A idea de crear unha unión europea, que poida competir con éxito cos grandes polo de poder económicos, militares e políticos mundiais, como China, a India, Rusia e Brasil, realizouse primeiro pola vía militar con Napoleón, entre 1800 e 1815, e Hitler, na II Guerra Mundial, como protagonistas, proxectos ambos fracasados. En vista do fracaso militar, a terceira tentativa, que se desenvolve a partir da década dos cincuenta do século XX, adoptou como estratexia a vía do diálogo, da negociación, do entendemento. A necesidade de seguir representando un papel protagonista nun mundo multipolar xogaba ao seu favor e tivo un éxito considerábel até o punto de converterse en modelo para países doutras áreas político-economicas, como Latino América. Nesta fase, que se prolonga durante todo o resto do século XX, a Alemaña e Franza desempeñaron un rol de primeira magnitude tamén no referente á solidariedade interterritorial, da que se beneficiaron toda unha serie de países de segundo nivel, entre outros España. A Alemaña estivo liderada neste período por grandes estadistas, como Adenauer, Willy Brandt, Helmut Smidt, Helmudt Kohl,... e Franza polo xeneral Charles De Gaulle, George Pompidou, Valery Giscad dÉstaing, Miterandt, Chaques Chirac, .... Estes grandes países europeos, Alemaña principalmente, con grande potencial exportador, beneficiáronse dunha balanza comercial que lles foi sempre favorábel ao poñer ao seu dispor un amplo mercado no que vender os seus produtos, e que compensaba o seu défice na balanza fiscal nos seus intercambios co resto de Europa, en especial cos países sureños.
En 1999 créase a zona euro, con unha moeda común aos países que queiran adherirse, moeda que foi efectiva a partir do 1/01/2002, e entra en acción o Banco Central Europeo como responsábel único da política monetaria da zona euro, ao tempo que os bancos centrais nacionais -debería dicirse estatais- lle transferiron as súas competencias en materia de política monetaria. O BCE ten como funcións principais emitir moeda, controlar a inflación e intervir nos mercados de divisas mercando ou vendendo valores. Non ten poder de intervir no mercado primario, mercando débeda dos 17 países que conforman a zona euro, nin pode emprestarlle diñeiro aos distintos estados da mencionada zona, aínda que si aos bancos. Este deseño totalmente insatisfactorio do BCE é unha das causa da crise actual. É totalmente desacertado que o BCE lle empreste diñeiro ao 1 por cento aos bancos e estes llo empresten despois aos diversos gobernos ao 4, 5 ou 6 por cento. Isto ten como consecuencia que quen pagan as consecuencias son os cidadáns, porque o plus diñeiro que o Estado lle ten que pagar aos bancos para financiarse hai que detraelo do que se debería investir en pensións, sanidade, educación, etc. En segundo lugar, ao ceder os estados nacionais as competencias dos seus bancos ao BCE fican inermes en casos de situacións de crise, se os demais países non adoptan unha política de solidariedade entre todos os seus membros. En terceiro lugar, isto produz unha grande diferenza no financiamento nos diveros países, pois mentres algúns se financian ao 1 por cento ou menos, como Alemaña e Francia, outros deben facelo ao 7 por cento, se teñen acceso aos mercados, pois podería darse o caso de que nin sequer a eses xuros puidesen colocar a súa débeda, debendo pedir axuda financeira a outros países ou organismos. Ora ben, unha unión económica é inviábel no caso de diferenzas tan marcadas entre os seus membros no acceso ao crédito.
O problema que teñen hoxe en día os países da zona euro é que Alemaña concéntrase sobre todo na balanza fiscal, na que é deficitaria, e non olla para a balanza comercial, e quere rebaixar o seu monto de axuda, como o demostran as actuais reticencias con España, opoñéndose a que pida o resgate, ou, se se decide a facelo, impón condicións draconianas de austeridade, en aras de garantir o cobro do diñeiro por parte dos bancos alemáns, aos países afectados, afogándoos economicamente e destruíndo o seu precario estado do benestar. Alén diso, contribuiu a crear no seu país un estado de opinión pública reticente a seguir financiando aos países sureños, caulificados de vagos e pouco serios. Agora a dirixente alemá está atrapada por esta dinámica creada no seu país e ten que pensalo dúas veces antes de expedir os cheques da solidariedade, non sexa que teña problemas en ser reelixida de novo no 2013. A actuación por intereses electorais mais que en beneficio do proxecto europeo é unha práctica constante da frau Merkel.
