O ministro de Educación e Cultura, Wert, afirmou antonte, día 10/10/2012, no Congreso dos Deputados que “nuestro interés es españolizar a los alumnos catalanes y que se sientan tan orgullosos de ser españoles como de ser catalanes y que tengan unha vivencia equilibrada de esas dos identidades”. Cando o ministro se refire ao noso interese desborda o ámbito persoal e implica directamente ao Goberno de España e ao propio PP. Por tanto xa sabemos que a súa pretensión é españolizar Catalunya, Euskadi e Galiza, por se alguén tiña algunha dúbida, e, en consecuencia proceder a unha colonización aínda máis intensa do que viñan facendo até agora, e con esta finalidade vanse apoiar nos intelectuais orgánicos, tal como Gramsci os entende, e persoeiros próximos aos seus posicionamentos nas nacións periféricas, que xa comezan a actuar. Hoxe mesmo, desde a radio algúns contertulios estiveron a difundir esta ideoloxía argumentando que o máis natural é que un país como España se españolice, ao tempo que critican a ausencia de Mas desta celebración porque o normal é que toda España celebre a súa festa nacional, e inclusive se atreven a pregoar que se debía obrigar a que toda a xente a celebrase.
Do que se trata, segundo o ministro, é actuar sobre os sentimentos das persoas non sobre a razón para lograr que sexan uns sentimentos equilibrados, fifty-fifty, metade-metade, non sexa que amen máis a súa terra e a súa cultura que a española. É natural que un español ame máis a España que a Francia, mais non é permisíbel que un galego, vasco ou catalán amen máis a súa terra que a española. Isto implica que persoas como Castelao, Otero Pedrayo, Alexandre Bóveda, etc. serían estigmatizados polo poder actual, como o foron polo poder entón imperante. Surxe tamén o problema da medición dos sentimentos e supoño que implementarán un sistema de avaliación a este respecto.
Mais deben todos os pobos de España celebrar a festa nacional? Que poden facelo é un feito e que se pode defender que se faga tamén, mais ser obrigados a facelo é un sen sentido. Todo o que non se faga libremente, en aspectos accesorios para a supervivencia, non debe ser obxecto de imposición. Mais inclusive a pretensión de españolizar por parte dun Goberno estatal aos cidadáns dun pobo con lingua e cultura distintas das oficiais do Estado é un acto de colonización que visa o seu xenocidio cultural servíndose da posición de vantaxe que proporciona o poder lexislativo de turno e outros poderes do Estado. Que diriamos se aparecese nos medios que a Unión Soviética pretende rusificar Estonia, Letonia e Lituania? Que o reino Unido pretende inglesizar Irlanda, sexa do Norte ou do Sul? Que China quere chinesizar o Tibet?
Prepararon o terreno durante moito tempo a través de certos círculos mediáticos da capital do Estado, que se encargan de magnificar certas denuncias isoladas de persoas que en Catalunya se negan a ser instruídos na lingua catalana e a acatar a lexislación lingüística vixente e reclaman ser educados na lingua oficial do Estado español. A excepción destes casos puntuais, até agora os problemas nas comunidades con dúas linguas -salvo en Galiza após a chegada de Feijóo- foron practicamente inexistentes salvo en caso contrario, ou sexa, de persoas que queren ser atendidos na lingua propia e se ven obrigados a interpor denuncias frente aos poderes públicos e os funcionarios e traballadores ao seu servizo. Os casos na Galiza proliferan, mais isto é sistematicamente silenciado e inclusive obviado por parte dos citados medios e, o que é máis grave, das autoridades territoriais encargadas da promoción e normalización do propio idioma no caso galego. Por outra parte, isto sucede nunha situación social en que a lingua que ten problemas de supervivencia é a lingua catalana e non a española, e xa non digamos no caso de Galiza e Euskadi, mais se agroma un leve indicio de normalización hai que afogalo de raíz. Non hai ningún mozo/a de Catalunya, Euskadi ou Galiza que ignore o español e poida falalo con soltura, mais si que hai moitos mozos galegos, cataláns e non digamos vascos, que non son capaces de expresarse na lingua propia da súa comunidade.
Hai dous tipos de nacionalismo, o expansivo e o defensivo. O primeiro conquistou a súa estatalidade e a súa soberanía e pretende expansionarse a expensas doutros pobos, mentres que o segundo, exercitando un dereito colectivo de todos os pobos á súa existencia e á súa liberdade, procura conquistar a súa estatalidade e e a súa soberanía. A solución entre estas dúas tendencias opostas ten que estar no respecto mutuo dos diversos pobos e no estabelecemento de formas de convivencia respeitosas entre ambos, pois, en caso contrario, pode ser moi difícil evitar un choque de trens. A colonizaicón forzada doutros pobos é un caso de etnocidio cultural, ou, como dicía o grande Castelao, é un acto de lesa cultura.
Ramón Varela

No hay comentarios:
Publicar un comentario