A I Guerra Mundial tivo como causas remotas as políticas imperialista dos granes imperios de Euriopa: Alemán, Austro-Húngaro, Otomano, Ruso, Británico e a República de Franza. Esta reivindicaba Alsacia e Lorena, baixo dominio do Imperior alemán e Austria-Hungría desexaba controlar os Balcáns, provocando a hostilidade dos serbios de Bosnia. As causas próximas hai que buscalas na súa anexión por parte do Imperio Austro-Húngaro en 1908, que xa administraba desde que en 1878 pasou ao seu control en substitución do otomano, aínda que o Imperior otomano retiña a soberanía. Esta anexión provocou unha forte oposición por parte da populación serbia, croata e bosniaca. O 28/06/1914 foi asasinado en Saraxevo, Bosnia-Herzegobina, o herdeiro do Imperior Austro-Húngaro Francisco Fernando e a súa esposa polo estudante bosníaco Gavrilo Princip (1894-1918, en protesta pola opresión dos serbios por parte dos do Imperio Austro-Húngaro, que dará lugar á I Guerra Mundial, por considerar o Imperio austro-húngaro que Serbía era a responsábel do atentado.
Os contendentes eran, por unha parte: a Tripla Alianza (imperios alemán, austro-húngaro e otomano), tamén chamada as potencias centrais, aos que máis tarde se uniu Bulgaria, e, pola outra, a Tripla Entente (Gran Bretaña, Francia e o Imperio ruso), ou aliados, aos que se agregou Serbia e, posteriormente, Xapón, Italia, Rumanía, Estados Unidos, Grecia. El inicio da guerra tivo lugar o 28/07/1914 ao declararlle o Imperio austro-húngaro a guerra a Serbia, e finou o 11/11/1918 coa asinatura do armisticio, que supuxo a derrota dos imperios centrais. As consecuencias da guerra, alén das enormes perdas en vidas humanas e riqueza, foron: a creación dun novo mapa político en Europa coa desaparicións dos imperios alemán, autro-húngaro e ruso e a creación de novos estados, a perda do liderado económico por parte de Europa e o ascenso de EEUU a primeira potencia económica mundial.
España declarouse neutral, entre outras cousas, porque a súa debilidade militar -perdera grande parte dsáu armada fora destruída en Cubq, e económica non lle permitía aventurarse en novas guerras, alén das que mantiña en Marrocos, onde se estaba desanguentando tanto en vidas humanas como en recursos económicos. Esta posición de neutralidade favoreceu o seu crecemento económico, con un claro superávit da balanza comercial e un notábel incremento dos beneficios empresariais, mais as exportacións produciron tamén un proceso de inflación e unha carestía de alimentos, que provocaría a crise de 1917. Ao final da Guerra e diminuír as exportacións, víronse obrigadas a cerrar moitas das empresas creadas durante o conflito.
O posicionamento ante a guerra dos políticos españois foi moi dispar. Alfonso XIII, Romanones, Maura, Alejandro Lerroux, o partido reformista, e, en xeral, a corrente democrática, republicana e socialista, apoiaba a intervención ao lado dos aliados, por considerar que representaban a liña liberal e democrática, mentres que a extrema dereita de Vázquez de Mella, os xóvenes mauristas, os máis conservadores, a aristocracia, a Corte, e o exército ao lado dos alemáns, por considerar que representaba o autoritarismo, disciplina, orde e efectividade, mentres que Dato inclinábase do lado alemán se ben defendía a neutralidade, posición que foi mantida polos gobernos tanto conservador como liberal.
As predicións de Ortega sobre a I Guerra Mundial foron as seguintes: quizais fose a última guerra terrible sobre o planeta, que sería o inicio dun novo ciclo no que as normas instauradas perderían vixencia1; que será moi longa2 e beneficiosa para os intereses do socialismo3, e que o mundo, agora fóra dos seus gonzos tardará moito en volver a eles4. O posicionamento ante o conflito dividíase entre os xermanófobos -o pobo e os intelectuais e xermanófilos -os conservadores e o exército. Cualifica as reaccións do público ante ela dentro dos seus “torpes, lentos, toscos cerebros”5 , do máis barrocas. O seu posicionamento foi a favor dos aliados, pero afirmou que estimaba o valor insubstituíbel de Alemaña6.