Dada a precaria situación económica dos países en crise, por veces á beira da bancarrota e non tendo outras alternativas ás que recorrer, non teñen máis remedio que submeterse aos ditados da frau Merkel, ficando desta maneira empobrecidos, humillados e convertidos en sipaios da Kaisering alemá, que vén así consolidar o poder político e económico alemán sobre todos os demais países europeos, converténdoos en satélites deste novo imperialismo alemán. Hoxe as decisións na UE non as toman os países por maioría senón a dirixente alemá, que unha e outra vez impón a súa vontade soberana a todos os demais membros e dirixentes, incluída Franza. Como a súa contribución é imprescindíbel, polo seu poderío económico, se ela non dá o seu consentimento a unha medida, simplemente non se pode adoptar. Hoxe a UE non existe como tal, as institucións europeas están todas ninguneadas e meramente actúan tal como lle interesa a Berlín. Por outra parte, os países integrantes da eurozona vólvense cada vez máis egoístas, céntranse na defensa dos intereses estatais a curto termo, en detrimento do proxecto europeo e da necesaria solidariedade entre os seus membros. Esquécese que nunha unión todos deberían estar ás duras e ás maduras.
A consecuencia de todo isto é que a democracia só existe plenamente en Europa do euro na Alemaña, onde os seus habitantes poden elixir libremente aos seus representantes sen intervención estranxeira, mais non noutros estados da zona euro. Lembremos a este respecto o que pasou en Grecia con Papandreu e en Italia con Berlusconi, elixidos polo pobo e forzados a dimitir pola presión da chanceler, sendo substituídos por Papademos e Monti. O feito de que Berlusconi non sexa un dirixente das nosas preferencias non é o relevante. Lémbrese tamén o que está a pasar en España, onde o pobo español elixe a Mariano Rajoy, que se presenta ás eleccións con un determinado programa que recibiu o apoio popular maioritario mais que non pode poñelo en práctica por presións de Alemaña, e agora temos a un presidente títere dun país estranxeiro impoñendo medidas que o pobo nunca votou nin está disposto a admitir. Xa con Zapatero pasara algo parecido, porque estaba aplicando un determinado programa, co que concorrera ás eleccións mais a presión de Berlín obrigoulle a cambialo en plena lexislatura e a aplicar un programa deseñado na capital do Reich e presentado pola chamada Comisión Europea. Lembremos tamén o grao de submisión que mostraron estes dous líderes españois coa reforma express da Constitución Española para contentar á grande dama teutoa no seu afán de garantir o cobro da débeda por parte dos bancos alemáns, que agora teñen preferencia ante os cidadáns do propio país. A preservación deste dereito dos bancos alemáns foi tamén a razón da decisión de Alemaña de non permitir que a banca española se poida recapitalizar directamente sen que o seu resgate conte como débeda pública do Estado español.
Outra mostra máis do escaso valor que ten para a Sra. Merkel a democracia nos demais países europeos é a súa pretensión de nomear un supercomisario europeo con poder de veto sobre os orzamentos dos diversos países da zona euro. Isto tería como consecuencia que un orzamnto elaborado por un goberno da eurozona debería pasar o filtro de Bruxelas antes de ser submetido á aprobación polo respectivo Parlamento, que debería respectar o corsé que impuxeran previamente en Europa, ou, alternativamente, que un orzamento aprobado xa polo parlamento estatal non entraría en vigor mentres a Comisión Euripea non dea o seu consentimento, que o dará se se digna a outorgalo a Sra. Merkel, conventéndose en ambos casos nun parlamento de cartón, . En resumidas contas, Merkel, a diferenza doutros chanceleres alemáns da Alemaña, outrora lider da construción europea, é hoxe máis parte do problema que da solución.
A solución que Merkel ofrece para os países europeos é austeridade, auteridade e austeridade, e por máis que ve que desta maneira non se sae da crise, como non se saiu da de 1929, non cesa de turrar na súa teima. Fai uns días no Parlamento alemán, o xefe da oposición, Peer Steinbrück, acusou á chanceler de que a súa única medicina era precisamente esta da austeridade e tamén lle advertiu de que fracasara, mais a resposta da chanceler foi que non tivo éxito aínda porque non se fixeran certas reformas como a laboral nos países afectados. Esta resposta é un auténtico insulto á intelixencia, porque se hai algo no que os políticos españois, portugueses, etc. se pasaron foi precisamente en establecer unha reforma laboral que raia na escravatura. No mes de xuño decidírase por presión de Franza e Italia principalmente, en combinar auteridade e crecemento e falouse dun investimento duns 120 millóns de euros para estimulalo, mais desta raquítica cantidade nunca máis se soubo. O único que quedou en pé foi auteridade, austeridade e austeridade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario