![]() |
O presidente de Ecuador, Correa |
Tratouse dunha cimeira davaluada pola limitada ausencia de Xefes de Estado e de Goberno como polos resultados. Faltaron nada menos que os mandatarios de Nicaragua, Arxentina, Uruguai, Guatemala, Paraguai, Venezuela e Cuba e dous dos presentes, Evo Morales de Bolivia, e Porfirio Lobo de Honduras, anticiparon a súa saída de Cádiz pretextando compromisos nos seus países. Isto significa que dos 21 países iberoamericanos, somente estiveron presentes os máximos mandatarios de 14 países, ou sexa, o 66,67 por cento, embora outros enviaron representantes, mais non é igual. Por outra parte, algúns dos presentes, como Correa de Ecuador, devaluárona de palabra ao afirmar que unha cimeira de máis de dous xa non é produtiva. Podemos observar que os máis esquerdistas estaban ausentes. No caso de Chavez, quizais resoen nos seus ouvidos os ecos daquel «por que no te callas» que recibiu do rei Juan carlos. Está claro que para moitos destes países, a cimeira ten un valor secundario e relativo.
Os resultados concretos foron practicamente nulos, e o comunicado final é un cúmulo de vaguidades e lugares comúns: desenvolvemento de infraestruturas, a promoción das micro, pequeñas e medianas empresas, políticas de crecimiento e emprego, o fortalecemento de "regras claras, estábeis e previsíbeis que axuden a promover as inversións produtivas nacionais e estranxeiras". Declaran que "o problema mundial das drogas, a trata de persoas, o tráfico ilícito de armas, municións e explosivos e o lavado de diñeiro, representa unha grave ameaza para o bienestar e a seguranza dos cidadáns", e pídese unha maior "coordinación" na loita contra estes delitos. Deciden reformar as cimeiras, mais desa reforma só citan que “Previsibelmente pasarán a ser bianuais”, o cal non é unha mellora senón o recoñecemento explícito da súa inutilidade.
Frente a esa limitada presenza de Xefes de Estado e de Goberno americanos, produciuse unha hiperinflación de mandatarios españois: Os reis, principes de Asturias, o matrimonio Rajoy, o ministro de Esteriores, García Margallo, etc., con un custo moi importante para as arcas públicas, porque o desprazamento e a seguranza de todas estas persoas é tremendamente elevado, especialmente para un país sumido nunha crise económica tan profunda. Por outra parte, creo que habería que preguntarse sobre a pertinencia da presenza dos monarcas e príncipes nestas cimeiras, porque non teñen ningún cometido político específico concreto e a súa presenza é unha especie de excrescencia superflua e quizais molesta para algúns dirixentes. Eu non me figuro os presidente alemán, o italiano, os reis de Holanda, etc. Participando nestas cimeiras, porque o seu papel é simplemente representativo, e este foro ou é un sesión de traballo e de propostas políticas ocncretas ou non é nada nin serve para nada. Frente a esta imaxe de España, a dos outros países vese como moito máis simple, maís moderna e máis austera.
Por outra parte, un país como España, sumido nunha recesión importante e con un PIB per cápita que é superado por Brasil, que ocupa a sexta posición e por México, estea soportando máis do 60 por cento do custo do finaciamento da Secretaría Xeral Iberoamericana, organizadora das cimeiras. Como se xustifica isto? Como nun clima de austeridade interior a todo prezo se permite semellante dispendio? Que se pretendía cando se aceptou e programou que o noso país correse con semellante factura? Que beneficios se esperaban? A nivel económico ninguén dá nada de balde e pretender que pagando a maior parte do evento os demais ían acceder a dar contraprestacións maiores ou que se podería impor unha especie de neocolonialismo de ningún tipo non ten sentido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario