10 oct 2012

Cambios na Igrexa

Hoxe topeime con u crego amigo pola rúa e, como de costume, parámos a falar un momento. A conversación desenvolveuse nos seguintes termos:
- E logo, xa foches hoxe pola a celebrar a misa?
- Non
- E logo vas pola tarde?
- Non hoxe non vou. Non teño misa até o sábado. Se ninguén me encarga a misa non celebro.
- Pois o meu tío, celebraba misa todos os días e todos os días a tiña encargada
- Si, pero hoxe encargan menos.
- Ben, así tamén descansas un pouco, porque desas ceremonias habituais tamén se debe descansar psicoloxicamente de vez en cando.
- Eu con todo, se non celebro na Igrexa, celébroa na casa para os que convivimos
- Si pero unha misa para dous ou tres perde o seu sentido. Eu creo que este baixón nas celebracións é un expoñente de como está a Igrexa hoxe en día, dirixida por octoxenarios que non son capaces de sintonizar coa sensibilidade e as preocupacións actuais.
- Non é só iso.
- É certo que non é só iso. Incide tamén negativamente o afastamento da ciencia e das ideoloxías actuais, alén da práctica política. Por exemplo, a intervención da Igrexa contra os independentistas cataláns foi unha saída de ton. Non levantaron a voz cando o Tribunal Constitucional lle desnaturalizaou o seu estatuto, mais agora que eles queren decidir por si mesmo, a Igrexa opónselle.
- É que a unión é un ben.
- Ben a nivel abstracto é todo, mais o ben da unidade non ten sentido se non é unha unidade querida, unha unión na que todos se sintan cómodos. O ben superior está en que se respecte a decisións dos pobos, e se estes queren ir a unha unión pactada, excelente. Por exemplo, hoxe podemos dicir que a UE pretende conseguir pola adhesión dos pobos o que Napoleón e Hitler pretendían conseguir pola forza. Os pobos europeos loitaron para non ser asimilados polo exército francés e o alemán, mais agora están de acordo en establecer unha unión pactada. O que non se pode é defender, a nivel ético, que a unión en si é un ben, como fixeron os bispos españois. O que é un ben moral é a unión froito da libre decisión dos pobos.
Non se respondeu a esta argumentación. Quedaría convencido? Calaría para que o deixase en paz, canta un carro e leva farelo? 

No hay comentarios:

Publicar un comentario