5 oct 2012

Mistificación da linguaxe


A Delegada do Goberno en Madrid, Cifuentes, declarou o martes, 2/10/2012, que se debía modular a lei reguladora do dereito de manifestación para racionalizar o uso do espazo públco. O verbo modular, do latín modulor,  significa arranxar, regular, axustar a unha medida, en busca da harmonía, coherencia, etc. mais como toda lei, xa de por si, é regra e medida, o dereito de manifestación xa esta modulado. O que é claro que quen tal afirma quere afirmar, neste contexto, que hai que limitalo, restrinxilo, dificultalo, ... mais como o referido á restricións non é rendábel  politicamente, acódese a un verbo que non ten esas connotacións pexorativas, como é modular, que se refire a orde e harmonía dunha peza musical, dun conxunto. Toda manifestación contra o poder molesta e de aí que o gobernante de turno sempre terá a tentación de limitalas ou facelas inocuas, mais como non sería aceptábel que o gobernante declarase que lle molestan, entón camúflase esa declaración coa nobre pretensión de racionalización do espazo público, que é social e politicamente asumíbel por grande parte da cidadanía.

O fiscal xeral do Estado, pola súa parte manifestou, a raíz das últimas manifestacións nos arredores do Congreso dos Deputado, que hai que reprimir as protestas ou manifestacións que poden socavar o estado de dereito e que utilizan o descontento para deslixitimar a democracia e as institucións. Esta afirmación é difícil de rexeitar na súa literalidade, mais creo que é moi difícil de probar, salvo que se manifeste expresamente, que unha determinada manifestación pretende socavar o estado de dereito ou a democracia, e se o criterio se deixa ao arbitrio do poder político de turno sempre pode alegar a respecto dunha manifestación que pretende socavar o estado de dereito. Deste xeito, deixaríase vía libre para impedir unha manifestación republicana, por exemplo, porque iría contra o estado de dereito que establece quen é o Xefe do Estado no Estado español. Por outra parte, hai que distinguir moi ben entre criticar a concreción da democracia vixente neste momento histórico, con unha serie de imperfeccións, coa democracia como un ideal aberto que hai que tender a perfeccionar constantemente. Eu, por unha parte, non sei de ningún dos manifestantes que fose pretendese subverter a democracia e, por outra parte, en certo modo pode afirmarse que as  manifestación pretenden cambiar as normas para que se tomen ou eviten medidas que tenden a prexudicarnos, e, por tanto, no fondo tenden a cambiar algún aspecto do estado de dereito, e, por tanto, neste sentido, tenden a subvertelo. Por outra parte, as institucións deslexitímanse polo exercicio dos que as representan, pola súa actuación diaria e, neste sentido, hai que recoñecer que, cando se observa o clima de corrupción e de enriquecemento ilícito na institución monárquica, banca, partidos políticos, institucións xudiciais, etc. , teñen esa desletimación ben gañada. 

En Galicia vimos suportando a mistificación da linguaxe en doses abultadas e ininterruptamente, mais para citar só exemplos da lexislatura que agora acaba, baste lembrar como se nos vendeu que había que defender as liberdades individuais por acima de todo con respecto á lingua galega, porque non é de recibo que se impoña, e os que así falaban nin sequer consideraban que for necesario xustificar o status da lingua oficial do Estado na propia Galicia, como lingua imposta pola Constitución española. Toda imposición está mal vista e toda liberdade ben vista e o emisor considera que o receptor da mensaxe priorizará a liberdade sobre a defensa da lingua propia, que, aliás, poderá seguir defendendo a nivel individual. O que subxace no fondo é o intento de limitar, frear o uso do idioma nacional galego e o mellor modo de conseguilo é mistificar esa finalidade con outra si moi ben asumíbel socialmente como é a defensa das liberdade de actuación. Mais as mesmas persoas que defenden a liberdade nese ámbito oporíanse a que se dese liberdade para que os habitantes dunha comunidade como a catalana ou a vasca decidisen en referendo que o seu idioma único nacional é a respectiva lingua propia.
Co galeguismo pasa algo parecido. O galeguismo, en xeral, é rendábel política e socialmente, mais tamén está asociado a transformacións profundas do modelo de estado que preserve a lingua, cultura, tradicións, costumes, etc. deste país, mais como non se quer asumir o que implica de loita e cambio en prol destes valores, entón fálase do galeguismo adxectivado: galeguismo cordial, galeguismo amábel,  etc.

Pedro de Ambroa

1 oct 2012

Formación académica de Ortega e Gasset (03)

   
Estudos en España

A familia Ortega Spottorno veraneaba en pobos próximos a Madrid; desde 1887 en San Lorenzo de El Escorial, onde aprendeu a ler e escribir. Para contribuír á recuperación da súa mai, que sufría esgotamento por sobreparto, a partir de 1889 a familia pasa os invernos en Córdoba, localidade na que o filósofo recibe o primeiro ensino no Colexio de José del Rio y Labandera, ingresando a seguir, en setembro de 1891, co seu irmán maior Eduardo, para cursar bacharelato, no internado do colexio San Estanislao de Kostka, en Miraflores de El Palo, nos arredores de Málaga, rexentado polos xesuítas, a quen critica pola súa nefasta pedagoxía1. Inutilizaron, segundo o filósofo, aos fillos das familias españolas de elevada posición social, chamados a construír a cultura nacional. A supresión “de los colegios jesuíticos sería deseable, por una razón meramente administrativa: la incapacidad intelectual de los RR.PP.”2. Deciden abandonar o colexio en 4º de bacharelato, polas críticas que se facían, nas lecturas de refectorio, ao xornal liberal El Imparcial, dirixido polo seu pai, terminando o bacharelato por libre, «a trancas e barrancas», o 23/10/1897, no Instituto de Málaga.

A súa saúde vese afectada desde meniño por dores de ventre, -pirosis- e cabeza3, ao tempo que denota unha grande avidez pola lectura, que se transloce nas peticións constantes de libros nas cartas que dirixe aos seus pais, nas que, se observan frecuentes faltas de ortografía: vallamos (de ir), viagecito, hechado, husara, cohercibles4, sonriyeras5, hasta a mí6, desque7, viage8, mensage9, lijero, extremecen10. Tamén se observa algún fallo nas conxuncións: “Es probable que acepte porque si no resulta caro comer decentemente”11. Foi, nesta etapa un alumno destacado, obtendo unhas cualificación que non baixaban do sobresaliente.
 

O curso 1897-1898 ingresa no internado dos Estudios Superiores de Deusto, Bilbao, para estudiar dereito, que non chegaría a terminar, e filosofía, presentándose aos exames na Universidade de Salamanca, por depender oficialmente desta Deusto. No curso seguinte, 1898-1899, con 16 anos, estuda na Universidade de Madrid, filosofía e algunhas materias de dereito, estudos estes últimos que abandonaría para concentrarse totalmente na filosofía, obtendo, na Universidade de Madrid, o grao de licenciatura en 1902 e o doutoramento o 15/12/1904, coa tese Los terrores del año mil. Crítica de una leyenda. Debeu ser neste ano de 1902 ou a finais de 1901, cando coñece a Rosa Spottorno, moza cartaxinesa un ano máis nova que el, coa que terminará casando, pois en agosto de 1905, di que é o terceiro verán que se queren12. En agosto de 1902, repróchalle ao seu pai a pretensión de que obteña títulos. “Extraño es tu empeño, poco razonado de que yo tenga títulos académicos.
No; lo que yo haya de ser lo seré con o sin títulos”13.


Cando España perde en 1898 as últimas colonias e fica reducida ao territorio peninsular, a ferida infrinxida ao seu narcisismo retumbará como unha pesada lousa na súa conciencia patria. Ortega cualificará retrospectivamente en 1917 este acontecemento do seguinte xeito: 1898 “es el deshonor y la vergüenza, es la miseria y la desesperanza, es haber hallado, al despertar, truncas las esperanzas y tradiciones familiares, mancillado el hogar, segada de todo ideal, de toda virtud , la nativa vega”14.


O verán de 1902 pásao na casa de Ramón Gasset, en Vigo, e publica o seu primeiro artigo en El Faro de Vigo. En 1904 publica a súa primeira colaboración en El Imparcial, facilitada polo feito de ser seu pai o director do xornal. Traballa de nove a dez horas diarias, pero “no sé ni una palabra de nada”15.



