09.- A castración na sociedade romana
a) O culto a Cibeles
![]() |
Eunuco Esporo |
A Cibeles rendeuse culto primeiramente en Frixia e posteriormente o seu culto estendeuse por Grecia, e Roma, cidade esta última onde foi recibida xubilosamente. Representábase so a forma dunha pedra, dun aerolito, e da fecundación dunha pedra naceu Acdistis, forma hermafrodita de Cibeles, no fundo identificado con ela, e que servirá de espello para o mito de Atis, ambos castrados, embora só este último por propia vontade. Os seus sacerdotes castrábanse voluntariamente e vagaban polas cidades de Asía occidental e de Grecia, levándoa en procesión sobre un xumento e mendigando para atender a súa subsistencia. En Roma rendeuselle culto so a advocación da Mai dos deuses, da Magna Mater, a partir de finais do século III a. C., mais os seus sacerdotes non gozaron de grande predicamento en Roma até o imperador Claudio tanto polo facto de ser castrados como pola súa vida mendicante e de entrega a orxías, que os severos romanos aborrecían e a quen cualificaban de fanáticos. Non podían ser cidadáns romanos porque a estes estáballe prohibido emascularse, nin como estranxeiros podían ser sacerdotes do pobo romano, e unicamente eran considerados serventes ou servos da deusa. A algúns escritores romanos producíanlle horror pola súa mutilación; outros censurábanos pola súa avidez crematística a cambio de predicións mendaces e outros tomábanos como obxecto de irrisión, e de aí que até o século II d. C. non foron considerados como oráculos publicamente. No Imperio Romano os chefes dos galli eran denominados archigalli, e tiñan que ser cidadáns romanos, o cal implica que tiveron que cambiar a lexislación, facto que se produciu con Claudio, para que os romanos puidesen ser castrados. Vexamos diversas manifestacións destes escritores a respeito dos Galli, ou sexa, dos sacerdotes da deusa Cibeles1.
O xurista, político e filósofo, Cicerón (106 a.C. 43 a.C) aconsella cultivar os ritos patrios e que ningunha persoa, a excepción dos sacerdotes da deusa Cibeles, fagan colectas. “Dos ritos patrios, cultívense os mellores. Fóra dos servidores da Mai Idea , e eses nos días que sea xusto, non recolla esmola persoa algunha”2. Isto indica que, para este autor, aos sacerdotes de Cibeles debe concedérselle este privilexio do que os demais fican exlcuídos.
Segundo refire o historiador romano e preceptor do imperador Claudio, Tito Livio (59 a.C.- 17 d.C.), (4) os romanos, como froito dos escrúpulos relixiosos, consultaron os libros sibilinos para saber a caussa da frecuencia excepcional de chuvias de pedras ese ano de 204 a. C., e encontraron unha predición que afirmaba que se un inimigo atacaba Italia, podería ser rexeitado se se transportaba a Italia a Mai do Ida, monte de Frixia onde recibía culto especial, que tiña como fetiche ou representación unha pedra, na que residía o espírito da Mai, e que unha vitoria moi grande estaba próxima para o pobo romano. Con esta finalidade, enviaron embaixadores ao rei Atalo de Frixia, xa predisposto favorabelmente. “En Pérgamo, visitaron o rei. Recibiunos amabelmente, conduciunos a Pesinunte en Frixia, entregoulles a pedra sagrada da que din os habitantes que era a Mai dos Deuses, e convidounos a levala a Roma. Enviado de antemán polos seus compañeiros de embaixada, Marco Valerio Falto anunciou que se levaba a deusa e que cumpría buscar o home mellor da cidade, para que lle oferecese hospitalidade segundo as prescricións do oráculo”3. O elixido foi o xeneral Publio Cornelio Escipion, que “recibiu a orde de ir, con todas as matronas, a Ostia, ao encontro da deusa; de collela no barco, e, despois de tela levado a terra, darlla para levala ás matronas. Cando o barco chegou diante da desembocadura do Tibre, fíxose conducir ao largo, segundo as ordes que recibira, por unha barca, colleu a deusa das mans dos sacerdotes e levouna á terra. As mulleres máis nobres da cidade recibírona; o nome dunha delas, Claudia Quinta, é célebre: a súa reputación, anteriormente dubidosa, dise, fixo sobresaír máis, após ter cumprido un tan santo ministerio, a súa castidade para a posteridade. Pasándose, a seguir, a deusa de man en man, os uns aos outros, mentres que todos os cidadáns se espallaban sobre o seu camiño, despois de ter colocado perfumadores diante da súa porta por onde ela pasaba, e alumiado o incenso, rogáronlle que entrase voluntaria e favorábel na vila de Roma. As mulleres levárona ao templo da Vitoria que se acha sobre o Palatino, a véspora dos Idus de abril; e este día permaneceu feriado. Unha multidume numerosa levou ao Palatino oferendas á deusa, e houbo un lectisternio e xogos, aos qu se lle chamou megalesianos”4.
Cando se introduciu a deusa en Roma, tamén se lle levantou un templo na súa honra. “Tamén a esa altura se dedicou o templo da Magna Mater (Idaeae)5, durante o consulado de Publio Cornelio Escipión, máis tarde chamado o "Africano", e de Publio Licino cando se trouxo a deusa de Asia e o supra citado Publio Cornelio conduciuna desde o porto até o Palatino. Os censores Marco Livio e Cayo Claudio, asinaran o contrato para a construción, consoante coas instrucións do Senado, durante o consulado de Marco Cornelio y Publio Sempronio. Despois introduciuse triunfalmente en Roma, onde a deusa recibiu o nome de Magna Mater”6. Noticia este autor que na guera contra os galos, na Galacia, liderada polo consul Cneo Manlio, no ano 189 a. C., o exército romano, non podendo vadear o río Sangario, na actual Turquía, decidiu construír unha porte, e unha vez terminada o “exército cruzou o río e, orelándoo na súa marcha, encontrouse cos sacerdotes gallus da Grade Mai, revestidos das súas insignias, que profetizaron con fanáticos cánticos que a deusa concedía aos romanos a vitoria na guerra e o dominio do país no que se achaban”7.
O poeta lírico e satírico, Quinto Horacio Flaco (65 a.C.- 8 a.C.), manifesta que os coribantes, eunucos danzarinos ou gallus da deusa Cibeles ou, segundo os gregos Rea, que dirixían os ritos orxiásticos, non se poden equiparar coa ira, o cal indica que tiñan para el unha connotación negativa. “Nin Dindimene, nin Pitius, habitante nos santuarios, perturban tanto a mente dos sacerdotes, nin Liber, nin os Coribantes que redobran os bronces agudos, son tan temíbeis como a ira, a que nin desterran a espada de Norico, nin o mar cheo de náufragos, nin Xúpiter mesmo que se arroxa sobre un tumulto tremendo”8.
O poeta e escritor de Elexías, Alvio Tibulo (55 a.C.-19 a. C) expón o que lle sucede a quen é favorecido polas musas e a quen non as escoita: “A quen se volven ás musas vivirá, mentres a terra teña carballo, / O ceu estrelas e o rio auga / Mais quen non escoita as musas, que vende o amor / Que siga o carro dos coribantes / Encha trescentas urbes con erros / Emascule os membros viles aos modos frixios”9.
O poeta romano Publio Ovidio Nasón (43 a. C. – 17 d. C.) Tamén describe nos Fasti, a entrada triunfal de Cibeles, a súa instalación nesta cidade e a festa que se celebraba na súa honra o catro de abril. Cibeles non abandonara Frixia cando Eneas, despois da caída de Troia, mais cinco séculos máis tarde, tendo dominado os romanos todo o universo, após consultar un sacerdote os libros sibilinos, deciden reclamar a súa presenza en Roma: "A Mai está ausente; eu ordénoche, romano, de ir buscar a Mai. Cando chegue cumpre que unha man pura a reciba”10. O rei de Frixia Atalo, mostra inicialmente reticencias a deixala marchar, mais decide ceder ante a vontade vigorosa da deusa de partir e o facto de que Roma ten antepasados frixios: “e a deusa falou así desde o fondo do seu santuario: « Son eu que quixen ser chamada; sen tardanza, eu quero que se me faga partir. Roma é un lugar de encontro digno para todas as divindades»”11. Despois de bordear as costas de Tróade e o Exeo, chega a Italia, onde é recibida na desembocadura do Tibre por unha multidume representante da sociedade romana. Ovidio pon en boca da da musa Érato as razóns de denominar gallus aos castrados: “«Entre o verdexante monte Cybèle e Celenes a Alta», di ela, «corre un río chamado Gallus, con unha auga que volve tolo. O que bebe dela vólvese tolo; mantédevos lonxe de aquí, vós que vos preocupades da vosa saúde mental: quen bebe desta auga vólvese tolo»”12.