O 22/12/1914 é nomeado membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas, pero non chegará a ler o discurso de ingreso. O 29 de xaneiro de 1915, sae o primeiro número da revista España7, con intencións e patriótica eficacia8, como órgao oficial da Liga. Foi fundada por Ortega, xuntamente con Azorín e Eugenio D’Ors9, e pretende ser un instrumento para que os demais poidan verter nela os caudais do seu patriotismo10. O capital foi carretado polo industrial Luís García Bilbao. A dirección estivo a cargo de Ortega até o 20 de xaneiro de 1916 en que toma o seu relevo Luís Araquistain, que se mantén no cargo até 1923, en que o substitúe Azaña. A causa do relevo de Ortega foi o fracaso comercial: comeza vendendo 50.000 exemplares pero a finais de ano baixa a 18.000. Aspira a crear “una nueva manera de colaboración patriótica superior a las diferencias entre los partidos11. Nela Ortega declara sentir noxo polo rumbo da experiencia nacional desde 1898. “Cuanto más patriotas éramos mayor enojo sentíamos”12.
Facendo un paralelismo entre España e Italia, Ortega considera que Italia era a nación máis desditada e hoxe é un pobo forte, mentres que España é unha nación descamiñada. Un pobo faise con un pouco de coraxe y outro pouco de talento, como se fixo en Italia. Os directores da nosa patria fixeron con ela o contrario do que fixeron os italianos coa súa13. Concorda con Antonio Maura en que os partidos turnantes fracasaron, pero discorda da súa proposta de resucitalos14. En maio critica a aproximación dos Partido
Republicano Reformista ao partido liberal, “viejo partido asmático y caduco que ha extirpado de la conciencia pública casi todas las esperanzas”15, propiciada por Melquíades Álvarez. Seguindo o exposto nos artigos «Nueva y vieja política», e «De un estorbo nacional», di que cómpre aniquilar a eses dous partidos monstruosos -o conservador e o liberal- que están aínda en pe, como din que despois de mortos seguen en pe os elefantes. “Estos dos partidos han sido los grandes fabricantes de la desesperanza española; la han producido a torrentes, han inundado de ella toda el área nacional”16. A esa altura o seu tío Rafael non estaba no Goberno. Desde o Partido Reformista, Luis de Zulueta censura a súa discrepancia coa liña trazada polo formación reformista e acúsao de propensión a contradicirse, que Ortega considera acusación terríbel dirixida contra un profesor de filosofía17. Tamén discrepa de Zulueta na ineptitude de España para incorporarse, a pesar de que a “historia muestra más bien mutaciones súbitas y la psicología tiende a explicar estas como más fáciles y verosímiles”18.
O 6 de decembro de 1915 demite Dato, e Ortega fai un balanzo moi negativo da súa etapa de goberno. Calquera cousa estaba xustificada con tal de levar ao corazón español un sentimento de fe e de esperanza nas súas capacidades de pervivir. En vez diso, o Sr. Dato preferiu non facer nada, e como resultado, “no solo en política, toda la vida nacional estaba y está atacada mortalmente de parálisis”19. Sucédelle o segundo Goberno Romanones, recibido por Ortega con pouca esperanza20.
En xaneiro de 1916, con ocasión da compilación de Personas, obras, cosas, fai unha epsecie de balanzo dos seus dez anos anteriores, que se resume nun labor de servizo á nación española: “mi mocedad no ha sido mía, ha sido la de mi raza. Mi juventud se ha quemado entera, como la retama mosaica, al borde del camino que España lleva por la historia. Hoy puedo decirlo con orgullo y con verdad. Esos mis diez años jóvenes son místicas trojes henchidas sólo de angustias y esperanzas españolas”21.