Ampliación de estudos en Alemaña

En 1905 viaxa a Alemaña vía París, cidade na que é convidado a comer en lugares selectos convidado polo literato e diplomático mexicano Francisco A. de Icaza, amigo persoal do seu pai e polo correspondente de El Imparcial. Desde o 25/02/1905, reside en Leipzig, Alemaña, comodamente instalado, co obxectivo de aprender filosofía -e materias conexas-, sen presentarse a exames nin lograr ningún título. O seu cuarto “es casi tan grande como el comedor de casa, con dos ventanas, un lecho con su edredón libre, [...] Además de esto soy dueño usufructuario de una mesa de despacho con bureau, de un armario, de otra mesa cubierta de rico, esplendente, luminoso terciopelo escarlata que se halla en medio de la habitación. En derredor de la mesa están, [...] cuatro sillas de alto respaldo con rejilla y música. Luego existe un magnífico e incomodísimo diván, de terciopelo rojo también, que me viene grande. Un sillón parecido al que ahí dejé, sólo que de rejilla, para la mesa. Una cómoda, un lavamanos de mármol con cajones para botas y otras partes despreciables del vestido. [...] Un espejo de tamaño natural y un quitasol chino”16.

Recibe 5 horas semanais de Fisioloxía; 4 de Introdución á Filosofía e á Lóxica, con Heinze; 3 de anatomía; 3 de Psicoloxía con Wundt, “que acaso sea hoy la primera figura filosófica de Europa”17; pero que agora é xa “un viejo decrépito”18, 2 de Histoloxía co eminente profesor Rad; 1 de Sistema nervioso; e 1 de Introdución á Psicoloxía experimental19. As de Anatomía, Histoloxía xeral, Sistema nervioso central, que consideraba como “una necesaria preparación para un estudio sólido de psicología”20, no trimestre que vai do 26/04/1905 a primeiros de agosto. Tiña pensado seguir tamén unha hora semanal sobre a filosofía de Kant e outra sobre a de Nietzsche, pero non aparece no seu programa. No tempo de vacacións, de agosto a novembro, tiña previsto dedicalos á historia e literatura alemana. Á súa arribada ao país teutón descoñece totalmente o idioma: “No entiendo ni una sola palabra a esta gente, que por lo demás habla un alemán que casi no lo es”21. Para remedialo acudiu aos anuncios de prensa, para buscar unha persoa alemana coa que cambiar conversación nese idioma, chegando a un acordo con Max Funke, estudiante alemán de escasos recursos económicos. A pesar diso, manifesta sentirse moi só, pero considera que a súa estancia neste país vai ter tremenda influencia no seu futuro “y acaso en los de mi patria”22.


O 28/03/1905, en carta ao seu pai, dille que lle vai enviar un cantos artigos para publicar en El Imparcial e Blanco y Negro; que mensualmente enviará catro para Los lunes, cobrábeis a 6 duros; e tres para Blanco y Negro; e un para Lecturas, cobrábel a 13/15 duros23. O 28/04/1905 manifesta sentirse pasmosamente distinto. “He visto, por ejemplo, que no sé nada de nada, que no tengo derecho a pensar y que si anhelaba hacer una vida sólida tenía
que rehacerme por completo el ideario”24. Sorprende negativamente que afirme que non ten dereito a pensar. Tamén lle comunica que espera saber de verdade, no ano e medio ou dous que pensa botar en Alemaña, Grego, Matemáticas, Química e Psicoloxía; para, despois da aprobar unha cátedra, seguir, nunha nova estancia dun ano, Fisioloxía, Zooloxía, Botánica e Filosofía Xeral25. Recoñece que recibiu unha educación de meniño mimado, produto do “Ambiente que me rodeaba excesivamente halagador, de facilidad y de excesiva consideración”26, afirmación que consideramos totalmente acertada.


O 21/05/1905, comunícalle ao seu pai que pensa regresar de Alemaña sabendo alemán, inglés, grego, latín, sánscrito e zendo, aínda que o seu progreso en alemán é só regular. “De alemán ... regular nada más, pero es curioso; en las clases me entero ya perfectamente y espero en unos días entender a los profesores como si hablaran en francés. Y en cambio la lectura de los libros me cuesta aún mucho, mucho trabajo. Ya hablo con cierta decisión”27.


Máis tarde rebaixará as súas pretensións ao dominio do latín, grego e alemán28. Tamén o anima a superar a súa depresión, aínda que se careza de esperanzas. “Sinceramente creo que se debe hacer por vivir sin esperanzas y sin embargo hallar la vida agradable: tenemos ilusiones y las perdemos y entonces decimos que es mala la vida”29. Insiste reiteradamente neste ano en que quere buscar a independencia económica, pero non a dá logrado e continuará a depender pecuniariamente dos seus pais, que desexan que retorne porque lles sae gravosa a súa estancia en Alemaña30.


En xullo de 1905, declara que “no hago otra cosa que latín y griego”31. En agosto de 1905, soña con realizar viaxes de estudios viaxar por varios países europeos, e deixa entrever as súas aspiracións políticas. “Luego, acaso, mi vida tome otros rumbos más activos que tu no sospechas”32. Proponse gañar unhas oposicións para tranquilizar a vida e poder así entregarse “a más altas labores lleno de fe y de ilusión y de exclusivismo”33 . En outubro de 1905, xa ten decidido mudarse a Berlín, e fai balanzo da súa estadía en Leipzig. “Haciendo balance de este tiempo transcurrido me encuentro con que no he desaprovechado el tiempo: he aprendido alemán, he echado unas medias suelas al latín y al griego, he puesto algunos jalones en el estudio de la Historia Moderna alemana, conozco decentemente los elementos de la Histología y de la Osteología; me he metido considerables volúmenes acerca del clasicismo español: he escrito, en fin, unas ¡2000! cuartillas completamente inútiles y creo
que por valor de otro tanto en cartas, estoy contento de mi, y descontento de las circunstancias, que no me han auxiliado”34. Recoñece tamén, como efecto positivo, que adquiriu unha disciplina interior, inspirada no militarismo prusiano, que era o seu primeiro obxectivo35. Manifesta non sentirse cómodo no xornalismo, por non ser capaz de empatizar cos lectores: “mi cabeza es por completo antiperiodística, no atino con el deseo del público”36. Ante o desexo de seu pai de que retorne, dille que, aínda que o bote de menos, “llegaré ahí, me chillarás en la estación y si hoy, por no tenerme delante, tienes ilusiones de que mi presencia te producirá una mejora durable en el ánimo, las perderás a poco”37. 


En carta a Navarro Ledesma, ao tempo que lle refire a súa depresión e os seus problemas estomacais, dille que pensaba converterse en importador do idealismo desde Alemaña, que é o que fai falta aquí38. A saúde de Ortega foi bastante precaria. Sufría cólicos hepáticos e frecuentes crises depresivas.

A súa valoración dos españois residentes en Alemaña é desprezativa. “Salvo el lunático Canseco, son todos unos tontos”39. Esta minusvaloración dos demais responde á súa megalomanía intelectual. En setembro de 1905, morre inesperadamente o seu grande amigo Francisco Navarro Ledesma, e con tal motivo, escríbelle á súa noiva: “La vida suya y la mía gravitaban sobre ideas muy semejantes: nuestros temperamentos eran análogos: los dos éramos buenos, cosa muy rara en nuestro país”40. No panexírico que fai del en 1906 escribe: “Coexistían en él junto a una agudísima e incansable ideación las dos más altas virtudes modernas: el cumplimiento de los deberes oscuros y el idealismo inmarcesible”41. ...


Non estaba contento en Leibzig por considerar a universidade como unha “muralla china para extranjeros” e decide irse a Berlín, que lle parecía máis aberta. O 3/11/1905 xa está instalado na capital alemana, para un período dun semestre42, onde fará de correspondente de El Imparcial durante a visita do Rei de España a aquela cidade43, que lle dará ocasión de entrevistarse con el e co chanceler Bülow. “El Rey no me dijo nada de particular. Lo único que está bien de cuanto hace y dice es el ruido de una espuela contra otra al cuadrarse para
saludar”44. Entre a instalación “y la lata del viaje del majadero del Rey no he tenido sosiego”45. En Berlín segue aulas sobre Kant, sobre Psicoloxía, Filosofía do século XIX, con Simmel, Ética, Historia xeral da Filosofía, con Riehl46, etc., tendo como profesores máis famosos a Simmel e a Rhiel47, pero o que máis lle impresiona é a infraestrutura académica: “lo de más son las bibliotecas, museos, etc. Realmente aquí el que pueda vivir tres o cuatro años se hace un sabio sin querer”48. 


En novembro de 1905, subliña comparativamente os seus progresos en alemán. “Al ver a los españoles que hay aquí me he sentido orgulloso porque veo que he adelantado mucho más que todos ellos, incluso que el tan citado Canseco, en el conocimiento del idioma y sobre todo del espíritu alemán”49. En xaneiro declara sentirse mal dos nervos e con unha enorme debilidade por falta de exercicio físico50. En febreiro de 1906, carga con denodadas marteladas nitzschianas contra os curas e canto con eles se relaciona. “Hoy ya me es incomprensible cómo pueden existir unos hombres vestidos de negro dedicados tan sólo a ennegrecer la vida y por consiguiente a hacer malos a los hombres. El día que aumenten en Alemania la ahogarán, porque son eso, ahogadores. No comprendo cómo una cabeza medianamente inteligente puede tolerar sus imbecilidades y groserías dichas con ese típico y monstruoso orgullo monástico. Han inventado eso del pecado para que los hombres se desprecien a sí mismos y como todo el que se desprecia estén a merced de la inmoralidad y a merced de ellos. La confesión es la mayor y más vergonzosa humillación que pueden imponer, y como saben que mientras confiesen mandan, porque humillan, cualquier día la sueltan. ... Convierten la religión en una cosa sencillamente hendionda. Los pobres ánimos endebles no aciertan a soltar la cuerda que ellos le echaron al cuello; piensan, acaso, que efectivamente, son unos seres despreciables, pero ni a sí mismos se lo confiesan. ... Las penas fantásticas del fantástico infierno (idea tomada de otras religiones) son la otra ganzúa con que tienen abiertas las almas cobardes. ¡Es angustiosos pensar en que aún tienen gentes que los veneran y sólo al
pensar esto es cuando se comprende cómo la humanidad es tan villana y plebeya, tan difícil de mejora! ... Creo que la mayor parte de los católicos non han pensado jamás en Religión ni en Dios: a lo sumo se han imaginado un buen señor viejo que vive en el piso alto de esta casa del mundo, especie de ministro de Gobernación y Orden público que tiene un calabozo (el supremo) para los golfos”51. 


Neste mesmo mes de febreiro declara que “aún no sé dos jotas de alemán”52, declaración que contrasta coa realizada en outubro de 1905 na que afirmaba que aprendera xa este idioma. No mes de marzo de 1906, despois dunha estancia de seis meses escasos en Berlín, volve a España.

Por Real Orde de 6/06/1906, o Ministerio de Instrucción Pública español concédelle unha pensión de 4.500 pts. anuais para estudiar en Alemaña «Prehistoria del criticismo filosófico», do 1/10/1906 a 30/09/1907. Con esta finalidade, chega a Marburgo o 6/10/1906, onde asiste ás aulas sobre Kant, sendo discípulo dos neokantianos H. Cohen (1842-1918), “uno de los más grandes filósofos que hoy viven”53, “un viejín muy simpático”54 e que “acaso sea el primer pensador hoy en Alemania”55 e P. Natorp (1854-1924), da filosofía grega e métese de cheo “en Matemáticas: no se puede dar un paso en el mundo sin saber matemáticas”56. Aquí encontrase cunha serie de compañeiros filósofos, aos que pensa dar de lado por non consideralos intelixentes57: Nicolai Hartmann, Paul Scheffer, Heinz Heimsoeth, cos que debate sobre Kant.
 

En decembro de 1906 cualifica un artigo do seu pai sobre Menéndez Pelayo de «incontinencia de juicio... que es la negación de juicio»”58. O 3/08/1907 abandona Marburgo empapado de neokantismo e de cultura alemá, e diríxese a Berlín, por ter esta cidade unha grande biblioteca, que lle permite seguir mellor uns traballos sobre psicoloxía. Visita, a seguir München e retorna a España a principios de setembro de 1907 -lembremos que a bolsa era até o 30/09/1907-. 

Solicita e obtén unha bolsa de estudos da «Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas», creada por Real Decreto de 11 de xaneiro de 1907, con obxecto de facilitar o estudo no estranxeiro aos mozos universitarios e poñer a España a nivel europeo. Tivo como primeiro presidente a Santiago Ramón e Cajal e como secretario a José Castillejo. Despois de visitar as cidades italianas de Bolonia e Florencia, o casal chega a Marburgo, na que sería a terceira viaxe de Ortega a Alemaña, nos primeiros días de xaneiro de 1911, e alóxanse nun apartamento da Schwannallee, 44. Aquí, en maio deste ano, nácelle o primeiro fillo, Miguel Germán. Aquí vivíase o neokantismo como unha cidadela sitiada. “Todo en torno era sentido como enemigo mortal: los positivistas y los psicologistas, Fichte, Schelling, Hegel. Se les consideraba tan hostiles, que no se les leía. En
Marburg se leía solo a Kant y, previamente traducidos al kantismo, a Platón, a Descartes, a Leibniz. ... El gobernador de la ciudadela, Cohen, era una mente poderosísima. ... propiamente hablando, en Marburg no se enseñaba filosofía. Era preciso saberla ya de antemano. ... los neokantianos no disparaban las mentes jóvenes hacia problemas abiertos sobre que fuese posible e interesante trabajar. No se conocían más cuestiones que las
resueltas ya en su canon”59. Ao regreso de Alemaña volven a Zurbano, 22. Ademais da cociñeira Elisa, contratan unha niñeira para atender a Miguel.


1. «Al margen del libro «A.M.D.G»», 12/1910, en Obras Completas (OC), T. 1, pp. 532-535.
2. «Al margen del libro «A.M.D.G»», 12/1910, en OC, T. 1, p. 535.
3. Cartas aos pais de 18/11/1894,7/04/1895,21/04/1895, en ORTEGA Y GASSET, JOSÉ, Cartas de un joven
español (CJE), Ediciones el Arquero, Madrid, 1991 pp. 57, 59, 60.
4. Cartas aos pais de 21/04/1895,15/03/1896,12/04/1896, 8/08/1905 en CJE, pp. 60, 66, 69, 655.
5. Carta a Rosa Spottorno, de 30/10/1905, en CJE, p. 396.
6. Carta a Rosa Spottorno, de 30/10/1905, en CJE, p. 397.
7. Carta a Rosa Spottorno, de 2/11/1905, en CJE, p. 404.
8. Carta de Ortega a Unamuno de 27/01/1907, en Epistolario completo Ortega-Unamuno (EOU), Ediciones El
Arquero, Madrid, 1987, p. 65.
9. Carta de Ortega a Unamuno de 12/09/1914, en EOU, p. 117.


10. Carta de Ortega a Unamuno de 1/03/1907, en EOU, p. 172.
11. Carta aos seus pais de 24/11/1905, en CJE, p. 223. Cf.tamén Carta a Rosa Spottorno de 2/03/1907, en CJE,
p. 533.
12. Carta a Rosa Spottorno, de 26/08/1905, en CJE, p. 384.
13. Carta ao seu pai de 9/08/1902, en CJE, p. 89.
14. «Hacia una mejor política», El Sol, 28/12/1917, en OC, T. 10, p. 382-383.
15. Carta de Ortega a Unamuno de 6/01/1904, en EOU, p. 30.
16. LOR, pp. 164-165.
17. Carta ao seu pai de 13/03/1905, en CJE, p. 114.
18. Carta a Francisco Navarro Ledesma de 28/05/1905, en CJE, p. 613.
19. Carta á súa mai de 21/04/1905, en CJE, pp. 131-132.
20. Carta ao seu pai de 13/03/1905, en CJE, p. 114.
21. Carta a Rosa Spottorno de 4/03/1905, en CJE, p. 299. Cf. Tamén Carta a Rosa Spottorno de 9/03/1905, en CJE,
p. 305.
22. Carta a Rosa Spottorno de 4/03/1905, en CJE, p. 300.
23. Carta ao seu pai de 28/03/1905, en CJE, p. 123.
24. Carta ao seu pai de 28/04/1905, en CJE, p. 135. Esta mesma idea xa a vertera en carta a Unamuno de
6/01/1904. EOU, p. 30.
25. Carta ao seu pai de 28/04/1905, en CJE, p. 136.
26. Carta ao seu pai de 28/04/1905, en CJE, p. 144.
27. Carta ao seu pai de 21/05/1905, en CJE, p. 149.
28. Carta ao seu pai de 6/10/1905, en CJE, p. 182.
29. Carta ao seu pai de 29/09/1905, en CJE, p. 180.
30. Carta a súa mai de 29/11/1905, en CJE, p. 227.
31. Carta a Francisco Navarro Ledesma de 23/07/1905, en CJE, p. 623.
32. Carta a Rosa Spottorno, de 26/08/1905, en CJE, p. 387.
33. Carta a Francisco Navarro Ledesma de 9/08/1905, en CJE, p. 652.
34. Carta ao seu pai de 18/10/1905, en CJE, p. 200.
35. Carta ao seu pai de 19/10/1905, en CJE, p. 206.
36. Carta ao seu pai de 18/10/1905, en CJE, p. 202.
37. Carta ao seu pai de 19/10/1905, en CJE, p. 206.
38. Carta a Francisco Navarro Ledesma, sen data, en CJE, p. 580.
39. Carta ao seu pai de 1/12/1905, en CJE, p. 232.
40. Carta a Rosa Spottorno, de 24/09/1905, en CJE, p. 393.
41. «Canto a los muertos, a los deberes y a los ideales», El Imparcial, (14/09/1906), en OC, T. 1, 60.
42. «Prólogo para alemanes», 1934, en OC, T. 8, p. 26.
43. Carta ao seu pai de 3/11/1905, en CJE, p. 213.
44. Carta ao seu pai de 11/11/1905, en CJE, p. 215.
45. Carta á súa mai de 17/11/1905, en CJE, p. 217.
46. «La Universidad española y la Universidad alemana», VI, El Imparcial, 20/02/1906, en CJE, p. 741.
47. Carta aos seus pais de 24/11/1905, en CJE, p. 222.
48. Carta aos seus pais de 24/11/1905, en CJE, p. 222.
49. Carta á súa mai de 29/11/1905, en CJE, p. 228.
50. Carta a Rosa Spottorno, de 26/01/1906, en CJE, p. 429.
51. Carta a Rosa Spottorno, de 5/02/1906, en CJE, pp. 4116-417.
52. Carta á súa mai de 9/02/1906, en CJE, p. 252.
53. «El espectador, VI», en OC, p. 559.
54. Carta a Rosa Spottorno, de 18/10/1906, en CJE, p. 449.
55. Carta a Rosa Spottorno de 25/02/1907, en CJE, p. 531.
56. Carta ao seu pai de 12/12/1906, en CJE, p. 264.
57. Carta a Rosa Spottorno de 1/05/1907, en CJE, p. 546.
58. Carta ao seu pai de 12/12/1906, en CJE, pp. 261-262.
59. «Prólogo para alemanes», 1934, en OC, T. 8, p. 27.