O 4 de abril celébrase a festa na honra da mai do Ida e a súa estatua é paseada en procesión pola cidade ao tempo que se suspenden os combates do Forum. Érato explica o ruído producido polo séguito de Cibeles. “Os eunucos irán en procesión, batendo os seus tamborís ocos, e os cmbalos de bronce entrechocándose retumbarán. Ela, sobre o torno, levada a ombros de serventes andróxinos atravesará as rúas da vila en meio de berros”13. Os címbalos e os tamburís conmemoran o ruído que fixeron os curetes e os coribantes no monte Ida para que Saturno/Crono non ouvise os choros de Zeus no momento do seu nacimento e puidese matar a este como aos demais fillos de Rea.
Cibeles ten como compañeiro ao servente Atis, que, por ser infiel á deusa, se emasculou. Este facto servirá de exemplo para a emasculación dos galli. A ninfa Camena dos montes de Aonia, confirma que a autoemasculación dos serventes de Cibeles, ten a súa orixe na lenda de Atis, un mozo que inspiraba á deusa un amor casto e que ela quixo que lle fose reservado, Mais deixouse seducir pola ninfa Sagaritis, á que a deusa Cibeles castigou provocándolle lesións á súa árbore e morreu. Velaí como explica Ovidio o facto da autoemasculación de Atis. “De onde vén , digo eu, esta furia por cortarse o membro viril? En canto eu calei, a Pieride (Musa Érato) tomou a palabra e dixo: «Atis, un home frixio, con cara distintiva, vivía nos bosques; el inspirou á deusa torreada (Cibeles) un amor casto que a tivo encadeada. Ela quixo que el lle fose reservado, que vixilase o seu templo, e dixo: «Arránxate para querer ser sempre un rapaz». El xurou fidelidade a estas ordes, e acrecentou: «Se minto, que este amor polo cal eu non cumprirei sexa o meu último amor!» El fallou, e tendo encontrado a ninfa Sagaristis, cesou de ser o que era entón, a cólera da deusa exixía un castigo. A naiade segou a árbore coas feridas infrinxidas. A árbore morreu. A árbore Naidos representaba destino. Atis volveuse tolo e, crendo ver desmoronarse o teito do seu cuarto, fuxiu e gañou a cume do Dindim (monte frixio); unhas veces grita: «Quita os fachos», outras veces; «Afasta os azoutes», frecuentemente, xura que as deusas palestinas están perto del. El lacerouse mesmo o corpo con unha pedra aguzada e arratrou a súa longa cabeleira por unha poeira suxa; óuvese a súa voz: «Eu merecino; eu pago co meu sangue un castigo merecido. Ah! Que perezan estes órgaos que me prexudicaron!» Si, que perezan!», dicía el outra vez; el quita o peso da súa virilla, e de repente non lle queda ningún signo da súa virilidade. Este furor deveu un exemplo e os serventes indolentes da deusa cortan as súas partes vergoñentas axitando a súa cabeleira. Eis como, coa súa voz elocuente, a camena de Aonia (ninfa profética máis tarde identificada coas musas) me explicou a orixe desta loucura que me intrigaba”14.
Plinio o Vello (23-79) noticia do procedimento polo que se converten en eunucos da Mai dos Deuses, ou Diana, equivalente á grega Artemisa e a frixia Cibeles: “os sacerdotes da Mai dos deuses, chamados galli, deveñen eunucos con un caco de barro de Samos: doutro modo morrerían como consecuencia da operación, se cremos a M. Caelius”15.
O malogrado poeta, de tendencia estoica, sobriño do filósofo estoico, Séneca o xoven, e neto do escritor e orador Séneca o vello, todos naturais de Córdoba, Marco Anneo Lucano (39-65), correu unha sorte semellante á do seu tío sendo condenado a morte, durante o consulado de Nerva e Vestinus por ter participado na conxura de Pisón. No Farsalia, que recrea poeticamente a guerra civil entre César e Pompeio, presenta unha serie de manifestacións que emsombrecen o futuro con un destino pesimista, e, entre elas, “Entón as linguas das bestas fixéronse proclives ao murmurio como as humanas/ Déronse monstruosos partos dos homes polo número e forma dos membros/ O seu infante asustou á súa mai/ Os infaustos presaxios da pitonisa de Cuma divulgáronse entre o pobo/ Entón, os sacerdotes de brazos desgarrados que move a cruel Belona/ cantaron aos deuses, e os galli rotando a cabeleira sangrante ulularon calamidades aos pobos”16. Detrás dunha comitiva de sacerdotes e da sacerdotisa, seguen “aqueles que guardan as profecías dos deuses e os oráculos secretos e retiran a Cibebes despois de bañada no exiguo río Almón; o augur ...”17. César vaga entre os batallóns e en meio dos mortos amontoados no campo de batalla, e por onde quer “que camiña, como Belona que sacude o seu sanguento látigo ou Marte que axita aos bistonios estimulando cos seus crueis azoutes os carros turbados pola éxide de Palas, a inmensa noite é criminal”18.
O escritor romano, natural de Bibilis, perto de Calatayud, provincia Tarraconense, Marco Valerio Marcial (40-104) nos seus Epigramas despreza este bárbaro costume da castración: “Que é para ti un báratro feminino, gallo bético? Esta lingua debe lamber meio varóns, Por que che foi cortado o pene con un caco de barro samio, se a cona, Bético, che era tan grata? A túa cabeza debe ser castrada, porque aínda que che está permitido que sexas gallo de virilla, decepcionas porén a sacra Cibeles pois es varón de boca”19. Marcial non dubida en ridicularizar esta práctica. “Para que o galo, por exceso de pracer conxugal, non medre delgado, foi posto fóra do seu poder obrar así. Eu debería chamalo sacerdote de Cibeles. En van afaga a galiña ao seu esteril comañeiro; ela debería ter sido a rapariga de Cibeles, a mai dos deuses”20. Marcial destaca a situación de penuria dos citados sacerdotes: “Os brónceos instrumentos, que lamentan o amor da mai fixia (Cibeles), son vendidos frecuentemente polos famintos sacerdotes”21.
O escritor romano, natural da cidade Madaura, hoxe Alxeria, Apuleio (125-180), destaca faceta mendicante e vagabunda, alén dos vicios, enganos, suxedades e venalidade dos sacerdotes da deusa Siria, aos que cualifica de alcoviteiros, “semivaróns”, que coas súas mortificacións violentas luxan o solo co seu sangue efeminado"22: “Ollade como é: un efeminado, calvo mais cabeludo cos rizos meio canos e colgantes, un da vulgar suxidade dos pobos, que transportan a deusa siria por prazas e cidades facendo soar os címbalos e timbales, obrigándoa a mendigar. Este, con demasiado afán de comprarme perguntoulle ao pregoeiro de onde era; e el díxolle de Capadocia e moi forte”23. Os devotos desta relixión, após flaxelarse, fan unha pausa que aproveitan para recibir donativos diversos dos espectadores: “Mais, no momento en que, finalmente, fatigados ou saciados do seu dilaceramento, fixeron unha pausa na súa carnizería, moitos oferecíanlle moedas de cobre e de prata no seu regazo aberto, e moitos doaronlle ao mensaxeiro da deusa algo de trigo e algúns cebada”24. “Mais en certa cidadela, alegres pola abundancia da magnífica colecta, preparan un manxar festivo. Pedíronlle o carneiro máis gordo a un certo colono, valéndose da mentira dunha adivinación inventada, que saciase co seu sacrificio a faminta dea Siria, e ben disposta o frugal cea diríxense aos baños, e unha vez lavados traen consigo un aldeán moi forte , da instria do ladrillo e ben dotados das partes baixas do ventre, e unha vez degustadas algunhas hortalizas miúdas, eses suxisimos infames deixanse levar, ante a mesma mesa, polas perversións extremas da luxuria polos seus infandos apetitos. Desparramados sen orde, importunaban o mozo espido e colocado cara a cima coa súas expresións abominábeis”25.
