418.
196. SG, p. 304.
197. SG, p. 304.
198. «Verbas de Chumbo», II, en PE, p. 85.
199. "La posición ideológica de Galicia", en PE, p. 116.
200. «Carta a Pi i Sunyer», (16/01/1946), en CASSTELAO, Obras, Galaxia,
2000, 6, p. 576.
201. "El problema ferroviario de Galicia", en PE, p. 163.
202. SG, p. 463.
203. SG, p. 470.
204. SG, p. 477.
205. SG, p. 218.
206. SG, p. 220.
207. SG, p. 461
208. SG, p. 461.
209. SG, p. 222.
210. SG, p. 323.
211. SG, p. 321.
212. SG, p. 46.
213. SG, p. 55.
214. SG, p. 55.
215. SG, p. 55.
216. SG, p. 56.
217. SG, p. 60. Cf. tamén p. 320.
218. SG, p. 407.
219. SG, p. 405.
220. SG, pp. 62-63.
221. SG, p. 88. Cf. tamén p. 406. Cf. p. 456.
222. SG, p. 211.
223. SG, p. 204.
224. SG, p. 205.
225. SG, p. 205.
226. SG, p. 73.
227. SG, p. 194.
228. SG, p. 133.
229. SG, pp. 159, 160. Cf.
tamén p. 162.
230. SG, p. 163.
231. SG, p. 151.
232. SG, p. 160. Cf. tamén p.
206.
233. SG, p. 164.
234. SG, p. 170.
235. SG, p. 170.
236. SG, p. 208.
237. SG, p. 205.
238. Cf. taménSG, p. 459, 460, 461.
239.S G, p. 214.
240. SG, p. 214.
241. SG, p. 299.
242. SG, p. 318.
243. Esta «Hespaña» abranxe a Península enteira ( SG, p. 320).
244. SG, p. 309.
245. SG, p. 302.
246. SG, p. 308.
247. SG, p. 443.
248. Non está claro se esta idea é
de Castelao ou de Maurice Hauriou, a quen comenta.
249. SG, p. 445.
250. SG, p. 403.
251. CASTELAO, "Falemos en
lingoaxe intelixible", en PE, p. 99.
252. CASTELAO, "La posición
ideológica de Galicia, en PE, p. 111.
253. CASTELAO, "La posición
ideológica de Galicia, en PE, p. 112.
254. CASTELAO, "La posición
ideológica de Galicia, en PE, p. 116.
255. SG, p. 433.
256. SG, p. 443.
257. SG, p. 443.
258. SG, p. 443.
259. SG, p. 457.
260. Decreto de 29 de xuño de 1707,
en Novísima recopilación de las Leyes de España, T. II, Madrid, 1805,
lib. III, tít. III, lei Iª. Tomado de JOVER ZAMORA, JOSÉ MARÍA, La civilización
española a mediados del siglo XIX, Espasa Calpe, Madrid, 1992, pp. 119-120.
No hay comentarios:
Publicar un comentario