27 sept 2012

España non negocia


O que está a pasar neste setembro de 2012, a propósito da deriva independentista ou nacional de Catalunya, é un un síntoma máis dun país que ao longo da historia non foi capaz de chegar a puntos de encontro con ningún dos pobos aos que dominou e todos terminaron independizándose pola forza das armas.

Os nacionalistas cataláns, vascos e galegos pedían o recoñecemento das súas comunidades como realidades nacionais, plurilingüísticas e pluriculturais, mais non se lles fixo caso ningún. O plano Ibarretxe que propugnaba unha solución pacífica e dialogada entre todos os partidos políticos con implantación en Euskadi foi vituperado e combatido até a saciedade, e mesmo o seu presidente humillado no Congreso dos Deputados. O Estatuto de Catalunya, despois de ser laminado e pulido como unha patena, foi sometido a votación do pobo catalán e aprobado maioritariamente, mais logo sería o Tribunal Constitucional, controlado por PP e PSOE, quen o desfigurase totalmente.

O presidente Artur Mas, facéndose eco dunha multitudinaria manifestación independentista dos cidadáns de Catalunya, pretende avanzar negociando un pacto fiscal con Madrid, parecido ao concerto vasco, mais o Rajoy retrúcalle que iso non ten cabida na Constitución española. Non se explica como algo que é constitucional para os vascos deixa de selo se se aplica a outro pobo distinto como o catalán, aínda que iso non figure expresamente na CE.

Unha vez saldada reunión Mas-Rajoy en fracaso pola negativa deste último a mover ficha para chegar a un acordo, o presidente español ofrécese de novo a dialogar en base á premisa de que en “España se puede llegar a puntos de encuentro”. O que pasa é que isto hai que demostralo practicamente e non meidante declaracións retóricas mediáticas para demostrar con mera palabrería precisamente o que está en cuestión.

O PP quere recentralizar de novo unha serie de competencias, dinamitar linguas e culturas nacionais periféricas, mutilar unha serie de competencias en educación e sanidade, etc. e,    con esta finalidade, recorre á descalificación burda das autonomías, como culpábeis do défice e da débeda do país, cando foron os gobernos do PP e PSOE quen demostraron a súa incapacidade na súa gobernación levándoo a unha situación de ruína próxima á bancarrota.

Mal panorama político o actual con un goberno en caída libre e unha oposición que xa caeu libremente cando gobernaba. Do partido UPyD ninguén coñece o seu programa e o que trasloce é que só ten como obxectivos a recentralización competencial e a sacralización, aínda máis, da lingua e cultura españolas: máis discurso único, touros, flamencadas, etc. Hai unha total falta de diálogo e capacidade de consenso entre os partidos políticos para afrontar a crise de débeda e para afrontar unha reforma pactada das institucións do Estado español, cada cal máis desprestixiada e sen capacidade de concitar vontades. Un Xefe de Estado “cazado” cazando osos borrachos e elefantes e ao tempo que preside organizacións ecoloxistas; con meteduras de pata a nivel diplomático, con unha familia na que cada un vai polo seu lado e dedicada ao expolio do diñeiro público, que el mesmo parece ter promovido; un presidente do Tribunal Constitucional que realiza viaxes de pracer a custa do erario público; un presidente dos Banco de España que é premiado con unha substanciosa indemnización despois de ter fracasado na súa política de inspección das institucións financeiras; uns directivos de caixas e bancos que amasan sumas cuantiosas de diñeiro en indemnizacións e pensións a expensas de aforradores e accionistas, despois de fracasar estrepitosamente na súa xestión. Panorama desolador!

Pedro de Ambroa

25 sept 2012

ASCENDENTES DE JOSÉ ORTEGA e GASSET (02)

Árbore xenealóxica de José Ortega e Gasset


 Unha familia acomodada


José Ortega e Gasset naceu en Madrid o 9 de maio de 1883, durante o período da Restauración, “en las capas superiores de la sociedad española”1. Era fillo por parte paterna de José Ortega Munilla, fillo á súa vez, de José Ortega Zapata, originario de Valladolid, casado con María del Pilar Munilla Urquiza, natural de Plasencia, Extremadura. Este seu avó, músico, xurista e xornalista, foi membro membro do partido moderado e exerceu un cargo importante na administración colonial cubana. Ocupaba un posto burocrático na Administración do Estado, como oficial da secretaría xeral do Consello Real. En 1855 foi destinado á illa de Cuba en calidade de oficial segundo da secretaría política do Goberno da illa de Cuba, desempeñando o seu labor primeiro na Habana, e despois en Cárdenas como administrador de rendas. Foi o fundador de La Gaceta Musical de Madrid e redactor de xornais como La Libertad, El Puente de Alcolea, El Eco del Progreso, El León español e El tiempo, xornal este último no que ocupou o cargo de redactor xefe. Na súa carreira administrativa, despois do retorno, os seus destinos, serían Plasencia, como promotor fiscal; Cuenca, como xefe da sección de Fomento da clase segunda; Xirona, como secretario do Goberno Civil, e Gobernador interino; Castrokeriz, Castellote e Colmenar Viejo. Retirouse a Miraflores de El Palo en Málaga, onde falece aos 79 anos de idade. Seu pai, Fernando Ortega e Montaner, era un absolutista partidario de Fernando VII.

Durante a estancia caribeña de algo máis de dous anos de Ortega Zapata naceu o pai do filósofo, José Ortega Munilla (Cárdenas, Cuba 1856-Madrid 1922). Exerceu tamén como xornalista, alén de novelista, e casou con Dolores Gasset e Chinchilla (Pontevedra 1860-Puente Genil, Córdoba, 1939). Ortega Munilla iniciou os seus estudos nos Seminarios de Cuenca e Girona, que abandonou ao estalar a revolución de 1868, pasando a iniciar os de dereito. A esa altura era un mozo inquieto partidario da Revolución. Adherente á filosofía positivista e ao krausismo2, ao igual que Gasset Artime, foi redactor de La Iberia, órgao do partido de Práxedes Mateo Sagasta.

O krausismo debe o seu nome ao filósofo idealista alemán Karl Christian Friedrich Krause (1781-1832), defensor do que el chama panenteísmo, noción de carácter metafísico polo que pretendía conciliar a inmanencia e transcendencia divinas sobre o mundo.  Deus non está no mundo nin fóra do mundo, senón que o contén e si e o transcende: panenteísmo, quer dicir, non « todo-deus», senón « todo-en-Deus». Como todos os seres finitos viven en Deus, deben amarse uns a outros e a todos os demais seres do universo. Deus está presente na esencia humana, especialmente na parte superior que é a razón. Os dereitos fundamentais, orixinarios e primitivos do home son a liberdade, concibida como medio para a consecución de fins humanos e non como fin en si mesma, a igualdade racional, sen privilexios de nacemento e de clase compatíbel coas diferenzas individuais, e a propiedade, fundada na natureza humana e nas súas necesidades. Oponse ao socialismo por consideralo destrutor da propia esencia humana. Defendeu a igualdade de dereitos entre o home e a muller, os dereitos dos meniños e os da natureza, a separación da Igrexa e do Estado, ou sexa, a laicidade.