O gramático, Mario Servio Honorato (fins s. IV), dá a seguinte explicación da orixe dos galli, que difere substancialmente da ofereceda por Ovidio: “Atis, rapaz fermoso, estando presidindo os ritos sagrados da magna mater, namorouse del o rei da súa cidade: mais como considerase que o rei o acosaba, fuxiu ás escondidas ao bosque. Cando foi encontrado, como vise que lle era inferida violencia, cortou as partes pudendas do violador, que morrendo lle cortou a mesma parte do corpo ao rapaz, a quen encontraron semimorto oculto baixo un piñeiro os sacerdotes da magna mater, que, levado ao templo, e en vano os esforzos da deusa lograron recuperalo, sepultárono defunto. Para que permanecese a memoria perpetua a Magna Mater instituiu que todos os anos nos seus actos sagrados se golpeasen, e a árbore piñeiro, so a que xacera, adscribiuna á súa tutela, e fixo que todos os seus devotos se amputasen as súas partes virís, e son os que se chaman archigalli”26.
b) Lexislación e práctica sobre a emasculación
O primeiro texto legal contra a castración foi a Lei Aquilia, que recibe o nome do seu impulsor, o tribuno Aquilius, promulgada arredor do ano 286 a. C., se ben, segundo Ulpiano, non se aplicaba no caso en que se tiver incrementado o valor do emasculado, o que diminuía os efeitos disuasorios da lei: “Se alguén tiver castrado un meniño escravo e o tiver feito así máis valioso, escribe Viviano que non se aplica a Lei Aquilia, senón que se deberá demandar por inxurias, ou o cuádruplo polo edito dos edís”27.
Durante a guerra de Farsalia que enfrentou a César e Pompeio, xogou un rol moi relevante o eunuco exipcio Potino (Inicios s. I a. C.-47/48 a.C), que foi quen decapitou ao último, aproveitando que tras a derrota pedira asilo en Exipto, e lle presentou a cabeza a César. Foi tutor de Ptolomeu XIII ao que enfrentou con Cleopatra VII e intentou envenenar a Xullo César, o que se converteu en causa da súa morte.
O imperador Augusto (63 a. C.-14 d.C.) Introduciu a Lex Iulia, promulgada no ano 18/17 a.C., e a Lex Papia, que constitúen o corpus lexislativo das súas leis a respeito da familia, e que teñen como propósito impulsar a natalidade. Para o noso caso son leis moi importantes porque estarán vixentes cando desempeñe o seu ministerio público Xesús de Nazaré, pois non foron reformadas por Tiberio que foi imperador entre o 14 e o 37, período coincidente con esa etada de Xesús. Nos comentarios do xurista romano Ulpiano (170-228) á Lei Xulia e Papia, Lib. I, declarábase que “Espadón é unha denominación xeral; só este termo compréndense tanto os que son espadóns por natureza como os castrados (thlasiae, ou sexa, eunuco por sección) e esteririzados (thlibias, ou sexa, eunuco por torsión ou machucamento), e calquera outra clase de espadóns que poida existir”28. A Lex Iulia estipulaba penas de limitación na recepción de herdanza para os incapaces, entendendo por tales os solteiros (caelebes), os casados sen descendencia (orbi), os impotentes, castrados, fillos de culpábeis de alta traizón, herexes, apóstatas, persoas de má reputación, etc., co obxectivo de fomentar a natalidade e impulsar a demografía. Os fillos de castrados non podían constituírse en herdeiros29, o cal significa que son discriminados a maiores, pois á marxinación que supón a propia castración, agora acrecéntase a limitación dos os seus direitos familiares de índole económica na súa descendencia. A lei Xulia estivo vixente, con algúns retoques, até o século VI. Por conseguinte, en tempo de Xesús estaba penalizado ser célibe e ser eunuco, e, en xeral, non ter descendencia, o que esclarece as palabras de Xesús tocante ao seu comentario a Mateo, 19,12, como veremos.
Nas leis romanas, o espadón, consoante a Ulpiano, se non estaba castrado, podía contraer matrimonio, mais se estaba castrado non: “§2.- Se unha muller se casar con un espadón, opino que hai que distinguir se foi castrado ou non. Nun castrado debes dicir que non hai dote; e a respeito do que non está castrado, que hai matrimonio, e por tanto que hai dote e acción (reivindicativa) de dote”30. . Segundo comentario do xurista Gaio (120?-178?), no Dixesto, os espadones poden adoptar: “É común a unha e outra adopción, que os que non poden enxendrar, como os espadones, poden adoptar”31, e de acordo co parecer do xurista Modestino (s. III), tamén instituír herdeiro: “O espadon, arrogando pode procurarse un herdeiro, e non é impedimento para iso o seu defecto corporal”32. Porén, Ulpiano matiza e precisa que somente pode instituír herdeiro se non está castrado. “Mais perguntouse se quen non pode enxendrar facilmente, podería instituír herdeiro a un póstumo; e escriben Casio e Xavoleno que si pode, porque pode tomar muller e adoptar. Escriben Labión e Casio que o espadón pode instituír herdeiro a un póstumo, porque nin a idade nin a esterilidade serven de impedimento para iso. § 1.- Mais se for castrado, non xulga Xulián que se deba seguir a opinión de Próculo, e que poida instituír herdeiro a un póstumo, do que practicamos o direito. § 2.- Claramente, un hermafrodita, se nel permanecen os órgaos viriles, pode instituír herdeiro a un póstumo”33. O imperador Adriano estendeu a pena que se aplicaba aos castrados, aos que castran: “Tamén os que fan eunucos están en virtude da Constitución do Divino Adriano a Ninio Hasta, na mesma condición que os que castran”34.
O filósofo estoico cordobés Séneca (4 a.C.-65 d.C.), no seu libro De ira, afirma que non hai nada nobre na ira, pois se o houbese tamén habería algo nobre no luxo, avaricia, e na luxuria “que ultrapasa os estreitos e castra manadas de nenos”35. Testemuña, pois, o filósofo cordobés que a eviración estaba a causar estragos nas capas infantís da sociedade romana. A condena da castración por parte do filósofo estoico e as propias leis romanas ao respeito non foron introxectadas polos seu discípulo, o imperador Nerón (37-68), quen, segundo o historiador romano Suetonio (70-126), “Converteu en eunuco ao mozo Esporo e pretendeu metamorfosealo en muller. Levouno á súa corte con un séquito considerábel, constituille un dote, adornouno con veu nupcial, e desposouno observando todas as cerimonias acostumadas. Ë isto o que induce a algúns a afirmar bastante espiritualmente que sería excelente para o xénero humano que o seu pai Domitio tiver desposado unha muller desta clase. Fixo vestir a Esporo como unha imperatriz, paseouno en liteira e acompañouno nas asembleas e nos mercados de Grecia, así como nas festas sixilarias de Roma, dándolle beixos de vez en cando”36.
Adriano (76-138) ordena confiscar os bens dos que teñen escravos eunucos. Comentando a Lei Cornelia, 48.8, promulgada no ano 81 a. C., durante a ditadura de Lucio Cornelio Sila Félix (138-78 a.C.), afirma o xurisconsulto romano, Ulpiano (170?-228): “O divino Adriano tamén decretou o seguinte nun rescrito: «Está prohibido pola Constitución Imperial que se fagan eunucos, e estipula que quen sexa convito deste crime está suxeito a unha pena da Lei Cornelia, e, con toda razón, que as súas propiedades serán confiscadas polo Tesouro». E continúa: “Mais con referencia aos escravos, quen fixo eunucos, debe ser castigado coa pena capital, e aqueles que son responsábeis neste crime público e non aparecen, inclusive cando se ausentan, serán sentenciados pola Lei Cornelia. Está claro que se alguén que sufriu esta inxuria demanda xustiza, o Gobernador da provincia debe ouvir a aqueles que perderon a súa virilidade; porque ninguén ten o dereito de castrar un home libre ou un escravo, quer co seu consentimento quer sen el, e ninguén pode voluntariamente oferecerse a si mesmo para ser castrado. Se alguén violar o meu Edito, o médico que realizou a operación debe ser castigado coa morte, así como calquera persoa que voluntariamente se ofereza a si mesmo para a emasculación”37.
A persistencia da condena da castración indica que era unha práctica moi estendida e difícil de erradicar, polos beneficios que supoñía. O resultado destas prohibicións foi limitado, como xa o indica o feito de ter que reiterarse a miúdo, e os mesmos imperadores tiñan ao seu servizo eunucos. Exemplo disto é o caso do eunuco Haloto (20/30 a.C. -70/80), catador e camareiro xefe ao servizo do imperador Claudio (10 a.C.-54) e suspeitoso de telo envenenado por instigación de Agripina e do seu sucesor Nerón (37-68). Segundo o historiador e biógrafo romano Suetonio, o encarregado de subministrarlle o veneno foi o eunuco Haloto, aínda que tamén se atribúe a Agripina. “É opinión unánime que morreu envenenado, mais existen versións distintas sobre o lugar e a persoa que lle subministrou o veneno. Aseguran algúns que foi o eunuco Haloto, catador dos seus alimentos, cando en companía dos sacerdotas asistía a un banquete na Capitolio; outros afirman que foi a propia Agripina, que nunha comida celebrada no palacio o obsequiou con unha seta envenenada, xénero de manxar ao que era moi afeccionado”38. O sucesor de Nerón, Galba (5 a.C.-69), premiou ao eunuco Haloto con unha importante procuradoría.
