Por unha Real Orde de xuño de 1908 é nomeado profesor da «Escuela Superior de Magisterio», nas materias de Psicoloxía, Lóxica e Ética. A súa forte amizade con Ramiro de Maeztu, a esa altura adscrito ao ideario liberal, esmorece. “Leyendo esto me he puesto a recordar los tiempos, no muy lejanos, en que, unidos por estrecha amistad, íbamos a lo largo de estas calles torvas madrileñas, como un hermano mayor y un hermano menor, entretejiendo nuestros puros y ardientes ensueños de acción ideal. Y no acierto a comprender cómo aquella no rota fraternidad ha venido cayendo tanto que hoy me hace usted decir y
pensar coas tan ineptas”1.
pensar coas tan ineptas”1.
En 1908 é recoñecida a súa adscrición liberal, que el adxectiva co rótulo de socialista. Asiste, en agosto deste ano, a algunhas sesións do congreso do PSOE, ao que cualifica de “sociedad semisecreta de educación e interna disciplina”2. No estado actual de España o socialismo está obrigado a erixirse en defensor da cultura e os seus inimigos principais son a ignorancia do cidadán e a astucia do crego3.
En 1908 describe así as influencias recibidas polos que se ocupaban das cousas do espírito, el entre eles: “... encontramos en el recuerdo de nuestros dieciocho anos una atmósfera caliginosa y como un sol africano que nos tostó las paredes de la morada interior. Fue aquella nuestra época de «nietzscheanos»; atravesábamos a la sazón, jocundamente cargados con los odrecillos olorosos de nuestra juventud, la zona tórrida de Nietzsche. Luego hemos arribado a regiones de más suave y fecundo clima, donde nos hemos refrigerado el
torrefacto espíritu con aguas de alguna perenne fontana clásica, y sólo nos queda de aquella comarca ideal recorrida, toda arena ardiente y viento de fuego, la remembranza de un calor insoportable e injusto”4. Manifesta de si mesmo non ser home de acción, por faltarlle abnegación e unha alma ben temperada, mais considera que a acción máis necesaria para España é a especulativa5. A súa limitación neste campo porase de manifesto nunha actuación política deficiente e fracasada.
En agosto de 1909, nun período de forte represión do goberno Maura tras os sucesos da semana tráxica de Barcelona, que se saldou con dúcias de mortos, millares dedetidos, cerca de 200 penas de desterro, 59 cadeas perpetuas e 5 condenas a morte, pola oposición cidadá á guerra en Marrocos, manifesta Ortega que antes de embarcarse España na guerra de Melilla debía terse consultado ao pobo español, pois o Goberno debe encargarse tanto da previsión técnica e económica como da organización do espírito público. Explicándolle ás xentes o que convén facer conseguirase “polarizar una nación en el sentido de la emoción
guerrera y se puede esperar que el ánimo del pueblo, poniéndose corvo y tenso como el arco de un sagitario, envíe al enemigo la flecha ardiente y vibrante de su entusiasmo”6. Como podemos ver, non se opón Ortega en absoluto á guerra, senón que só lamenta que non se tiver conciencia ao pobo español para que lograse embarcarse nela voluntariamente.
Louva a creación das Ordes militares, representantes do fermento feudal no momento da unidade, e a súa actuación nas cruzadas. “La creación de las Ordenes militares, sus campañas de Grecia y Jerusalén, fueron hechos de incomparable fecundidad para la cultura. Al volver a Europa, trajeron los cruzados el germen de la sabiduría helénica-oriental e iniciaron el Renacimiento”7. Estas institucións relixioso-militares, surxidas nun momento de forte integrismo e fanatismo cristián, tiñan como función, nun inicio, a defensa dos santos lugares e, máis tarde, a defensa e propagación da fe cristiá, e non deixa de ser sorprendente que sexan louvadas polo filósofo madrileño en aras dos supostos beneficios de carácter cultural. Non se poden xustificar factos tráxicos da historia en base ao refrán “non hai mal que por ben non veña”. Se xustificamos os factos en base a este dito popular, teriamos que bendicir as maiores atrocidades. Pero sería erróneo crer -di Ortega- que se movían por intereses puramente relixiosos senón tamén económico-políticos. Con todo, hoxe non pode utilizarse a súa ideoloxía para xustificar a guerra de Melilla. “Parece ser que esta guerra es
útil, parece que es necesaria. Eso dicen. Yo no lo sé. Hagamos pues, guerra. Pero evitemos la vieja mise en scène sentimental”8, baseada na hostilidade teolóxica. Non deixa de ser sorprendente que un espírito crítico, como debe ser o dun filósofo, afirme que non sabe se a guerra é útil e necesaria, pero que convide, por mero seguidismo do poder de turno, a facer a guerra. Fica ben claro neste texto, a función do intelectual como ideólogo dos intereses tribais, que non obstante se presentarán como neutralidade obxectiva, fidelidade aos factos, moralidade moderna. ... Prescribe como única receita: “Hagamos la guerra; pero, en serio, es decir, sin la ficción del odio”9, como se a guerra se puidese facer sen odio, dun xeito despersonalizado ou como mera actividade lúdica.