O krausismo tivo grande influencia en España, onde foi introducido polo filósofo soriano Julián Sanz del Río, (1814-1869), e continuado polo seu discípulo Francisco Giner de los Ríos, (1839-1915), pedagogo, intelectual e cofundador da Institución Libre de Ensinanza, especie de Universidade privada. Os krausistas españois pretendían reformar o home de acordo con un novo ideal de humanidade e, por conseguinte, conferíanlle un grande papel á educación. A súa defensa do panenteísmo e do liberalismo progresista e laico enfrentounos coa Igrexa Católica, que incluiu o libro de Krause, Ideal de Humanidade, no Índice de Libros Prohibidos, e co seu brazo político no poder, a esa altura representado polo ministro de Fomento, o integrista Manuel Orovio Echagüe, que en calidade de responsábel da Instrución Pública, nun Goberno presidido por Canovas del Castillo, publica, o 26/02/1875, unha circular na que fai observar que nos estabelecementos que sostén o Goberno non deben ensinarse outras doutrinas que non sexan as do Estado, nin tolerar explicación algunha que redunde en menoscabo da persoa do Rei ou da Monarquía, e que se restabeleza a orde e a disciplina no ensino. A oposicións dos krausistas a este ataque á liberdade de cátedra, saldouse coa expulsión de Nicolás Salmerón, Giner de los Ríos, Gumersindo Azcárate, Saínz Rueda, ... e a demisión, en sinal de solidariedade, de Castelar, Montero Ríos, Laureano Figuerola, Segismundo Moret, etc., o que dará lugar á creación da Institución Libre de Ensinanza o 16/08/1876, que vai exercer unha notábel influencia na Universidade e cultura españolas contribuíndo a mermar o monopolio da filosofía neoescolánstica imperante. Ao seu abeiro creáronse o Centro de Estudos Históricos, Residencia de Estudantes, Xunta de Ampliación de Estudos. ...

O pai de Ortega, co seu amigo Miguel Moya fundou a resvista literaria La Linterna e publicou tamén con él un periódico taurino, El Chiclanero, por ser, alén de crítico taurino, un grande afeccionado aos touros. Como literato, formou parte da xeración realista do 68 e converteuse en defensor do idealismo en literatura. Redactou unha sección, «Crónica semanal», en Los Lunes de El Imparcial e exarceu como crítico teatral e redactor de Los Debates. Con ocasión do acceso de Rafael Gasset Chinchilla ao ministerio de Fomento con Francisco Silvela, da Unión Conservadora, como presidente, o 5/03/1899, substitúeo na dirección de El Imparcial, o 19/04/1900, posto no que permanecerá até maio de 1906, en que toma o seu relevo Luís López Ballesteros. Este xornal foi o máis importante do seu tempo e del dicíase que quitaba e poñía gobernos. Desde logo, converteuse en mans do Gasset nunha maquinaria de poder e influencia ao servizo dos seus designios económico-políticos e ideolóxicos. De tendencia liberal dinástica, patrocinou a fundación da «Sociedad Editorial de España», que tamén apoiaba o seu fillo José Ortega e Gasset, na que ocupou o cargo de Vicepresidente. Esta presentábase como unha especie de sindicato empresarial de carácter apolítico, formado por tres xornais madrileños “independentes” de ámbito estatal -El Imparcial, El Liberal e El Heraldo- e seis xornais de provincias-, pero na práctica foi un grupo de “presión periodística y un defensor de las tácticas políticas de Rafael Gasset e de Miguel Moya Ojanguren, primeiro presidente este último da Asociación da Prensa de Madrid”3, director e presidente de El Liberal, fundado por Isidoro Fernández Flórez, e máximo accionista da Sociedad, da que era Presidente. O chamado trust constituía unha especie de monopolio xornalístico de tendencia liberal. Aínda que manifestaban que non pretendían monopolizar a influencia da imprensa política, non foron capaces de convencer á opinión pública, que os vía escorados cara ao partido liberal e os seus aliados. Estaba gobernado por un Comité Executivo formado por Miguel Moya, presidente, José Ortega e Munilla, Vicepresidente, José Gasset Chinchilla, Secretario, e Antonio Sacristán, Inspector Xerente. As desavinzas de José Ortega e Munilla con Rafael Gasset, que quería un xornal máis dócil ao seu proxecto político, obrígano a abandonar El Imparcial en 1910, utilizando no sucesivo como tribunas para os seus artigos o ABC e La Vanguardia. Polo apoio que lle dispensaban os seus cuñados, Eduardo e Rafael, obtivo o escano polo distrito de Padrón sen implicarse persoalmente na contenda electoral e sen molestarse en intervir practicamente nada no Congreso, o que non lle impedía de gañar nas eleccións, en varias lexislaturas, co 100 por cento dos votos emitidos4. En 1902 ingresou na Real Academia Española para ocupar a cadeira E que ostentara Campoamor.

Por parte da liña paterna dos Ortega, eran, por tanto, escritores, xornalistas, funcionarios da administración e, politicamente, de tendencia conservadora, salvo o seu pai.
A liña materna é máis distinguida. Na vertente militar, o seu trisavó, Manuel Gasset Rodríguez foi brigadier e marechal de campo de Estado Maior. O seu bisavó, José Gasset e Montaner, fillo de Manuel Gasset Rodríguez, naceu en Barcelona en 1800 e seguiu a carreira militar do seu pai, alcanzando a categoría de tenente en 1828. De ideoloxía carlista, a participación na rebelión de 1827 do irmán do rei, Carlos María Isidro, contra Fernando VII provocou o seu desterro a Galicia onde permanecería ligado ás familias do carlismo galego. En 1830 foi nomeado funcionario da Administración de Correos e en 1832 da Dirección Xeral de Lotarías. Casou na parroquia de Iria Flavia con Águeda Artime5 Valledor6, de acomodada familia oriunda de Avilés, Asturias, con casa soarega nesta localidade padronesa7. Acompañou, xunto coa súa filla Eugenia, a Rosalía de Castro, na súa viaxe de 1856, a Madrid, onde a xove escritora galega se encontra co seu amigo da infancia, Eduardo Gasset Artime, mozo de bo parecer e brillante traxectoria.



O seu tío avó pola liña dos Chinclilla-Díez de Oñate, José Chinchilla e Díez de Oñate, fillo de José María Chinchilla y de Manuela Díez de Oñate e Prados, tivo unha brillante carreira militar. Foi tenente xeneral e Capitán Xeneral de Madrid e Director Xeral da Guarda Civil, ministro de guerra no goberno de Sagasta en 1888 e Gobernador de Cuba. Loitou en Cuba ás ordes do xeneral Serrano, participou na guerra americana de México, na Terceira Guerra Carlista e combateu a sublevación do Xeneral Prim. O curmán do seu avó, Eduardo Gasset Artime, Manuel Gasset Mercader, senador electo, senador vitalicio8, e capitán xeneral de Cataluña, foi premiado co marquesado de Benzú pola súa brillante traxectoria militar. Por tanto, a vea militar, que se reflite na ideoloxía do filósofo está moi presente na rama materna, e tamén na súa familia política, pois a súa muller, Rosa Spottorno Topete, era filla do Xeneral Xurídico da Armada, Juan Spottorno y Bienert, e a súa mai, Josefina Topete Cavaillón, era filla de Ramón Topete e Carballo, que chegou a ser Vicealmirante da Armada e Capitán Xeneral do Ferrol. O seu tío, Juan Bautista Topete e Carballo é coñecido como o Almirante Topete. Nomeado Capitán do porto de Cádiz, lanzou aos gaditanos a proclama que suporía o inicio da revolución “Gloriosa”, que levou ao desterro á raiña Isabel II e propiciou o comezo do sexenio revolucionario. Ocupou a carteira de Ministro de Mariña en varias ocasións, e tamén foi deputado a Cortes, presidente do Consello de Ministros, ministro da Guerra e ministro de Ultramar. En 1880 foi ascendido a Vicealmirante. O pai, Juan Bta. Topete e Viaña, fillo do almirante Ramón Topete e Fuentes, tamén pai de dos mariños Francisco e José Topete e Viaña, foi Comandante dos Apostadeiros de Veracruz e da Habana, Xefe de Escuadra, Comandante Xeneral do Departamento de Cádiz e Ministro de Mariña en 1846 co marqués de Miraflores. Outro dos seus tíos, Ángel, Capitán de Navío, foi Xefe do Apostadeiro de Filipinas e Comandante Xeneral do Arsenal de Cavite. O avó destes, Ramón Topete e Fuentes, foi Xefe de Escuadra e e obtivo o grao de Tenente Xeneral. Juan Bautista Topete e Viaña, fillo do almirante Ramón Topete e Fuentes, tamén pai de dos mariños Francisco e José Topete e Viaña.