En 1916 comeza a publicación de El espectador, obra en oito volumes, o último de 1934, composta de ensaios varios. Tamén publica a principios de ano o seu segundo libro Personas, obras, cosas. Neste ano e ata xuño de 1917 non publica artigos de carácter político. Acompañado do seu pai, José Ortega e Munilla, tamén prolífico conferenciante, o 7/07/1916 embarca camiño de Arxentina no vapor «Reina Vitoria Eugenia», da Compañía Trasatlántica, chegando a Bos Aires o 22/07/1916. Foron agasallados con un banquete de despedida polo Embaixador de Arxentina en Madrid e relevantes personalidades do mundo
da cultura: Ramón e Cajal, Menéndez Pidal, etc. Estaban de retorno en Cádiz o 17/02/1917. Durante a súa estancia impartiu un curso de filosofía na Universidade de Bos Aires por convite da Centro de Cultura Española de Bos Aires22. O pai, a esa altura máis famoso que o fillo, acompañouno por expreso desexo do filósofo pero tamén fora convidado por algúns ilustres españois. O recibimento foi extraordinario, segundo o conta o propio Ortega. “Rendí como pude mi primera conferencia en la Facultad. El salón estaba lleno con
el lleno normal de las inauguraciones, los periódicos dieron noticia de mi iniciación con las fórmulas habituales. Pero he aquí que a la semana siguiente, cuando el doctor Avelino Gutiérrez vino a buscarme para llevarme a la Facultad nos encontramos con que la calle de Viamonte había sido ocupada por la fuerza pública, porque una muchedumbre ingente se había amontonado en ella, había asaltado la Facultad y había roto los vidrios de las ventanas. ¡Y toda esta turbulencia y tanto desmán no más que por escuchar una lección filosófica de un mocito gallego, ocho días antes totalmente desconocido”23. O 6/12/1916, forzado a embarcarse seu pai para Europa, pronuncia un discurso no Instituto Popular de Bos Aires. Nel rende un tributo de recoñecemento ao público, numeroso, solícito e cálido que “acudió a escucharme con sorpresa evidente de muchos, sobre todo de los que creen que es el juicio americano resonador y sucedáneo de la fama europea. Conste, pues -me interesa hacerlo constar en vuestro honor- que aquí donde no han acertado tantos ilustres espectros del viejo continente, fue en el año que corre escuchado con atento oído un oscuro
meditador español”24. No transcurso desta xira, entáboa relacións con algunhas mulleres, entre elas con Victoria Ocampo, directora da revista Sur, coa que inicia unha relación sentimental que, con certos episodios borrascosos, vai durar toda a súa vida. Grande parte do público eran mulleres arxentinas, que eran o seu público favorito. De Victoria Ocampo publicaría no ano 1924, nas Ediciones de la Revista, o libro De Francesca a Beatrice.
1. «Anotaciones sobre la guerra en forma de diario», en Obras Completas (OC), T 10, pp. 250 e 251.
2. «Anotaciones sobre la guerra en forma de diario», en OC, T. 10, p. 255.
3. «Anotaciones sobre la guerra en forma de diario», en OC, T. 10, p. 253.
4. «Anotaciones sobre la guerra en forma de diario», en OC, T. 10, p. 254.
5. «Anotaciones sobre la guerra en forma de diario», en OC , T. 10, p. 252.
6. MARÍAS, JULIÁN, España ante la historia y ante sí misma (1898-1936), Espasa-Calpe, Madrid, 1996, p. 67.
7. «El señor Dato responsable de un atropello a la Constitución», El Sol, 17/06/1920, en OC, T. 10, p. 654.
8. «Contestando a Azorín», España, 5/02/1915, en OC, T. 10, p. 277.
9. FERNÁNDEZ ALMAGRO, Historia del reinado de D. Alfonso XIII, Sarpe, Madrid, 1986, T,. I. p. 204, afirma que foi fundada por elementos procedentes da Liga e Partido Reformista.