O fabulista romano, escravo liberto de orixe macedónica, Fedro, (15 a.C.-55) que desenvolveu a súa actividade durante os reinados de Tiberio, Calígula e Claudio, describe as peregrinacións itinerantes dos sacerdotes Galli: “Os galli, sacerdotes de Cibeles, teñen por costume, nas súas excursións mendicantes, viaxar sobre un xumento, para transportar os seus fardos”39.
O poeta satírico latino Décimo Xuño Xuvenal (60-128), falando dos que se obsesionan pola beleza para os seus fillos e especialmente para as súas fillas, que os expón a multiplos perigos, afirma na Sátira X,: “Si, mais para quitarlle a envexa de desexar así a beleza, está o exemplo de Lucrecia. Virxinia cambiaría os seus encantos polo xenio de Rutila. Un fillo moi ben feito é o tormento continuo dos seus pais; porque é moi raro o acordo entre a beleza e o pudor. Incluso se unha estrita educación familiar, digna das antigas sabinas, modelou o mozo, inclusive se el ten por natureza unha alma pura, unha cara modesta e propensa a colorearse -e a natureza, máis poderosa non obstante que constricións e leicións, non pode facer doutro modo- non lle será permitido ser home. Hai corruptores perversos tan pródigos e tan seguros das súas prendas, que ousan tentar aos mesmos pais. Ah! Non é o efebo sen beleza que o tirano fai castrar cruelmente; non é un muchacho trenco, escrofuloso, con bosas diante e detras, que Nerón raptou. Vai pois alegrarte de ter un fillo belo: os máis grandes perigos o espreitán aínda!. Será o amante de todas as damas; terá que temer a ira dos maridos; a menos que sexa máis feliz que Marte, terminará por caer nas redes”40. Vai contra a orde natural que un eunuco se case, ao igual que o feito de que unha muller combata na area41. Na Sátira VI, que se intitula «das mulleres», afirma: “Eis o coro da furiosa Belona e mai dos deuses entra, e o inmenso semivarón, de cara respeitábel para o obsceno séquito, que xa fai tempo se cortou os blandos testículos xenitais con un obxecto roubado, ao que segue unha ronca cohorte e ceden o paso os tambores plebeios, vístese a boca con unha tiara frixia”42.
O imperador Domiciano (81-96) desenvolveu unha actividade lexislativa meritoria contra a castración e posesión de escravos eunucos. Como di Suetonio, “Aboliu o costume de mutilar os mozos, e diminuiu o prezo dos eunucos que se encontraban aínda á venda”43. O historiador romano Amiano Marcelino (325/330–d. 391) louva as disposicións do imperador Domiciano (81-96): “A repugnancia por este e similares feitos leva a un a louvar o vello Domiciano que, apesar da reprobación inalterábel en que incorreu, moi diferente á do seu pai e irmán, porén ten o honor de ter promulgado a lei máis excelente: a que prohibe so penas moi severas a castración dos meniños en todo o Imperio Romano. Porque se non existise este edito, quen podería tolerar o enxame de tales criaturas cando xa en pequena cantidade é difícil de aguantar”44. Dirixíndose a Domiciano, o poeta Marcial afirma: “Non produciu o pai de Italia tales monstros, o mesmo que fai pouco socorreu a tenros efebos, para que unha cruel libido non faga varóns estériles. Antes foches amado por rapaces, mozos e vellos, e agora os infantes, César, tamén te aman”45. Testemuña este autor que a emasculación era unha práctica corrente. “Era un xogo violar os ritos sagrados do matrimonio; un xogo mutilar varóns inocentes. Ti prohibes ambas, César, e axudas as populacións futuras ás que desexas que nazan sen dano. Non haberá nin eunuco nin adúltero sendo ti presidente: mais antes, ó moral! o eunuco era adúltero”46. A prohibición de reducir os mozos a eunucos non foi óbice para que el tivese amantes que o eran, e a prohibición de castrar persoas sería motivada, segundo o historiador romano, Dión Cassius, polo desexa de desmarcarse do seu irmán e predecesor Tito. “Por este motivo, aínda que el mesmo tiña paixón por un eunuco chamado Earino, con todo, dado que Tito tamén mostrou grande afecto por persoas castradas, para ultraxar a súa memoria, el prohibiu que ningunha persoa en adiante no Imperio Romano fose castrada”47. Apolonio de Tiana tamén se fai eco do afán prohibicionista e por veces irracional do imperador Domiciano, que pon en cuestión a pureza dos seus motivos. “Cara a este tempo, o imperador Domiciano prohibiu por decreto facer eunucos, e de plantar viñas, coa orde de erradicar as que tivesen sido plantadas. Apolonio, que chegaba aos pobos de Xonia, dilles:«Estes decretos non me concirnen, porque eu son quizais o único home que non sente a necesidade nin de partes xenitais, nin de viño. Mais este príncipe marabilloso non ve que perdoa os homes e castiga a terra». Esta palabra encoraxa os xonios, que enviaron deputados ao imperador para interceder en favor das súas viñas e rogarlle derrogar a lei que ordenaba devastar a terra e non plantar”48. Por outra parte, os efeitos destas prohibicións foron ben mediocres, se temos en conta que a ilustre dama, Domitila, prima do imperador Domiciano, tiña dous eunucos como axudas de cámara, que tiñan sido convertidos á fe cristiá e baptizados polo apóstolo Pedro49.
Luciano de Samosata (125-181), na súa obra Amores, condena a castración por ser contraria ás leis da natureza. “Algúns impeliron a violencia tiránica até ousar mutilar a mesma natureza con un ferro sacrílego, e privando os homes da súa virilidade, pretenden recuar os límites do pracer. Mais se estas vítimas desafortunadas permanecen máis tempo na infancia, é para cesar de ser homes e devir mostros ambiguos dunha dobre natureza, que, sen conservar o sexo no que naceron, non teñen tampouco aquel ao que pasaron. A flor da súa xuventude, despois de ter durado certos instantes, murchouse nunha vellice prematura. Son clasificados á vez entre os meniños e entre os vellos, e non coñecen a idade madura. Así, a detestábel luxuria, que aprende a mancharse con todos os crimes, imaxina mil infamias voluptuosas e mergúllase no vicio odioso que o pudor me impide nomear, para non ignorar ningunha clase de vileza”50.
O imperador romano Heliogábalo (203-222), gobernou co nome de Marco Aurelio Antonino Augusto, casou con cinco mulleres e tivo relacións tamén co escravo Hierocles, ao que consideraba o seu marido, e con un home chamado Zotico. Recibiu a morte aos dezaoito anos, sendo substituído polos seu curmán Alexandre Severo. “A ofensa de Heliogábalo consistiu , non en introducir un deus estranxeiro en Roma ou en exaltarse a si mesmo de moi estrañas maneiras, senón en antepoñerse ao mesma Xúpiter e obrigar ser votado como sacerdote, tamén en circuncidarse a si mesmo e absterse de carne de porco, coa finalidade de que a súa devoción fose por iso máis pura. El planeou, de facto, castrar os seus xenitais tamén, mais este desexo foi inspirado somente polo seu efeminación; a circuncisión que el actualmente realizou era unha parte dos requisitos sacerdotais de Heliogábalo, e el coherentemente mutilou da mesma maneira a moitos dos seus compañeiros. Alén diso, el foi visto frecuentemente inclusive vestido en público cos vestidos bárbaros que os sacerdotes sirios usan, e isto fixo que recibise por parte de moitos a alcuña de «O asirio»”51.
Constantino I (272-337), impón como castigo para o delito da castración a pena de morte e que se confisque o escravo evirado: “Imperador Constantino. Se alguén, despois deste decreto fixer eunucos no orbe romano, que sexa castigado coa pena capital: confiscarase o escravo así como o lugar en que isto se realizar coñecéndoo e ocultándoo o amo”52.