Os ascendentes de Rosa Spottorno Topete tamén participaron activamente en política. O seu pai, Juan Spottorno Bienert saiu deputado nas eleccións do 5 de marzo de 1893, pola circunscrición da Coruña, distrito de Ferrol24. O seu avó paterno, Bartolomé Spottorno María, de tendencia liberal, foi deputado por Cartaxena en tres ocasións, cónsul de Prusia e axente consular de Dinamarca e Grecia. Pola parte materna, o seu tío, Juan Bautista Topete Carballo, foi deputado por Cadiz, Barcelona e Madrid25, ministro de Ultramar, Mariña e Guerra en varias ocasións durante períodos moi breves de tempo e Presidente interino do Consello de Ministros26; e o seu avó, Juan Bautista Topete e Viaña, foi deputado por Sevilla27.

A faceta política dos bisavós de José Ortega e Gasset, pola rama Chinchilla-Díez de Oñate, está representada polo marbellí Juan Chinclilla Bernardí, deputado en 18439, e senador vitalicio na lexislatura 1858-1860, e polos seus tíos avós, José Chinchilla e Díaz de Oñate, senador pola Habana na lexislatura 1887-1888 e senador vitalicio na lexislatura 1993-1994; Juan Chinchilla e Díez de Oñate, avogado, deputado polo distrito de Lucerna10, circunscrición de Córdoba, senador vitalicio na lexislatura 1889-1890, e Auditor Xeneral do Exército, e o seu irmán, o cacique Joaquín Chinchilla e Díez de Oñate, avogado e licenciado en filosofía e letras, deputado polo fracción política demócrata por Jaen e Coin na circunscrición de Málaga, obtendo en tres lexislaturas de cinco o cen por cento dos votos11, senador por Málaga na lexislatura 1896-1898, senador vitalicio na lexislatura 1907-1908, e Intendente de Facienda en Filipinas.


O seu avó materno, Eduardo Gasset Artime, (Pontevedra 1832-Madrid, 1884)12, nunha situación de cesantía do seu pai en 1835, foi enviado para Madrid aos once anos a traballar como escribente sen soldo no Banco de San Fernando, que máis tarde mudaría polo Ministerio de Facenda. En 1854 é nomeado contador do Ministerio de Facenda en Segovia, pero retorna a Madrid en 1855, ano en que casa coa marbellí, de rica e influente familia -seu pai foi presidente do Tribunal de Contas-, Rafaela Chinchilla e Díez de Oñate13. En anos sucesivos ocuparía diversos postos na Administración do Estado en varias localidades do Estado español: Albacete, Cuenca, Burgos, Oviedo, e Murcia, e en 1861 é nomeado inspector Xeral de Contribucións. Afíliase a Unión Liberal, partido fundado en 1858 por Leopoldo O’Donnell, que era un partido monárquico, centrista equidistante entre o partido progresista -defensor da milicia e soberanía nacionais, ampliación do sufraxio censitario e laicismo- e o partido moderado -defensor da soberanía compartida, sufraxio censitario, unidade católica de España. A UL, con un programa flexíbel, propugnaba un maior centralismo administrativo e un multipartidismo restrinxido. En 1858, en eleccións con sufraxio censitario, como tamén as de 1863, foi elixido como deputado pola Unión Liberal, despois dunhas eleccións moi contestadas por fraudulentas pola oposición, repetindo en varias lexislaturas pola circunscrición da Coruña, distritos de Padrón e Santiago, e pola circunscrición de Pontevedra, distritos de Pontecaldelas e Cambados14. En xeral, as eleccións nas que participaron os Gasset foron eleccións sen credibilidade democrática, con resultados á búlgara, moitas veces do cen por cento dos votos obtidos sobre o total de votantes, cando non superior a esta porcentaxe. Senador por Teruel na lexislatura de 1872-1873, renunciaría para presentarse a deputado pola circunscrición da Coruña. Na lexislatura de 1883-1884, ocupou o cargo de senador vitalicio. Abandona a Administración do Estado pola empresa privada pero coa volta da Unión Liberal ao poder, é nomeado gobernador civil de Pontevedra en 1865. Contribúe a fundar a Institución Libre de Enseñanza, chegando a formar parte, como conselleiro e con enderezo en Praza de Matute, 5, da súa primeira xunta directiva constituída o 31/05/1876 e do accionariado da entidade con dúas accións. Angel Fernández de los Ríos traspásalle El Semanario Pintoresco, converténdose en propietario e director desta publicación, até que o vendeu en xuño de 1856. En 1862 funda o semanario, logo xornal, El Eco del País, unha publicación ao servizo da Unión Liberal, partido co que concorrera ás eleccións ao Congredo de Deputados en 1858 e ao que permaneceu fiel até o ano 1866, en que se afasta de O’Donnell e se aproxima aos progresistas. Non tivo éxito con esta publicación e ao ano seguinte funda o xornal liberal e monárquico de maior tirada de España, El imparcial, que se publicará desde o 16/03/1967 até o ano1933, coa finalidade de apoiar ao xeneral Prim, tamén membro da Unión Liberal, a terminar co reinado de Isabel II. Neste xornal da familia publica José Ortega e Gasset o primeiro artigo o 14/03/1904, co título: “El poeta del misterio”. Este diario que chegou a tirar 130.000 exemplares diarios e que se vangloriaba de poñer e quitar gobernos, vai converterse nun instrumento de poder ao servizo da casa dos Ortega e Gasset. Naceu como un xornal monárquico antidinástico, mais adaptouse á república; opúxose nun primejro momento á Restauración, mais terminou por aceptala, cambio de liña editorial que alentou aos disidentes a fundar en 1879 El Liberal; foi defensor dun sistema democrático e dun liberalismo light, de inclinación católica e arredado dos extremismos. Funda tamén La Ilustración de Madrid, dirixida por Bécquer, que logo se convertirá na Ilustración Española y Americana. En decembro de 1868 é elixido concelleiro por Madrid e en xaneiro de 1869 deputado por Santiago. Aceptou a constitución de 1869 e apoiou a candidatura monárquica de Amadeo de Saboia, polo seu talante liberal. En 1871 é nomeado ministro de Ultramar no goberno de Manuel Ruiz Zorrilla15, do Partido Demócrata Radical, de ideoloxía liberal progresista, surxido dunha escisión pola esquerda do Partido Progresista, baixo o reinado de Amadeo de Saboia, mais tivo que demitir por oporse á abolición da escravatura en Porto Rico. A súa oposición á escaravatura é indicativo da súa escasa sensibilidade por este este tema, que compartirá tamén o seu neto, o filósofo, que xustificará a escravatura polo progreso que representa como solución alternativa á morte dos cativos. A raíz do seu nomeamento renuncia á dirección do Imparcial e nomea para este posto a Mariano Araús. O 19/05/1879, cesa a Isidoro Fernández Flórez e nomea para dirixir Los Lunes de El Imparcial, ao seu futuro xenro, José Ortega Munilla, a esa altura con 22 anos, que casaría coa súa filla Dolores, muller moi abnegada e católica, en 1881. Os cesados, molestos, aproveitaron para fundar El Liberal. Como nova mostra de adaptación ás circunstancias socio-políticas, o outrora defensor da monarquía máis liberal de Europa, contemporizador coa república e accionista da Institución Libre de Enseñanza de Giner de los Ríos, acepta a Restauración borbónica, xesto que foi recompensado por Alfonso XII en 1884, co nomeamento de senador vitalicio por designación real. Á súa morte, asume a dirección do xornal o seu fillo Rafael Gasset Chinchilla, aos 18 anos de idade. Con el o xornal chega á súa cimeira, mais tamén se produce, a seguir, o seu esmorecemento, por telo convertido nun xornal partidista, que perde a súa imparcialidade.
O irmán de Dolores, Rafael Gasset Chinchilla, preséntase ás eleccións ao Congreso de Deputados, do 1/02/1891, nas filas do Partido Conservador, obtendo un escano pola circunscrición de Cuba e foi o primeiro ministro de agricultura de España durante seis meses en 1900, no goberno presidido por Francisco Silvela, de Unión Conservadora, e durante cinco en1903, nun goberno encabezado por Raimundo Fernández Villaverde16, do Partido Liberal Conservador. En 1905 abandona o Partido Conservador e pasa ás filas do Partido Liberal, ocupando a carteira ministerial nos gobernos liberais: de Moret (1905-1906, 1909-1910), Canalejas (1911-1912), Romanones (1913 e 1916-1917) e García Prieto (1922-1923). Cacique e deputado «cunero» pola bisbarra de Padrón, foi deputado polas circunscricións de Cuba, Pontevedra, A Coruña, Cidade Real desde 1891 a 192317. Sucedeu ao seu pai na dirección de El imparcial, que supeditou aos seus intereses politicos provocando o descrédito do xornal. e foi un dos propietarios do trust da imprensa do momento, a Sociedad Editorial de España, integrado por El imparcial, El liberal, El heraldo, comprado este último a Canalejas en 1906, La Semana Ilustrada e varios xornais de provincia.