10. «’España’ saluda al lector y dice», España, 29/01/1915, en OC, T. 10, p. 273.
11. «Contestando a Azorín», España, 5/02/1915, en OC, T. 10, p. 276.
12. «’España’ saluda al lector y dice», España, 29/01/1915, en OC, T. 10, p. 271.
13. «La camisa roja», España, 29/01/1915, en OC, T. 10, p. 275.
14. «Un discurso de ida y vuelta», España, 23/03/1915, en OC, T. 10, p. 295 e 296.
15. «Un discurso de resignación», España, 14/05/1915, en OC, T. 10, p. 313.
16. «Un discurso de resignación», España, 14/05/1915, en OC, T. 10, p. 314.
17. «Más literatura resignada», España, 4/061915, en OC, T. 10, p. 317.
18. «Más literatura resignada», España, 4/061915, en OC, T. 10, p. 318
19. «El Gobierno que se ha ido», España, 16/121915, en OC, T. 10, p. 346
20. «El Gobierno que ha venido», España, 23/121915, en OC, T. 10, p. 348 ss.
21. «Prólogo», (01/1916), en OC, T. 1, p. 419.
22. Gregorio Morán afirma que o convite partiu da Asociación de Amigos del Arte. (MORÁN, GREGORIO, El maestro en el erial, Tusquets, Barcelona, 1998, p. 76).
23. OC, T. 6, p. 239.
24. «Impresiones de un viajero», (06/12/1916) en OC, T. 8, p. 363.
2. «Anotaciones sobre la guerra en forma de diario», en OC, T. 10, p. 255.
3. «Anotaciones sobre la guerra en forma de diario», en OC, T. 10, p. 253.
4. «Anotaciones sobre la guerra en forma de diario», en OC, T. 10, p. 254.
5. «Anotaciones sobre la guerra en forma de diario», en OC , T. 10, p. 252.
6. MARÍAS, JULIÁN, España ante la historia y ante sí misma (1898-1936), Espasa-Calpe, Madrid, 1996, p. 67.
7. «El señor Dato responsable de un atropello a la Constitución», El Sol, 17/06/1920, en OC, T. 10, p. 654.
8. «Contestando a Azorín», España, 5/02/1915, en OC, T. 10, p. 277.
9. FERNÁNDEZ ALMAGRO, Historia del reinado de D. Alfonso XIII, Sarpe, Madrid, 1986, T,. I. p. 204, afirma que foi fundada por elementos procedentes da Liga e Partido Reformista.
10. «’España’ saluda al lector y dice», España, 29/01/1915, en OC, T. 10, p. 273.
11. «Contestando a Azorín», España, 5/02/1915, en OC, T. 10, p. 276.
12. «’España’ saluda al lector y dice», España, 29/01/1915, en OC, T. 10, p. 271.
13. «La camisa roja», España, 29/01/1915, en OC, T. 10, p. 275.
14. «Un discurso de ida y vuelta», España, 23/03/1915, en OC, T. 10, p. 295 e 296.
15. «Un discurso de resignación», España, 14/05/1915, en OC, T. 10, p. 313.
16. «Un discurso de resignación», España, 14/05/1915, en OC, T. 10, p. 314.
17. «Más literatura resignada», España, 4/061915, en OC, T. 10, p. 317.
18. «Más literatura resignada», España, 4/061915, en OC, T. 10, p. 318
19. «El Gobierno que se ha ido», España, 16/121915, en OC, T. 10, p. 346
20. «El Gobierno que ha venido», España, 23/121915, en OC, T. 10, p. 348 ss.
21. «Prólogo», (01/1916), en OC, T. 1, p. 419.
22. Gregorio Morán afirma que o convite partiu da Asociación de Amigos del Arte. (MORÁN, GREGORIO, El maestro en el erial, Tusquets, Barcelona, 1998, p. 76).
23. OC, T. 6, p. 239.
24. «Impresiones de un viajero», (06/12/1916) en OC, T. 8, p. 363.
No hay comentarios:
Publicar un comentario