O fillo de Constantino I, Flavio Xullo Constancio, coñecido como Constancio II, (317-361), nomeou o seu curmán de Claudio Constancio Galo (325-354) como César e desposouna coa súa irmá Constantina, mais temía que puidese usurparlle o poder, e pensou que debía neutralizalo, se ben dubidaba se facelo pola forza ou pola astucia. Decide escribirlle unha carta benevolente e lisonxeira “para chamalo xunto ao imperador, so pretexto de asuntos da máis alta importancia. Unha vez que fose isolado, sería moi fácil asestarlle o último golpe. Este parecer encontrou numerosos contraditores neste torveliño de intereses versátiles, entre outros Arbecio, promotor de intrigas tan ardente como astuto, e Eusebio, grande camarista, que o sobrepasaba en perfidia. Os dous alegaban o perigo da presenza de Ursicino en Oriente, onde ía encontrarse só despois da marcha de Galo, e sen contrapeso á súa ambición. No que estaban totalmente secundados polo resto dos eunucos reais, entón posuídos dun furor de enriquecerse inimaxinábel, e e que sabían moi ben aproveitarse das facilidades do seu servizo íntimo para sementar contra este home de ben as máis pérfidas insinuacións”53. Constancio II fixo executar a Constancio Galo, que morreu dunha morte prematura aos vintenove anos de ifade. “Despois de ser tomado polo imperador como colega seu e ser elevado á cimeira máis elevada do poder, experimentou a inconstancia instábel da fortuna que se mofa da mortalidade, elevando uns individuos ás estrelas, e afundando outros nas profundidades do abismo. ... O seu rigor puxo a mercede dos eunucos de Exipto a Pompeio a quen tantos éxitos lle mereceran o cualifictivo de Grande”54. Ursicino, xénéral da cabaleiría de Oriente, Xulián, irmán de Galo e e o camarista Gorgonio foron acusados de crime de lesa maxestade.“Nestes días, Gorgonio foi convocado á corte, o home que ten sido o principal camarista de César. Mais a pesar de que foi convencido de ter sido o cómplice e algunhas veces o instigador dos excesos do seu amo, pola conspiración dos eunucos a xustiza foi dominada por falsidades destramente arranxadas que liberado escapou do perigo”55.
Despois da execución do seu curmán, Galo, por parte de Constancio, os cortesáns sementan suspeitas dunha complicidade con el do seu meio-irmán Xulian, que máis tarde recibiría o nome do Apóstata, mais a intervención de imperatriz Eusebia, segunda esposa de Constancio II, sálvalle a vida. No 355 sería ascendido por este a César, especie de vice-imperador, e comisionado para sufocar a rebelión dos galos. No desempeño desta misión chegou aos ouvidos do imperador que non contara co apoio de Marcelo, polo cal este foi destituído, mais Marcelo contraatacou conxurando contra o César. “Xulián temía estas calumnias; e non ben Marcelo deixou o exército, Euterio, camarista do Cesar, foi enviado á corte, para contrarrestar o seu efeito. Marcelo que o que menos esperaba era encontrarse en frente dun contraditor, chega a Milán, facendo grande ruído e ostentación de ameazas. Era un palrador máis próximo á insensatez, e admitido diante do consello, acusa abertamente a insolente pretensión de Xulián, que se fabricaba, dicía el, asas para tomar un vó máis elevado; afirmacións que acompañaba dunha pantomima apropiada ás súas palabras. No momento mesmo en que a súa imaxinación se daba libre curso, Euterio pediu audiencia, é introducido, e, obtendo á súa vez a palabra, fixo resaltar todos os ataques de Marcelo contra a verdade. Expuxo dun xeito simple e desapaixonado, como, apesar da inacción calculada, se dicía, do chefe da cabaleiría, a vigorosa defensa de Cesar fixera levantar o cerco de Sens aos bárbaros. Mentres Xulián respirase, dicía el, Xulián será o súbdito máis fiel do imperador, e respondeu del pola súa vida”56.
O eunuco Euterio sería quen desmonataría os planos de Marcelo, e reforzaría solidamente a Xulián. Amiano Marcelino fai del o eloxio sobresalente, presentándoo como o eunuco mellor dotado da historia polas súas altas cualidades intelectuais e morais e pola súa conduta intachábel, que transcribimos a seguir: “Véxome obrigado a dar deste Euterio algúns detalles que poderán encontrar incrédulos. O eloxio dun eunuco sería suspeitoso mesmo na boca de Sócrates ou dun Numa Pompilio, inclusive após xuramento de non dicir máis que a verdade. A rosa, porén, nace no meio das silvas, e entre as bestas feroces hai a veces as que se domestican. Non dubido pois en contar o que sei das altas cualidades de Euterio.
Nacera en Armenia, dunha familia libre. Raptado moi novo nunha escaramuza cos pobos viciños, foi feito eunuco, vendido a mercadores do noso país, e, pouco a pouco, levado por eles ao palacio do imperador Constantino. Medrando, Euterio fíxose notar pouco a pouco pola súa boa conduta e a súa intelixencia, pola extensión de saber superior á súa condición, unha rara penetración nos asuntos dubidosos ou problemáticos, e unha memoria que era un prodixio. Tiña, a maiores, unha paixón polo ben; a xustiza era a alma dos seus consellos. Así se mostrou sendo novo, e así en idade avanzada perto do imperador Constancio. Se este último non houbse seguido máis que as inspiracións de Euterio, a súa memoria tivese evitado todos os reproches que se lle fixeron, ou polo menos os máis graves.
Convertido en camarista de Xulián, Euterio non temía reprender no seu señor certos trazos de lexeireza, frutos dunha primeira educación recibida en Asia. Finalmente, separado ao ocio, e admitido despois a palacio, foi sempre sobrio e consistente, cultivando as eminentes virtudes de de fidelidade e continencia, de tal modo que nunca traizoou algún secreto, salvo para protexer a salvación allea, nin foi acusado de inflamarse por amor ao diñeiro, como outros. Así, no seu retiro a Roma, onde quixo terminar os seus días, pode ir coa frente levantada, coa seguranza dunha boa conciencia, e dunha vellice honrada e querida por todos. Ben diferente dos homes da súa clase, que, en xeral, após terse enriquecido por meios indignos, van buscar algunha esquina escura, como o moucho fuxe da luz, para esconderse das olladas das numerosas vítimas da súa rapacidade.
Aínda que eu revistei frecuentemente os relatos da antigüidade, non encontrei ningún eunuco antigo co que poder comparalo. Existiron algúns entre os antigos, aínda que ben poucos que deixaron a impronta de servidores probos e fieis, mais aínda manchados con un vicio ou outro. E entre os principais, que cada un tiña por natureza ou hábito, eran inclinados a ser rapaces ou máis predispostos á crueldade ou máis propensos a facer dano, ou demasiado blando cos seus protexidos, ou máis arrogantes co fausto do poder: confeso, co fiel testemuño dos meus contemporáneos, que en ningunha parte ouvín ou lin de algo tan perfeito. Se quizais algún leitor moi escrupuloso das antigüidades, nos opón a Menófilo, eunuco de Mitridates, rei do Ponto, a esta advertencia recórdese que nada referido a el é realmente coñecido fóra deste simple facto, que se mostrou gloriosamente no perigo extremo. Cando o rei acima mencionado, foi derrotado polos romanos so o mando de Pompeio, e fuxindo ao seu reino de Colcis, deixou a súa filla adulta de nome Dripetina, que a esta altura estaba perigosamente doente, no castelo de Sinorio, confiada a este Menófilo; el curou plenamente a virxe con unha variedade de remedios, e preservouna segura para o seu pai; cando Manlio Prisco, lugartenente do imperador, comezou a sitiar a fortaleza en que estaban encerrados e os seus defensores comezaron a pensar na rendición, temendo que a nobre xovenciña non sobrevivise cativa e violada, para oprobio do seu pai, unha vez morta ela púxose a espada nas súas propias vísceras”57.
Nacera en Armenia, dunha familia libre. Raptado moi novo nunha escaramuza cos pobos viciños, foi feito eunuco, vendido a mercadores do noso país, e, pouco a pouco, levado por eles ao palacio do imperador Constantino. Medrando, Euterio fíxose notar pouco a pouco pola súa boa conduta e a súa intelixencia, pola extensión de saber superior á súa condición, unha rara penetración nos asuntos dubidosos ou problemáticos, e unha memoria que era un prodixio. Tiña, a maiores, unha paixón polo ben; a xustiza era a alma dos seus consellos. Así se mostrou sendo novo, e así en idade avanzada perto do imperador Constancio. Se este último non houbse seguido máis que as inspiracións de Euterio, a súa memoria tivese evitado todos os reproches que se lle fixeron, ou polo menos os máis graves.
Convertido en camarista de Xulián, Euterio non temía reprender no seu señor certos trazos de lexeireza, frutos dunha primeira educación recibida en Asia. Finalmente, separado ao ocio, e admitido despois a palacio, foi sempre sobrio e consistente, cultivando as eminentes virtudes de de fidelidade e continencia, de tal modo que nunca traizoou algún secreto, salvo para protexer a salvación allea, nin foi acusado de inflamarse por amor ao diñeiro, como outros. Así, no seu retiro a Roma, onde quixo terminar os seus días, pode ir coa frente levantada, coa seguranza dunha boa conciencia, e dunha vellice honrada e querida por todos. Ben diferente dos homes da súa clase, que, en xeral, após terse enriquecido por meios indignos, van buscar algunha esquina escura, como o moucho fuxe da luz, para esconderse das olladas das numerosas vítimas da súa rapacidade.
Aínda que eu revistei frecuentemente os relatos da antigüidade, non encontrei ningún eunuco antigo co que poder comparalo. Existiron algúns entre os antigos, aínda que ben poucos que deixaron a impronta de servidores probos e fieis, mais aínda manchados con un vicio ou outro. E entre os principais, que cada un tiña por natureza ou hábito, eran inclinados a ser rapaces ou máis predispostos á crueldade ou máis propensos a facer dano, ou demasiado blando cos seus protexidos, ou máis arrogantes co fausto do poder: confeso, co fiel testemuño dos meus contemporáneos, que en ningunha parte ouvín ou lin de algo tan perfeito. Se quizais algún leitor moi escrupuloso das antigüidades, nos opón a Menófilo, eunuco de Mitridates, rei do Ponto, a esta advertencia recórdese que nada referido a el é realmente coñecido fóra deste simple facto, que se mostrou gloriosamente no perigo extremo. Cando o rei acima mencionado, foi derrotado polos romanos so o mando de Pompeio, e fuxindo ao seu reino de Colcis, deixou a súa filla adulta de nome Dripetina, que a esta altura estaba perigosamente doente, no castelo de Sinorio, confiada a este Menófilo; el curou plenamente a virxe con unha variedade de remedios, e preservouna segura para o seu pai; cando Manlio Prisco, lugartenente do imperador, comezou a sitiar a fortaleza en que estaban encerrados e os seus defensores comezaron a pensar na rendición, temendo que a nobre xovenciña non sobrevivise cativa e violada, para oprobio do seu pai, unha vez morta ela púxose a espada nas súas propias vísceras”57.
No ano 358, o rei do imperio persa sasánida, Sapor II, preparouse para atacar os romanos, reforzado por países dos que se asegurara o concurso, coa finalidade de incrementar o seu dominio, sementando o temor nas hostes imperiais de Constancio II, que tiña ao mando do exército o xeneral Ursicino, que se converteu para el no artiluxio que arreda o mal coñecido como Gorgoneion, amuleto que inducía ao horror ao mostrar a cabeza do monstro feminino e deidade protectora, Gorgona. “E cando o imperador se inteirou disto, ao principio por rumores, e despois por noticias certas, e mentres todos estaban tremendo de medo polos perigos que se acercaban, as intrigas dos cortesáns, repetíanse día e noite, como se di, guiados polo arbitrio dos eunucos, e para o suspicaz e tímido imperador, Ursicino convertérase na cabeza de medusa”58, mais con pouco éxito pois os romanos non foron capaces de resistir ante o empurrón dos persas. Despois da tomada de Amida por parte dos sasánidas, Ursicino retomou o seu servizo ao lado do imperador, como chefe de infantaría, mais os seus inimigos non o deixaban en paz e urden contra el calumnia tras calumnia, que o imperador asumíu e que o obrigan a demitir. O imperador comisionou a Arbicio e Florencio, chefes camareiros, para realizar un informe sobre a queda de Amida. “Estes, no temor de desagradar a Eusebio, a esa altura grande camarista, se botasen man de documentos que demostraban manifestamente que todo sucedeu pola pertinaz desidia de Sabiniano, só investigaron cousas futís desviadas da verdade e moi afastadas da súa encomenda. Ursicino conmovido pola falta de equidade do que se ouvía, «aínda que a min dixo me despreza o imperador, a magnitude do problema é tal que non pode ser coñecido e vindicado máis que por xuízo do príncipe; debe saber a modo de presaxio que, mentres deplore os factos correctos de Amida con fidelidade, e mentres se deixe arrastrar polo arbitrio dos eunucos, a sua presenza mesma na primavera, á cabeza de todas as súas forzas, non impedirá o desmembramento da Mesopotamia»”59. Entre os trazos da avaliación final que fai do reinado de Constancio II, Amiano destaca: “Sábese a ascendencia que tiñan sobre el os sons flauteados das mulleres e dos eunucos, e o débil que se mostraba por calquera que soubese afagalo, e absterse de dicer si ou non como el”60. O seu sucesor, Xulián despediu a todos os eunucos, cabeleireiros e cociñeiros.
O sucesores de Xoviano, foron Valentiniano I en Occidente (364-375) e Valente en Oriente (364-378), este con Domicio Modesto como prefecto pretoriano, que disuade a Valente do seu propósito de actuar na dispensación da xustiza para facer frente ao egoísmo e a corrupción dos que o rodeaban, e que alarmou os grandes. “Por isto e cousas similares, sendo disuadido por moitos de común acordo, especialmente por Modesto, prefecto do pretorio, influenciado polos arbitrio dos eunucos reais, que era de natureza meio rústica, non cultivado por ningunha leición dos antigos que, con un semblante finxido e insensíbel, afirmaba que por debaixo do culmen imperial de causas, existen as minucias dos privados”61. A respeito da morte de Valente, uns dín que caeu na batalle de Adrianópolis contra os bárbaros visigodos, cara á noitiña, alcanzado por unha frecha e morreu sen que o seu corpo puidese ser encontrado. “Outros din que Valente non morreu inmediatamente senon levado por soldados e un poucos eunucos a unha casa rústica provista inxeniosamente dun segundo andar, mentres era reanimado por mans imperitas, rodeado por inimigos, que ignoraban quen era, foi eximido da ignominia da catividade”62.
Amiano Marcelino (325/330–d. 391), na súa Historia romana, describe un cortexo liderado por matronas, que se realizaba durante as festas, no que marchan en primeiro lugar os escravos dedicados ao fiado e outros traballos; en segundo lugar, o persoal de servizo, negros que traballan na cociña; a seguir, todo o corpo de escravos mesturados promiscuamente con unha cuadrilla de plebeus ociosos da viciñanza, e “finalmente a multidume de eunucos, comezando polos vellos e terminando polos mozos, pálidos e feos pola deformidade desfigurada das seus trazos fisionómicos, de tal modo que por onde quer que un vaia, vendo as tropas de homes mutilados, detestará a memoria de Semiramis, esta antiga raiña que foi a primeira persoa en castrar mociños imaturos, obrando como se fose unha violencia contra a natureza, e deténdoa no seu curso preestabelecido, que no verdadeiro primeiro principio e nacimento do meniño, por unha sorte de lei secreta que revela as primitivas fontes da xeración, sinala o camiño da propagación da posteridade”63. Como vemos neste texto, os eunucos ocupan o último lugar no cortexo, o cal indica que ocupan o último lugar na escala social.
Na descrición que fai Amiano Marcelino das dezaoito provincias de Persia e as súas cidades, cita que na rexión de Asiria “Existe un pozo do que escapa un mefitismo mortal para todo aquel que se aproxima. A infección concéntrase felizmente no radio do precipicio que o exala. Pois en caso contrario todos os lugares cincunveciños devirían inabitábeis. Víase un semellante, dicíase, noutros tempos perto de Hierápolis, en Frixia. Todo aquel que se acercaba, a excepción dos eunucos, encontraba alí a morte, fenómeno do que deixo aos físicos a explicación”64. No libro 31 da Historia de Roma, describe os costumes dos hunos, e outras tribos da Escitia asiática. A respeito dos primeiros, afirma que os hunos desde o nacimentos dos meniños varóns, “súlcanlle a face con un ferro, para que o vigor emerxente no momento oportuno sexa cegado polas enrugadas cicatrices. Envellecen envellecen imberbes, sen ningunha beleza, semellantes aos eunucos”65.
As grandes damas romanas tiñan tamén varios eunucos entre os seus serventes. Castrábanse meniños para comerciar con eles, vendéndoos para os xeneceos, .... No ano 392, o gramático Euxenio ( 392-394) e oxeneral Arbogasto ( - 394), posto como teórico protector por Teodosio do imperador Valentiniano II tramaron unha conxura para asasinalo “tendo corrompido os eunucos da cámara real”66, e unha vez logrado o seu obxectivo Euxenio foi proclamado imperador, mais quen realmente mandaba era o magister militum Arbogasto. Teodosio estaba indeciso sobre se atacar a Euxenio ou esperar e, neste dilema, determinou consultar a Xoán, un monxe de Tebas, famoso pola súa coñecimento do futuro. “En consecuencia enviou a Eutropio, un eunuco de palacio e probada fidelidade, a Exipto, con ordes de levar a Xoán, se for posíbel, á Corte, mais, en caso de recusa, para saber o que se debería facer. Cando chegou a xunto Xoán, o monxe non puido ser persuadido de ir ao imperador, mais enviou unha mensaxe por Eutropio que a guerra se determinaría en favor de Teodosio”67.