O seu fillo e curmán do filósofo, Ricardo Gasset Alzugaray, avogado e xornalista, foi deputado polo distrito de Almagro, na circunscrición de Cidade Real, polo partido liberal de Romanones; por Noia, na da Coruña, dentro do grupo liberal-agrario do seu pai, e por Lugo, xa en 193618, eleccións nas que se presenta pola Unión Republicana de Diego Martínez Barrio. Exilouse en Francia e volve a España en 1949.
O fillo varón maior de Eduardo Gasset Artime, Eduardo Gasset Chinchilla, nacido en Vigo, estivo moi ligado a Galicia. A finais do século XIX mercou o pazo das Tores Xunqueiras, no municipio da Pobra do Caramiñal. Foi deputado pola circunscrición da Coruña, distritos de Padrón, Betanzos, A Coruña e Arzúa, en varias lexislaturas, obtendo en moitas delas o cen por cento dos votos19. A partir de 1905, foi designado senador pola provincia da Coruña e en 1918, senador vitalicio20. Casou coa súa curmá, María Neira Gasset, da que tivo un fillo, Eduardo Gasset Neira, tamén deputado21

José Gasset Chinchila foi deputado por Ordes en 1903-190522. Ramón Gasset Chinchilla, deputado por Arzúa e Gaucín, Málaga23, foi director da «Escuela Superior de Artes e Industrias» de Vigo, e ao igual que Rafael, participaba do rexeneracionismo costista, que tamén compartirá o noso autor, que propugnará un rexeneracionismo pola moral científica.
Polos ascendentes, podemos ver que Ortega e Gasset, descende de burgueses acomodados, era un «fillo de papá», un «neno ben», un «pijo», como se diría en linguaxe coloquial dos nosos días, como el mesma recoñecerá en carta aos seus pais de 1905. A súa familia ocupaba postos importantes no eido militar, afministrativo e político, con enorme proxección, tanto por parte da liña dos Ortega como dos Gasset Spottorno. A ideoloxía política é de carácter, conservador principalmente pola parte dos Ortega, e liberal e máis prgresista pola liña dos Gasset e dos Spottorno, mais sempre dentro do etablissement, do sistema de poder de turno. Esta forte influencia e proxección social familiar explican que fose nomeado catedrático de metafísica aos 27 anos de idade a pesar de non ter practicamente publicado nada.
O seu fillo, José Ortega Spottorno, será nomeado senador por designación real para a lexislatura constituénte: 15/06/1977-02/01/1979. Dirixiu a Revista de Occidente, fundou Alianza Editorial e participou na fundación do xornal El País, do que foi membro do Consello de Administración de El País até o ano 1984.

1. ORTEGA Y GASSET, JOSÉ, Documentos políticos, Alianza Editorial, Madrid, 1990, p. 81.

2. F. LALCONA, JAVIER, El idealismo político de Ortega y Gasset, p. 35.
 
3. ORTEGA SPOTTORNO, JOSÉ, Los Ortega, Taurus, Madrid, 2002, p. 120.
 
4. Eleccións           Circunscrición           Distrito           Data de alta           Data de baixa           % vot
40  27.3.1898         A Coruña                   Padrón           04/04/1898            16/03/1899               74,58
41  16.4.1899         A Coruña                   Padrón           01/05/1899            24/04/1901               76,56
42  16.5.1901         A Coruña                   Padrón           27/05/1901            27/03/1903               78,40
43  30.4.1903         A Coruña                   Padrón           03/05/1903            17/08/1905              100,00
44  10.09.1905       A Coruña                   Padrón           19/09/1905            30/03/1907              100,00
45  21.4.1907         A Coruña                   Padrón           29/04/1907            14/04/1910              100,00
46  8.5.1910           A Coruña                   Padrón           17/05/1910            02/01/1914                96,50
 
5. Os sacerdotes da parroquia de Iria Flavia escriben Altimes6. Nos documentos de Iria Flavia sempre aparece Valledor e non Villado, como escriben algúns. A súa mai é descrita como María Manuela González Valledor, polo cal non sabemos se escriben o apelido da nai primeiro ou se apelan ao apelido polo que se coñece cando describen a filla como Artime Valledor.
7. Zamora Bonilla di que era unha dama fidalga de Padrón. (ZAMORA BONILLA, JAVIER, Ortega y Gasset, Plaza y Janés, Barcelona, 2002 p. 24
 
8. Senador vitalicio na lexislaturas de 1864-1865, senador pola provincia de Lerida en 1876-1877, e senador vitalicio en 1877.
 
9. Elección do 15.9.1843. Deputado suplente electo con 53,55 5 dos votos.
 
10. Eleccións           Circunscrición           Distrito           Data de alta           Data de baixa           % vot
34  21.8.1881           Córdoba                    Lucerna         30/08/1881             31/03/1884               93,52
 
11. Eleccións           Circunscrición           Distrito           Data de alta           Data de baixa           % vot
25  1.12.1865          Jaen                         Jaen               03/01/1866             30/12/1866               95,06
27  15.1.1869          Jaen                         Jaen               22/02/1870              02/01/1871              69,14
40  27.3.1898           Málaga                     Coin              06/04/1898              16/03/1899             100,00
41  16.4.1899           Málaga                     Coin              24/04/1899              24/04/1901             100,00
42  19.5.1901           Málaga                     Coin              29/05/1901              27/03/1903             100,00
 
12. Algúns afirman que o seu lugar de nacemento non é Pontevedra senón El Paraiso, Cesures, Padrón. Esta afirmación é pouco probábel se temos en conta que o lugar de baptismo non foi a parroquia de Iria Flavia nin de Padrón, senón a de Santa María a Maior de Pontevedra. Tendo en conta que o baptismo se practicaba, a esa altura, o mesmo día do nacemento ou todo o máis ao día seguinte, sería raro, caso de nacer en Padrón, que non se baptizase nesta localidade e se desprazase con urxencia para Pontevedra con esta finalidade.
 
13. Outra veces, Soledad Ortega, de quen collemos esta información, dá como nome: Rafaela Chinchilla Domínguez. Cf. ORTEGA Y GASSET, JOSÉ, Cartas de un joven español, Ediciones el Arquero, Madrid, 1991, pp. 8 e 51.
14. Eleccións           Circunscrición          Distrito            Data de alta           Data de baixa         % vot
22  31.10.1858         A Coruña                 Padrón            21/02/1858             22/03/1861             58,54
22  31.10.1858         A Coruña                 Padrón            27/04/1861             12/08/1863           100,00
23  10.10.1863         Pontevedra               Pontecaldelas 30/05/1864             23/06/1864           100,00
25  1.12.1865           A Coruña                 Santiago         03/01/1866             30/12/1866            99,94
27  15.1.1869           A Coruña                 Santiago         16/02/1869              02/01/1871          106,91
28  8.3.1871             A Coruña                 Padrón            22/04/1871             22/05/1871               ?
28  8.3.1871             Pontevedra              Cambados       22/04/1871             24/01/1872             66,09
30  24.8.1872           A Coruña                 Padrón            19/09/1872             22/03/1873             99,31
33  24.4.1879           A Coruña                 Padrón            02/05/1879             25/06/1871           108,35
34  21.8.1881           A Coruña                 Padrón            02/09/1881             31/03/1884            98,39
 
15. Do13/06/1872 [BOE 15/06/1872] a 19/12/1872 [BOE 21/12/1872]
 
16. Ministro de Agricultura, Industria, Comercio y Obras Públicas 18/04/1900 [BOE 19/04/1900] a 23/10/1900 [BOE 24/10/1900]. Preside Francisco Silvela; Ministro de Agricultura, Industria, Comercio y Obras Públicas 20/07/1903 [BOE 21/07/1903] a 05/12/1903 [BOE 08/12/1903]. Presidente: Raimundo Fernández Villaverde; Ministro de Fomento 01/12/1905 [BOE 03/12/1905] a 06/07/1906 [BOE 07/07/1906]. Presidente: Segismundo Moret; Ministro de Fomento 30/11/1906 [BOE 01/12/1906] a 04/12/1906 [BOE 05/12/1906]. Presidente: Moret; Ministro de Fomento 21/10/1909 [BOE 22/10/1909] a 09/02/1910 [BOE 10/02/1910]. Presidente: Moret; Ministro de Fomento 02/01/1911 [BOE 03/01/1911] a 03/04/1911 [BOE 04/04/1911]. Presdidente: José Canalejas; Ministro de Fomento 03/04/1911 [BOE 04/04/1911] a 12/03/1912 [BOE 13/03/1912]. Presidente: Canalejas; Ministro de Instrucción Pública y Bellas Artes Interino durante la ausencia del titular 10/09/1911 [BOE 11/09/1911] a 20/09/1911 [BOE 21/09/1911]; Ministro de Fomento 24/05/1913 [BOE 25/05/1913] a 27/10/1913 [BOE 28/10/1913]. Presidente: Álvaro de Figueroa, Marqués de Romanones; Ministro de Fomento 30/04/1916 [BOE 01/05/1916] a 19/04/1917 [BOE 20/04/1917]. PresidenteRomanones; Ministro de Fomento 07/12/1922 [BOE 08/12/1922] a 03/09/1923 [BOE 04/09/1923]. Presidente: Manuel García Prieto.