En setembro de 1909 publícase un manifesto, asinado por grande número de intelectuais europeos, entre os que se incluían Haeckel, Anatole France e Maeterlinck, en contra da brutal represión desencadeada polo Goberno de España a raíz dos disturbios que tiveron lugar na cidade de Barcelona por parte dos que se opoñían á guerra de Melilla. A este manifesto respondeu Azorín acusando aos tres intelectuais citados de farsantes. Ortega xulga que Azorín insulta gravemente a “tres de los nombres que componen el estado mayor de la cultura europea”10. O 15 de outubro pronuncia unha conferencia no «Ateneo» de Madrid
sobre «Los problemas nacionales y la juventud»; en decembro na Casa do Partido Socialista madrileño sobre «La ciencia y la religión como problemas políticos», e xa en marzo de 1910 no Sitio de Bilbao a titulada «La pedagogía social como problema político». A esta asistiron, segundo El Noticiero Bilbaíno, elegantes señoritas. Este feito repetirase na vida de Ortega, o cal indica que, por unha parte, o filósofo gozaba dunha recoñecida reputación social, e, por outra, que eran reunións de sociedade mais que de investigación científica, porque a estas non se asiste de etiqueta.
sobre «Los problemas nacionales y la juventud»; en decembro na Casa do Partido Socialista madrileño sobre «La ciencia y la religión como problemas políticos», e xa en marzo de 1910 no Sitio de Bilbao a titulada «La pedagogía social como problema político». A esta asistiron, segundo El Noticiero Bilbaíno, elegantes señoritas. Este feito repetirase na vida de Ortega, o cal indica que, por unha parte, o filósofo gozaba dunha recoñecida reputación social, e, por outra, que eran reunións de sociedade mais que de investigación científica, porque a estas non se asiste de etiqueta.
O ano 1910, por impulso de José Castillejo créase a krausista «Residencia de Estudiantes», co avogado Alberto Jiménez Frau como director, a imitación dos «colleges» ingleses nos que existía un ambiente cultural favorábel ao estudo e investigación. Ortega colaboraría con ela até a Guerra Civil; asistía todos os días ás tertulias antes de comer, e a ela confioulle a publicación de Meditaciones del Quijote.
2. «El recato socialista», El Imparcial, 2/09/1908, en OC, T. 10, p. 81.
3. «Nuevas glosas», El Imparcial, (26/09/1908), en OC, T. 10, p. 87.
4. «El sobrehombre», El Imparcial, 13/07/1908, en OC, T. 1, p. 91.
5. Carta a Joaquín Costa, de 16/07/1908, en ORTEGA Y GASSET, JOSÉ, Cartas de un joven español, (CJE), Ediciones el Arquero, Madrid, 1991, p. 675.
6. «Guerra con cuartel», El Imparcial, (17/08/1909), en OC, T. 10, p. 100.
7. «Guerra con cuartel», El Imparcial, (17/08/1909), en OC, T. 10, p. 103.
8. «Guerra con cuartel», El Imparcial, (17/08/1909), en OC, T. 10, p. 103.
9. «Guerra con cuartel», El Imparcial, (17/08/1909), en OC, T. 10, p. 104.
10. «Fuera de la discreción», El Imparcial, (13/09/1909), en OC, T. 10, p. 95.
No hay comentarios:
Publicar un comentario