Tamén se prohibiu a castración no Imperio Romano de Oriente, no que os eunucos eran numerosos. O imperador César Flavio León I (401-474) ditou penas moi severas contra a eviración: “O imperador León Augusto a Viviano, prefecto do pretorio.- Mandamos que de ningún modo homes do pobo romano, quer fosen emasculados en solo bárbaro ou romano, sexan dalgún modo transferidos ao dominio dalguén; fixarase unha pena gravísima contra os que ousaren perpetrar isto, a saber o notario que escribiu as escrituras desta compra ou de calquera outra alienación, e aquel que recibiu a oitava ou algo por causa do imposto serán submetidos á mesma pena. Mais concedemos, a todos os negociantes e a calquera outro, a faculdade de comprar nos comercios e vender, onde quixer, os eunucos de pobos bárbaros, emasculados fóra dos dominios submetidos ao noso imperio”68. Esta excepción o que fai é trasladar o problema a outra parte, pois agora bastará con practicar a castración fóra do ámbito imperial e vendelos despois nel.
Na Constitución LX, dirixida polo imperador Augusto León a Estiliano trátase sobre as penas a impor aos castradores. Comeza declarando o fracaso das leis contra a castración da natureza na súa potencia de procriar, deformando a criatura divina: “O mesmo imperador ao mesmo Stiliano: Unha cousa impúdicamente admitida, como se non estivese suxeita por parte de Deus a ningunha pena, e digna certamente da máxima pena, a amputación da faculdade inserida por Deus na natureza para a propagación da especie, preocupáronse os antigos lexisladores, de que este mal se desarraigase por unha lei vingadora, para que a república ficase limpa dunha invención de tal índole; mais de ningún modo sei porque, aínda que a algún outro, fose certamente equitativo estar suxeito a este preceito, e absterse da mutilación da natureza, non fan así todos os homes, senón que xulgando como algo útil, insidias tales contra a forza de enxendrar, mutilen os membros que son suficiente causa de nacer para o home, e intentan introducir no mundo outra criatura que a que satisfixo a intelixencia do criador. Nós de ningún modo xulgamos correcto descuidar isto, senón que nos atrevamos a reprimir por lei, co auxilio de Deus, fixando a pena para isto, a audacia dos que non teñen relixión para deformar a divina criatura”69. Entre as medidas a tomar descarta a vingadora lei do talión, aínda que non a confiscación de bens e o desterro perpetuo, ás que acrecenta outras novas: “E certamente, un decreto dos lexisladores anteriores, suxeitou a aqueles que se atrevesen a facer isto, á mesma mutilación que pena que eles aplicaron a outros, e fixo que o que eles desecaron ver noutros, o visen tamén en si mesmos; e isto, ao meu xuízo, non tan inxustamente canto non moi decorosamente. Pois non porque aquel que case se atreveu a formar de novo a criatura de Deus, é equitativo que o vingador imite isto e a forme de novo igualmente; polo que respeita á insania non é, segundo dixen, moi importuno. A este respeito, tamén se castigaba doutra maneira aos que se atrevían a este facto impío. Pois confiscáballe os bens e condenábaos a un desterro perpetuo, e os que sufriron a inxuria, se for servo, honrábao coa liberdade. Esta era certamente a lexislación dos antepasados, mais nós, pronunciando sentencia desa cuestión, prohibimos que sexan mutilados con igual mutilación, os maquinadores da natureza. Porén non nos desagrada submetelos ás restantes penas estabelecidas para este crime, embora aquí tamén a pena aspire á clemencia. Decretamos, por tanto, en primeiro lugar, que quen chamar para castrar ao artífice desta má arte, se se encontrar no número dos homes dos imperadores, sexa borrado do citado catálogo; en segundo lugar, que pague a multa de dez libras de ouro, que serán destinadas ao fisco, e que sexa relegado por dez anos; e o que exerza esa má arte, que sexa deshonrado con azotes e coa tonsura até cute; e, en segundo lugar, que sexa privado dos bens e que sexa expatriado polo mesmo espazo de tempo. Quen sufriu a inxuria, se é de condición servil, será libre durante o resto da súa vida do estatus servil; se é un home libre, levará o recibido ao seu propio consentimento, como se for o autor da inxuria que padeceu. Mais, se como frecuentemente se fai, a amputación procurar remedio ao home lesionado, isto non é contrario nin a nós nin ás leis. Pois isto non mutila a natureza senón que a socorre”70.
Á morte de Teodosio I (379-395), foi proclamado imperador do Imperio romano de Oriente o seu fillo maior Arcadio (395-408), mentres que o outro fillo Honorio foi coronado imperador do Imperio Romano de Occidente. Durante o reinado de Arcadio, ocuparon un papel moi relevante os eunucos Rufino, primeiro ministro, que dirixiu a persecución, desatada en Grecia, dos godos cristiáns contra os pagáns no ano 395, e Eutropio (?-Constantinopla, 399), praepositus sacri cubiculi, escravo armenio, que comezou a súa carreira como eunuco con Teodoxio I. Após a morte deste, arranxou o matrimonio do novo imperador Arcadio con Aelia Eudoxia, opoñéndose ás pretensións de Rufino, de casalo coa súa filla. Tras a morte de Rufino converteuse no máis estreito conselleiro do imperador Arcadio e o home máis influínte do Imperio Romano de Oriente. Segundo o historiador Sócrates de Constantinopla (380- ?), foi o primeiro eunuco en alcanzar a dignidade consular. “Porque Eutropio era o eunuco chefe do dormitorio imperial, e o primeiro de todos os eunucos que foi admitido á dignidade de consul”71, mais a inimizade coa imperatriz Eudoxia propiciou a súa decapitación no ano 39972. Perante Eudoxia tivo grande influencia o eunuco Amancio, que desempeñaba o cargo de camarista -praepositus sacri cubiculi-, un vigoroso home vello. Mais as pretensións de subornar o exército ás ordes de Xustino, e elevar ao trono a Teocrito non deu resultado senón que o labrego Xustino aproveitou o diñeiro para promocionarse a si mesmo, e eliminar a Amancio, ao que acusou de conspiración e foi degolado e tres dos seus compañeiros castigados co desterro ou a morte, e o pretendente Teocrito foi matado nunha masmorra e arroxado ao mar.
Con Valentiniano III (419-455) alcanzou grande influencia o eunuco Heraclio, prefecto dos dormitorios do imperador. Aliouse co senador Petronio Maximo e ambos denunciaron a Aecio de querer matar ao imperador, e este decidiu executalo. Coa súa morte rómpese tamén a alianza de Heraclio con Petronio, opoñéndose o eunuco a que este for designado por Valentiniano para o consulado e patriciado.
O compilador do direito romano antigo, Xustiniano I o Grande (527-565), sucesor de Xustino I, pai adoptivo de Sabatio, proxenitor de Xustiniano, comprou un eunuco, de nome Narsés (478-473), natural de Persamenia, que fora castrado para cuidar dos harens persas e ao que lle concedeu a liberdade. Chegou a escalar os máis altos postos administrativos, ocupando o cargo de tesoureiro, e converteuse no principal xeneral de Xustiniano, alén de camarista do rei. Participu na represión da sublevación de Nika no ano 532, e axudou a ao tamén xeneral Belisario no controlo de Italia, logrando expulsar aos francos e alamáns nos anos 554-555. Foi nomeado gobernador de Italia, reorganizando a administración deste reino. .
No século IX eran moi frecuentes os eunucos no coro da Basílica de Santa Sofía que mantivo esta practica até inicios do século XIII, cando tivo lugar a IV Cruzada.