17. Eleccións          Circunscrición      Distrito                Data de alta           Data de baixa           % vot
37  1.2.1891            Cuba                   Santiago de Cuba 16/07/1892            05/01/1893               45,41
38  5.3.1893            Pontevedra           A Estrada            03/07/1893            01/07/1895             141,67
39  5.4.1896            A Coruña             Noia                    18/04/1896            26/02/1898             100,00
                             Cuba                                                                                                        55,91
40  27.3.1898          A Coruña              Noia                    03/04/1898           16/03/1899             100,00
41  16.4.1899          A Coruña              Noia                   25/04/1899            24/04/1901             100,00
42  19.5.1901          A Coruña              Noia                   27/05/1901            27/03/1903             100,00
43  30-4.1903          A Coruña              Noia                   09/05/1903            17/08/1905             100,00
44 10.9.1905          A Coruña              Noia                   27/09/1905            30/03/1907               99,97
45  21.4.1907          A Coruña              Noia                   29/04/1907            14/04/1910              100,00
46  8.5.1910            Cidade Real          Cidade real         14/05/1910             02/01/1914              65,68
      8.5.1910           A Coruña               Noia                   18/05/1910            05/07/1910              59,83
47  8.3.1914            Cidade Real          Cidade Real         05/03/1914           16/03/1916                   -
48  9.4.1916            Cidade Real          Cidade Real         02/04/1916           10/01/1918                   -
49  24.2.1918          Cidade Real          Alcazar de San J. 04/03/1918            02/05/1919             61,35
50  1.6.1919            Cidade Real          Alcazar de San J. 06/06/1919           02/10/1920              56,95
     1.6.1919             A Coruña             Padrón                 24/07/1919           13/08/1919              99,35
51  19.12.1920         Cidade Real         Alcazar de San J. 27/12/1920            06/04/1923             88,79
52  29.4.1923           Cidade Real         Alcazar de San J. 26/05/1923           15/09/1923              79,26
                               Pontevedra          Vigo                    11/06/1923            15/09/1923              64,91

18. Eleccións           Circunscrición       Distrito                Data de alta          Data de baixa          % vot
48  9.4.1916             Cidade Real          Almagro              15/04/1916            10/01/1918               85,58
49  24.2.1918           A Coruña              Noia                    28/12/1918            02/05/1919                  -
50  1.6.1919             A Coruña              Noia                   10/06/1919             02/10/1920                  -
51  19.12.1920         A Coruña              Noia                    25/12/1920            06/04/1923               50,42
52  29.4.1923           A Coruña              Noia                    26/05/1923            5/09/1923                 60,68
53  16.2.1936           Lugo                                               26/02/1936            02/02/1939               48,66

19. Eleccións           Circunscrición        Distrito                Data de alta          Data de baixa           % vot
38  5.3.1893             A Coruña               Padrón                13/03/1893            01/07/1895              76,02
39  5.4.1896             A Coruña               Padrón                25/04/1896            26/02/1898            100,00
40  27.3.1898           A Coruña               Betanzos             05/04/1898            16/03/1899              92,23
41  16.4.1899           A Coruña               Betanzos             24/05/1899            24/04/1901              76,35
42  19.5.1901           A Coruña               Betanzos             31/05/1901            27/03/1903            100,00
43  30.4.1903           A Coruña               A Coruña             15/05/1903            17/08/1905               55,10
44  10.9.1905           A Coruña               Arzúa                   02/10/1905           25/11/1905               61,56
47  8.3.1914             A Coruña               Padrón                 31/03/1914           16/03/1916               88,90

20. Foi elixido senador pola Coruña nas lexislaturas de 1905-1907; 1907-1908; 1910-1911; 1917-1918. En 1918 foinomeado senador vitalicio.

21. Eleccións             Circunscrición         Distrito        Data de alta         Data de baixa         % vot
48  9.4.1916               A Coruña                Padrón        04/04/1916          10/01/1918                  -
49  24.2.1918             A Coruña                Padrón        25/03/1918           07/11/1918              98,27

22. Eleccións            Circunscrición        Distrito         Data de alta           Data de baixa         % vot
43  30.4.1903            A Coruña               Ordes           04/05/1903            17/08/1905              76,44

23. Eleccións           Circunscrición          Distrito         Data de alta          Data de baixa         % vot
44  10.9.1905           A Coruña                 Arzúa           30/12/1905           30/03/1907              77,05
46  8.5.1910            Málaga                    Gaucín          31/03/1911           02/01/1914              98,48

24. Eleccións          Circunscrición          Distrito          Data de alta          Data de baixa          % vot
38 5.03.1893           A Coruña                 Ferrol            14/03/1893            01/07/1895              41,13

25. Eleccións          Circunscrición          Distrito          Data de alta           Data de baixa           % vot
22  31.10.1858        Cádiz                      Cádiz            10/12/1862             12/08/1863               58,01
27  5.1.1869            Barcelona               Vich              16/02/1869             03/03/1869               39,12
27  5.1.1869            Madrid                    Madrid           16/02/1869             02/01/1871               57,55
28  8.3.1871            Cádiz                     Cádiz             13/04/1871             24/01/1872               97,83
29  2.4.1872            Cádiz                     Cádiz             03/05/1872            28/06/1872                99,73

26. Ministro de Marina, Comercio y Gobernación de Ultramar 12/02/1846 [BOE 13/02/1846] a 16/03/1846 [BOE 17/03/1846]; Ministro de Marina 08/10/1868 [BOE 09/10/1868] a 22/02/1869; Ministro de Marina 25/02/1869 [BOE 27/02/1869] a 18/06/1869 [BOE 20/06/1869]; Ministro de Ultramar Interino 21/05/1869 [BOE 23/05/1869] a 18/06/1869 [BOE 20/06/1869]; Ministro de Marina 18/06/1869 [BOE 20/06/1869] a 01/11/1869 [BOE 03/11/1869]; Ministro de Ultramar Interino 18/06/1869 [BOE 20/06/1869] a 13/07/1869 [BOE 15/07/1869]; Ministro de Guerra Interino durante la ausencia del titular 25/08/1869 [BOE 26/08/1869] a 21/09/1869 [BOE 22/09/1869]; Presidente del Consejo de Ministros Interino durante la ausencia del titular 26/08/1869 [BOE 27/08/1869] a 21/09/1869 [BOE 22/09/1869]; Ministro de Marina 01/11/1869 [BOE 03/11/1869] a 06/11/1869 [BOE 09/11/1869]; Ministro de Marina 09/01/1870 [BOE 12/01/1870] a 20/03/1870 [BOE 22/03/1870]; Ministro de Guerra Interino 27/12/1870 [BOE 29/12/1870] a 04/01/1871 [BOE 05/01/1871]; Ministro de Estado 27/12/1870 [BOE 9/12/1870] a 04/01/1871 [BOE 05/01/1871]; Presidente del Consejo de Ministros Interino 27/12/1870 [BOE 29/12/1870] a 04/01/1871 [BOE 05/01/1871]; Ministro de Ultramar 21/12/1871 [BOE 22/12/1871] a 20/02/1872 [BOE 22/02/1872]; Presidente del Consejo de Ministros Interino hasta la llegada del titular 26/05/1872 [BOE 28/05/1872] a 04/06/1872 [BOE 05/06/1872]; Ministro de Marina 26/05/1872 [BOE 28/05/1872] a 13/06/1872 [BOE 15/06/1872]; Ministro de Guerra Interino hasta la llegada del titular 26/05/1872 [BOE 28/05/1872] a 04/06/1872 [BOE 05/06/1872]; Ministro de Marina 03/01/1874 [BOE 04/01/1874] a 13/05/1874 [BOE 13/05/1874]  

27.   Eleccións    Circunscrición    Distrito      Data de alta      Data de baixa      % vot   
15    3.9.1844      Sevilla                   -           19/10/1844        31/10/1846         76,69