No ano 870 o imperador Basilio I (870-886) asocia ao trono a León VI o sabio (886–912), que foi obxecto dunha conspiración por parte da imperatriz e segunda esposa Zoe Zaoutzaina, familiar de Estiliano Zaoutzes, primeiro ministro de León VI, conxura que foi delatada ante o imperador polo eunuco árabe Samonas (875-d.908), que traballara na casa de Estiliano, sogro do imperador León. A delación permitiulle entrar a traballar na casa do imperador onde ascendeu rapidamente. O ano 900 foi designado protospatharios, denominación dunha das máis altas dignidades da corte bizantina, e no 903 converteuse no home de máxima confianza do imperador. No 904 escapou de Constantinopla cara ao leste co obxectivo de alcanzar o seu país, mais foi detido e conducido ao senado de Bizancio para ser xulgado, sendo castigado coa peda de arresto domiciario de catro meses. Liberado foi designado patricio e máis tarde protovestiarios (o oficial financeiro de máis alto rango), mais caeu en disgracia por urdir unha acusación contra o seu servente, o eunuco Constantino Paflagonio, por suposta intimidade coa imperatriz e atribuiulle un panfleto no que insultaba ao imperador. Por este motivo foi cesado e confinado no mosteiro de Martinakios en 908, sendo sucedido nas súas funcións por Constantino Paflagonio.
Durante os reinados dos imperadores bizantinos, Constantino VII Porfiroxéneta (905-959) e do seu fillo e sucesor Romano II (939-963), desempeñou un papel de primeiro ministro o eunuco e camarista do rei e primeiro ministro(paracimómenos: o que durme xunto ao lado do imperador) e paradinasteuoron (chefe dunha unidade administrativa), Xosé Bringas, que perdería, durante o reinado de Nicéforo II (963-969) e da súa esposa a imperatriz Teófano Anastaso, na súa pugna polo poder con outro eunuco e tamén camarista do rei e primeiro ministro, Basilio Lekapeno, parakoimomenos (chefe da cámara imperial), fillo ilexítimo do imperador Romano Lekapeno (919-944), que propiciou o ascenso ao poder de Nicéforo, mais que terminaría tamén por enfrentarse coa imperatriz Teófano. Basilio II acusouno de simpatía co conspirador Bardas Focas, as súas terras foron confiscadas e as leis emitidas por orde súa anuladas.
Nos reinados do débil imperador bizantino, Constantino VIII (1025-1028) e Romano III (968-1034) exerceu grande influencia Xoán o eunuco, que ocupaba o cargo de primeiro ministro. Tamén exerceu grande incluencia sobre a filla de Constantino VIII, Zoe, para que adoptase o seu sobriño, que pasa a reinar co nome de Miguel V.
1 MARCIAL, Epigramas, XI, 74.
2 CICERON, De legibus, II, 9. Cf. II, 16. A deusa Cibeles era chamada tamén Idea, do monte Ida, en Frixia, onde se lle rendía culto especial.
3 TITO LIVIO, Historia romana, 29, 11, 7-8.
4 TITO LIVIO, Historia romana, 29, 14, 10-14.
5 Ideae vén do monte Ida.
6 TITO LIVIO, Ab urbe condita, XXXVI, 36. Cf. XXIX, 10.
7 Titus Livius Ab urbe condita, XXXVIII,18
8 HORACIO FLACO, Carmina, I, 16, 5-12
9 TIBULO, ALVIO, Elexías, Lib. I, 4, 65-70.
10 OVIDIO, Fastes, 4, 259-260.
11 OVIDIO, Fastes, 4, 268-269.
12 OVIDIO, Fastes, 4, 363-366.
13 OVIDIO, Fastes, 4, 183-186.
14 OVIDIO, Fastos, IV, 221-245.
15 PLINIO O VELLO, Historia Natural, Lib. XXXV, 46,165.
16 LUCANO, Farsalia, I, 560-568.
17 LUCANO, Farsalia, I, 599-601.
18 LUCANO, Farsalia, VII, 568-571.
19 MARCIAL, Epigrama, III, 81.
20 MARCIAL, Epigramas, lib. XIII, 63-64.
21 MARCIAL, Epigramas, lib. XIV, 204.
22 APULEIO, Metamorfoses, lib. VIII, 28, 2-3.
23 APULEIO, Metamorfoses, lib. VIII, 24, 2 e 3.
24 APULEIO, Metamorfoses, lib. VIII, 28, 5.
25 APULEIO, Metamorfoses, lib. VIII, 28, 1-4.
26 SERVIO, Comentario ao libro IX da Eneida de Virxilio, 116, 1-10.
27 Ulpiano, D. 9, 2, 27, 28
28 Ulpiano; Libro I, Comentarios á lei Xulia e Papia, in Dixesto, 50.16.128.
29 MALDONADO DE LIZALDE, Lex Iulia de maritandis ordinibus, www.juridicas.unam.mx/publica/librev/rev/hisder/cont/14/dr/dr13.pdf
30 Ulpiano; Comentarios ao Edito, lib. XXXIII, in Dixesto, 23.3.39.1.
31 GAIUS. Institutionum iuris civilis, lib. I. in Dixesto, 1.7.2.1.
32 Modestino. Diferenzas, Lib. I, in Dixesto, 1.7.40.2.
33 Ulpiano. Comentarios a Sabino, Libr. III, in Dixesto, 28.2.6.
34 Paulo, do Cargo de Proconsul Lib. II, in Dixesto, 48, 8.5.
35 SENECA, De ira, I, 21.3
36 SUETONIO, Vida d e Nerón, 28, 3-4.
37 ULPIANUS, On the duties of proconsul, Book VII, 4
38 SUETONIO, Claudio, 44
39 FEDRO, Fábulas, lib. IV, 1.
40 XUVENAL, Sátira, X, 290-312.
41 XUVENAL, Sátira, I, 23-24.
42 XUVENAL, Sátira, VI, 512-515.
43 SUETONIO, Vida dos doce césares: Domiciano, 7.1.
44 AMIANO MARCELINO, Historia de Roma, lib. XVIII, 4.5.
45 MARCIAL, Epigrama, IX, 8.
46 MARCIAL, Epigrama, VI, 2
47 DIÓN CASSIUS, Historia de Roma, Lib. LXVII, 2.3.
48 FILOSTRATO, Vida de Apolonio de Tiana, lib. VI, 42.
49 Factos apócrifos de Nereo e Aquiles
50 LUCIANO DE SAMOSATA, Amores, 21.
51 DIÓN CASIO, Historia romana, 80, 11.
52 Codicis domini nostri iustiniani sacratissimi principis repetitae praelectionis, Lib. IV, 4.42.1. Cf. (Const. M. Opera. Migne Patrol. vol. VIII., 396.).
53 AMIANO MARCELINO, Historia de Roma, lib. XIV, 11, 2-3.
54 AMIANO MARCELINO, Historia de Roma, lib. XIV, 11, 29 e 32.
55 AMIANO MARCELINO, Historia de Roma, lib. XV, 2, 10.
56 AMIANO MARCELINO, Historia de Roma, lib. XVI, 7, 2-3.
57 AMIANO MARCELINO, Historia de Roma, lib. XVI, 7, 4-10.
58 AMIANO MARCELINO, Historia de Roma, lib. XVIII, 4, 2.
59 AMIANO MARCELINO, Historia de Roma, lib. XX, 2, 3-4.
60 AMIANO MARCELINO, Historia de Roma, lib. XX,I , 16, 16.
61 AMIANO MARCELINO, Historia de Roma, lib. XXX , 4, 2.
62 AMIANO MARCELINO, Historia de Roma, lib. XXX I, 13,14.
63 AMIANO MARCELINO, Historia romana, Lib. XIV, 6, 17.
64 AMIANO MARCELINO, Historia romana, Lib. XXIII, 16, 16.
65 AMIANO MARCELINO, Historia romana, Lib. XXXI, 2, 2.
66 SÓCRATES DE CONSTANTINOPLA, Historia eclesiástica, V, 25. SOZOMENO, Historia eclesiástica, VII, 22.
67 SOZOMENO, Historia eclesiástica, VII, 22.
68 Codicis domini nostri iustiniani sacratissimi principis repetitae praelectionis, Lib. IV, 4.42.2
69 Cuerpo del derecho civil romano - Novelas T 6 - Parte 5 - Novas Constitucións do imperador León Augusto, Imp. Leonis Augusti, s/d., es.scribd.com/.../Cuerpo-del-derecho-civil-romano-Novelas-T-6-Parte-5- Constitución LX, pp. 656.
70 Cuerpo del derecho civil romano - Novelas T 6 - Parte 5 - Novas Constitucións do imperador León Augusto, Imp. Leonis Augusti, s/d., es.scribd.com/.../Cuerpo-del-derecho-civil-romano-Novelas-T-6-Parte-5- Constitución LX, pp. 656-657.
71SÓCRATES DE CONSTANTINOPLA, Historia eclesiástica, VI, 5. SOZOMENO, Historia eclesiástica, VIII, 7.
72 SOZOMENO, lib. VIII, cap. 7.
No hay comentarios:
Publicar un comentario